MÓDULO 5: "IMPLICACIÓN ACTIVA. RECURSOS. FERRAMENTAS DE AUTOR"
TAREFA Alumno/a
Gumersindo Fernández Fernández
As ferramentas de autor permiten elaborar paquetes de actividades que funcionan en web. Existen na rede moitos recursos didácticos elaborados con diferentes ferramentas ademais das que nos propoñemos dar a coñecer neste itinerario de formación Despois de documentarnos sobre as características principais destas aplicacións, sobre o seu funcionamento e as súas posibilidades, imos pasar á aplicación práctica destes recursos na aula. Imos crear un DIRECTORIO TEMÁTICO; un grupo de enlaces a recursos na web sobre unha temática concreta. Estes recursos deben ser analizados, seleccionados e organizados para a súa posta en práctica. Un directorio temático será de moita utilidade para a súa aplicación en aula, para elaborar webquest ou para ir creando un banco de recursos. Nesta tarefa buscaremos, analizaremos e seleccionaremos recursos elaborados coas ferramentas de autor propostas neste itinerario ; Jclic, Ardora e Lim, (Tamén podedes engadir outros recursos de xeito voluntario)
Seguiremos este proceso:
1.- Coñecer e analizar cada una das ferramentas propostas. 2.- Identificar as actividades e as posibilidades de cada unha delas 3.- Escoller un tema de traballo, pode ser curricular ou ben transversal (Ex: A paz) Escoller tamén un nivel de ensinanza para o que irá dirixido o traballo. 4.- Buscar na rede 2 actividades feitas con JClic, 2 actividades feitas con Ardora e tamén 2 actividades feitas con Lim, todas elas referidas ao tema escollido. 5.- Copiar os links correspondentes e cumprimentar no formulario pdf. 6.- Crear un directorio temático (ou un pequeno banco de recurso) 7.- Publicar o noso directorio temático no Blog ou no Moodle creados. (Podes publicar este pdf completo ou ben os enlaces do directorio temático) 8.- Copiar o enderezo da publicación (Blog ou Moodle) e pegala neste formulario. 9.- Valorar a experiencia e o aporte das Tic e das ferramentas de autor no ensino