REFRÁNS DA PRIMAVERA Cando o cuco chega, xa é primavera; se o cuco non chegou é que a primavera non comezou. Abril mollado de pans vén cargado. Milleiros de andoriñas alá polo marzal brincaban polo ceo, brincaban polo mar. Primavera fría, colleita tardía. Moita flor en primavera, bo outono nos espera. A primavera, que cante ou que chore, non vén nunca sen flores. A primavera, cos seus raios de sol, e os campos encheu de flores e cor. A naide debe estranar que en marzo empece a tronar. A bolboreta amarela cansa de tanto voar aquela primavera cun paxaro foi casar. Andoriña anticipada primavera templada. Marzo ventoso e abril chuvioso fan ao maio florido e fermoso. LAURA FERNÁNDEZ FRAGA. 5º A