REFRÁNS RELACIONADOS CO NADAL
Tras o veranciño de San Martiño, chega Nadal co seu inverniño.
A castaña no Nadal, sabe ben e parte mal.
Pola Santa Lucía mengua a noite e medra o día.
No Nadal, inverno a fartar.
No mes de Nadal a carón da lareira vaite sentar.
Mentres Deus non é nacido nada é crecido.
As festas do ano por onde quixeres, o Nadal coas túas mulleres.
Entre Santos e Nadal fai inverno carnal.
Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar.
No Nadal, alegrote, alegrote, que hai viño na cuba e chourizos no pote.
No Santo Tomé agarra o porco polo pé.
Se polo Nadal neva, todo se aleda.
( Recollidos por Andrea Rodríguez)
REFRÁNS RELACIONADOS CO NADAL Cando Nadal nada, sinal de boa anada.
Entre Santos e Nadal, ben chover, mellor nevar.
Nadal mollado e xaneiro ben xiado.
No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
Polo Nadal, cada ovella no seu curral.
( Recollidos por Marcos Lombardero Monteagudo)
En Nadal sementa o teu allal.
Frío por Nadal, calor por San Xoán.
Nadal chuvioso, xaneiro ventoso.
Friaxe no Nadal, non fai mal.
( Recollidos por Pablo Miranda Rodríguez)
Ata o día de Nadal non é inverno de verdade.
De Todos os Santos oa Nadal ou ben chover ou ben xear.
De Nadal a San Xoán, ano cabal.
REFRÁNS RELACIONADOS CO NADAL Un mes antes e outro despois de Nadal, é inverno de verdade.
Por Nadal, sol; por Pascua, carbón.
( Recollidos por Ángel Muiña López)
Tras o verán de San Martiño, chega o Nadal co seu inverniño.
Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar.
( Recollidos por Aarón Cobos Pasela)
En Nadal, casa e cerca da brasa.
Nadal en martes, festas por todas partes.
En Samaín comín castañas do magosto que non se comen en agosto.
Polo Samaín as meigas veñen a min e asústanme sen fin.
( Recollidos por Lía . 4º A) No mes de Nadal, cada ovella ao seu curral.
No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.
Polo Pilar, as primeiras castañas tes que asar.
(Recollidos por Leire García Navia)