Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
ÍNDICE
Contos de Ciencia e Medo
CONTOS
CLONACIÓN, Carme Veiga............................................................1 O TRACTOR, Carme Carou..............................................................2 UNHA NOITE QUE XAMAIS ESQUECERÍA, Cristian Vicente...3
DE CIENCIA
CONTO DE MEDO, Claudia Rodríguez…………………………...4 O EGOÍSMO SEN CONSIDERACIÓN…, Raúl Rañó……………5 CIENTÍFICOS, Carlos Piña………………..………………………6 COUSA DE MEIGAS, Raúl Muñiz.................................................7 O BICHO, Marta Lorenzo................................................................8 ALBERTA, Jennifer Lorenzo...........................................................9 O COBO, Sergio Lamas..................................................................10 PÓDELLE PASAR A CALQUERA, Diana Franco......................11 O MEU SEGREDO É SÓ MEU, Paula Fariña...............................12 MARTA E VALERIA, Raúl Castro...............................................13 MANOLO, O AXUDANTE..., Carmela Castro.............................14 UN SAN XOÁN ACCIDENTADO, Alex Iglesias……..…….….15
E
ERA UN DÍA DE FRÍO…, Miguel Rial……………...……….…16 CERVEXA AZUL, Martín Castro…………………………….….17 DÉBORA, Oliver García.................................................................18 A MORTE DO CURA. Clara Villanustre.......................................19
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
MEDO
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
CLONACIÓN Carme Veiga Chámome Uxía, e teño nove anos. Considerábame feliz, a pesar de ter algúns problemas... Xa sabes os problemas de todas as rapazas da miña idade. Vivo con meus pais en Santiago dende que teño memoria. Miña nai díxome que cando aínda non andaba, vivíamos os tres en Suíza, con papá. Mamá é profesora. Traballa na facultade de Historia da Arte. Papá vive con nós pero traballa en Suíza por cousas do proxecto de clonacións no que está participando. Mamá di que é algo extraordinario e que temos que entender que ten que estar lonxe. A min, a verdade, non me importa... Fai uns meses, quería ter unha irmá. E como mamá dicía que a cegoña tardaba moito en chegar, decidín darlles unha sorpresa... A fin de semana que papá veu a visitarnos collín o seu ordenador, aínda que el sempre me di que non podo coller as súas cousas sen permiso. Púxenme a fedellar e atopei unha especie de receita: Experimento de clonación de seres humanos. Aqueles ingredientes non os había na despensa da cociña. Con moito valor, púxenme a remexer no armario do despacho. Eu tamén quería axudarlle a papá. Para a miña sorpresa, no despacho había un bote cos ingredientes xa mesturados. Que sorte! Non se me ocorreu nada mellor que abrir o bote e, de repente, un pelo caeu dentro da mestura.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
O último que recordo, é unha persoa igualiña a min correndo cara a habitación de meus pais e despois sangue, só sangue, sereas e policías. Mamá xa non estaba. Nin papá. Xa non ía a ter unha irmá. Agora tampouco quero. E ter unha xemelga tampouco era o meu soño, e menos agora que non sei onde está... Vostede entende sarxento? Foi un accidente...
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
O TRACTOR Carme Carou É incrible como suceden as cousas. Xa o dicía miña avoa, a vida éche un misterio, e senón que llo digan ao Xurxo, o pobre nunca tivo sorte na vida. A ver, que iso xa era de saber, xa se lle vía na cara. Tiña cara de parvo e é verdade, non o digo por dicir, cos ollos separados e unha calva no medio da cachola. Era parviño de todo. Cando ía á escola, a mestra rifáballe porque nin sumar sabía. Estaba todo o día a troulear e a pegar brincos pola eira. Cando ía a traballar a terra con súa nai máis a súa tía, en lugar de arrincar as patacas el volvía a plantalas, facendo un buraquiño pequeniño e profundo, enterrábaas e logo cubríaas ca terra; e logo, é de sabido, a señora Manuela poñíalle o cu quente. Había que comprendelo, o pobre medrara sen un pai e, xa se sabe, unha muller sen home ten todo o labor encima súa. Ao pai matárano por culpa dun chivatazo, por estar coa República, que non era certo, pero a xente éche moi ruín e a envidia é moi mala. O pai tiña certa destreza para traballar a madeira e era un recoñecido carpinteiro en todo o pobo, ademais o pobre home era un cachiño de pan e todo o mundo lle quería ben. Polo San Roque, Xurxo corría atrás dos foguetes para coller o maior número de varas posíbel. Non só o facía por divertirse, senón que, despois de pasar un bó anaco correndo pola beira dos regos, as
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
mesmas canas lle servirían á señora Manuela para estancar as tomateiras. O caso é que alá andaba o Xurxo corre que te corre polo medio dos prados e leiras, coidado con ese espiñal, non subas a esa pedra, non pises ese caracol... No medio de tanto entusiasmo, viu como do río saía fume, pero un fume considerable, non un fume a causa do frío, que bah! Acercouse a mirar e viu un tractor que volvera. Estaba á beira do río, a persoa que o conducía intentara ao parecer subir un arró de terra que había para poder acceder a un prado. Nun primeiro momento Xurxo fixo o amago de acercarse pero inmediatamente quedou paralizado. Sobre unha inmensa poza de sangue xacía, aínda con vida, o home ao que súa nai lle compraba o leite. Un home duns cincuenta anos, moi festeiro, que nas romarías gostaba da caña de herbas. Moitas risas tiñan botado Xurxo máis Luís, que así se chamaba o maquinista, "O Petaco" para os amigos. O impacto foi tan grande que deu media volta e volveu para a casa sen articular palabra, deixando ao pobre home sufrindo. Na mente tiña a mirada do home suplicando axuda, pero el non, el non podería axudalo. Quixo dicirllo a súa nai, pero non tivo a coraxe suficiente. Ao chegar a casa encerrouse na súa habitación. Nin comeu ese día nin os dous seguintes. Desculpábase que lle doia o estómago e a nai obrigáballe a tomar infusións de herbas que sabían a mexo de
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
burra. Ese día pola noite escoitou a súa nai máis a súa tía falar da desgraciada morte que tivera o pobre home e da agonía que debían sentir a muller que acababa de quedar sen home e a filla que acababa de quedar sen pai. Mesmo puido escoitar esboucelar a súa nai uns choros ao recordar a morte do seu home. A nai entrou no cuarto para informarlle de que ela máis a súa tía ían ir a casa do defunto, que se el podía quedar co seu primo pequeno. El desculpouse, xa que de repente espertáralle unha dor de cachola e só quería durmir, así que o meniño de tan só dous anos e medio tivo que asistir ao seu primeiro velorio, aínda que estivo todo o tempo durmindo como un anxiño no colo da súa nai. Pobre madriña, ter que ter toda unha noite o neno nos brazos por culpa dunha dolor de cabeza do seu sobriño!. En realidade o que lle doía a Xurxo era a alma e non a cachola. El só pensaba no "Petaco", no tractor e no grande parecido que tiña co seu pai. O seu pai, canta falta lle facía!. Nada era o mesmo desde a súa partida. A súa nai xa non ría, sempre vestida de negro ata o pescozo, xa non había festas na casa, só algunha comida de vez en cando. O Nadal xa non era o Nadal e o Fin de Ano xa non esperaban a comer as uvas. Metíanse na cama porque sabían que non podían desexar que o ano novo lles trouxese felicidade. A felicidade
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
esvaecérase ao igual que o seu pai, Ramón, un home de proveito que gobernara a casa de vivo e seguía a facelo de morto. A súa nai faláralle dos mortos que se levantaban de noite e andaban os camiños cunha candea alumeando o seu paso. Ela dicíalle que o facían para vingarse de quen lles fixera dano na vida e que unha vez que encontraban á persoa, absorbíanlle o seu alento e con el a vida. Dende aquela Xurxo, en vez de levarlle flores á tumba de seu pai, leváballe patacas, carne e touciño, por se ao seu pai nos seus andares nocturnos lle entraba a fame. A Xurxo naceulle unha idea. Quería poder volver a reunirse co seu pai e aquí estaba a oportunidade. Cando o atopara na ringleira dos mortos, Xurxo sería quen lle cedería un pouco do seu alento e así o pai podería volver á vida, porque de novo tería aire no corpo para poñer a funcionar os pulmóns. Deste modo o pai podería volver á pequena casa xunto coa súa nai máis con el e todo volvería a ser como antes. Decidiu poñer a teoría inmediatamente en práctica. Unha noite de inverno, cando a súa madriña, a súa nai e máis a viúva do "Petaco", que se fixera moi amiga de Manuela dende a morte do su home, da cal xa facía case un ano, gozaban dunha entretida conversa ao lado da cheminea con cadansúa cunca de chocolate " El Lobo" sobre a gran colleita de patacas que acaban de ter, propúxose actuar.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
El fórase para a habitación, xa que lles dixera ás mulleres que estaba canso e que dirimira mal a noite pasada. O conto é que el atopábase fronte á ventá do cuarto cun macuto no que levaba un cacho de pan de millo con uvas pasas máis algunha roupa do irmán do seu pai para que este puidera regresar a casa da mellor maneira posible.
pero non co que esperaba. O Xurxo seguía atento á procesión mentres os restos dun home fóronse apartando da fila en dirección ao neno. A ansia de Xurxo volveuse terror. A medida que o home, aínda cunha pouca carne entre os ósos, se acercaba ao rapaz, as marcas dunhas rodas de tractor na face e barro nos seus pantalóns resultaban máis visibles.
De alí a un cuarto de hora xa estaba a chegar ao cemiterio. A medida que se achegaba íalle dando voltas ao asunto. Íalles abrir el xa a cancela do camposanto para que os mortos saísen e el ía aproveitar para se agochar á espera de ver ao seu pai. Acercaríase e de seguro que el o recoñecería, aínda que isto non o tiña moi claro, pero non llo podía preguntar a súa nai senón ela descubriríao e encerraríao por tolo. O que si tiña ben clariño era que, fora como fose, el ía coller ao seu pai e íalle pasar parte do seu alento. Se os mortos absorbían o alento dos vivos e estes morrían, cando un vivo lle dese do seu alento a un morto este viviría.
Era o "Petaco". Sorría, pero el ben sabía que non era un sorriso san. " Agora xa sabes o que é o medo pola vida. Proba o desexo pola morte". Cando quixo recuar xa o tiña encima. Ningunha loita o puido salvar da súa condena, á que xa el mesmo se sometera aquela mañá no prado.
Ás doce e seis minutos da noite os mortos comezaron a saír do cemiterio. Rosiña, Paco "O Carniceiro", Maruxa, Pepe o de Asunción, Lurdes "A Bolecha"... El estaba tan ansioso por ver pasar ao seu pai, que non era consciente de estar ante un desfile de mortos-viventes. Eu era o número dez desa ringleira de ósos en movemento e dende a miña perspectiva ben puiden ver como o neno se encontraba cun corpo sen alma. Encontrar encontrouse,
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Ninguén lle volveu a levar patacas nin carne á tumba de seu pai e agora a señora Manuela tiña que levar flores ao cemiterio por partida dobre.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
UNHA NOITE QUE XAMAIS ESQUECERÍA Por Cristian Vicente A noite estaba fría, Xoán acababa de comezar o seu turno, e non era capaz de deixar de pensar no que unhas horas antes vira. O seu corpo estaba no museo, pero a súa mente estaba noutra parte. Estaba inquedo, nervioso, ca mirada perdida nun punto fixo. No museo non se escoitaba nada, in o mínimo ruído, todo estaba en silencio. A sensación de terror era moi palpable, tras ver o que el vira, era imposible atoparse só nese lugar e non sentir pánico. Todo estaba oscuro, tal como aparecía no contrato, a única luz que podía usar era a do foco da súa linterna. De súpeto sooulle o móbil, era Antón, quería saber a que hora volvería para o piso pola mañá, para saber se lle deixaba o almorzo ou se almorzaba fóra. Díxolle que almorzaría fóra, dese xeito ao chegar a casa xa se metería na cama sen ter que limpar despois nada. Comezou a chover, algo lóxico nunha noite en pleno inverno como a do 13 de Xaneiro. Un son atroador escoitouse fóra. Pouco a pouco ía facendo máis e máis vento, as ponlas das árbores próximas comezaban a bater nas xanelas do edificio, algo que lle daba un toque máis terrorífico se cabe a esa velada. Xoán levantouse, non aguantaba máis alí sentado, sen facer nada, coméndose os miolos por algo que non ía esquecer tan fácil, ademais, era a hora da primeira ronda.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
Comezou, como sempre, pola zona máis antiga do museo, sempre se fixaba moi ben nos neandertais, parecíalle fascinante que aqueles seres tan primitivos evolucionasen ata chegar a converterse na xente da sociedade actual, aínda que ben pensado, a evolución non dera tan bos resultados. Seguiu a rolda polo corredor da Idade Media, de súpeto notou unha friaxe nas costas, tivo a sensación de que o estaban observando, aquela horrible sensación que tivera unhas horas antes. Sacou a arma e apuntou ao frente, deu voltas sobre si mesmo en busca de alguén, de algo que estivera ollándoo, pero nada. O corredor estaba moi escuro, era un dos poucos lugares do museo no que apenas chegaba a luz das farolas do exterior. Volveu a caer outro lóstrego, seguido dun trono estremecedor, capaz de asustar o mesmo Zeus. Xoán botou a man ao peto, decatouse de que deixara o móbil na entrada. Estaba, agora si, completamente só, non podía chamar a ninguén, e o seu medo ía en aumento. Escoitouse un golpe no corredor oposto, Xoán foi mirar que ocorrera con cautela. Cando chegou, o seu alivio foi máximo ao ver que se trataba dunha ventá que se abrira polo vento. Naquel instante, pechando a xanela, Xoán deuse conta de que lle quedaba pouco tempo, tivo a peor sensación da súa vida, percibiuno e aceptou que algo maligno acabaría con él. Baixou a todo correr polas escaleiras, tiña a idea de chegar á entrada e chamar por teléfono a Antón, contarlle que algo ía mal, que precisaba axuda.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
No último chanzo tropezou e caeu, mirou para a porta e viuno. Estaba alí, na entrada, pasivo, tranquilo, quedo, como se a cousa non fose con el. Non lle viu a cara, pero non o necesitaba, sabía que se trataba do mesmo ser que acabara coa vida de Andrea e que el vira unhas horas antes destes feitos. O reloxo marcaba as 03:00. Á mañá seguinte, o complexo de Chanzos, na provincia de Ourense, espertou coa mala nova de que o garda do museo, Xoán Estrada Souto, fora asasinado durante a madrugada. De momento non había sospeitosos. A vítima fora atopada con numerosos cortes por todas as partes do corpo, sobre todo no pescozo. A autopsia desvelou que os cortes foran feitos antes da morte, o que quería dicir que aquel galego de 33 anos tivera unha lenta e dolorosa morte. O museo mantívose pechado durante uns días, como sinal de loito. Á semana seguinte, Álvarez era o encargado do turno nocturno, o terceiro garda novo nas últimas tres semanas. A noite estaba fría, e Álvarez dispoñíase a pasar, sen el sabelo, unha velada que xamais esquecería.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
CONTO DE MEDO Claudia Rodríguez Todos estábamos impacientes, desexábamos facer esa saída desde o día que os mestres das materias de ciencias nola propuxeron. Non só visitaríamos os distintos museos relacionados coa ciencia senón que iríamos á Casa Tecnolóxica. Si, onde estaban expostas todas as máquinas fabricadas nas distintas partes do mundo con multitude de aplicacións, dende adiviñar o tipo de roupa interior que levas a adiviñar o futuro. Cando chegamos á Casa Tecnolóxica todos nos repartimos coma rapaces tolos nunha tenda de doces. Xián, Antón e máis eu fomos á exposición dunha máquina que che deixaba ver cómo sería a túa vila en 1250 anos. Coma sempre, eu fun o primeiro en probala e o arrepentimento foi instantáneo. Nunca vira algo tan noxento, terrorífico e escuro na miña vida. Aquela non podía ser a miña bonita vila, chea de flores e árbores, de animaliños e con rapaces correndo polas rúas, iso era horrible. Nunca pasara tanto medo na miña vida. O sol non asomaba, todo estaba cuberto de néboa espesa e un frío que recubría o corpo e facía imposible moverse. Pensei que non había nada peor pero as miñas sospeitas non eran certas, pois de unha das rúas que levaban ó que no meu tempo era o coñecido campo da festa, unha especie de can saíu da nada e botóuseme enriba. Ese monstro non era normal, unha especie rara,
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
os dentes eran tan afiados coma alfinetes, e se chegaba a poñerse de pe sacaríame un metro como mínimo. Non sei que clase de lugar era aquel pero non era de estrañar que non houbese ninguén por alí, eu corría e corría e non vía por ningures a saída e mentres continuaba a miña carreira por escapar daquela besta, algo me levou de volta á realidade. Cando abrín os ollos volvía a estar no museo e os meus amigos mirábanme preocupados. - Martiño, tes mala cara, pasouche algo? Estás branco coma se vises unha pantasma! – Díxome Antón. - Non, nada, pero esta máquina non serve para nada é mellor que vaiamos a outra. – Contesteille, desexando saír de alí.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
O EGOÍSMO SEN CONSIDERACIÓN CONVÉRTESE NA TÚA PERDICIÓN Raúl Rañó Íamos todos de excursión a Lugo. A verdade e que tampouco estaba moi ilusionado xa que o San Froilán terminara e o máis seguro e que estivese bastante deserto, pero valía a pena con tal de volver a ver a muralla. O tempo estaba moi chuvioso e ía moito frío, aunque por sorte era chuvia remitente e permitiría, de seguir así, coñecer o interior de Lugo. Cando chegamos o autobús parou cerca dunha das entradas á muralla, baixamos e cruzamos a carretera. Xa estábamos dentro da muralla e agora tocaba dividirse en dous grupos, un tería que ir ao museo provincial de Lugo e o outro a realizar a actividade de ciencias. A nos tocounos primeiro ir ao museo, onde se ambientaban uns textos que tivemos que ler dias antes da excursión. Ao chegáremos ao museo subdividíronos en catro grupos para realizar unha actividade sobre cada un dos textos, a min tocoume no grupo 2, o texto de Final Casalderrey, o cal me pareceu o máis fácil. Todos os grupos saímos escopetados en canto acabaron de darnos as instruccións da actividade. Eu tomei a dianteira, tanto
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
que perdín de vista ao meu grupo, pero como ía moi ben decidín non reunirme con eles xa que así perdería menos tempo e gañaría eu, sendo todo o mérito meu. Esta era unha actividade típica do itinerario de letras e pese a ser de ciencias ía bastante ben, tanto que ao renegar do meu grupo seguramente acabase moito antes que todos os demais grupos. Polo camiño á sala 21, funme detendo e observando algúns cadros, e non sei por qué, empeceime a preguntar que interese terían estas pinturas para a sociedade, non revelan ningunha verdade, non explican nada aplicable a vida real, como por exemplo a tectónicas de placas, o teorema de pitágoras ou incluso a teoría de cordas se se chega a demostrar completamente. Tamén pensei nas matemáticas, en fórmulas e trigonometría a cal nos permitían o desarrollo da informática, crear videoxogos etc. Procurei olvidarme diso e seguir ca actividade antes de que perdese demasiado tempo e non me dera tempo a completala. Ao chegar a pregunta 12 quedinme totalmente preplexo ao non poder acceder a sala 17 onde se atopaba a resposta, xa que esta sala non existía, estaba na sala 16 e onde se supón que estaría a sala da resposta só había unha sala baleira, sen ningún cadro... Cando volvín a reaccionar fixeime no reloxo e pasaba media hora da finalización da tarea, sen embargo eu atopábame na sala 16 e por alí non pasara nin unha alma. Empezoume a subir polo corpo un calafrío e empecei a preocuparme severamente, fun a toda velocidade cara a entrada para comprobar se estaban fora e así
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
reunirme de novo con eles, sen embargo onde se supón que debería estar a porta de saída só había unha parede cunha frase escrita cunha letra bastante mala de ler que poñía "O egoísmo sen consideración convértese na túa perdición". Nese momento dinme conta de todo o egoísta que fora, abandonara o meu grupo pensando que así o mérito de gañar sería meu, e aínda por riba nin gañara, ademáis de crer que a arte era unha perda de tempo cando en realidade forma parte da nosa cultura e a nosa forma de ser. Nunca me arrepentira tanto como nese intre.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
CIENTÍFICOS Carlos Piña O doutor Meitnerio (chamárono así por haber memorizado os primeiros 109 elementos, que eran os que tiñan nome cando decideu aprendelos, e tratar de recitalos posteriormente facendo malabares nun monociclo, pero perdeu o equilibrio no hassio) era un científico que traballaba no departamento de física da Universidade de Abai. Destacaba por ter un índice h superior a 50 e un número de Erdős de tan só 2. El era físico teórico, pero un día decidiu pasar polo laboratorio, onde o doutor Disprosio (xa que caeu do monociclo mentres recitaba o terbio, os científicos son crueis poñendo motes) estaba probando experimentalmente o seu traballo sobre resonancias mesónicas. Entón viron que o barómetro indicaba unha presión moi esaxerada. Achegáronse a mirar que ocurría, eran os únicos que quedaban no laboratorio, xa que eran as 3:00 da madrugada, pero tiñan moitas esperanzas nese experimento; nese momento viron que a máquina comezou a abolarse e, inmediatamente despois, perderon a conciencia. Cando espertaron viron que non estaban no laboratorio, realmente non sabían onde estaban. Buscaron unha posible explicación e a única conclusión á que chegaron foi a que houberon de producir unha microponte de Einstein-Rosen.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
—Claro, houbo de ser un fallo no condensador de fluzo—dixo o doutor Disprosio—, vin como o doutor Helio (o patoso do grupo, ninguén se explica como chegou a doutorarse) o utilizou antes, pero non lle din demasiada importancia. —Deixaches que ese inútil manipulara a maquinaria utilizada no meu experimento? Nótase que eres un físico experimental… Os prexuízos e o pánico da situación levaron os doutores a enfrontarse a morte, combate que gañou o doutor Meitnerio, que ademais fora subcampeón de Jeet Kune Do da Unión Soviética, tras estrangular ó seu compañeiro. Aínda non sabía onde se atopaba, era un planeta de condicións similares á Terra, pero sen vida aparente, non obstante fixárase en que había dous sois, polo que sabía que debeu haber viaxado moito, xa que non hai ningún planeta así descuberto no espacio observable. O único que lle permitía manterse vivo era o cadáver do seu compañeiro. Ó segundo día decidiu comezar a camiñar en busca de algo que lle poidese resultar útil, pero tras vagar durante un mes acabáronselle as reservas do doutor Disprosio que había estado consumindo moderadamente, xa que estaba nun planeta sen vida apenas se deu a putrefacción. Uns días despois morreu de inanición, de tal modo que todos os microorganismos que se
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
atopaban no seu corpo colonizaron ese planeta e evolucionaron dando lugar a unha vida bastante semellante á da Terra.
Contos de Ciencia e Medo
COUSA DE MEIGAS Raúl Muñiz
Mentres tanto, de volta en Almatý, na Terra, anunciárase a desaparición de dous físicos da Universidade de Abai ó dia seguinte do accidente, o doutor Dnipropetrovsky e o doutor Cioranimzowitsch (xa que a prensa resérvase os motes). Mentres tanto, o doutor Helio, que leu o titular no periódico Kazakhstanskaya Pravda ó pasar diante dun quiosco, sonreiu con perversión, chamando a atención do quiosqueiro, e comezou a rir malignamente, facendo que o quiosqueiro lle mandara marchar por espantar ós seus clientes. Ó chegar á súa casa, o doutor Helio colleu un ensaio no que estivera traballando, abriuno pola páxina 42 e, no reverso tachou os dous últimos elementos dunha longa lista, tirouno á cheminea e seguiu rindo. Despois diso non volveu ó traballo, de forma que levantou sospeitas entre os seus compañeiros e a policía decidiu investigar. Cando chegaron á súa casa atopárono no chan, sobre un charco de sangue, pálido, cunha pistola nunha man e unha nota de suicidio na outra, na que poñia que había cumplido o seu obxetivo e que non consideraba que tivera máis sentido seguir vivindo.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Era un día frío e gris de novembro, o Museo Provincial de Lugo estaba a piques de pechar as súa portas, pero aínda quedaba dentro un grupo de rapaces do instituto de Rianxo acompañados pola súa profesora de galego. Estaban esperando nunha das salas por un dos rapaces que ía no baño. Cando este regresou, volveu moi asustado. Contoulles á mestra e aos seus compañeiros que no museo acababa de entrar un grupo de encapuchados armados ata os dentes e que acababan de amordazar ao conserxe e aos gardas de seguridade. Mentres falaba, sentiron pasos que se acercaban á sala onde estaban. Non sabían que ían facer, non tiñan para onde escapar, temían que os matasen. Foi daquela cando oíron unhas voces que lles dicían que se espallasen polo museo e que entrasen nos cadros para esconderse. As imaxes dos cadros estábanlles a falar e queríannos axudar. Os rapaces e a mestra, a toda présa, entraron nos cadros. Cando xa formaban parte dos lenzos, apareceron os encapuchados, eran ladróns. Os ladróns comezaron a descolgar os cadros das paredes cos rapaces. Metéronos nunha furgoneta e leváronos para un almacén. Alí tiñan que preparar os cadros para clasificalos e sacalos do país.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Ao acabaren a tarefa, os ladróns marcharon. Entón, os rapaces e a mestra saíron dos cadros coa axuda das persoas retratadas neles. A única petición dos retratos foi que os devolvesen outra vez ao museo.
Contos de Ciencia e Medo
tería devolto os cadros ao museo. Decidiron non roubalos de novo porque para eles era cousa de meigas.
Os rapaces e a mestra de galego así o fixeron. Volvéronos a meter na furgoneta. Cos cadros dentro da furgoneta, os rapaces volvéronse a introducir nos lenzos para caberen todos, mentres a mestra conducía. Unha vez que chegaron ao museo, desataron ao conserxe e aos gardas e contáronlles todo o que sucedera. En Rianxo agardaran polos excursionistas até o lusco-fusco, pero era de noite e os rapaces e a mestra aínda non regresaran á vila. As nais deron a alarma e a policía acabou por atopalos a todos dentro do museo. Os rapaces, a mestra, o conserxe e os gardas decidiron non contar nada do sucedido, para que non os tomasen por tolos. Acordaran dicir que o conserxe pechara e eles quedaran dentro. Explicaron que tardaran tanto en saír porque o conserxe non lembraba onde puxera a chave. Á mañá seguinte, cando os ladróns volveron ao almacén, non entendían que pasara cos cadros. Volveron ao museo e víronos pendurados das paredes, coma sempre. Preguntábanse que tería pasado no almacén a noite anterior. Non podían comprender quen
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
O BICHO Marta Lorenzo Polo de agora estaba a ser un día normal na vida de Beatriz. O despertador tocoulle ás seis da mañá, coma sempre, levantouse sen apenas ganas, preparou o almorzo e tomouno, puxo todo ao día para que Roberto, o marido, e Diego e Lorena, os fillos, ao levantarse pasasen o menor traballo posible. Estaba lista para partir ao traballo, colleu o plumífero, o gorro e o paraugas, xa que se trataba dun día frío de inverno galego; saíu do edificio e dirixiuse ao coche, que estaba aparcado a 300 metros do portal, fíxoselle un camiño eterno por mor daquel temporal pero debía seguir e ir para o laboratorio en que traballaba, por fin chegou ao coche, máis mollada ca recén saída da ducha, entrou, acomodouse e intentou accendelo, coma todos os días o coche calóuselle un par de veces antes de que puidese comezar o camiño, cousa normal, xa que se trataba dun pequeno coche antigo que herdara do seu pai; finalmente encendeu. Atravesou o camiño de sempre cheo de semáforos en vermello e atascos, pero, por fin chegou ao traballo. Entrou e coma sempre, Manel, o recepcionista, saudouna educadamente e ela, obviamente, devolveulle o saúdo do mesmo xeito; foi á súa zona de traballo e, a partir daquel momento rompeuse a rutina, nada máis
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
entrar un mal presaxio invadiulle todo o corpo, pero ela decidiu continuar onde quedara onte e comprobar a evolución do experimento realizado no día anterior, efectivamente, ahí deuse de conta de que algo raro estaba a acontecer, dende o seu microscopio puido observar como algo se movía, que, en vez de crear a substancia herbicida que se lle pedira creou outra colonia de seres vivos máis para este planeta. Tomou a decisión de non contarllo a ninguén e, por curiosidade, seguir adiante con el. De ahí a uns días volveu mirar o experimento, xa non era unha substancia líquida que se movía, agora xa era unha masa. Beatriz, morta de medo, non sabía que facer pero, finalmente decidiu deixala estar a ver como seguía a cousa. Na súa casa nada estaba coma antes, ela intentaba amosar sempre a súa mellor cara, pero tanto Roberto como Diego e Lorena se decataron de que esa non era a Beatriz de sempre, que algo lle pasaba e, por moito que lle preguntasen a resposta nunca sería a verdadeira. Á semana seguinte continuou investigando acerca da masa pero agora xa non era tal, pouco a pouco foise convertindo nunha bóla e agora estaba recuberta dunha capa semellante á nosa pel. Ao velo así, Beatriz decidiu mantelo aillado, botándolle no recipiente en que estaba complexos vitamínicos en forma líquida, os cais ía absorvendo e facéndose cada vez un ser máis complexo.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Daquela pel similar á nosa comezaba a saír unha especie de pelo, un pelo curto e negro coma a noite, co paso do tempo tamén lle saíron uns ollos, tan negros que semellaban acibeches, pero, a pesar daquela evolución, daquela cousa que cada día a consumía e a emparanoiaba máis, Beatriz decidiu continuar co segredo. Canto máis grande era ese ser máis presión enrriba tiña ela, calquera día poderíana descubrir, e iso, non traería nada bo consigo. Un día, Beatriz estaba no seu laboratorio e, con causa do gran agobio que sentía, rompeu a chorar, o mosnstro saíu do seu sitio e acercouse paseniño a ela, e esta, máis atemorizada foise para un curruncho e o ser, así mesmo fixo, perseguíndoa e fitandoa con eses ollos da negrura do carbón. A partir daquel instante Beatriz desapareceu para sempre e do bicho xamáis se supo nada.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
ALBERTA Jennifer Lorenzo -
Silencio non fagas ruído … Ela está aí atoparache ( díxenme a min mesma). A verdade é que non sabía porque me estaba perseguindo porque a min? Non entendía nada nin sequera a puiden ver ben, moitos son os que contan a súa tráxica historia pero ningunha delas real, sen embargo eu sei a autentica realidade de Alberta, pois agora que o penso pódome imaxinar porque me quere matar… todo comeza no24 de febreiro do 1934 Adolf Hitler facía un ano que subira o poder un ano de moitos cambios papá di que todos positivos, bueno debo dicir que meu pai é o xefe do exercito nazi e esta historia seina por andar xogando no seu despacho. Alberta era unha rapaza moi especial vivía nun orfanato o sur este de Alemaña dende que era un bebé unha rapaza marxinal con un coeficiente intelectual de 225, a vítima perfecta para caer nas mans do “anxo da morte” así e como lle chamaban moitos pero o seu nome é Josef Rudolf Mengele; unha rapaza solitaria xitana; ca mente mais privilexiada vista ate entonces, sen ninguén que puidera axudala, pois era orfa quen a botaría de menos?. Josef era un prestixioso médico e antropólogo os seus coñecementos sobre anatomía, ciruxía, xenética, enfermidades e tratamentos fan que sexa un dos médicos mais “prestixiosos” dos
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
campos de concentración e de exterminio. Alberta foi vendida por un mísera cifra para ser tortura viva, e analizada como unha rata de laboratorio e facer experimentos con ela, non podían entender como unha simple xitana podía adquirir semellante poder na súa mente.
Contos de Ciencia e Medo
- Tes medo? Non te preocupes prometo facerche moito dano como me fixeron a min. - NON NON NOOOON …
Non tivo piedade con ela só tiña 10 anos. Seguro que desexou ser traballadora nun dos campos de concentración ou mellor preferiría ser levada o corredor da morte nun dos campos de exterminio e non ter que sufrir pola cousas inxectadas no seu corpo e as mutilacions… así foi como morreu o 3 de abril dese mesmo ano, morreu mutilada … E agora esta aquí para vingarse … fai un ano da súa morte e só unha persoa foi quen de ver o seu espírito. Nunca crin eses contos pero agora sei que son reais o mais seguro e que este sexa o meu fin. Mamá morreu a semana de terme a min, papá esta en Galicia (España) por negocios e Adelina tomou a noite libre, estou soa ninguén me pode axudar … - Vaites estabas aquí… jajajajaja - POR FAVOR!!! SUPLICOCHO POR FAVOR!!
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
O COBO Sergio Lamas Sonia era unha nena de 16 anos natural da aldea de Ordes, na Coruña, que levaba desde os seus comezos no instituto sufrindo a marxinación dos seus compañeiros e compañeiras. Nunca descubriu porque. Ela considerábase unha nena normal, pero sempre fora rechazada por todos. As súas notas non eran precisamente sobresaíntes, participaba en clase dando a súa opinión sobre os temas tratados e participaba no club de lectura do seu curso para intentar integrarse cos demais participantes. Era 20 de outubro e acercábase o certame anual de ciencias do centro no que Sonia estudaba. Este ano propuxérase crear un hibrido de dous animais comúns. So necesitaba o adn dun lobo e o adn do seu can. Decidira establecer este cruce debido a proximidade evolutiva de ambas especies. Para conseguir o adn do lobo decidiu facer unha visita ao zoolóxico de Vigo onde, o encargado de alimentar os animais, lle proporcionou unha mostra de cabelo tirada do hábitat dos lobos. Sonia deulle as grazas e decidiu partir de novo cara Ordes para poder comezar o seu experimento. Seu pai era científico no Centro de Investigación Molecular da Coruña e súa nai era enfermeira no hospital Juan Canalejo, tamén na Coruña. Isto facilitáballe moito as cousas para poder realizar o seu traballo de investigación xa que, aínda que tiña
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
claro o que debía facer e como, levalo a práctica non era tan doado. Despois de varias semanas investigando, Sonia pensaba que tiña a formula para poder cruzar ambos adns sen risco algún, so necesitaba un día de gran carga electromagnética para poder fusionar con éxito ambas moléculas. Segundo os estudos do centro meteorolóxico o día indicado era o 15 de setembro. A cada momento que pasaba a emoción de Sonia era maior, tanto que non puido esperar a que chegase o día correcto e decidiu facer o experimento o día 7. O experimento ia tal e como o planeara polo que comezou a pensar que algo non fora ben calculado. De súpeto, arredor da molécula, comezou a formarse un aura de cor vermella que indicaba que a fusión non se estaba realizando correctamente. Sonia apagou todos os interruptores do xenerador principal pero a fusión seguía en proceso e, de súpeto, produciuse unha gran explosión que a deixou completamente aturdida durante uns minutos. Cando espertou, unha sombra emerxía da densa néboa resultante da explosión. Era unha silueta dun animal con catro patas e unha forma parecida a do lobo, pero con unhas dimensións considerablemente maiores. Cando a néboa se dispersou Sonia puido contemplar, anonadada, un ser ate o de agora descoñecido para ela. Aparentemente o experimento resultara satisfactorio. Os días ían pasando e Sonia estaba cada vez máis orgullosa do seu Cobo, pois así decidira chamar a esta nova especie de animal. O día do certame chegara e, cando todos contemplaron o
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
que Sonia lograra, non so lle deron o primeiro premio senón que decidiron chamar a prensa e amosarlle o que unha nena de so 16 anos lograra. O Cobo lograra o seu obxectivo, gañar o concurso. Pero Sonia non estaba tan contenta como esperaba, sentía que o seu experimento emanaba un aura de odio e agresividade pouco común e, poucos días despois, os seus peores pesadelos fixéronse realidade cando o Cobo mordeu a un veciño que simplemente entrara na súa propiedade para falar co pai. Pouco a pouco a agresividade deste foi aumentando. Xa non so eran os ataques a veciños, agora tamén se enfrontaba a outros cans que se cruzaban no seu camiño e incluso se escapaba polo día para ir de caza e presentábase na casa cheo de sangue . E isto ia a peor. De momento lograra ocultar esta agresividade botándolle a culpa a un instinto sobre protector en exceso do animal. Pero cando o gando dos veciños comezou a aparecer morto, a xente comezou a sospeitar de Sonia e a súa nova mascota. Pronto todo o pobo miraba mal a Sonia e esta sentíase, xa non marxinada polos seus compañeiros, senón incluso polos seus propios pais que agora renegaban dela debido ao odio que provocara no pobo. O que en principio fora un experimento para gañarse o aprecio da xente, rematou sendo a maior desgraza da súa vida. O único que podía facer era matar ao seu experimento para devolverlle a tranquilidade o pobo.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
Sonia falou con seu pai. Este facilitoulle unha vacina que contiña unha sustancia tóxica capaz de destruír a calquera animal. Sonia esperou a que o Cobo durmise para administrarlle a sustancia fatal. Fixera o correcto. O Cobo era unha amenza para o pobo e, incluso para ela. A maña seguinte o Cobo non se levantaba e todos pensaron que funcionara pero, de súpeto, oíron o ruxido máis atronador que escoitaran nas súas vidas. O Cobo non so estaba vivo, senón que estaba aumentando de tamaño e o ruxido era o resultado da dor que o animal estaba sentindo pola mutación resultante da vacina tóxica. Cando acabou de emitir ese ruxido enxordecedor, o Cobo tiña a altura dun coche. Rompeu a cadea dun tirón e escapou correndo cara o monte máis próximo ao pobo. Agora, conta a lenda, que a noite do primeiro día de cada mes, os habitantes de Ordes envían dúas cabezas de ganado ao monte para alimentar o Cobo e, en caso de non realizar este ritual, é el mesmo quen baixa ao pobo e leva consigo a calquera persoa ou animal que apareza diante del.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
PÓDELLE PASAR A CALQUERA
- Pois non, ten exames esta semana, mais é un bo estudante . Diana Franco
Esa tarde fora ó médico. Atopábase moi mal. Estaba sen forzas, pero o que máis lle preocupaba era ese frío que se lle metera ata a alma. Non era quen de quecer tapábase con mantas pero non entraba en calor. Chamou ós pais. Dicíalles que tiña frío e por resposta recibía sempre un seco: “Tápate”. Respondía que xa se tapaba mais non era quen de entrar en calor. Os pais, cansos da letanía, levaron o rapaz ó médico. Na consulta o doutor pregúntoulle cal eran os síntomas da súa enfermidade e respondeulle que tiña frío. Todo empezara á mañá coma un calafrío, pero agora sentía xa o entumecemento dos pés. O médico preguntoulle se tiña algún síntoma máis. O paciente responde que non. Procederon á revisión. Tensión arterial, 12-8, perfecta! Temperatura, 37º C. Azucre, nos límites esperados. Pares craniais simétricos. Latexo rítmico con 70 pulsacións por minuto. Non observaba ningún ronquido nin chío na auscultación pulmonar,… - O paciente, está como se di coloquialmente, forte coma un buxo. Talvez estea nervioso por algunha cousa – explicou o doutor Vostedes saben algo?- preguntou ós país.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
- De seguro que é iso, aínda que non o note, o inconsciente xoga malas pasadas e exteriorízase de calquera xeito. Seillo eu ben que como médico tiven moito que estudar e todas as horas de estudo pasan factura. Veña vaian para a casa tranquilos que son nervios. O rapaz que se deite na cama e repouse. Non lle fagan moito caso que tratará de chamar a atención. Deixen que descanse, se se pon pesado deanlle este tranquilizante para que durma e descanse ben. No coche xa non era quen de mover as pernas e empezou a tremer coma un ancián con Parkinson. Chegaron á casa, a nai mirou preocupada ó pai pois o rapaz non andaba. O pai calmouna explicándolle que eran as ansias de chamar a atención. Collérono no brazo e metérono na cama. Oía o seu móbil soando coas mensaxes dos amigos, mais el xa non movía as mans, quería chamar á nai pero apenas lle saía unha voz tremente. Colleu coa boca o teléfono e tirouno ó chan. Chegou a nai correndo á habitación. - Que pasou? - Ma ma má te te te ññoo fffffffriiiiiiioooo. Ma m ama mamama.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Chegou o pai, a nai estaba impresionada pola mirada de angustia do fillo, tiña o espanto debuxado na cara. O pai sacouna de alí de malas formas e a el obrigouno a tragar a pastilla tranquilizante. Mentres , agora si, unha quentura lle empezou a percorrer o corpo, oíu discutir ós país, aínda que non lle importou. Foise deixando levar pola calor pouquiño a pouco, ata quedarse. -Pero como foi?- preguntábanlle.
Contos de Ciencia e Medo
Falando coa xente comenzou a sentir un calor que a queimaba, un calor que comezou no peito, pero a medida que trancorría o día íase apoderando do resto do corpo. De volta, á noite, na casa, xa non podía máis. - Morro de calor por dentro- díxolle ó home.
-Cando se puxo mal?- dicía outro.
- Non empeces coas túas choromicadas!- berrou- Xa oíchelo médico pódelle pasar a calquera.
-Eu fixen a anamnese e estaba ben , pero os nervios son moi traizoeiros. Si, si, seguro que foron os nervios.
- Si, pero pasoulle ó meu fillo, que non era calquera.
-E pódelle pasar a calquera.
- Para coas túas paranoias. Mañá pides vez para o psiquiatra. E agora dáte a volta e tenta descansar.
-A calquera si, a calquera- dicía o experto coa súa sabedoría de deus posmoderno. A calquera!
- Tócame que me queimo. Estas conversas e outras menos importantes oíanse o luns no tanatorio. O rapaz encontrárao a nai á maña seguinte coa cor violácea, oculto entre as mantas, cando o ía chamar para o instituto. Ó tócalo a man quedoulle conxelada. O seu fillo morrera de frío e ninguén lle fixera caso… O seu fillo... O fillo polo que tanto aguantara. A razón da súa existencia deixáraa. Se lle tivese feito caso…
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Toda a noite estiveron os bombeiros a apagar o lume, pero este espandeuse ata as mesmas entrañas da casa convertendo todo en cinza. Os da brigada de icendios só puideron determinar que o lume comezara no durmitorio.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
O MEU SEGREDO É SÓ MEU Paula Fariña Xa era noitiña, ía para as 20:30, e como ocorre en inverno, xa había noite pechada. Xulia estábase a gañar unha boa reprimenda de parte de seu pai... Quedara en ir andar para á casa e chegar as 20:00 para así non ter que volver as 19:00 de paso de que seu pai saíse do traballo, pois o centro quedaba pretiño do seu edificio e se viña pola rúa do cine non tería ningún problemas xa que por aí só pasaban as familias, parelliñas de namorados e grupos de amigos que saín de ver unha película. Xulia estaba estudando cuarto da ESO e estaba sendo un ano duro.. Sempre foi unha rapaza dunhas notas das que seus pais se podían sentir máis que orgullosos ata que a finais do primeiro trimestre comezaron a decaer. E por qué? Pois porque o rapaz que a traia toliña… morrera. Chamábase César e ía na súa clase. Chegara a cuarto de milagre, e aí quedou. Non era moi astuto, pois sendo el un rapaz tan letras decidiu ir por tecnolóxicas porque todos os seus amigos ían por ese itinerario. E claro, aí foi onde meteu a pata… Repetira el mais un dos seus colegas e convertéranse nos amos e señores dos corredores de terceiro e cuarto. Os típicos nenos malos que pasaban dos profesores, pois pasaban limpos para o bacharelato, e que traian toliñas a todas as rapazas. E non era para
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
menos, pois César era moi alto e moi guapo, ademais de ser un rapaz máis que divertido. Pero para el, Xulia era inexistente, era a rapaza chapona e odiosa da clase, nada máis. Aínda así, a ela gustáballe mais que calquera outro rapaz. Ata que un día non veu a clase e curiosamente, os do seu grupo tampouco… A semana seguinte Xulia, estrañada pola constante falta de César, foi falar con Hugo, un dos seus amigos, a preguntarlle a súa falta de clase. E arrepentiuse. Dixéralle ‘ven, temos que falar.’ Nese momento comezáronlle a tremerlle as pernas… ‘Verás Xulia.. e que.. a ver como che conto isto eu.. O outro día fomos ata o campo de fútbol nas bicis e volvemos para a casa moi tarde porque se nos pasara o tempo voando e… unhas dúas horas despois de chegar a casa chamoume o señor Barreiro, o pai de César, dixo que o levara por diante un camión nun cruce cando volvía para casa na bici.’ E foi aí cando lle caeu o mundo encima. Non o podía crer, tiña que ser unha das bromas pesadas de Hugo. Os días pasaban e César seguía sen aparecer na clase e os do seu grupo estaban sempre con cara seria e pouco a pouco fóronse separando. A familia del… pois a familia Barreiro íao superando. Súa nai collera unha baixa de dous meses por depresión e agora víase algo mellor e seu pai estaba concentrado no seu traballo de ciruxán , desde que morrera o seu fillo non facía máis que traballar. Perder o teu único fillo non é fácil…
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
O señor Barreiro pasaba a vida no quirófano, e non porque tivese moitos pacientes, todo o contrario estaba sendo unha etapa sen moitos inconvenientes para os médicos das plantas baixas e sen moitos accidentes. Cando morrera César, el pedira realizarlle a autopsia, malia que non estivese capacitado e se atópase no mellor momento emocional, permitíronllo. Despois de realizarlla el mesmo se encargou de meter o corpo do rapaz no ataúde e de acompañar aos servizos da funeraria para levalo ao tanatorio. O ataúde permanecera pechado durante o tempo que pasou no tanatorio e o enterro, pois César quedara irrecoñecible tra lo accidente. Dúas semanas despois da desgraza, un rapaz da mesma idade que o seu fillo chegara ao seu quirófano para ser operado de urxencia. O rapaz sufría unha enfermidade estraña… única, poderíase dicir. Todos os seus órganos estaban a paralizarse. Tiñan que facerlle un transplante de urxencia, o doutor Barreiro non sabía que facer; pois, de onde ía a sacar un doante tan rápido? De repente veulle o seu fillo a cabeza. Os órganos de César! Gardaraos no refrixerador… pode soar algo macabro, de feito é macabro. Cando lle realizara a autopsia quitaralle os órganos e gardaraos e nin el mesmo sabía porque o fixera. Si lle transplantaba os seu órganos a o mozo ese sería unha forma de recuperar ao seu fillo… Podía dicirlle a seus pais que non foran capaz de salvalo e morrera e ao rapaz, que seus pais o deixaran abandonado no hospital e que agora ten que quedar con el. Si, gustáballe a idea, gustáballe moito a verdade. E
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
así foi como fixo. Cando o levou para a casa á súa muller non lle tivo que dar nin unha explicación, era como un novo fillo, como o seu César. Chamábase Xaime, a eles non lle agradaba moito o nome, pero tiñan que aguantarse pois senón levantarían moita sospeita. Ao longo dunha semana, Xaime xa era un mais da familia; ía empezar o instituto, ía cubrir a ausencia de César. Un luns pola tarde, destes nos que tes gañas de todo menos de ter que ir ao instituto, chegou un mozo duns 16 anos á clase de cuarto da ESO do itinerario das ciencias tecnolóxicas. Era un mozo bastante guapo, pero moi tímido. Chamábase Xaime e sentara ao carón de Xulia. Pouco a pouco comezaranse a facer moi amigos. Quedaban nos recreos para estudar, falaban como se se coñecesen de toda a vida, petellaban o un no outro, non paraban de rir. Un venres chegou a cuarta hora e Xulia preguntoulle que lle pasara. El díxolle que tivo que ir ao médico, xa que lle doía moito o peito pois fai uns meses fixéranlle un transplante de órganos e sucederan uns inconvenientes. Espertou cunha forte dor de peito. Díxollo ao señor Barreiro e este levouno correndo á súa consulta. Realizoulle revisións e demais. Algo raro ocorría.. os órganos de César estaban facendo seu o corpo de Xaime, estábase convertendo no seu fillo…
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Xulia non paraba de mirar ao seu compañeiro, a quén lle soaba? Nunca se ocorrera esa sensación de que semellaba a alguén, pero a quén? A César! Si, era a el. A súa cara, o seu corpo, a súa forma de andar.. todo lle recordaba a el. Pero por qué? Cada día que pasaba Xaime parecíase mais a el.. todos se comezaban a decatar. Os que mais rápido se deron conta foron Hugo e o resto da pandilla. Isto era moi estraño… Un día Xulia decidiuse preguntarlle senón notaba que estaba a cambiar, Xaime díxolle que tiñan que falar… necesitaba contarlle algo, pero non no instituto. Quedaran o sábado as 18:30.
Contos de Ciencia e Medo
o levara para a súa casa escoitaron un ruído forte. Xiráronse. Estaba o doutor cunha pistola na man. Oíronse como uns 6 seis disparos. Xulia chegaba tarde.. estábase gañando unha boa reprimenda por parte de seu pai que esperaba impaciente a súa chegada sentado no sofá vendo o telexornal mentres tomaba un café. Saíu unha noticia de última hora. Unha moza duns 15 anos apareceu con dous tiros na fronte e un no peito, xunto a outro mozo duns 16 anos con tres tiros no peito, xusto no corazón. Ao seu lado había unha nota que dicía ‘O meu segredo é só meu.’
O señor Barreiro, ultimamente, non atopaba mais que raro ao ‘seu fillo’, sempre o evitaba tanto a el como a súa muller e falaba moito por teléfono. Comezou a pensar que igual se decatara do sucedido. Decidiu espialo. Eran xa as 18:00, Xaime saíu da casa para chegar puntual a praza. Sobre as 18:15 xa estaba alí, só tivo que esperar 2 minutos por Xulia. Foron a unha tenda de lambetadas a comprar regalices desas vermellas que tan ben saben, logo sentaron nun dos bancos do parque. Xa se estaba facendo de noite. Comezoulle a contar a historia, dende o principio, claro. A rapaza estrañoulle que esa enfermidade e que ningunha outra persoa a padecese, todo era moi estraño… Cando estaba apiques de contarlle como o señor Barreiro
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
MARTA E VALERIA Raúl Castro Era 3 de Novembro, a nai das rapazas dispúñase a levalas ao colexio. Elas tiñan dez anos e cando estaban a piques de chegar, a nai deuse conta de que lle era tarde e que se volvía a chegar con retraso ao traballo o xefe non llo consentiría; polo que lles dixo ás xemelgas que fixeran o camiño que lles quedaba soas, elas asentiron. Cando acabou o turno no traballo foi ao colexio a buscar ás súas fillas. Cando chegou, a profesora dixo que hoxe Marta e Valeria non foran á clase. A nai chamou inmediatamente á policía pero non houbo sorte. As nenas nunca aparecerían. Dous anos despois, Sonia volveu quedar embarazada e sorprendentemente eran outra vez xemelgas. Ao principio, tiña un mal presentimento e incluso falara co pai da posibilidade de abortar pero este fíxoa entrar en razón e convenceuna para seguir adiante. Despois de nove meses, as xemelas naceron. Eran unhas nenas moi riquiñas, ca mesma mirada da nai, esa mirada que xa tiveran Marta e Valeria. Cando xa tiñan dez anos, empezaron a aparecer sucesos estraños. O primeiro deles foi cando as nenas estaban xogando no xardín na
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
randeeira , nese intre a nai escoitounas chorar. Preocupada foi onda elas e viu como as nenas tiñan cortes nos brazos e as randeeiras foran cortadas. Elas dixéronlle que dúas nenas coa roupa rota e coa cara sucia lle fixeran aquilo. Outro episodio foi un día no salón, as nenas estaban xogando cos xoguetes cando a nai, que estaba facendo a cea na cociña as escoitou gritar. Cando chegou á sala viunas sinalar a ventá, e observou como esta aínda se movía, as fillas dixéronlle que foran outra vez as nenas sucias e que desta vez quitáranlle os xoguetes. A nai falou co pai e explicoulle que esas nenas eran Marta e Valeria. Todo o que estaba a acontecer tiña sentido, os xoguetes e as randeeiras antes de seren empregadas por Bea e Isa xa o foran por Marta e Valeria; pero o pai non lle creu e díxolle que iso era imposible, que Marta e Valeria estaban mortas. Era a noite do dous de Novembro. Maña faríanse 12 anos da desaparición das nenas. Sonia foi á cama moi inqueda. Cando por fin logrou durmir, comezaron a acontecer cousas moi raras. Eran as doce da noite e a nai espertouse gritando, o pai alporizado preguntou que lle pasaba, ela chorando díxolle que estaban aquí e correu á habitación das fillas; o seu medo transformouse en pánico cando veu que a porta da habitación das nenas estaba aberta. Entrou nela e o seu rostro de terror conxelouse. As rapazas estaban mortas nas súas camas e levaban posta a mesma roupa ca que as
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
súas anteriores fillas desapareceran. Na parede unha frase escrita con sangue: “ Mamá, por favor, lévasnos ao cole?”. O pai chamou á policía pero nin el nin as autoridades viron as nenas mortas nas camas nin as pintadas na parede. A policía investigou o caso pero Bea e Isa ao igual que Marta e Valeria nunca apareceron. Despois daquilo, Sonia nunca volveu a entrar na habitación. Cada vez que se acercaba a esta, escoitaba as voces das catro fillas susurrar: “Mamá por favor, lévasnos ao cole?”.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
MANOLO, O AXUDANTE DO DOUTOR CHE Carmela Castro Na década dos 40, había un médico arxentino na aldea, chamábanlle o Señor Che polo seu costume de dicir en cada frase, polo menos unha vez, "Che". Un día díxolle a Pepe: “Che, boludo, vente conmigo a darle una inyección a José, el murciano." Pepe daquela tería uns 16 anos e aceptou a invitación. Alá foron os dous xunto José. Eran as 12 da noite e todo estaba escuro xa que non había iluminación nas rúas. Cando ían cara a casa do paciente levaban algo de medo, pero aínda non sabían o que lles agardaba na viaxe de volta. Chegaron á casa do murciano, déronlle a inxección e todo ocorreu con normalidade. José agradeceulles aos dous que foran á súa casa a esas horas da noite, ofreceulles un té máis unhas galletiñas e eles aceptaron con gusto. Estiveron charlando un bo rato e saíu o tema da Santa Compaña. Como ben sabedes, por aquela época era un dos maiores medos entre a xente da nosa sociedade. José contoulles que ultimamente xa varias persoas se atoparan con ela. Sobre a 1:30 da noite, decidiron marchar xa que pola mañán terían que madrugar. No camiño de volta a Che deulle un apretón e tiveron que parar para que fixera de ventre. Mentres, Pepe sentou nun muro a esperar. De súpeto, Pepe viu a unha persoa de branco que ía cara a eles, entón avisou ao doutor dicíndolle que supoñía
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
que era a Santa Compaña. O Doutor Che sacou do peto un anel. Era unha das cousas que lle deixara seu pai cando morrera, díxolle que sempre o tivese no peto por se algunha vez lle pasaba algo. Era un anel máxico, ao tiralo contra o chan estoupaba e saía unha fumareda que lles permitía aos dous escapar da morte. Finalmente chegaron a casa e durmiron co medo no corpo. Á mañá seguinte contáronlle a Manolo, o axudante do Señor Che, o que lles ocorrera a noite anterior e Manolo díxolles, rindo, que a Santa Compaña era el, que os fora buscar porque tardaban moito e levaba unha manta de cor branca por riba para que o viran e porque facía moito frío.
Contos de Ciencia e Medo
UN SAN XOÁN ACCIDENTADO Alex Iglesias Corrían xa os anos 50, tiña Bautista 14 ou 15 anos, non recordo ben. Era unha noite de San Xoán. Os amigos de Bautista, o Chofiño, o Muxenas e o Mosconi, estaban preparados para ir roubar o carro, onde levaban a palla para os animais que había na casa, á de Xesús “o Rubio”. Como saberedes, naquela época non había luz polas rúas, tan só escasas bombillas dentro da casa. Serían sobre as 2 da madrugada, os catro amigos estaban xa preparados para ir cara á de Xesús e alá foron. Saltaron o muro. Ao Muxenas custoulle un pouco e tiveron que axudalo, pero finalmente pasou. Xa estaban os catro dentro e, mentres quitaban as rodas ao carro, amodiño e sen facer ruído, a muller do Rubio, sabe Deus o porqué, espertou. Señora Carme, “a Mañeira”, oíu ruído, espertou ao seu marido e saíron á fiestra. Desgraciadamente para os catro rapaces, a fiestra estaba enriba dun soportal no que as tellas estaban soltas. Ao besta do Rubio non se lle ocorreu outra cousa que tirarlles tellas aos pobres rapaces. Os rapaces saíron pitando e chimparon o muro dun salto, mesmo o Muxenas. Correron e correron e, cando chegaron ao cemiterio, frearon. Agocháronse nun recuncho que había por fóra. O Muxenas, que tampouco era moi rápido, o pobre, viu que os seus
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
amigos se dirixían caro ao cemiterio e alá foi. Coa noite, pasou por diante deles e non se decataron nin os amigos nin el. Entrou no cemiterio e agachouse por alí. Para que o Rubio e máis a muller non o recoñeceran, o Muxenas déralle a volta á chaqueta, que era branca por dentro. Cando descansou e calmou, saíu do cemiterio. Volveu pasar por diante dos seus amigos, pero cando estes o viron non sabían que era o Muxenas e botaron a correr ao berro de “A SANTA COMPAÑAAAA!”. O Muxenas, coidando que tamén viña por el, correu detrás deles.
Contos de Ciencia e Medo
de descubrir que eran os seus . Xa só faltaba na reunión o Mosconi, pero non se volveu a saber nada máis del ata que alborexou o seguinte día.
O Mosconi meteuse por entre o millo e sabe deus onde foi dar. O Chofino saltou o muro da súa casa e meteuse dentro. Bautista seguiu correndo ata chegar á súa casa e como coidou que non lle daría tempo a entrar pola porta antes de que o collera a Santa Compaña, tamén saltou o muro e agochouse no cuberto. De alá a un pouco escoitou ao Muxenas chamar por el, “Bautista, Bautistaaa”. Alá foi o rapaz a xunta o Muxenas. Aí descubriu que a “Santa Compaña” era o Muxenas. Tiña ganas de arrearlle, pero resistiuse. Calmados os ánimos, foron os dous rapaces a polo Chofiño, que xa estaba sentado na mesa a comer algo, porque con tanta carreira entráralle a fame. A Bautista máis ao Muxenas non se lles ocorreu mellor cousa que petar na fiestra. O Chofiño, do susto, arrebolou o prato e pegou un chimpo que case sobe para o piso de arriba, antes
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
ERA UN DÍA FRÍO NA CIDADE DE XENEBRA... Miguel Rial Era un día frío na cidade de Xenebra, na rúa o termómetro non superaba os 3 graos e as pozas e fontes estaban todas completamente xeadas, as estradas estaban desertas. Aínda quedaban unhas horas para que o sol comezara a saír. O reloxo que estaba sobre a mesiña de noite non marcaba as 5 da mañá, aínda quedaba unha hora para que o espertador comezara a soar, pero o nerviosismo impedíalle ao doutor Crimov conciliar o sono. O día seguinte marcaría toda a súa vida, en tan só unhas cantas horas probaría se o traballo da súa vida servía para algo ou se só fora unha gran perda de tempo. A espera estábao matando, así que decidiu erguerse da cama e darse unha boa ducha de auga quente, dirixiuse ao baño e abriu a auga; mentres a deixaba quentar mirouse ao espello, non tiña boa cara, o insomnio deixara a súa pegada cunhas profundas olleiras e a barba de 3 días dáballe un aspecto demasiado desamañado, tería que afeitarse. Meteuse na ducha e pensou no que lle depararía o día, se todo saía ben pasaría a ser un dos científicos máis famosos da historia, pero se o experimento non daba resultado perdería a súa última
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
oportunidade de resarcirse da súa ampla lista de fracasos. Media hora transcorreu desde que entrou e saíu da ducha, non había nada que o relaxase máis que a auga quente esvarando polo seu corpo, pero nin iso funcionara hoxe. Vestiuse cun elegante traxe de lá e, coma todas as mañás, baixou á cociña para almorzar. O seu almorzo habitual constaba de tres franxas de beicon, dous ovos, un vaso de zume de laranxa, dúas torradas e un café con leite; pero esa mañá non tiña demasiado apetito, así que só tomou o café con leite e o vaso de zume. Mirou o reloxo, aínda non eran as 6:15, tiña tempo de sobra, pero axiña subiu ao coche e encamiñouse rumbo ao traballo, por unha vez na súa vida chegaría cedo. A medida que ía conducindo, o sol comezaba a saír. Unha media hora despois chegou ao edificio principal do Cern, era unha construción impresionante, por algo o de Xenebra era o maior laboratorio de física do mundo e o único que contiña un acelerador de partículas desas dimensións. Dirixiuse á entrada, vixiada por amplos controis de seguridade e, tras superalos, encamiñouse ao seu despacho. Quería repasar todos os cálculos unha última vez, o mínimo erro botaría abaixo o traballo de meses. Cando chegou ao seu despacho sorprendeuse ao ver ao seu axudante alí tan cedo, un mozo de apenas 25 anos de nome
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
Andrew con apenas 3 anos de experiencia, pero que contaba cunha das mentes máis brillantes que atopara na súa vida.
nube de científicos expectantes. Colleu aire, xa non estaba nervioso, non había volta atrás. Iniciou o experimento.
Xuntos repasaron o experimento, era algo que nunca antes se probara, pero que de saír ben o resultado demostraría e explicaría a existencia da materia escura que forma o 25% do universo. Para iso necesitaban facer chocar adróns de átomos de hidróxeno a velocidades extremas. O problema era que ninguén sabía cal sería o resultado nin as consecuencias que podía traer.
O aparello comezou a funcionar, acelerando os adróns ata coller velocidades extremas. Varios minutos despois colisionaron entre eles. Nas pantallas observou que no choque se producira unha cantidade de enerxía superior a calquera outra rexistrada ata o momento e esa enerxía transformárase nunha especie de substancia nunca antes vista, unha substancia que carecía de masa e densidade. Acababa de descubrir a materia escura. Estaba realmente fascinado e a maraña de científicos ao parecer tamén ou iso indicaban os seus múltiples aplausos. Todo parecía ser un éxito, o seu nome quedaría gravado na historia da ciencia, pensou para si.
Despois de comprobalo, con calma, por terceira vez, seguiron sen ver erro posible, polo que se dirixiron á planta -3, na que estaba situado o acelerador, máis de 100 metros por debaixo da superficie terrestre. A proba estaba prevista para as 9 da mañá e xa eran as 8:30. Cando chegaron á sala principal, encontráronse cunha gran nube de persoas, centos de científicos chegados de todas as partes do mundo. O doutor Crimov foi recibido con exaltación e algún que outro aplauso. O seu experimento creara unha tremenda expectación a nivel mundial, pero aínda así sorprendeuse ao ver semellante maraña de persoas. Dirixiuse con Andrew a unha sala non demasiado ampla, onde estaban os programas de inicio do acelerador. Introduciu os últimos parámetros e revisou o experimento unha última vez. O reloxo deu a sinal, xa eran as 9. A través do cristal observou o acelerador e a
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Un pequeno tremor comezou a facerse sentir, pouco a pouco ata volverse notable; un tremor que ía en aumento. O doutor Crimov cercouse á pantalla e observou que a materia escura producía unha radiación que superaba longamente os límites que podía medir o aparello. De haber unha fuga, todas as persoas alí presentes corrían un grave perigo. Por sorte o acelerador era moi seguro. Pero o tremor fíxose maior e tirouno ao chan. Foise a luz. No acelerador acabábase de producir unha explosión, polo que toda a radiación de niveis extremos expandiríase polo laboratorio en cuestión de segundos. Non había nada que se puidera facer. A sala na que estaban era antirradiación, pero todas as persoas que se achegaran
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
alí para observar o experimento, todos aqueles científicos, estaban condenados a morte pola culpa súa. Tirado no chan e entre bágoas preguntouse que ocorrera, se os cálculos eran correctos, revisáraos un millar de veces. Qué era o que fallara? Entón decatouse, el nunca se imaxinara que a enerxía producida podía chegar a ser tal, o calor que producía tal enerxía era tan elevado que provocou unha explosión. Seguía pensando no sucedido cando Andrew, aínda conmocionado pola explosión, avisouno. A súa cara mostraba pánico, estaba observando polo cristal, cara onde estaban os científicos. Acercouse a el e mirou na mesma dirección. Non podía crer o que vía! A congregación de científicos aos que nin lles dera tempo de intentar escapar estábase volvendo a levantar do chan. Era imposible! A radiación a eses niveis tiña que ser mortal, pensou. E en efecto érao. A contaminación á que estaba sometido o aire matáraos, pero fixo que mudaran nunha especie de criaturas con aspecto semihumano que comezaron a deambular dun lado para outro en busca carne para alimentárense, convertéranse en zombis. El e Andrew eran a única carne próxima. Non era momento de lamentarse, estaban vivos e tiñan que saír de alí axiña. A única forma que tiñan de chegar á superficie era activando os sistemas de descontaminación do aire, senón a
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
radiación tamén os mataría. Terían que haberse activado sós, pero ao irse a luz por culpa da explosión o sistema automático debía de estar avariado, tíñano que activar á man; por sorte a habitación ante radiación estaba conectada co sistema de descontaminación para emerxencias como na que eles estaban. Nese intre o doutor Crimov ergueuse de golpe, o espertador estaba soando e o reloxo marcaba as 6 da mañá. Tíñase que levantar. Ese día marcaría toda a súa vida, en tan só unhas cantas horas probaría se o traballo da súa vida servía para algo ou se só fora unha gran perda de tempo. Era un día frío na cidade de Xenebra, na rúa o termómetro non superaba os 3 graos e as pozas e fontes estaban todas completamente xeadas, as estradas estaban desertas. Aínda quedaban unhas horas para que o sol comezara a saír.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
Contos de Ciencia e Medo
CERVEXA AZUL Martín Castro Neboento era un adxectivo adecuado para describir aquel día, pero non era unha néboa calquera, típica dun pobo costeiro que habitaban mariñeiros chegados de alta mar, senón unha néboa que saía da casa do taberneiro que rexía a pousada por excelencia do lugar. Era tempada alta en terra, o que significaba que moitos mariñeiros chegaban do mar e ían necesitar unha cama e un bo prato de comida. A pousada de Xosé tiña todoi, pois moitos mariñeiros desembarcaban no pobo coa intención de pasar alí a noite. Pero non eran nin a cama nin o prato de comida o que atraía toda esa xente cara aquel edificio construído en madeira de carballo. Era a cervexa que servían en xerras de medio litro cun ton azulado a responsable da zona do local. Xosé atribuía as súas propiedades á súa procedencia dos países eslavos, cousa que algúns dubidaban... Pero a ninguén lle importaba, pois era capaz de asentar o bandullo e de acougar infortunios... Pronto darían as 8 da mañán, pronto Xosé abriría as portas da pousada e cesaría o continuo fluxo de néboa, que daría paso ao retumbar de xerras nas mans dos mariñeiros recén levantados. Ninguén sabía que levaba aquela cervexa, pero enganchaba ata o
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
máis listo nas súas redes. Antes de sufrir o accidente, Xosé fora un recoñecido químico na súa comunidade. Todos sabían que por culpa dese accidente decidira deixar o laboratorio para levar unha vida máis acougada rexendo aquela pousada á beira do porto. Moitos sospeitaban que algo debía facer coa cervexa para que soubese tan ben; pero chegaban, pedían unha, e alá ía o conto, esquencíaselles todo o que argallaran para averiguar o segredo daquel bebedizo. Case eran as 9, hora de abrir a pousada aos novos clientes e servir comida e bebida aos recén levantados. A esas horas da mañán non acostumaban chegar moitos clientes, un ou dous como moito, e a norma ese día non decepcionou. Xosé abriu a porta e atopou un rapaz xove, seguramente era a primeira vez que volvía a terra despois de embarcar, chegaba atraído pola zona da pousada. Xosé recibiuno de boa gana. Antón, dixo que se chamaba, o xove mariñeiro. Sentou á mesa e pediu unha cervexa desas tan famosas. Xosé serviulla e Antón, antes de probala, observou ó home vello e desaliñado sentado ao seu carón. Preguntoulle: - Que, señor, está boa a cervexa?- Si, rapaz, está ben boa. - Que lle trae por aquí, se me permite preguntarllo? - Cheguei a terra onte e vin pasar a noite á pousada. - Pero señor, non é vostede moi maior para andar embarcado?
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
- Que dis rapaz, non sei ti, pero eu teño 24 anos recén cumpridos e na miña terra non traballar con eses anos é pecado. - 24? En que ano naceu vostede? - Pois no 48, son do 48. Rondamos o 72, así que , se fas as contas... sonche 24 anos ben cumpridiños. - Señor, estamos no 2013! Antón mirou a cervexa azulada e logo ao seu arredor, repleto de figuras vellas e outras non tan vellas, pero marcadas pola rotina que destrozaba as súas caras antes curtidas polo mar. Mirou a Xosé, que se dera conta do que o rapaz estaba a pensar; fdetivo a ollada nas súas mans, nas que descansaba unha escopeta de perdigóns que non dubidou nin por un momento en usar. Antón botou a correr. Correu como nunca, sabendo que marchaba dun lugar levando consigo algo máis que a decepción de non haber podido probar aquela cervexa, senón o segredo da única cousa que roubaba máis vidas de mariñeiros que o propio mar, a pousada de Xosé.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
DÉBORA Oliver García Débora, como tódolos días, ergueuse ben cedo para seguir coas súas investigacións científicas. Levaba varios meses a pescudar a cura contra un terrible andazo que estaba a afectar a zona de San Petersburgo, onde ela vivía. Era curioso, ela estaba case todo o día exposta á maior fonte de transmisión do virus que ameazaba a tanta xente, porén nunca notara ningún síntoma. Ata aquela mañá. "Cometín algún erro que provocara que me infectara co virus?", preguntábase ela. Repasou mentalmente unha e outra vez as accións que realizara ó longo do día anterior, mais nada lle chamou a atención. Ninguén a puidera contaxiar, pois facía meses que non saía do laboratorio máis que para ver ó seu amado Amador e, aínda así, levaba varias semanas sen falar con el, agás por teléfono, para non ausentarse nin un minuto do traballo. Nin sequera tiña tempo a botarse unha ollada fronte a un espello para arranxarse; tampouco lle preocupaba, pois no seu lugar de traballo ninguén a xulgaba pola súa apariencia. Sentíase cómoda no entorno do seu laboratorio, sen máis molestia que o ruído dos seus matraces ao bateren contra a mesa e máis a compaña dos chíos que, cos seus dentes, emitían as súas pequenas compañeiras residentes. Débora decatárase de que unha delas non estaba no seu sitio. Dun día para outro desaparecera e xa non a volveu a ver.
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
A científica sospeitaba que estaba infectada porque comezara a perder peso e tamaño a grande velocidade. Perdera varias tallas de roupa, da noite para a mañá. Primeiro pensou que igual serían imaxinacións súas, quería crer que aquilo non era máis que unha sospeita, mesmo xustificouno todo dicíndose que un se fai vello sen darse conta. Non quixo darlle máis importancia ó tema e seguiu coas súas investigacións durante varios días máis, ata que xa non puido obviar os cambios que estaba a experimentar. Desta vez sentía os oídos moito máis sensibles ó ruido e incluso tiña a vista máis sensible á luz. Mirouse no espello por primeira vez en moito tempo para ver se experimentara algún cambio na súa cara. Ó verse, comprendeu, espantada, que estaba no certo. Experimentara enormes cambios. Xa non tiña a súa cara. Estaba infectada.
Contos de Ciencia e Medo
Ese día nunca chegaría. Débora mentira, non estaba en ningunha investigación. O virus xa actuara por completo nela, xa non era humana. Non lle quedaba máis remedio que asumir que nunca máis podería volver a ter unha vida normal; ou, talvez, sería mellor desaparecer e nunca máis regresar, como a súa chiadora compañeira do laboratorio.
Pasaran varios días desde que Débora abandonara o seu laboratorio, sen que ninguén soubese onde podía estar metida. Amador, o seu mozo, mirou por ela, buscouna no seu domicilio. Para a súa sorpresa, non estaba alí. Pero encontrou unha notiña cunha grafía moi deforme que parecía escrita con dificultade. Era de Débora. Dicíalle que non se preocupase, que estaría uns días centrada nunha investigación coas súas pequenas chiadoras compañeiras do laboratorio, pero que non tardaría moito en facerlle unha visita.
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Antoloxía de relatos curtos. Alumnado de 1º Bacharelato
A MORTE DO CURA Clara Villanustre
Nunha aldea, non moi lonxe de aquí, tivo lugar o falecemento do párroco da Igrexa de Santa Nemiña das Pedras. Don Saturio, que cumprira os 94 anos antes de morrer, fora un párroco moi querido por todos os veciños, mesmo se chegou a pensar que era un santo, dadas as súas virtudes espirituais. No mes de Novembro, non me lembro ben do día, en pleno inverno galego, levouse a cabo o enterro do señor cura, aló polas seis e media da tarde. Todo o pobo acudiu ate a casa do cura para logo facer o acompañamento ata o cemiterio. Cando ían de camiño iniciouse unha pequena treboada, alí, preto do monte. Maila isto, os veceiños continuaron co acompañamento ata a igrexa. Foi entón, cando a xente estaba xa na misa, que a tormenta empeorou e varios raios chegaron a caer sobre o pararraios que coroaba o campanario, provocando tal sobresalto entre os fregueses, que algún marchou para a casa cheo de medo. Na igrexa comezaron a oír unhas voces que resoaban en todo o terreo santo; se ben non era a primeira vez que se escoitaban tales sons, non deixaban por iso de espantarse. Cando o cura veciño, que viñera dar a misa, estaba case no final do sermón, algo estraño ocorreu. Soaron as campás, tremeu a terra, ventou o ceo e os vecinos, asustados, saíron correndo. Na fuxida podían ver como
CERTAME DO SAMAÍN, ENDLG - IES FÉLIX MURIEL
Contos de Ciencia e Medo
tras deles íanse abrindo violentamente os nichos, que botaban fóra os cadaleitos, que acababan caendo entre os fregueses. Os da aldea pecháranse nas casas e rezaran durante toda a noite. Pola mañá, co día claro, os veciños máis próximos volveron á igrexa. Atoparon un gran burato, de varios metros de profundidade, onde debía estar a caixa de don Saturio, mais alí non había nada.
Agora tócache a ti! Crea o teu final interactivo! Pistas: A Igrexa está ao lado do mar- terreo rochoso- na costa cantábrica, onde o inverno é moi duro e os temporais no mar frecuentes e arrepiantes. Que aconteceu? Pódesme dar unha resposta científica a este fenómeno? *RECORDA QUE FALAMOS DE CIENCIA E MEDO, NON VALE CALQUERA FINAL.*
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO