CELSO EMILIO FERREIRO SELECCIÓN POÉTICA
ENDL IES FÉLIX MURIEL CELSO EMILIO FERREIRO
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO AUTOPOÉTICA
(…) A Poesía está, coma Deus, en todo tempo. Agora ben, como o poeta –queira que non- vive no seu tempo, o quid divinum do seu oficio consiste en saber interpretalo e ser o seu voceiro. Pero poñendo un gran empeño en diferenciar o grao da palla, é dicir, non confundindo a moda dun tempo co modo do seu tempo. As modas pasan; o modo, a Poesía, queda. Polo que se refere aos poetas galegos, se queren ser fieis a si
OBRA POÉTICA, EN GALEGO, DE CELSO EMILIO FERREIRO
mesmos e á terra, teñen que fuxir da arqueoloxía estéril e do ruralismo pedáneo. Teñen que retorcerlle o pescozo ao reiseñor do lirismo lacrimóxeno, saudosento… Teñen que mergullarse con desesperado esforzo no mundo social da nosa terra; nos problemas vivos do noso tempo; nas angurias das nosas xentes. Pero con ollos recén abertos, con palabras de hoxe… (…)
OBRAS ÁS QUE PERTENCEN OS POEMAS SELECCIONADOS
(…) Preocúpame o oficio de home e o seu destino colectivo, de aí que a miña poesía sexa eminentemente “engagée”, contestataria ou, como eu prefiro, belixerante… (…) Sempre e en toda época houbo poetas que dixeron: non desairo cantar á rosa e ao amor, pero antes quero ocuparme dos meus irmáns, os homes. A poesía belixerante, na que tan a gosto milito, ten un aquí e un agora para, sen descanso, compadecer (padecer con) aos que sofren a brutal presión da historia que outros escriben. E por ser belixerante e inconformista, tradúcese en protesta, érguese contra da inxustiza
e incluso faise revolucionaria porque pretende
conquerir a transformación
dunha sociedade coa que está en
íntima controversia. Celso Emilio Ferreiro, 1955 e 1972
Cartafol de poesía. Ourense, 1935 O soño sulagado. Vigo, 1955 Longa noite de pedra. Vigo, 1962 (ed. Galaxia) Viaxe ao país dos ananos. Barcelona, 1968 Cantigas de escarnio e maldicir. Arístides Silveira.Caracas, 1968 Terra de ningures. Monforte, 1969 Paco Pixiñas. Historia dun desleigado contada por el mesmo. (Romance de Arístides Silveira cun limiar tirado dos proverbios do Conde de Vimioso e un epílogo de Celso Emilio Ferreiro). Osedo – Sada, 1970 (Ed. Do Castro) Cemiterio privado. Xenevra, 1973 Onde o mundo se chama Celanova. Madrid, 1975
O soño sulagado Longa noite de pedra Viaxe ao país dos ananos Cantigas de escarnio e maldicir Onde o mundo se chama Celanova FONTE Celso Emilio Ferreiro. Obras completas. Col. Arealonga Dir. X. Alonso Montero AKAL EDITOR. Madrid, 1975 ISBN: 84-7339-080-6 ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO O NENO PREGUNTABA
FALARÉIVOS DE MIN Falaréivos de min anque me doan
¿De que lugar iñoto vén o vento e ónde se vai o vento cando marcha? ¿Quen lle ensinou ao vento xeografía?
as escuras raíces dos meus soños. Celso Emilio me chaman pero eu teño
O neno preguntaba. ¿Dorme o vento no mar ou nas estrelas? ¿Dorme no val ou dorme na montaña? ¿Dorme no colo verde dos piñeiros? O neno preguntaba. ¿Sabe que hai Dios o vento?
outros nomes máis irtos apuntados nun rexistro de ventos polifónicos cun fondo musical de frauta triste. Meus nomes sin palabras. Mainamente, de par en par abertas sempre as portas, espallándome vou polos camiños
O neno preguntaba. Ise vento que xoga cos meus rizos ¿será o anxo da garda? ¿Será o vento a voz dos que están mortos?
co corazón aceso en cen abrentes,
O neno preguntaba, pero o vento fuxía indiferente pola gándara.
Neno que fun e son, pésanme os anos
nas maus a luz, nos ollos margaridas, e unha piedá de río sin orelas.
cangados de minutos e de días, de beixos e de cárceres. Cadeas, lóstregos, vermes, homes en ringleira baixo a chuvia, isa frol nada no outono. Lonxana primavera nunca volta, O soño sulagado, 1955
O soño sulagado, 1955
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
que nun intre vivín de pedra ou arbre,
SAUDADE
canle de Dios que cara o mar me leva,
A silandeira sombra sin consolo
xílgaro azur, ronseles do pasado,
de aquil que fun, decote vai conmigo.
feridas coma labres no remorso:
Lexano amor, hedra que medra e medra dentro de min robíndome a modiño.
Andando vou, alporizado o corpo nun latexo sin fin que me agriloa.
Aquil que fun non son, por iso estamos xuntos os dous. Aquil que entonces era
Eisí me chamo eu. En fume escritos
como un río fuxiu, pero quedouse
os meus nomes están. Vádeos dicindo
coma o río que pasa e sempre queda.
cun fondo musical de frauta triste, de bágoas esbarradas
Fecunda sementeira do pasado
petándome decote nas pupilas.
espello meu, única vida viva,
Vádeos decindo en verbas pequeniñas
tódalas cousas morren i esmorecen
coma coitelos fríos pola gorxa.
somente tí, lembranza, te eternizas.
Non me chame ninguén por outros nomes,
Espello meu, no que me estou ollando
alcumes meus en fírgoas entrevistos,
ise que agora son xa non esiste
escura voz dun soño sulagado.
O tempo faise estatua na saudade i eu morro de saudades cada intre.
O soño sulagado, 1955
O soño sulagado. 1955
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
MENSAXE DENDE O SILENZO Ti ben sabes, amigo, o gran segredo dise tempo que pasa e que nos moe cun rodicio de sombras, sen mañá e sen onte.
ORACIÓN POLOS PARVOS Señor Dios ten piedá dos probes parvos que non sabemos ren de xeometría i embobados na música celeste esquecemos a fórmula do binomio de Newton.
Nas nosas maus de lama nada queda, todo se nos desfái, todo nos foxe coma o vento que brúa, coma a auga que corre.
Imos andando a trancas e barrancas adeprendendo as cousas tristemente por iste mundo adiante que fixeches en sete días só, según os libros.
Non somos máis que cousas con diferentes nomes: camiño, verme, folla, estrela, arbre, home.
Eu son un pouco parvo, ben comprendo. Nunca poiden saber para qué sirven moitas cousas escuras que consintes. Humildemente quixen preguntar preguntas pequeniñas coma seixos sobre os grilos que cantan incansábeles e os amores dos peixes, pero sempre chegaban unhos homes carregados de textos e mazacotes grises sapientísimos, con datas rigurosas, datos certos, horríbelmente certos, abafantes.
Cousas que o tempo ha de pór podres. E mentras tanto de ningures pra lonxe, igoal que toupas imos cegamente furando o longo túnel dunha noite que endexamais ten fin; sempre furando sin máis norte que a morte. Preguntas e preguntas e preguntas, decote a preguntar. Ninguén responde.
O soño sulagado, 1955
O soño sulagado, 1955
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
Mais ninguén me decía dos paxaros, dos cávados, das froles, e desas nubes que pousaches, Señor, sobre o meu teito.
O ASESINO Nin cadeias nin leises o persiguen, mais nunca será libre.
Perdóanos, Señor, tanta parveza e tén piedade de nós, dos probes parvos que andamos os camiños das estrelas cos ollos alcendidos na bebedeira tépeda das fábulas.
O seus brazos sanguentos van atados ao invisíbel cepo do remorso. Pra il son as horrendas cárceres do insono e as bágoas que levedan as angurias alucinadas de silencio e noite.
E cando chegue a hora do Xuicio á túa veira lévanos cos nenos, cos santos inocentes, cos velliños, e déixanos seguir ollando ao ceo, modelando no vento doces sonos, como Ti fas, Señor, dende o Principio.
Un escuro terror vaille nas veas coma cávados mestos rebulindo, ou coma treponemas sulagados no transfondo do ser. Pra il son as olladas derradeitas que xermolan vindicta nas revoltas de tódalas estradas. As olladas dos mortos que morreron afogados en sangue tremando coma bimbios. Illado vai do mundo envolto en ollos pasmos que o interrogan dendo tódolos ángulos berrando. O soño sulagado, 1955
O soño sulagado, 1955
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO EU EN TI
POEMA NUCLEAR ¡Qué ben, que bomba ven co seu rebombio! A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo A bomba con aramios, con formigas, con fornos pra asar meniños loiros. A bomba ten lombrices, bombardinos, vermes de luz, bombillas fluorescentes, pixes de chumbo, vómitos, anémonas, estrelas de plutonio plutocrático, esterco de cobalto hidroxenado, martelos, ferraduras, matarratos.
Eu xa te busquéi cando o mundo era unha pedra intaita. Cando as cousas buscaban os seus nomes, eu xa te buscaba. Eu xa te procuréi no comezo dos mares e das chairas. Cando Dios procuraba compañía eu xa te procuraba. Eu xa te chaméi cando soio a voz do vento soaba. Cando o silenzo chamaba polas verbas, eu xa te chamaba.
A bomba, bong, A bomba, bon amigo. Con átomos que estoupan en cadeia e creban as cadeias que nos atan:
Eu xa te namoréi cando o amor era unha folla branca. Cando a lúa namoraba as outas cumes, eu xa te namoraba.
Os outos edificios. Os outos funcionarios. Os outos fiñanceiros. Os outos ideais. ¡Todo será borralla radioaitiva!
Sempre, dende a neve dos tempos, eu, na túa ialma.
As estúpidas nais que pairen fillos polvo serán, mais polvo namorado. O soño sulagado, 1955
O soño sulagado, 1955
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO CANTIGA DE AMOR CICÁIS
Os estúpidos pais, as prostitutas, as grandes damas de beneficencia, magnates e mangantes, grandes cruces, altezas, excelencias, eminencias, cabaleiros cubertos, descubertos, nada serán meu ben, si a bomba ven, nada o amor, e nada a morte morta con bendiciós e plenas indulxencias.
A liberdade endexamáis se acada e nós, os homes, nunca tivemos azas. As nosas almas sempre están coutadas e de xionllos rendidas. Hai espadas. Hai mulleres e fillos. Tamén patrias. Tamén economía. Tamén fábricas.
¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño a amable primavera faise cinza de vagos isotopos placentarios, de letales surrisas derretidas baixo un arco de átomos triunfaes. A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo de setas e volutas abombadas axiña ven, vela ahí ven, bon amigo.
(Ouh, qué gozo morrer nas guerras santas por mitos, por bandeiras, por palabras -baixo palabra de honor- palabras sacras.) Europa ten trescentos millóns de almas, en cada ialma un mundo, en cada corpo un mandria. Fusiles, bombas, cañóns, tanques, escadras -de mar e vento- policías, gardas, sociedades anónimas, comanditas, limitadas, xuzgados, xefaturas, alfándegas.
¡Estános ben! ¡Está ben! ¡Está bon!
As nosas maus sempre estarán atadas. Meu corazón, ¿ónde se foi a esperanza dos verdes anos, i aquelas brancas, fondas, tenras, outas inquedanzas?
¡¡¡¡¡Booong!!!!
O soño sulagado, 1955
O soño sulagado, 1955
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO PALABRAS
NAI
Na miña gorxa agruman as palabras que de fontes moi fondas vanme vindo e fanse ríos longos polas veas, rosas de luz nos ollos ou escumas. Pero as miñas razón non son palabras sinon cousas que eisisten elas soias, que coma Dios eisisten arredradas nun silenzo de estrelas fuxidivas. Pequenas cousas, grandes coma vermes, pechadas no silenzo, sin palabras, pousadas sobre sí dende o principio, indo e vindo no tempo coma peixes, coma peixes do vento, sin palabras. Vós nunca entenderedes estas cousas, estas fontes tan fondas, sin palabras, que nas palabras xurden tatexando coma meniños nados nun hospicio. Oramá non sepades o segredo destas fontes tan fondas, sin palabras, xa que sodes somente unas palabras indo e vindo no tempo, unas palabras, palabras e palabras e palabras. O soño sulagado, 1955
Eu non choro por ti, pois sei que mouras onde a fonte do tempo, alá no fondo de todos os camiños. Choro por min un pranto inconsolábel, que me quedei sin ti, meu limpo espello, coma un arbre na noute, soio e núo, fendido polo cerne, coas reigames sin os doces segredos das violedas. Choro por min, por estas maus de cinza que outrora foron pombas, cando o meu corazón era un paxaro e ti pasabas sempre atafegada nun andar de formiga labourando. Tecían as labercas os abrentes i eu era un vagalume, unha estreliña ateigada de luz polos camiños. Dios estaba con nós. Agora vou senlleiro, orfo de beixos tépedos sin mácula. Choro por min que xa non teño colo, para pousarme níl coma nun niño, miña nai imposíbel, viva e morta no cristal dos meus ollos. O soño sulagado, 1955
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO DEMPÓIS
LONGA NOITE DE PEDRA
¿Ti non sabes que eu teño outras preguntas —poutas sanguentas sobre a miña gorxa— e ninguén me contesta? Que inda non sei por qué dioses iñotos morreron tantos mozos que pasaban cantando ledamente cando o solpor durmía sobre os pinos. Nin sei por qué non cantan ises nenos que xogan a ser homes polas rúas con tristura de páxaros mollados. I esas doridas nais de doces ollos coutados de violedas, inda non sei por qué choran magoadas baixo un ceo impasíbel cheos de cinza os colos.
O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.
Non me preguntes nada.
O soño sulagado, 1955
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO O REINO
LIBREMENTE
No tempo aquil cando os animales falaban, decir libertá non era triste, decir verdá era coma un río, decir amor, decir amigo, era igoal que nomear a primavera. Ninguén sabía dos aldraxes. Cando os animales falaban os homes cantaban nos solpores pombas de luz e xílgaros de soños. Decir teu e meu non se entendía, decir espada estaba prohibido, decir prisión somente era unha verba sin senso, un aire que mancaba o corazón da xente.
Nós queríamos libremente
¿Cando, cando se perdéu, iste gran Reino?
coma o aire do mencer e das escumas.
comer o pan de cada día. Libremente mordelo, masticalo, dixerilo sin medo, libremente falando, cantando nas orelas dos ríos que camiñan pra o mar libre. Libremente, libremente, nós queríamos somente ser libremente homes, ser estrelas, ser faíscas da grande fogueira do mundo, ser formigas, paxarosminiños, nesta arca de Noé na que bogamos. Nós queríamos libremente surrir, falarlle a Dios no vento que pasa -no longo vento das chairas e dos bosquessin temor, sin negruras, sin cadeas, sin pecado, libremente, libremente, Coma o vento. Mais iste noso amor difícil rompéuse -vidro de soño fráxilnun rochedo de berros e agora non somos máis que sombras. Longa noite de pedra, 1962
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO TESTIMUÑA
AIRE PURO
Presento a testimuña das feridas -mocedá derrubada, tronzada frol de arelase doume aos berros fondos dos camiños. Ollade como estamos mutilados, ergueitos os muñós apodrecidos na noite interminável. Vede que longas sombras dondas pasan correndo, fuxindo cara a morte, pola sede calada de aquil día -Día da Dor sin Nomeque ha de escribirse aínda nas estrelas. Presento a testimuña dos aldraxes e doume ao medo dos primeiros homes que alcenderon lumieiras nos curutos e creeron na libertá dos soños.
Longa noite de pedra, 1962
O aire puro da mañá procrama o seu dereito a entrar en cada casa. ¡Ábrelle as portas, patria! ¡Dalle os teus seos, alma! Deixa ise tufo acedo que te abafa, esquece istas mortaxas estiña as túas bágoas, fala, canta, arrumba a desespranza, non deixes que te aldraxen; aldraxa. Onte non. Pensa nas albas que han de vir, ponlle cerco ás lembranzas que te atan. Deixa entrar a mañá crara na túa casa.
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO ESPRANZA
CREDO Eu creo que iste mundo é moi fecundo e que hai algunhos ríos hidroeléctricos, pero que o ventre das doridas nais sexan montós de trigo, nunca podréi creelo.
Erguerémola espranza sobre ista terra escura coma quen ergue un facho nunha noite sin lúa. Marcharemos cinguidos polos duros segredos dunha patria soñada á que non voltaremos.
Creo que a lúa é aquela cousa que está no teito da noite, pero que o avión que pasa rum, rum, fungando por enriba, sexa insecto, nunca podrei creelo.
Non sabrán o camiño que pra entón colleremos. Longos ríos de brétema, longos mares de tempo.
Creo que os homes pecan sete veces por sete veces sete cada día, creo na xeometría, creo no átomo tan pequeniño, pero que haxa unhos seres capaces de leer tranquilamente os xornales sin sentir tremer de noxo as vísceras, nunca podrei creelo.
Tripulantes insomnes, na libertá creemos. Viva, viva, decimos aos que están no destero e soñan cun abrente de bandeiras ao vento.
Cambio de tema e por exempro digo: Elisabeth un ciclón made in U.S.A. sementóu o Caribe de cadavres Bombas en seta, pun e tiranías, negro linchado en Little Rock, Arkansas, os dereitos do home en guerra fría.
Adictos da saudade que levades a luz polos vieiros. ¡Saúde a todos, compañeiros!
Longa noite de pedra, 1962 Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO O CAN DANADO
Cambio de tema e verbigratia digo: Qué desgracia tan grande ser poeta, oficio de chorar sin cobrar nada, oficio de cuspir na mar inmensa e de chantar pancartas no deserto. (Poetas conformistas desta terra -testicular emporio de esqueletesmentras o home loita, chora e sofre, cantade a violeta, a margarida, e desfollade a rosa reticente dos vosos mínimos problemas... decide sí a todo e medraredes).
Igoal que un can danado nos camiños o terror anda solto polo mundo. Semella un vento negro que pousase súas azas de corvo sobre a frente dos homes temerosos. Un xelo de invernía en descampado paraliza os relós, perfora as gorxas e pon veos de anguria nas palabras. Un grande telescopio nos vixía coma un ollo de Cíclope que sigue os nosos pasos e fita sin acougo o noso rumbo, dende tódalas fiestras, dende tódalas torres, dende tódalas voces que nos falan. A noite é un micrófono impasível que escoita o latexar do noso peito, coma un escuro espía que espreitase os nosos pensamentos máis segredos. Todo se troca en cousa inconfesável; detrás de cada esquina unha sospeita, unha duda detrás de cada sombra, e medo, medo, medo, un pozo profundísimo de medo, espello de auga fría no que o terror se mira eternamente.
Cambio de tema pra decir etcétera, etcétera, xa sabes, en voz baixa, con puntos suspensivos que loitan por saírme, que ocultan as palabras prohibidas con fórceps de xenreira e de cabreo: que xa me están saíndo hai algo que está podre en Dinamarca e fede que alcatrea dende sempre. Dempois entonarei un gran Tedeum laudamus optimista pra dar gracias ao ceo poderoso que me labróu esí como me vedes, pedra deixada, cousa estremecida, canle de tempo e soño. Digo, un home. Longa noite de pedra, 1962
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR
O EDIFICIO (suprimido a partir da ed. de 1967)
Agora tomo o sol. Pero até agora traballéi cincoenta anos sin sosego. Comín o pan suando día a día nun labourar arreo. Gastéi o tempo co xornal dos sábados, pasóu a primavera, veu o inverno. Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo i a miña mocedade. Nada teño. O patrón está rico á miña conta, eu, á súa, estóu vello. Ben pensado, o patrón todo mo debe. Eu non lle debo nin xiquera iste sol que agora tomo. Mentras o tomo, espero.
Longa noite de pedra, 1962
Enlixouse a cidá de telegramas un lús pola mañá ás doce horas: convocatoria urxente defensa postulados cotización, finanzas, dividendos. O monstruo abriu a boca: xa témo-lo argumento para ofercer aos dioses novas víctimas. Xa témo-las palabras que destruien aos que portan a luz e van dediante: pena de morte, cadea perpetua, pliego de cargos. Postos en pé, a unha, os concentrados, con coitelos nos ollos, procramaron a lei do embudo cego cun si en re maior afirmativo. (Favorábel cotización da Bolsa deseguida). Rubricáronse os pactos e puxéronse a erguer o edificio,a cárcere dos soños,
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
o gran pazo do medo. En cada pedra sangue, pinga a pinga, en cada fuste bágoas e tristuras;
CONSELLOS
a ira en capiteles, a estupidez en arcos. I enriba, nas outuras, deitada sobre arelas i esperanzas, a Cariátide xorda presidindo. As xentes esqueceron os seus nomes e puxéronse alcumes de combate. Sóio se ouvía falar do lume i os homes que interpretan o gran libro dixeron que moi ben, que todo aquelo estaba xa previsto i era grato ao corazón dos dioses, e tiña o "visto bueno" das Euménides.
Si foses a xantar con poderosos coida ben a carón de quen te sentas. Pecha a túa gula e couta os teus degaros, ponlle portas á fame si a tiveras, pois é pan mintireiro o pan dos ricos, doce por fóra, por dentro amarguexa. Afoga a túa cobiza, non desacougues por xuntar facenda. ¿Non coidas que a riqueza non é nada, que o vento a trai e o vento axiña a leva? Non comas pan dun home deshonroso, nin da fartura dil teñas envexa. Dirache, come e bebe, meu amigo, disfroita dos meus teres canto queiras; mais o seu pensamento non concorda, de boca afora serán as súas verbas, pois o seu corazón, cativo e duro, ten de cotío pechas as fenestras do amor e da xusticia. Non o esquezas.
Longa noite de pedra, 1962 Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
CARTA Á MIÑA MULLER Querida, nono esquezas, hai palabras que é pecado decilas niste tempo. Palabras que non debes pronuncialas, nin xiquera pensalas, cavilalas, tatexalas, gabalas, escribilas... Moito menos berralas. Esposa, toma nota e non esquezas: non digas libertá palabra triste con peligro de morte a calivera. Si é certo que me queres nunca digas esta palabra estúpida que ten dentes e morde coma un lobo. Non digas tan xiquera as verbas derivadas, por moi lonxano e vago que sexa o parentesco etimolóxico, como son, verbi gratia, libertino, liborio, liberata, libre cambio. En troques di cadea, viva, viva, sí señor, moitas gracias, Dios llo pague. ¡Xa verás que felices imos sere! Longa noite de pedra, 1962
DESTERRO Abrín o grifo do baño, saía a iauga fungando, fuu, fuu, fuu. (A iauga na cidá non canta.) -Vella amiga, camarada da lonxana nenez na montaña: -Que fas eiquí nesta casa? -Nunha cárcere estóu, téñenme desterrada. Canles de ferro negro apréisxanme a ialma. Debaixo da cidá, Aa carón das cloacas, camiña a miña noite sin alba. Volvoretas de outono baixo unha chuvia maina, ¿qué foi das follas murchas que sobre min levaba? Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO MARÍA SOLIÑA
Espello das estrelas e das nubes que pasan, nos regatos cantores tolos de escumas brancas. ¿Qué foi do ceo aquil, do vento e das calandrias, dos solpores calados, dos prados e labranzas? -Tamén eu, irmá auga, Teño saudades da nativa patria, á que un día voltaréi nunha caixa. Non se pode tornar atrás. O tempo pasa e non volve. O mar agarda. O mar. A noite sin alba.
Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña. Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían: ai, que soliña quedache, María Soliña. As gueivotas sobre Cangas sonos de medo tecían: ai, que soliña quedache, María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría: ai, que soliña quedache, María Soliña.
Longa noite de pedra, 1962 Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO EIQUÍ SERÁ
NON ME MIRES
Quero morrer eiquí (cando me chegue a hora do viaxe que me agarda). Eiquí niste silencio de pombas arroladas, niste vento que dorme nos piñeiros un profundo sono de arelanzas. Quero morrer eiquí cos ollos postos no fumegar das tellas, na borralla do tempo, frente a frente de min, aberta a ialma aos latexos das horas, nunha tarde ateigada de arpas. Van e veñen as nubes viaxeiras, as anduriñas pasan. O pandeiro da chuvia repenica unha maina melodía de outono, que no roncón do río se acompasa. Quero morrer eiquí. Ser sementado nesta miña bisbarra. Finar eiquí o meu cansancio acedo, pousar eiquí pra sempre as miñas azas.
Longa noite de pedra, 1962
Xa tódolo teño visto. O que miréi un día coma unha pedra pésame nas pálpebras. Pesadume de ollar, ¡cómo me does! Eu vin medrar os lobos, vin nascer os cercados e vin baixar as cinzas por canles sanguiñentas. Eu fun até os volcás e tiven fogo nas maus. Vin pasar ringleiras silenciosas de mozos feitos home de repente. Chap. Chap, chapoteaban as súas botas sobre a lama. Vin condeados a norte cunha coroa amárela envolvendo os rostros casi caliveras. Vin camiños ateigados de mortos mirando cara o ceo, preguntando. Vin a Dios encadeado. Vin a libertá xunguida. Vin falsos paradisos de escarnio e de inxusticia. Vin escravos cantando. Meus ollos firen. Nonos mires. Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO TI E MÁIS EU
VIAXE DE VOLTA Viñen ao val. Baixéi dende a montaña e a fe que nada novo teño visto: Soio os teus seos puros, primavera.
(Non falemos dos bobos que tódolo adeprenden nos libros. Non falemos dos parvos con cara de domingo; nin dos sapientes memos, nin dos túzaros listos, nin do eterno mal gusto dos probes novos ricos).
Vin os mesmos traidores, os mesmos delatores, os mesmos basureiros, os mesmos usureiros, troiteiras, cagatintas, pederastas. Tan vello coma o mundo. Nada novo. Soio os teus seos puros, primavera.
Falemos de ti e de min xa que vivimos. Ti i eu nos ventos e nos solsticios. Ti i eu nos bosques e nos ríos. Ti i eu, historia de corpos nidios. Ti i eu, saudade de álbores íntimos. Ti i eu sin tempo polo tempo imos. Ti i eu cantando, chorando e rindo.
Quixera decir por qué sinto canseira niste val de carneiros conformistas. Vin morrer centos de homes, vin parir as femias, vin chegar a xusticia con retraso. Vin caudalosos ríos de sangue, vin paredes enormes de iñoranza. Paredes de cobiza, paredes de avareza, paredes de hipocresía. Paredes, tan vellas coma o mundo. Nada novo. Soio os teus seos puros, primavera. Longa noite de pedra, 1962
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
CIMENTERIO DE CIDÁ A soberbia dos poderosos chega até os cimenterios e trócase en mármores corintios i en bronces propietarios. Compre chantar no mundo esta pancarata: Hai mortos de primeir e de segunda, e mortos que non teñen onde caírse mortos. O esquelete dun rico val por tres esqueletes dises homes sinxelos que cobran os sábados un xornal resuado de soños i esperanzas. Os mortos poderosos chegan ao cementerio con boleto de palco e métense nunha furna de mármol separatista, pensando que as trompetas do xuicio final tocarán para iles en escrusiva unha fermosa diana froleada. Un día despoxarémolos disa terra ofensiva e faremos unha soia tumba igualitaria. Deitaremos no mar os mármores noxentos e os bronces orgulosos fundirémolos no lume. Aos herdeiros dos soberbios mandarémoslles os osos dos seus devanceiros para que os coticen na Bolsa cos nitratos, cos ferros, co carbón e o cobre, i eisí poidan vivir, coma sempre, de rendas.
Longa noite de pedra, 1962
SON UN PASMÓN Son un pasmón peatón con opinión decindo a verdade núa pola rúa nunca fun usuario de automóvil suntuario nin tampouco utilitario. Camiño a pé e por iso é polo que vexo o mundo tal cal é. Sei da cobiza burguesa e do furor proletario O pan gárdase na artesa i a fame ronda a diario. Ando sin presa, nada altera o meu horario, nin couta o meu comentario. Non teño medo do que o tempo traguerá porque sei que tarde ou cedo o que ha de vir chegará. ¿Noraboa ou noramá? Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO INVERNO
¡Tanto me dá! Ogallá me colla vivo a noticia. ¡Qué gran ledicia ver chegar o que virá! Pra o gran suceso xa está aceso acolá moi lonxe, un lume que no mundo prenderá e queimará a fedente podredume. Camiño a pé e por iso é polo que vexo o mundo tal cal é.
Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove. Dor da mau encallecida, dor da xente aterecida de frío polos camiños. Dor dos vellos e meniños. Dor dos homes desherdados e dos que están aldraxados. Mágoa da ferida allea. Dor dos que están na cadea, dos que sofren a inxustiza e viven baixo a cobiza. Mágoa e loito por tanto pranto que escoito. No meu peito, sulagado, soturno, fondo, calado, un río de amor se move. Chove, chove na casa do pobre e no meu corazón tamén chove. Longa noite de pedra, 1962 Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO NON
DEITADO FRONTE AO MAR Lingoa proletaria do meu pobo, eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sin raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do lingoaxe, remo i arado, proa e rella sempre.
Si dixese que sí, que todo está moi ben, que o mundo está moi bon, que cada quen é cada quen... Conformidá. Ademiración... Calar, calar, calar, e moita precaución. Si dixese que acaso as cousas son esí, porque sí, veleí, e non lle demos voltas. (Si aquíl está enriba i aquil outro debaixo é por culpa da vida. Si algunhos van de porta en porta cun saco de cinza ás costas é porque son uns docas). Si dixera que sí... Entón sería o intre de falar seriamente da batalla de froles nas festas do patrón.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingoa. Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruís e poderosos, non falo pra os finchados,
Pero non.
Longa noite de pedra, 1962
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
non falo pra os estúpidos, non falo pra os valeiros, que falo pra os que agoantan rexamente mentiras e inxusticias de cotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de volvoretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño...
NENO ORFO CON CABALOS AO FONDO Pasaron os cabalos da noite e veu a ialba. Madre, iste é o país do pranto. Pasaron os cabalos da noite agallopando. Madre, iste é o país do pranto. Coma un vagalume senlleiro, estar quixera cheo de luz nos carreiros. Pasaron os cabalos da noite coma un vento mouro. Madre, os cabalos deixáronme orfo.
Longa noite de pedra, 1962 Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO O MEU REINADO
Eu son o rei de min mesmo; goberno o corazón na libertá do vento e dos camiños. Eu obedezo ás miñas propias leises i os meus decretos sigo ao pé da letra. Un cetro de solpores, unha croa de nubes viaxeiras, un manto abermellado de soños i esperanzas no limpo alborexar de cada día, dame o poder lexítimo do pobo. Represento aos calados, interpreto aos que foron voces de terra nai nos antergos concellos da saudade. Eu son un rei. Un labrego do tempo dos sputniks.
Longa noite de pedra, 1962
A POESÍA É A VERDADE Un procura a verdade por tódolos camiños, baixo as pedras, nas raigames escuras das olladas, máis alá das escumas i os solpores. Busco a verdade en ti, rexa poesía dos homes que labouran, taito real das cousas que están e son, anque ninguún as vexa. Home total, que vas e ves sin sombra polas rúas e tes a túa verdade nos curutos do mundo, no profundo da historia, na esperiencia de un día calisquera, e non ves os paxaros nin as nubes nin as lonxíncoas maus do vento dondo que acariñan o mundo dende sempre. Investiga a verdade do teu tempo i alcontrarás a túa poesía.
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
ROMANCE INCOMPLETO
IRMAUS Camiñan ao meu rente moitos homes. Non os coñezo. Sonme estranos. Pero ti, que te alcontras alá lonxe, máis alá das sabanas e das illas, coma un irmáu che falo. Si é túa a miña noite, si choran os meus ollos o teu pranto, si os nosos berros son igoales, coma un irmáu che falo. Anque as nosas palabras sean distintas, e ti negro i eu branco, si temos semellantes as feridas, coma un irmáu che falo. Por enriba de tódalas fronteiras, por enriba de muros e valados, si os nosos sonos son igoales, coma un irmáu che falo. Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmáu che falo.
Fuco Pérez sin segundo, veciño de Gargamala, viudo, maior de edade, propietario dunha cabra e dun terrón que produce cinco ducias de patacas. Fuco Pérez sin segundo, furibundo iconoclasta, pai dun neno engaranido chantado diante a cabana. Por teimoso inconformista téñente fichado os gardas; por herexe e descreído póñenche a figa as beatas. Fuco Pérez sin segundo ninguén sabe o que che pasa. Tes o o día, tes a noite, tes os paxaros da ialba, tes as estrelas do ceo, tes as rúas i as estradas. Fuco Pérez sin segundo ¿qué che falta?...
Longa noite de pedra, 1962
Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
UN PROBE POLA RÚA DA CIDADE Estendéu a súa nai para darme unha esmola de chuvia e vento frío. Non pedía, daba. Seus ollos pousáronse lentamente na miña garabata. Pasaban correndo os automóviles cuspindo o seu rosmar de besta cega. Outavoces, anuncios luminosos polos camiños negros da noite como paxaros vivos un só intre en un só intre mortos sobre o xelo. Estendéu a súa mau temerosa, a súa mau apenas humá, tímidamente aberta coma un aza que quixera voar e non poidera. Non pedía, daba. Daba as súas razós, as máis antigas: a inxusticia da fame, a tristura, a absoluta soedá dos rochedos. O aire é teu e meu, decía sin voz, falando coas pupilas que se pousaron de novo lentamente /na miña garabata. Sentín vergoña das miñas maus limpas e nascéume, de pronto, nos zapatos coma un pudor de solas impermeáveles que me rubíu polas veas, foi rubindo -hedra de alba, albre da noiteaté esconderse nos meus soños para sempre.
Longa noite de pedra, 1962
MENTRAS IMOS ANDANDO O tempo cheira a estación ferroviaria no arrabaldo do amencer, cando os trens agallopan xemendo por túneles de noite e brilan luces misteriosas nos bosques profundos e no perfil confuso das cidades lonxanas. Mentras imos andando. O tempo soa a frauta melancólica de pastor isolado; a birimbao de vento nas marelas acacias ao caír a tardiña. Un soar monocorde que ven baixando a tombos dos curutos, chega até o val e trócase en paxaro. Mentras imos andando. O tempo ten a cor dos prados, pero ás veces ponse gafas vermellas e reloce, -esmacelado e fondo, aluaradocoma un Sahara de augas movedizas, auga de area, chuvia de area, sobre mares de area interminábeles. Mentras imos andando. O tempo leva grímpolas de berros pendurados dun aramio de espiño; leva fírgoas de luz; leva farrapos de esperanzas ergueitas ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
sobre mastros de soños; e leva as derradeiras palabras dos soldados descoñecidos que morreron nas guerras polas patrias inútiles. Mentras imos andando. O tempo é unha cousa que está e que esbara coma cóbrega longa rastreando o corazón dos homes, ises vermes que están tamén e van tamén pasando, matinando furar un rexo muro de soidades, pedra de escuros dioses que couta a súa sombra. Mentras imos andando. Mentras imos andando o tempo ten un nome, un alcume de neve que ninguén o pronuncia, un alcume que esbagoa nos vidros do inverno e nos segredos xardís de acibos mergullados. Mentras imos andando pregunto polos mortos, pregunto polas cores das froles que amaban, pregunto polas mornas mañás que gozaron, pregunto polas ondas do mar. Eu pregunto. Mentras imos andando.
NUNCA PODEREI ESQUECELO Polo aire chegóu a triste nova e isto pasóu: Eu era un puro sono pero veu un abrente a espertarme reducíndome a número sumando con dous tacós de aceiro nos zapatos que tripaban o pranto dos humildes. Entón adeprendín o que era sangue, o que era crueldá e zooloxía. Adeprendín metafísica nos montes e física do medo polas chairas. Levaba ferros fríos diante os ollos baixo unha torva brétema de vermes. Isto pasóu e casi non me lembro, -mais nunca podréi esquecelo-. Soio sei, iso sí, que os tamboriles chamaron, plan, plan, rataplán, e xa nunca voltéi a sere sono.
Longa noite de pedra, 1962 Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO SPIRITUAL
CANTIGA DE AMIGO PARA JOAN MIRÓ
Cicais mañá cando a miña mirada non abrolle na luz como cativa mapoula de auga, veña a soedade.
Saúdo a Xoán Miró que me puxo nos ollos as longas sombras de doces cornamusas melancólicas que estaban diante min sin eu sabelo frolecidas de outonos dende sempre, cantando seu cantar dende o principio.
Pero hoxe canto en libertá e mentras canto non estou isolado, que o corazón vai comigo e con il falo.
Saúdo a Xoán Miró que me insinou a ollar o intrascendido, o que está baixo as pedras i as raigames e nos doridos soños da adoescenza, alí onde se xuntan as palabras en acios de preguntas inconcretas.
Beberei a paisaxe nun amencer de lirios. As campanas do mar nos ventos fuxidíos. Cada intre un paxaro, cada pulso un latexo. Unha espada de chuvia cortando a frol do vento.
Saúdo a Xoán Miró que sabe conciliar a luz contraria e sumar as eternas forzas tristes que empuxan as mareas e os solsticios, fan medrar os carballos e promoven o pranto dos meniños perdidos nas cidades.
Nin as olladas torvas, nin os beizos esquivos, nin as voces nemigas nin os homes cativos. Vivirei coma o lume alcendido na noite. Terei cumios de estrelas, cantarei para os homes. Estou comigo mesmo. O corazón é quen manda, i eu obedezo.
Longa noite de pedra, 1962
Saúdo a Xoán Miró alxebraico e saudoso solitario tecedor de imposíbeles contornos, que garda tempo en ánforas de vento, ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
reuto, curvo, dourado, metafísico, cunha camelia moza nas pupilas.
UNHA VEZ
Dende esta orela envolta en neboeiros de peneirada luz cuasi caricia, onde o mar faise río e beixa o dolmen das vellas paganías, mando apertas para ti, Xoán Miró. Teño morriña do teu sul, senlleira craridade da escuma ao meiodía, azul distante do teu país natal, esauto e forte.
Unha vez houbo un home que nunca dixo, meu. Petou nas portas do mundo, chamou no meu corazón. Falaba con palabras que semellaban pombas. As cousas á súa beira púñanse brancas. Nascíalle nos ollos un abrente coma un río de luz, ou coma un mar lonxano de gueivotas. Un bálsamo de amor tiña aquil home pra ista miña dor sin nome.
Longa noite de pedra, 1962 Longa noite de pedra, 1962
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
TEMPO DE CHORAR
LIMIAR A xeito de S.O.S falo na madrugada: Pechái tódalas portas e que xa ninguén saia.
Hei de chorar sin bágoas duro pranto polas pombas de luz aferrolladas, polo esprito vencido baixo a noite da libertá prostituída. As espadas penduran silandeiras coma unha chuvia fría diante os ollos e teño que chorar na sombra fuxidía diste pútrido vento que arromba a lealtá e pon cadeas no corazón dos homes xenerosos. Pois que somente os ollos me deixaron para chorar por iles longos ríos, hei navegar periplos, descubertas por tempos que han de vir cheos de escumas, por onde o día nasce, alí onde xermola o mundo novo. Pois que o que chora vive, iremos indo; indo, chorando, andando, salvaxe voz que ha de trocarse en ira, en coitelo de berros i alboradas para rubir ao cumio dos aldraxes. E pois que cada tempo ten seu tempo, iste é o tempo de chorar.
Sin a seiva nutricia esmorecen as gallas. Arbre antigo, Galicia, fendérono ás machadas. Unha ponla no mundo, outra ponla na casa. A ponla de alén mar é soio unha metáfora. O povo quere terra como Anteo na fábula. A terra quere povo para ser fecundada. Nunca virá de fora remedio ou esperanza. Si o noso povo morre quedámonos sin patria, pois patria e povo son o mesmo en dúas palabras. Pechái tódalas portas e que xa ninguén saia.
Longa noite de pedra, 1962 Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO 1
Eu, Gulliver Ferreiro, bon galego, solemnemente digo: Esilado na miña propia Terra, canso de ollar as mesmas torres sempre, farto de ver as mesmas caliveras –fasquía de vivir pecho nun sótano– quixen seguir o rumbo do meu pobo, o ésodo sin fin dos emigrantes. Troquéi os lares patrios polos eidos alleos e percorrín o mundo coma un nómada compañeiro do vento e das estrelas. Camiñéi á ventura, naveguéi día e noite, mar adentro, paséi as illas páledas, vin o peixe voador i os arroaces, deixéi á esquerda as augas dos Sargazos, cheguéi ás moles praias do mar quente, do eterno vrau vestido de bikini, choutando pola area. (Veda Woodlake decía quedamente: “O mar non é un camiño innumerábel; é un gran corazón abandoado”.) Non quixen escoitar teus cantos de sereia, Veda Woodlake. Buscaba aos meu irmáus perdidos. Rosalía choróu por iles bágoas de esperanza. Curros berróu os seus trenos inmorrentes i eu mesmo un día dixen (malia a hora!) que os nosos emigrantes “erguen seus urros ceibos e labouran cos músculos encheitos de esperanzas lonxe da patria”.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
3 Probe de min. A terra prometida, a Galicia emigrada que eu buscaba, era somente un pozo de residuos, unha corte de ovellas resiñadas: emporio de logreiros, caverna de usureiros, buraco de tendeiros, guarida de comprades basureiros. O País dos Ananos, poboado de petisos comestos da iñorancia, mandados pola enveza i a cobiza. ¡ Qué sórdida paisaxe ! Galicia xaz eiquí morta de anguria, crucificada en sombras, sepultada baixo as nádegas porcas dos badocos, dos pequenos burgueses desertores, alugados ao esterco, vendidos ás letrinas, sin outro afán nin fin que o dasme-douche, o merco-vendo, okey, pago ó contado.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO 5
No País dos Ananos veñen e van, fon, fon, os automóviles, coma bestas fuxindo, non se sabe, bulindo escuramente polas rúas, camiño de ningures, non importa con tal de ser veloces. Velocidade, ise Moloch de agora, aluciado, queimando gasolina, roda, roda, hai que chegar axiña, non sei ónde, ou non chegar xamáis, o caso é ire nas catro rodas, ire e dempóis vire, coa brincadeira a punto. O asunto está no ire-vire, chegar, logo marchar, adéus que teño presa, que teño moita presa, presa, presa, que teño moita presa de ter presa... semáforo bermello, mala sorte, de novo a camiñar, fon, fon, as bestas sobre rodas, veñen e van, fon, fon, e non se sabe. Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
8 Eiquí, entre istes homes pequeniños, penso na patria, e síntome un xigante. Penso en Galicia e vexo un lume aceso nás pálpebras azúes da paisaxe. Vexo a mañá pechada sobre os boscos sulagados no mar. Escoito as voces misteriosas das nais cantando tristes cántigas que cheiran a mazás nas arcas. Digo Galicia e sinto un arrepío, unha esperanza ergueita, unha ferida que non estiña nunca.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO 13
Teño o corazón senlleiro e orfo na noite fría. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Está mudo o reixiñol que outrora cantar solía. Non importa, agardaréi polo albor do novo día. Que está comigo a esperanza, fiando, fía que fía… Ela fía i eu confío no albor do novo día.
14 Cicais mañá cando a miña mirada non abrolle na luz veña a soedá. Pero hoxe canto á libertá e mentras canto non estóu isolado, que o corazón me leva e con il vou falando. Bebo a diario paisaxe nos amenceres líricos. As campanas do mar están feitas de lirios. O soño é un paxaro, que aniña nos latexos. A chuvia é unha bandeira pendurada do vento. Non importan as verbas que berran os nemigos, nin as torvas olladas dos batracios cativos. Vivo ledo no lume diante da porta da noite. Teño cumios de estrelas, e canto para os homes. Lévame o corazón Por unha longa estrada. E nos meus pulsos van Dúas pequenas mapoulas de auga.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO 15
Viaxeiro, que vés de lonxe e vas de paso. Coa palabras máis viva de meu linguaxe, falo. Repudio as inxusticias i a liberdá procramo. Digo a miña verdade e no pobo descanso. Viaxeiro, que vés de lonxe e vas de paso. Teño a luz dos abrentes i as estrelas reparto. Estóu cos sofridores, vivo cos desheredados. Pelexo contra a noite e non creo nos anxos. Viaxeiro, que vés de lonxe e vas de paso: dilles aos irmáus da Terra que é moi trite o País dos Ananos. Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
10 Eu vou andando coa procesión por dentro moi cabreado. Uns ofrécenme rodas de muiño, outros crávanme cravos. Ninguén se compadece do meu andar tan canso. Chove noite no mundo, a libertá morréu fai moitos anos. Son rebelde, danme noxo os homes mansos, os pequenos tendeiros do tedio que viven coma sapos. Durmo sobre un xergón de neve i estóu descalzo. Sofrín a lei do embudo e son moi mal pensado. Creo nos homes puros que non son educados que non teñen modales esquisitos nin saben comportarse coma fámulos. Son un hiperestésico E padezo do bazo ao ver tódolos días pasar os mesmos lobos e rebaños. ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
subasto cen arelas malogradas i alugo gratis cen amigos falsos. Adevirto aos homes serios que me bulro do seu aire paiaso, e téñolle xenreira aos solenes estúpidos i ós parvos. Palabras prohibidas pronuncio sin descanso e vounas traducindo encheito de entusiasmo. Agardo un telegrama que chegará un sábado coas aves do amencer: “Por fin o home foi decapitado”.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Primeira parte
A ESTRELA
Na serán remota tódolos camiños morren na noite pecha. Pero alá lonxe, no confín dos touzales, un espello de luz palpabrexante anuncia a gran estrela que a de traguer o fin da vervidumbre i a libertá dos soños coma un vento. Eu agardo sereo pola estrela e pídolle aos meus fillos me disculpen esta longa esperanza ardéndome nos ollos coma un lume, valla a palabra.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
EL HERMOSO ROSTRO DEL PAÍS
NENOS NUN RANCHO DE CARACAS
(Titular de Faro de Vigo)
Meniño negro, meniña branca,
A miña terra é doce coma o mel,
decide se o sabedes:
abondosos e gasalleiros os seus froitos.
¿Cándo derubarémolas estatuas? ¿Cándo aforcarémola inxusticia? ¿Até cando as coutadas?
Na primavera agroman os touzales e o cuco canta. Xermola a natureza baixo a fecunda codia das labranzas.
¿Nunca deixarán que os nenos todos, os homes todos e tódalas espranzas teñan un só color, unha soa bandeira ao vento alzada?
Alédanse os boscos i as noites son infindas i estreladas. Sí. A miña terra é doce coma o mel, pro, a carón de tanta fermosura, a miseria labróulle
Meniños brancos, negros:
un túnel amarguísimo na historia.
a norte está pousada sobre cumios de berros e de sangue sin distinción de razas. Amargo mar, deixa a túa amargura. Volcán, apaga o lume que te queima. Vento, descansa. Río, agarda. Tempo, pasa. Ponlle un só color aos homes, esperanza. Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
A miña terra é soave, solermiña polo vrau, cando as anduriñas tecen os seus voos de soños. Os grilos poñen axóuxeres vibrátiles na serán lenta. Os reisiñoles cantan ás portas do mencer, e os ríos pasan en romería. Sí. A miña terra é soave, solermiña, pro, nos ollos dos meniños que van á escola nas mañás frías, hai unha tristura antiga. A miña terra é aquelada coma unha mazá polo outono, cando os arbres son de ouro e a brisa acariña coma un beixo.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO CANCIÓN
Nácenlle á paisaxe camiños novos con merlos chifradores baixo as parras. Farturentas colleitas, dondos acios, cántigas de ceifa e de vendima.
O vello cantaba unha lembranza.
Ateigadas de graus fican as tullas.
O mozo cantaba
Sí.
unha esperanza.
A miña terra é aquelada coma unha mazá, pro a inxusticia, proterva, dura, fonda, vai furando o corazón dos homes coma un verme.
O neno cantaba unha louvanza.
A miña terra é íntima e tenra
Pobo meu: pois que cantas,
coma un colo de nai polo inverno
érguete i anda.
rente ao lume do lar. Húmedos e verdes, os campos expónxanse na brétema, os vales dormen brandamente, as cumes branquenexan baixo un vento fungón que ven no norde. As vacas muxen nos cortellos e o fume das lareiras arromeda pantasmas nos tellados. Sí. A miña terra é íntima e tenra, pro, a mocedá fuxe dela en busca de outra terra onde o pan se pode comer sin bágoas.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO PRÁ MOCEDADE
Tedes que alcender un facho de baril inconformismo.
Non, non, diredes decote aos profesores de mitos, que queren de contrabando pasar falsos paradisos.
A LEUCIÓN Adeprender a vida é tan difícil ou máis que resolver un crucigrama. Tan difícil ou máis que unha pregunta que houbera que facer na madrugada cando tódolos arbres choran noite i os galos cantan. Adeprender a vida é moi difícil i ademáis cansa.
Non, non, diredes arreo aos que van no seu machiño cabalgando moi contentos entre nubes de outimismo.
Non, non, debedes decir aos que minten por oficio. A verdá, soio a verdá da terra na que vivimos, labrada en berros de lume, nascida en berce cativo. A verdá, soio a verdá da terra na que nascimos,
Cando tes a leución medio sabida non che sirve pra nada. As cousas son así: imos e vimos, sin enterarnos nunca do que pasa. Pra saber a leución dámoslle voltas, cando acaso mellor era non darllas. Unha mazá, un verme, unha chuvia caíndo, terca e mansa, un discurso do alcalde, unha vinganza, unha muller parindo, unha bomba de nápalm. Dámoslle voltas sin enterarnos nunca do que pasa.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO O VASO
O meu vaso é pequeno pro nel bebín a máis moura amargura do mundo. Chégame abondo. Non preciso outro vaso nin o quero.
A NENA AFOGADA Un bruar de cidade sulagada metéuselle nos ollos e baixóu pola ialba coma un lonxano fume de gueivotas do derradeiro rumbo das chalanas. A nena está durmindo un sono longuísimo. Berros na luz. Campanas nas escumas, labres de sal e vento. Na boca unha branda dozura. As outas nubes tornasolan alá lonxe as dunas. A nena está durmindo un sono longuísimo. Púxose azul o mar. O vento verde levaba nas súas maus escuras meles de boscos e pinares e de seves. A nena está durmindo un sono longuísimo. Fíxose o ceo mar e na distancia nacéu a noite coma unha frol doente e vaga.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
A nena está durmindo un sono longuísimo sobre a paisaxe verde. Que ninguén a desperte.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO UN DÍA
Eu sei que un día dobraréi unha esquina e xa non voltaréi atrás. Colleréi unha rúa de auga infinda feita de noite e de cristal. Pasarán silenciosos carros e xentes que nada me dirán. Camiñaréi perdido definitivamente e nunca máis voltaréi aomeu fogar. Entón, non tendo outra cousa ue facer, seguramente poréime a pensar que a vida é un motor moi complicado i a norte unha solemne imbecilidá.
DIGO VIET NAM E BASTA Digo bomba de fósforo. Apenas digo nada. Digo lombriga e larva de carne podrecida. Digo nenos de napalm, terror de noite e selva, fedor de cidade e cloaca. Fame, suor, aldraxe, pugas de aceiro, antropofaxia. Digo guerra bestial, tremor de terra, crime, lume, lava, estoupido, verdugo e mortandade en masa. Digo gas abafante. Apenas digo nada. Digo yanqui invasor, depredador de patrias. Digo plutonio, pentágono, esterco bursátil, palanca. Presidente, gadoupa,
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
chuvia, amargura, baba.
TEORÍA DO ARBRE
Digo petróleo, ferro, mineral, trampa, lobo, caimán, polaris, cóbrega, miseria, diplomacia. Digo devastación que USA, usa. Apenas digo nada. Digo Viet Nam i está xa dito todo cunha soIa palabra. Para abranguer a vergonza do mundo, digo Viet Nam e basta.
O berce foi antes arbre, Berce do arbre é o vento. O arbre fillo da terra, danos sombra i alimento. Arbre, a porta da casa, Arbre, o estrado i o teito, Arbre, o carro i a mesa, Arbre, a chuvia no vento, Arbre, a caixa do morto, Arbre, a fiestra i o asento. Arbre, o bosco, i a barca, no medio soio silencio A nosa casa é un arbre. Casa do arbre é o vento que pasa peleriñando, con ledos paxaros dentro. O mundo semella un arbre prantado no firmamento que pasa peleriñando con ledos paxaros dentro. O arbre danos de todo: barca, teito, enterramento. O mundo semella un arbre Prantado no firmamento. A vida parece un arbre, no medio tan soio o vento.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO COMPROMISO Estóu entre vós e de vós falo, homes. Non me importan as derradeiras modas nin os modos snob dos poetisos que procraman o estrume por divisa. Eu canto dende dentro do meu pobo. Tido, metido, prometido, comprometido cos homes, meus irmáus, meus camaradas na loita pola libertá. Non me importa o que digan mañá os aduaneiros da poesía. Si un intre só conquiro darvos folgos co meu canto, ficaréi moi contente e non perciso máis nada.
Viaxe ao país dos ananos, 1968. Segunda parte
PORTA O fel de ter que vivir entre badulaques tantos, fixo nacer istes cantos de escarnio e de maldecir. Neles, sin ningún aliño, pro con moito ritintín, chámolle, tal como os vin, pan ó pan, i o viño, viño. Istes versos ó tuntún, irmáu das horas acerbas, levan pra ti unhas verbas de amor na Patria común. Irmáu meu na emigración, galego peregrinante, ergue a testa, mira adiante, camiña con decisión. Aprende a decirlle non ó paisano denigrante, ó logreiro, ó negociante da túa triste condición. De que despertes é hora, dilles que non, logo berra que eres bon fillo da Terra, que estás coa Nai e Señora. Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA CONVERSA ENCOL DUN BOI - Disque, na súa tenra xuventú, iste boi que ós galegos estercola foi en Galicia á escola i adeprendéu el soio a decir Múu. - Non sexas, meu amigo, fabulista e faime a gracia de facer memoria: aquél que dixo múu na nosa historia non era un boi, que era un burro flautista. - O conto que che conto é a verdá e ninguén torcerá a miña pauta: o boi que dixo múu tería unha flauta que soar poido por casualidá.
CELSO EMILIO FERREIRO O VICE-HOME O rostro de vilán, mondo lirondo, remata nunha cúspide careca i-a sua torva imaxen de boleca esconde un can hidrófobo no fondo. No seu paísnatal, todo o redondo, é de sobra sonado iste babieca, i o seu rodar, de estrada e de cuneta, noutro tempo, conócese de abondo. Gargallo delator, sapo fedondo, Asesiño e ladrón de entrana seca.
- En vista de que falas con firmeza conveño en que o eu boi é mitolóxico; un especimen raro fisiolóxico, mixto de burro e boi na mesma peza. Un estrano animal que co seu múu asnal e corifeo ampliou o solfeo cunha moderna nota musical. Por elo chegarán futuras datas en que todos veredes carteles coma iste nas paredes: “Concerto en múu maior a catro patas.” Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO OS HERDEIROS
Pasan mudos e xordos, valeiras de canciós as súas vidas. Teñen as bocas murchas de pronunciar palabras fratricidas. Pasan coas almas turbias I os corazós de pedra. Teñen os ollos de auga e polos veas rúbelles unha hedra. Son os carcundas fósiles, desendentes dos monos paleolíticos. Son fillos de Caín e de Tricornia. Son os herdogardalíticos.
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
O NETO DO CAGARRÁN Cando o vello zoqueiro remendón -chamado por mal nome Cagarrá soupo que un neto seu, o máis pasmón, fora eleito Reitor da Sociedá, ficóu meditabundo, co rostro asaz pasmado e alá na escura cova do ultramundo onde está dando malvas o coitado, púxose con paciencia a escribir os palotes dunha carta modelo de sabencia: Meu neto: que mal raio non me parta si comprendo iste choio. A ti sempre te tiven por un burro de testa periforme, duro croio inxertado na ialma dun cazurro. ¿Cómo é posible entón que o galego avisado e intelixente, elixira un papón pra Presidente? Por máis que o meu caletre torpe escarbo non poido comprender estas matracas. Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA ¿É que se puxo parvo, de sópeto, o galego de Caracas? ¿Acaso o teu cerebre, envase hidrópico, armado en argamasa, duro bloque, tornóuse luz solar no quente trópico por arte da presión birli-birloque? ¿Qué pasóu pra que os fillos de Galicia nombrasen un patrón que ten albarda? Ó saber a noticia da túa reitoría de alpabarda sentín no peito o peso dunha lousa e nos ollos o pranto, pois nunca a Terra foi tan pouca cousa, nin ti poideches nunca medrar tanto.
CELSO EMILIO FERREIRO UN TAL ARCO Arco de ferradura e basureiro,
friso vulgar, cacumen da impudicia, que esconde, baixo o nome de Galicia, ó sapo, ó desleigado i ó logreiro. Un volumen servil de hortera arteiro,
un gonoco inxerto en inmundicia, un envase fecal, unha ictericia, un lercho cagallón palanganeiro. Un ripio asnal, un fillo de malato, un puto de burdel, un tahur lato, un caco de feirón, un lendia prea. Ista e a imaxen fiel do arco paleto, doctor “honoris causa” analfabeto, asombro da gavilla filistea.
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968 Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA UN SEGREDARIO SIN SEGREDO Arranxa un nazi burrón de triste historia, mistúralle fusil e metralleta, engádelle algún morto na cuneta, dibúxalle nariz supositoria, ponlle cara de alcuza con escoria, fabrícalle un cerebre de penedo, revólvelle alquitrán e leite acedo, invéntalle unha ollada xesuita faille unha voz que lembre a dunha pita i ahí tés un segredario sin segredo.
CELSO EMILIO FERREIRO LENDO CERTO PERÍODO MENSTRUAL Olla meu irmáu honrado o que acontez con Daniel: os que o tiñan desterrado agora falan ben del. O palurdo de alma lerda, o tendeiro desertor, o vinculeiro da merda, disfrazado de señor. O lurdo carca refrito, o monifate de entroido, o aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido. O badoco endomingado, o franquista pousafol, o forricas desleigado, o pequeno burgués mol. O devoto do onanismo, o feligrés de pesebre, o tolleito de cinismo o que dá gato por lebre.
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO UN BÍPEDO RONZAL Portuga, non. Resulta moi ridículo
O rateiro de peirao, o refugallo incivil, válense de Castelao pra esconder a caste vil.
que o nome dunha pátria benemérita se enlixe apelidando a iste pedículo parásito ronzal de alma pretérita.
Escoita puto nefando, criado na servidume: non pasará o contrabando dise teu noxento estrume.
Non digas Portugal, di portugálico pois gálico rezuga o rostro estólido diste pimpín pasmón microcefálico que ten un non sei qué de peido sólido.
Grotesco escriba sandéu, inxertado nun raposo. Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso.
Chámalle ao tal, memez enciclopédica, acólito sandéu, mula ortopédica, bípedo insólito, orneo asnal.
I anque a ti che importa un pito, sabrás que é cousa sabida, que estás incurso en delito de apropiación indebida.
Pero non Portugal, que iso dá pábulo a que a xente confunda ao probe rábulo co gran país de Antero de Quental.
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA OS FILLOS DA CIZAÑA O ácrata, burgués de via estreita, sementóu istes eidos de cizañas, prantóu sebes de insidias e patrañas i agora nós cargamos coa colleita: Gandules ezquerdistas de dereita, farsantes con careta de esilados, lobis-homes de ovellas disfrazados, carcundas, maricós de especies mil, pasan con seu triste andar incivil todos xuntos, revoltos, misturados… En impúdico pauto amalgamados, o pícaro, o bribón, o proxeneta, o sórdido truán que os alcahueta, o matador i os fillos dos matados. Todos tolleitos, todos emporcados na mesma zarrumalla i amasixo, todos coa mesma faz de carapixo falando oc astelán do cagatinta, velos ehí van coa súa innobre pinta, fillos da nai que os deu i o pai que os fixo.
Cantigas de escarnio e de maldecir, Arístides Silveira, 1968
CELSO EMILIO FERREIRO MODESTIA FORA Nacín (modestia fora) nun lugar onde o mundo se chama Celanova. Moitas vegadas a miña nai contóumo. O día que ti naciche houbo estranas sinales no ceo. Outo era entón o vento de xaneiro, as pombas do solpor tornaban lentas na serán sosegada. Arpas invisíbeles, penduradas das torres centinelas, mentían un rumor de frautas doces. Cando chegóu a noite envolta en nardos coutóu a derradeira luz do día que aguniaba alá lonxe como brasa mortiza dun rescaldo. (Como brasa mortiza ten sido a miña vida, como brasa mortiza dun rescaldo. Por eso vivo coa angueira de non saber si son lume ou si son somente fume dunha remota fogueira.) Onde o mundo se chama Celanova, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO TERRA
Todo o meu ser está leigado á terra, Sábeme a terra todo na memoria, Terra o camiño, terra a miña historia, Terra esta voz que no deserto berra.
PROCRAMA ÓS MEUS VECIÑOS Ouro vello de outono e prata fina a lúa embaixo, o sol enriba. Nesa surrisa túa, Celanova, pola que pasa o vento, hai unha triste historia non contada feita de amor e troquelada en ferro. Longos días de pranto e de cinza, a lúa embaixo, o sol enriba. Por ise rostro craro, no que se miran todas as estrelas, pasan sulcos de luz estremecida, cantigas de mencer, noites de pedra. Escumas de saudades sempre vivas, a lúa embaixo, o sol enriba. Cando surrís, libéraste. Só saben surrir aqués que levan a esperanza. Quen espera non morre i o que sabe surrir é quen se salva. Afía o teu lecer, a espada afía, a lúa embaixo, o sol enriba.
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO EIQUÍ SERÁ
Quero morrer eiquí (cando me chegue a hora da viaxe que me agarda). Eiquí niste silencio de pombas arroladas, niste vento que dorme nos piñeiros un profundo sono de arelanzas. Quero morrer eiquí cos ollos postos no fumegar das tellas, na borralla do tempo, frente a frente de min, aberta a ialma aos latexos das horas, nunha tarde ateigada de arpas. Van e veñen as nubes viaxeiras, as anduriñas pasan. O pandeiro da chuvia repenica unha maina melodía de outono, que no roncón do río se acompasa. Quero morrer eiquí. Ser sementado nesta miña bisbarra. Finar eiquí o meu cansancio acedo, pousar eiquí pra sempre as miñas azas. Onde o mundo se chama Celanova, 1975
CANTIGA PARA DURMIR A UN NENO Celanova ten un vento, Celanova un vento ten, un vento peleriñante, un vento que vai e ven. Un vento que máis que vento é un teimoso roncón fungando polos tellados con grave e tristeiro son. Iste vento vagamundo, vai coa lúa, ven co sol, vai cos mozos, ven cos vellos, vai coa neve, ven coa frol. Vai coas nubes viaixeiras por camiños de romaxe. Ven co pandeiro da chuvia repenicando a paisaxe. De día vai cos paxaros i anda a brincar polas hortas. De noite ven cos morcegos i anda a petar polas portas. Onde o mundo se chama Celanova, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
Meu neno, no teñas medo, que iste vento é meu amigo i anque rosma polas rúas non te levará consigo.
A PALABRA A realidá existe porque existe a palabra. Si non sabes decir longa é a noite
Vento que vas á ventura, ¿non ollas cómo che aceno? Vaite deiquí paseniño, deixa dormir ó meu neno.
tampouco saberás que existe a alba. Para ser libre o home ten que saber decir creo na esperanza.
¿Onde se marchóu mi padre o ventiño reiseñol, ventiño de doce gaita, ónde se foi co seu fol? O vento atópase canso do seu constante bulir. Deitóuse nos piñeirales, coma nun berce, a dormir. I o vento que rebulía, Celanova xa o non ten. O meu neno está durmido i o vento dormíu tamén.
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
DIANTE DUNHA FOTOGRAFÍA DA MIÑA PRIMEIRA COMUNIÓN Pergúntome anguriado, que diría de min, si é que me vira, iste neno que fun fai tantos anos.
PROIEUTOS O meu programa é iste: procramar o dereito á espranza infundada i ó imperativo categórico do porvir imperfeuto. Afirmaréi a propiedá horizontal do vento, a anatomía das horas ateigadas, a tendencia centrífuga i a noria dos asneiros, propicios moedores para o reino burgués do home satisfeito. Construiréi o movimiento inmóvil baseado na estadística inserta na cultura do per capita, sin esquecer que unha cigoña pode crear un laberinto cando a máquina ven, cando o motor, cando o berro astrevido i a anestesia emporcallan os muros co seu gómito.
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
Eu quero ser xente empadroada, trocarme nun cangrexo e dividir por sete os estamentos dóciles, para saber sin retesía a distancia entre río e cementerio. Porque estóu convencido de que hai cero á esquerda e que o verao foi feito para que o inverno mostre o túnel de vías paralelas que marchan soparadas pro que ó final atópanse.
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
XULIO 1972 Dixo Moraima: nunca poiden enxergar que por ser fillo do vento que namora á libertá, ti teñas que ser á forza un perigoso elemento, sospeitoso e pecadento. Ti non podes enxergalo, Moraima, pro eu fai tempo, fai moito tempo que o enxergo.
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
XANEIRO 1972, II
O CONDADO Esta terra, ¿de quén é? Canto dende eiquí se ve e outro tanto que se esconde é do meu señor o conde. O mar é seu, súa é a terra i o vento. No mar ten barcos, na terra, ríos hidroeléctricos. Mais o aire non lle produz dividendos porque a xente, tan falta de principios; respira o seu alento coma si o aire fosse un ben de todos, algo así coma un aire mostrenco. Non hai concencia. O pobo xa non sinte respeto pola santa propiedade nin polos sagros dereitos. Reprime, conde meu, iste asoballo, ponlle ponto final ó desenfreno. Instala axiña un contador eólico no espacio intercostal dereito de cada cidadán diste condado. Rixe o país a xeito, impón a lei e medra os teus haberes, que a paz e o orde voltarán ó reino.
Cando quero vivir digo Moraima. Digo Moraima cando semento a espranza. Digo Moraima e ponse azul a alba. Cando quero soñar digo Moraima. Digo Moraima cando a noite é pechada. Digo Moraima e ponse a luz en marcha. Cando quero chorar digo Moraima. Digo Moraima cando a anguria me abafa. Digo Moraima e ponse a mar en calma. Cando quero surrir digo Moraima. Digo Moraima cando a mañá é crara. Digo Moraima e ponse a tarde mansa. Cando quero morrer non digo nada. E mátame o silencio de non decir Moraima.
Onde o mundo se chama Celanova, 1975 Onde o mundo se chama Celanova, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO MAIO 1972, II
ZEJEL PARA CASTELAO Si Castelao nos guiara, fillo do povo que il era, outro galo nos cantara no amencer que nos espera.
Dicen que a vida é unha estrela fugazzzzzz que cruza oceo
Nin badúas sabidores nin raposos mintireiros nin fámulos de terceiros nin lobos depredadores nin escondidos treidores nin doutores tirteafuera nin zumezugas sin cara nas nosas ringlas houbera si Castelao nos guiara, fillo do povo que il era.
na noite. Pro ti e mais eu cruzámolo collidos da mau coma dous namorados. Non foi tan fugaz
Fillo do povo que il era ó povo respondería i o noso tempo sería un tempo de primavera, un tempo de epifanía no que o povo falaría coa súa voz limpa e crara, si Castelao non morrera outro galo nos cantara no amencer que nos espera.
o nosso paso, anque foi moi escura a noite que nos tocou em sorte.
Onde o mundo se chama Celanova, 1975
Oito homenaxes. Obra completa, 1975
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
NUNHA FOXA COMÚN Aldraxados por séculos mallados e feridos, asoballados sempre, decote desvividos, pergunto qué fixeron, contesto que fuxiron da terra malpocada, sin pelexar, vencidos, abandonado o campo á furia do nemigo. Soio unhos cantos bravos a proba resistiron. Garda, matria, un loureiro prá frente distes fillos.
O MÁRTIR Non che diréi que imos a vingarte, amigo morto polo ferro airado. Porque pasaron tantos anos, tantos treidores e desleigados e días de tristura, tantos, que xa non saberíamos en quén vingarnos. Diréiche tan só que te lembramos e procuramos seguirche os pasos, mais por outros camiños que non leven ás bosques dos coitelos afiados.
Cimenterio privado, 1973
Cimenterio privado, 1973
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO
DECÍA O MALPOCADO QUE XAZ EIQUÍ ENTERRADO Non trunfan na historia os pobos sumisos. Augas represadas non moven muíños.
UN PERIGROSO ELEMENTO Morréu sin entender que por namorar ó vento que namora á libertá, (vento do pobo que xime por coñecer a verdá); que por rirse a gargalladas da necia solenidá, tivera que ser á forza un perigroso elemento, subversivo e pecadento. Nunca o entendéu, mais agora, dempóis de morrer, enténdeo.
Nunca serán libres os pobos sofridos. Con augas paradas non roda o rodicio. O HINCHA A felicidá, en resume, era pra il berrar gol nos partidos de fútbol entre a mesta moitedume. Mais deulle tal torozón cando quedóu campeón o odiado equipo contrario, que por dous goles a un xace na foxa común iste badoco gregario.
Cimenterio privado, 1973
Cimenterio privado, 1973
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA
CELSO EMILIO FERREIRO XUSTIFICACIÓN
CARTA A FUCO BUXÁN
As computadores arqueolóxicas do ano dous mil quinientos alcontrarán eiquí, niste meu cimenterio privado, un gran depósito de esqueletes. O Carbono-14 dirá que son da nosa época i o seleutor eleutrónico clasificará os restos: Homes de lápiza na orella, homes cazadores de homes, homes corruptores da cencia, homes torturadores de homes, homes derrubadores de conciencias, homes furtadores do traballo dos homes, homes vendedores das patrias dos homes, homes de ben, bos e xenerosos ( soio unhos poucos). Serán desenterrados outros restos que non poderán ser identificados por acharse en estado gaseoso. Suporase que foron víctimas do napalm nunha guerra que houbo séculos denantes nun país que xa non estará no mapa. Cimenterio privado, 1973
Fuco Buxán esfarrapado, fillo da fame e neto de labregos. Fuco Buxán, que vives de prestado, comesto o corazón, os ollos cegos. Fuco Buxán, compadre da miseria, curmán das inxusticias i os aldraxes. Fuco Buxán ¿non sintes que na Iberia feden a podre os homes i as paisaxes? Fuco Buxán, na noite estrelecida, hai un río de luz que ven de lexos. Fuco Buxán da testa decaída, hai un río de luz pra os homes rexos. Fuco Buxán, aprinde a andar ergueito, Fuco Buxán, aprinde a falar forte. Fuco Buxán, aprinde de tal xeito que nunca máis esquezas o teu norte. Fuco Buxán, que fozas de cotío na terra que te manda e non te deixa. Fuco Buxán, que tes un largasío anoitecer na ialma que te apreixa. FucoBuxán, de sol a sol, esterco, Fuco Buxán, de sol a sol, eixada, Fuco Buxán, coutado por un cerco, Fuco Buxán, máis vale non ter nada. Mentras o tempo da patria non chega, mentras non pase o tempo que denigra, deixa .ise escuro afán que te atafega, Fuco Buxán, ¡emigra!. Poema solto
ENDL, IES FÉLIX MURIEL
SELECCIÓN POÉTICA POLA LONGA LONXANÍA Pola longa lonxania vou camiñando sen présa. Na noite escura está acesa unha luz que anúncia ó dia. Aquelo que eu ben queria, liberdade, nunca voltou. Cuberto de noite vou pola longa lonxania. O vento lurpio non cesa de oubear sobre o meu povo. Como non lle temo ao lobo vou camiñando sen présa. Vida errante, noite espesa, negrura embaixo e enriba. Mais a miña esperanza altiva na noite escura está acesa. Aquelo que eu preferia, revolución, canto tarda. Mais o meu anceio agarda unha luz que anúncia ó dia.
CELSO EMILIO FERREIRO O DEDO NA CHAGA Estas palabras que digo abróllanme dende o fondo porque eu endexamáis escondo a canción que vai conmigo. Cos meus cantares consigo ser coma o vento lixeiro, ninguén me marca o sendeiro, ninguén me dicta a canción, teño limpo o corazón pra vivir ceibe e senlleiro. Meu canto rudo e sinceiro co badoco non se avén. Desprezo a todo o que ten alma servil de logreiro sen outro Deus que o diñeiro. Meu canto a ninguén falaga, ninguén por cantar me paga, soio o povo, meu irmán, aplaude o meu canto chan, se poño o dedo na chaga.
ENDL, IES FÉLIX MURIEL