Coñecer a costa de Ribadeo. Rota 1

Page 1

COÑECER A COSTA DE RIBADEO

DESDE VILAVELLA ATA O FARO DA ILLA PANCHA


Plan Proxecta - Axenda 21 Co単ece a Costa de Ribadeo Vilavella-Illa Pancha

Rota-1


Comenzamos aquí

Casa dás Algas. Lugar onde descargaban os barcos que recollían algas para o seu procesamento e incorporación á industria alimentaria.

Comezamos a nosa rota observando as aves e a continuación atopamos un vello estaleiro. Punto de observación das aves

O vello estaleiro de A Vilavella

Uns carros de varada serán a única proba da existencia dos vellos estaleiros en Ribadeo. Unha vez que Gondán trasladou toda a súa actividade á franxa asturiana, os de A Vilavella xa son tamén historia, tras unha última axitada actividade empresarial. Despois de permanecer moito tempo pechado, estes estaleiros foron recuperados na década dos noventa, chegando a alcanzar unha importe actividade. A crise fixo que o seu último propietario, Gestinava, pechara a principios da década pasada.


Continuamos nosa rota pola Praia dos Bloques. Contribuímos a súa limpeza.

Praia dos Bloques 

Observación do panel das aves no peirao de Ribadeo.

Un dos 7 portos deportivos con bandeira azul de Galicia e o único da provincia de Lugo presente neste peirao.


Visita ao Centro de Cultivos Mariños

O centro está orientado á investigación da acuicultura e a produción de semellas de interese marisqueiro . O seus proxectos son financiados por organizacións de moi diverso tipo, desde rexionais a nacionais e internacionais. As especies coas que traballan son, fundamentalmente, os tres de moluscos que se cultivan con fines comerciais en Galicia. As principais especies coas que traballa son a ameixa e o ourizo. Fundamentalmente, as tres de moluscos que se cultivan con fines comerciais en Galicia son; as ameixas xapónica, babosa e fina . As áreas temáticas de traballo: reprodución e nutrición


Fíxate nos valores históricos do Porto de Ribadeo.

Nos Barrios de Cabanela e Porcillán naceu a vila de Ribadeo. O lugar onde se sitúa o Auditorio ao aire libre de Cabanela, sobre o Paseo Marítimo, foi, antes de construírse esta vía, unha praia. O Auditorio respecta o ambiente da zona e incorpora o que a tradición sinala como restos do pazo do bispo Paio de Cebeira, cando Ribadeo acolleu a sede Dumiense, no século XIII.

Auditorio de Cabanela O ascensor panorámico é unha estrutura de recente creación. A súa función é un servizo para conectar o paseo marítimo coa zona vella, concretamente coa capela máis antiga de Ribadeo, a Capela da Atalaia ou Trinidade.

Ascesor panorámico Aduana Vella construída no século XVIII, debido as importantes transaccións do porto comercial.

Aduana Vella


Segundo conta a tradición a Virxe apareceu nunhas rochas deste lugar ,e foi por iso que se levantou esta capela. Desde ela vese o Porto de Pescadores.

Capela de San Miguel

O Cargadoiro formaba parte na súa época dun complexo mineiro industrial baseado na extracción de mineral de ferro. Funcionou dende 1904 ata o peche da liña en 1964. Actualmente recuperado e reconvertido nun miradoiro.

O Cargadoiro


O Castelo o Forte de San Damián, tamén coñecido como Forte de San Damián, é unha fortaleza, a carón da ría. Máis tarde, ante o temor dun ataque dos franceses, fóronlle retirados os canóns o forte quedou abandonado, sendo reducido a ruínas no 1719 polos ingleses. A súa función foi sempre a defensa da entrada da ría de Ribadeo ante posibles ataques de inimigos por mar.

Forte de San Damian

Parada importante para observar as aves.

Pena Furada


Visita ao Faro da illa Pancha , que esta unida a terra firme por unha ponte, a pesar do pequena que ĂŠ, hai dous faros.

Faros

Illa Pancha- Faro de Ribadeo

Vista desde O Faro da Illa Pancha




Limpeza da Praia, se a marea o permite.

Praia de Rochas Blancas

Fin de nosa rota


Enquisa con noso concelleiro de Medio Ambiente. Actividades para investigar:   

Que significado ten a bandeira azul no porto de Ribadeo e nosas praias? Que pasaría para o Porto de Ribadeo a perda da bandeira azul? Só nos preocupa a Ría de Ribadeo en época de turismo Quen é o responsable de manter a ría limpa?

Que significado teñen estes vertidos á ría?


Actividades a realizar durante a rota:   

Ir anotando no mapa o percorrido durante a rota, así vaste situando onde estamos en cada momento Anotar nas táboas os materiais atopados nas praias. Anotar na táboas das aves aquelas que nos atopemos no percorrido.

Actividades para preguntar:

Que beneficios aporta á nosa economía os cultivos mariños e porque está en Ribadeo?

Por que as áreas temáticas de traballo son a reprodución e a nutrición de ameixas e ourizo?

O Cargadeiro, que importancia tivo para os habitantes de Ribadeo. Cal era a súa utilidade e a repercusión na economía da vila?

Que importancia tivo o Forte de San Damián para os habitante de Ribadeo. Porque se construíu e quén?

“A lenda da barca do Fonte de San Damian”


Que actividade ten o Faro da Illa Pancha?

Que importancia tivo O Faro nos anos anteriores?

Podes engadir todas as preguntas que amoses interese ou curiosidade.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.