ARTIFICIOS en Villa Concepción 2015

Page 1

ARTIFICIOS EN VILLA CONCEPCIÓN 2015

sígaris, comunicación corporativa


Artificios Villa Concepción nace a raíz de dous desexos do concello de Cambre: apoiar aos artesáns e creadores da vila e dar a coñecer aos veciños a casa da cultura «Villa Concepción» do concello, unha casa emblemática do século XIX. Chegan ata Sígaris con estes dous obxectivos. Nós partimos da premisa de que todos os que participen no evento deben pertencer ou estar vencellados ao concello. Desde o estudio concibimos Artificios, unha plataforma para a difusión dos artífices, dos creadores e artesáns de Cambre. Esta plataforma adopta forma de popup store, na que durante a fin de semana do 12 e 13 de decembro de 2015 a icónica casa transfórmase nun escaparate e nunha gran tenda que acolle a 14 artífices de 10 oficios diferentes. Ao longo da fin de semana lévase a cabo un programa que compaxina a exposición continua dos artífices con presentacións e demostracións de cada un deles; actuacións musicais como o grupo Sementeira, o cantautor Hugo Torreiro e o grupo de jazz Nani García Trío; gastronomía da man do cociñeiro Xoán Crujeiras que trasladou o restaurante «A Estación» a Villa Concepción durante unhas horas maridando os seus pratos con cockteis deseñados por Baobab bar para a ocasión e unha poxa benéfica de artigos donados polos artífices a favor dunha asociación do concello. Creouse para os artesáns, os artífices, unha marca viva que varía en cada edición de Artificios. Coidáronse todos os detalles para crear unha marca paraugas coherente capaz de acoller calquera acción que queiran levar a cabo en común. Desde o estudio concibiuse e dirixiuse esta acción que afasta a estes artífices dos habituais mercados, feiras e mostras, cunha denominación única e atemporal.


naming e marca grรกfica


variaciรณns da marca grรกfica


elemento grรกfico inspirado no pavimento hidrรกulico do salรณn da casa para artificios 2015


eslogan da plataforma


cartel corporativo da popup store


preparativos para a presentaciรณn aos medios de comunicaciรณn de artificios villa concepciรณn


sinalĂŠtica da popup store


cartel para selfies coa imaxe da popup


folleto programa e presentaciĂłn dos artĂ­fices


merchandising


papelerĂ­a corporativa para sinalizar as vendas


aroma corporativo creado a medida para artificios que trasladou a casa a un bosque galego


participación do cociñeiro xoán crujeiras nunha das actividades da programación de artificios



sígaris, comunicación corporativa estudio de diseño, redacción y marketing avda. de la concordia, 200 bajo - 15009, a coruña +34 881 899 269 – +34 639 154 899 | hola@sigaris.es | www.sigaris.es

/+SIGARISCambre

/company/sigaris

/SígarisEstudio

@SígarisEstudio


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.