ATENCÍON TEMPERÁ

Page 1

II CURSO TEMÁTICO EDUCACIÓN INFANTIL DA MARIÑA

Trastornos do Desenvolvemento Atención Temperá Ribadeo, 20 de setembro de 2008


Mesa redonda A detecci贸n de necesidades de Atenci贸n Temper谩 na escola e noutros servizos socioeducativos

Per铆odo de 3 a 6 anos


1. INTRODUCCIÓN  A finalidade da etapa de Educación Infantil é contribuir ó desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos.  No segundo ciclo, de 3 a 6 anos, fomentarase unha primeira aproximación á lectoescritura, nas habilidades numéricas básicas, nas tecnoloxías da información e a comunicación e na expresión visual e musical.


 Pode haber alumnos que requiran unha atención educativa diferente por presentar dificultades específicas de aprendizaxe ou por ter altas capacidades intelectuais, ou por terse incorporado tarde ó sistema educativo, ou por condicións persoais ou de historia escolar.


2. OBSERVACIÓN NO CONTEXTO ESCOLAR  A observación é unha das técnicas máis adecuadas no alumnado de E. Infantil, xa que pola súa corta idade e un desenvolvemento da linguaxe aínda moi limitado, non pode informar sobre aspectos da súa estancia no centro.  Observar é mirar, oír, seleccionar, intentando prestar atención hacia determinados aspectos que consideramos relevantes dunha situación ou da conducta dun alumno.


 O profesor continuamente está captando información, sobre a actitude dos alumnos na aula, a súa conducta, participación, desinterese, comprensión e expresión da linguaxe, habilidades, ou sobre calquera dificultade que poida surxir no seu proceso de ensino-aprendizaxe.  A prevención e anticipación para a detección e atención temperá son os principios que deben guiar as actuacións do Departamento de Orientación.


 A atención temperá comprende as intervencións de tipo médico, psicolóxico, social ou educativo postas en marcha desde o nacemento do neno ou nena, ou nos primeiros anos de vida, coa finalidade de evitar ou paliar os posibles retrasos e favorecer todas as posibilidades e capacidades de desenvolvemento.


3. IMPLICACIÓNS DUN POSIBLE RETRASO MADURATIVO

Na actualidade considérase obxecto de intervención en Atención Temperá:  A poboación infantil con trastornos de tipo motor, intelectual ou sensorial.  A poboación infantil con trastornos penetrantes do desenvolvemento (autismo), déficits de atención con hiperactividade, trastornos no desenvolvemento da linguaxe e da comunicación, trastornos do sono ou da alimentación e outros non evidentes.  A poboación infantil en situación de risco social


A pobreza ou carencia dunha Atención Temperá adecuada ás necesidades do neno e da familia terá consecuencias adversas no seu desenvolvemento e calidade de vida, podendo amosar conductas alteradas na sua relación cos demais. Polo tanto cómpre que os profesionais que están en contacto coa poboación infantil, así como as familias, presten atención a posibles indicios ou sinais de alarma.


As necesidades educativas do alumnado afectado por un trastorno xeneralizado do desenvolvemento están referidas fundamentalmente aos ámbitos nos que atopan maiores dificultades:      

Interacción social Comunicación-linguaxe Flexibilidade mental As capacidades cognitivas A autonomía persoal As conductas adaptativas


Na práctica podemos atopar problemas:  Na comunicación: carencia de linguaxe oral, xordeira aparente, ausencia de resposta ao seu nome, falta de contacto ocular  Na interacción social: falta de sorriso social, xogos solitarios, escaso interese polo que fai outra persoa, falta de imitación  Outros: excesivo apego a un obxecto, patróns de movementos raros, estereotipias, rabechas inxustificadas


4. ACTUACIÓN NO CEIP ANTE UN POSIBLE CASO DE RETRASO NO DESENVOLVEMENTO  Ante manifestacións de trastornos no desenvolvemento deberase iniciar a súa etapa escolar cunha avaliación psicopedagóxica por parte do departamento de orientación do centro educativo que, tendo moi presentes as informacións achegadas polos titores, profesorado de apoio, coidadores e pola familia, permita tomar decisións e establecer propostas de intervención.


O obxectivo fundamental que se pretende acadar co alumnado é desenvolver ao máximo as súas capacidades de autonomía, habilidades sociais, comunicación e aprendizaxes funcionais.

     

Crear hábitos e rutinas Esixir tarefas Poñer límites Estimular comunicación Axuda emocional Favorecer as relacións entre iguais  Favorecer autonomía  Non sobreprotexer


Ante un posible trastorno: 1. Observación e recollida información 2. Entrevista familiar e posibilidades de cooperación 3. Avaliación psicopedagóxica 4. Colaboración de profesionais 5. Informe psicopedagóxico


Un alumno con déficit auditivo:  Dificultades de expresión, escasez de vocabulario e carencia de frases  Integrado na aula ordinaria a maior parte do horario escolar e recibindo apoio logopédico e pedagóxico nas aulas pt/al  Aula ord: sentado diante frente ó mestre e apoiando as informacións de forma gráfica e visual (debuxos,signos,mímica); estimulación da linguaxe oral para todo o grupo clase  Aula PT: reforzo da motricidade fina (picar, recortar, modelar), dos concetos espaciais (lonxe-cerca, arriba-abaixo), números, cores e formas básicas.  Aula AL: exercicios de estimulación oral a través de contos, xogos de discriminación auditiva.


5. CONCLUSIÓNS  Ó comezar a escolarización na etapa de E. Infantil, todo o alumnado será obxecto dunha avaliación inicial na que se recollerá a detección de necesidades específicas de apoio educativo.  A partir desta avaliación redactarase un informe psicopedagóxico que contemple as orientacións para a planificación da resposta educativa.  As intervencións específicas que sexan precisas serán levadas a cabo por especialistas de PT ou de AL, en colaboración co equipo docente; normalmente dentro da aula ordinaria, xunto co resto do alumnado.  Poderá flexibilizarse a súa escolarización permanecendo un ano máis na etapa de Infantil.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.