Todas as cartas de amor são Ridículas. Não seriam cartas de amor se não fossem Ridículas. Também escrevi em meu tempo cartas de amor, Como as outras, Ridículas. As cartas de amor, se há amor, Têm de ser Ridículas. Mas, afinal, Só as criaturas que nunca escreveram Cartas de amor É que são Ridículas. Quem me dera no tempo em que escrevia Sem dar por iso Cartas de amor Ridículas. A verdade é que hoje As minhas memórias Dessas cartas de amor É que são Ridículas. (Todas as palavras esdrúxulas, Como os sentimentos esdrúxulos, São naturalmente Ridículas).
Fernando Pessoa
ENDLG do IES Félix Muriel. 1
Supoño que a estabas esperando . Supoño que sempre soubeches que esta carta chegaría. Gustaríame supoñer que tamén me queres pero sei que non é certo, que iso que chamamos amor morreu entre nós fai moito tempo. Quizais che sorprendan as miñas palabras, pero xa o deberías saber. Quérote. Sempre o fixen. Dende o primeiro momento en que nos bicamos ata hoxe, aínda que agora bicarnos é a última cousa que faríamos. Por certo, recordas o noso primeiro bico? Sei que si. É imposible non facelo. Tiñamos quince, dezaseis anos?. Eu xa había algún tempo que te vira e que me fixara en ti, e sabía que ti tamén te fixaras en min. Todos os días de feira sentaba nunha pedra ( a nosa pedra) e ficaba toda a noite a verte bailar. Algunhas veces xirábaste cara a min e ensinábasme unha das túas engaiolantes sorrisas. Entón eu maldicía as miñas pésimas dotes de baile, nunca conseguín, nin de lonxe, bailar como ti o facías. Así que non facía outra cousa que seguir ollando a túa actuación e desexando outro dos teus sorrisos. Pero un día algo ambiou. Era día de feira e había baile, así que eu sentei na rocha e ollei para a xente bailando na praza. Pero ti non estabas. Experimentei unha sensación moi desagradable, ciumes!. Pensei que andarías con alguén no parque ou talvez na praia. Pero entón vinte. Viñeras sentar comigo na rocha e ollábasme con eses grandes ollos azuis. Dende ese día fomos inseparables. Íamos á praia, escondíamonos no monte, poñíamoslle nome ás estrelas… Pensei que o noso amor era verdadeiro, que nunca ninguén experimentara antes algo así. Éramos tan felices. Quen diría que nos acabaríamos facendo tanto dano? Casamos. Entón descubrimos que o noso amor non era perfecto. Comezamos as viaxes, o tempo separados e logo as discusións. Pero no medio de todo iso naceu o noso neno. Pensamos que iso era o que necesitábamos, algo que nos unise aínda máis. Era xenial, voltou a época de felicidade ás nosas vidas. A última. Nunca máis volvemos querernos tanto como entón. Descubrimos demasiado tarde o diferentes que éramos. Tan tarde que o noso neniño, o único que tiñamos en común, tivo que sufrir con nós. Separámonos. Todo foron discusións dende entón. Supoño que a culpa é dos dous, nunca debemos casar, éramos moi diferentes. Pero entón iso era o que lle daba emoción á relación. A diferenza, o prohibido. Estaraste preguntando por que escribo todo isto. Agora xa imos vellos, e nunca volveremos levarnos ben. Recordar é bonito. Axúdanos a non olvidar. Aínda que sufríramos, pelexáramos e agora teñamos vidas distintas, nunca me arrepentiréis de quererte.
ENDLG do IES Félix Muriel. 2
Cando te vin por primeira vez souben que estabamos feitos para estar xuntos para sempre, pero ti non te fixaches en min coma eu en ti . Cando te vexo , acelérasme o corazón ata parece que me sae do peito e, cando te miro aos ollos, pérdome na túa mirada, como se estivera perdido nun mar de amor . Se estou contigo todo o vexo de cores lindas e claras, pero cando nos separamos todo se volve escuro e gris . Desexaría estar contigo para sempre e poder bicarte , acariciarte , abrazarte e non soltarte xamais Ilusión! Porque ti só me ves con ollos de amigos e só amigos , aínda que eu te vexa con outros ollos . Quérote moito! Bicos!
ENDLG do IES Félix Muriel. 3
Quérote,
É un palabra fácil de dicir pero que
non expresa todo o que representas na miña vida.
Por iso busquei no meu corazón
como poder dicir dunha forma diferente o que sinto por ti.
Busquei e busquei entre tantas
frases aquela que mellor puidese cumprir os requisitos que os meus sentimentos necesitaban expresar. Entre todas as
frases a mellor palabra que puiden
encontrar é “ámote”. Si, meu amor, ámote.!
ENDLG do IES Félix Muriel. 4
Querido ti: Cheguei á túa clase esperando a unha amiga e vinche, estabas alí sentado na túa mesa ao carón da fiestra, copiando os exercicios de castelán, quedei apampada mirando para ti e, de súpeto, apareceu o profesor de garda e botounos fóra. Se non chegase a vir, pódoche asegurar que podería ter pasado todo o recreo mirando para ti, para o teu pelo, para os teus ollos, para o teu nariz… Non me preguntes por que, porque nin sequera eu o sei…
ENDLG do IES Félix Muriel. 5
Sabes? Cada vez que te vexo non podo deixar de mirar eses fermososo ollos que tés, que só co seu brillo dinmo todo. Encántame o teu sorriso, a túa forma de ser, de pensar, de andar... é dicir, gústame todo de ti! Só penso neses días que pasaremos xuntos, neses momentos difíciles nos que nunca nos separaremos; por iso es esa persoa coa que me gustaría pasar toda a miña vida. Esa persoa a que nuca vou olvidar. Esa persoa que ocupa un gran espazo no meu corazón desde a primeira vez que te vin. Quero pasar tardes e días contigo. Rir ao teu lado e chorar só de alegría e nunca de tristeza. Todo isto resúmese cun : QUÉROCHE!
ENDLG do IES Félix Muriel. 6
Ola...non sei por que estou facendo isto, talvez porque che quero... Sei que non vas ler esta carta , isto só é unha carta “imaxinaria” que non fago para ninguén... Estou escribindo a unha pantasma , pero por ela daría a miña vida... Ben... saberíalo se leras isto... síntome a persoa máis estúpida facendo isto para ninguén , pero aínda teño esa esperanza de que me volvas a dicir ÁMOCHE.... Esta carta só é un pequeno resumo moi curtiño do que che quero. Pasei toda unha noite en vela e teño máis dun litro de alcohol no meu estómago , por iso estarei a facer isto... Porque cando me chegue a cara ao chan , animarme vai ser como buscar unha bágoa na area... Imposible que eu estea ben , xa que ti eras quen me daba as razóns para estar ben e agora que xa non estás pois... terías que ver como estou... A min xa non me queda nada , nin palabras , nin xestos ... Só me quedan recordos , recordos dos momenos que, mentres duraron, fixéronme a persoa máis feliz do mundo. Ademais deses fermosos recordos , teño as nosas fotos no ordenador , que as gardei correndo antes de que me borraras da túa vida... Esas fotos son o único que me queda do noso, gardareinas sempre como un preciado tesouro. O que nunca máis poderei facer é falarche nin escoitarche , só estar horas e horas pensando no que poderíamos estar facendo agora mesmo xuntos e mirando as fotos que gardo con tanta saudade. Todo iso quedou atrás , todas as promesas , todo o dito , os xestos , as miradas, os bicos... Sen ti síntome a persoa máis vacía do mundo, igual que unha laranxa sen o seu valioso zume. Ti es o meu zume , o que lle dá o punto doce á miña vida. Acostumeime a vivir contigo e agora que o experimentei non quero volver a ser a persoa de sempre , porque o único que quero é unha vida contigo. Porque es a persoa que máis quero e a que máis desexo... Estou chorando, tapando a cara para que non vexan o baixo que caín. Xa non teño nin autoestima nin personalidade , iso foiseme o día que me borraches da túa vida, non vou volver a ser a persoa que era… Se polo menos tivera unha máquina do tempo... Con moito cariño , da persoa que sempre che quererá e che terá na súa mente... Un bico e coidate... Asinado: Anónimo!
ENDLG do IES Félix Muriel. 7
QUERO Quero falar, Pero a alma non me deixa Será porque escoita as túas pegadas na area. Quero bicarte, Pero o medo non me deixa Será porque me digas “Qerote” será unha rareza. Dás media volta, Alónxome da area Porque quererte é un pecado, E o que peca, pecador, pero polo teu sorriso, polo teu riso, eu daríate a alma enteira.
ENDLG do IES Félix Muriel. 8
Querid@ rapaz@: Quero desexarche un feliz día da Candeloria! Hoxe é un día para expresar os sentimentos cara aos demais, por iso quero dicirche que es especial e que vales moito. Supoño que non sabes quen son, pero iso non ten importancia, xa que se pode querer sen saber quen o fai. Tamén quero dicirche que che quero moito, como o Churro á Churra!
Dito isto, TTXT
ENDLG do IES Félix Muriel. 9
COUSIÑA QUÉROCHE. Ismael,espero que non che incomode que che escriba, pois xa non podo soportar tanto sentimento encerrado en min. De xeito sinxelo, nesta escrita confésoche que quero dar o seguinte paso: quero deixar de ser unha amiga máis e pasar a ser alguén na túa vida. Non sei se ti sentirás o mesmo que eu sinto por ti. Eu quéroche de verdade e quero intentalo contigo. Creo que te deches conta, pero desde hai un tempo vivo pillada por ti; os teus ollos azuis, os teus ollos vermellos, o teu cabelo loiro e rizo, téñenme toliña! Non tés nin idea do que daría por poderte bicar, pasear polo parque agarradiña da túa man. O que daría por que me cantases cancións ao oído ( aínda que sexan de rock, ese rock teu que tanto detesto), o que daría por que me mirases e baixiño me dixeses “Quéroche moitísimo!” ISO SERÍA XENIAL!! Desde que nos coñecemos, naquela festa en Rianxo, na que aínda ti andabas con Tarexia; dende que por primeira vez me chamaches “cousiña” e eu costesteiche cun tímido sorriso, desde aquel instante diante do concello, penso en ti a cada momento, cada día, cada hora, cada minuto e cada segundo. Pódoche asegurar que aquela noite quedei enganchada de ti. Es como unha droga para min, pero neste caso xa, es a miña heroína Un bico pailán ;) Quéroche moito moito! (Se dunha semente pode nacer unha bonita flor , por que non pode, dunha amizade, nacer o verdadeiro amor? )
ENDLG do IES Félix Muriel. 10
Meu todo… Pois que dicirche que eu a ti xa non che dixera, pois iso, que o es todo para min, que se ti morres tamén o fago eu, que se ti estás triste eu estarei aí para apoiarte, pero tamén cando ti te rías eu rirei contigo e estaréi aí para ver o teu sorriso. Sabes? Acórdome deses momentos nos cales o pasabamos mal, eses momentos nos cales tanto ti coma min sufrimos, eses momentos nos que algunhas personas dicían que che tiña que olvidar e pasar páxina, pero menos mal que non lles fixen caso e como unha cabezota seguín detrás túa e grazas aos esforzos que fixen por estar contigo agora ti máis eu estamos xuntos afrontando o bo e o malo. Espero que o sigamos facendo por moito tempo máis, como unha vez dixemos nin ti sen eu nin eu sen ti. Ámote,con todas as letras que o indican.
TTXT
ENDLG do IES Félix Muriel. 11
Cando pasas ó meu carón sinto coma se se iluminase todo. O corazón latéxame moi rápido coma se fose saír do seu sitio. Sen ti non sei vivir.Ti es todo o que eu preciso para ser feliz. Necesito berrar, dicir todo o que sinto por ti e que me digas que queres saír comigo, ser a miña noiva, que sempre estarás xunto a min, amándome, bicándome e facéndome a persoa máis afortunada do universo…
Quérote moito e espero verte pronto!
ENDLG do IES Félix Muriel. 12
Como dicirche o que sinto por ti? Se cada vez que te vexo o tempo detense, o meu corazón detense e a miña alma enteira se obsesiona ca idea de falarche... E cada vez que o intento, algo me detén, non sei por que, algo tés, que me fai perder o sentido, que fai que o meu día se ilumine, que as sombras que me atormentan se disipen, que o frío se convirta en calor, e que a tristeza se torne a alegría. Non sei como dicirche todo o que me produces, todo o que fas por min, por iso me rindo, escribindo palabras, mirando sen mirar as estrelas, buscando, nese maldito infinito universo, como dicirche, unha forma de expresar o que sinto. Eu, todo o que quero e verte rir, porque cando ris fas que eu olvide todo o que pasa, porque só existimos eu e ti. Se polo menos souberas o que me fas, de onde me sacaches cando vin a túa cara por primrira vez na miña vida, só por verte rir, o que pensei, o que souben, souben que sempre che querería, que che protexería, que por ti daría a miña vida, só por verte rir. Con esa bonita sorrisa, que destrúe ata a escuridade sen importar as barreiras. Pero por que alguén tan perfecto coma ti vai acercarse a un ninguén coma min? Non pido imposibles senón unha oportunidade. Ti que me tes encontrado neste pozo de infinita confusión, cres que non me importas. Eu quero, sinceramente, verte feliz o resto da miña vida. Por ti escribo estas letras...non o olvides, non olvides estas palabras coma se as levara o vento do norte...nunca...adeus.
ENDLG do IES Félix Muriel. 13
Esta carta é para alguén moi especial, é para ti. O máis lindo na miña vida es ti, Non sei como expresarche todo o amor que che teño. Desde que che vin por primeira vez non houbo un instante no que eu non estivera pensando en ti, nos teus ollos, no teu sorriso, na túa longa melena .... Quero aproveitar esta carta para dicirche canto che quero, pero se o poño acabaríaseme o papel. Xa sei que é moita a distancia que nos separa e o único que espero e algún día estar cerca de ti, tocarche, acariciarche, sentirche. Quéroche!
ENDLG do IES Félix Muriel. 14
Na vida sempre hai unha persoa que che queda marcada, moi adentro, a quen lle regalo máis de un „quérote‟. Alguén que dende o primeiro momento que vin sentín curiosidade por coñecer, alguén que esperaba e por fin chegou. Esa persoa que sentada nunha cadeira esperaba a que se conectase. Esa persoa na cal penso pola noite e pola mañá, esa que sen darme conta empecei a querer, porque, aínda que o negue por orgullosa, esa persoa convertíuse en todo para min. Para qué enganarme cando todo se sabe? Cando despois de reflexionar asúmoo e non o podo negar. Pero non todo é tan perfecto como o pinto, as cousas cambian, empezo a ter medo porque sei que cada momento é único e irrepetible e que nunca o volverei a pasar con outra persoa porque non sería igual de especial… e párome a pensar que se esa persoa non estivese faltaríame algo moi grande, porque se me faltara xa non sería a mesma, porque son miles de momentos, canción dedicadas, fotos, mensaxes, conversacións gardadas que só con volver a ler sácanme un sorriso. Iso son recordos, recordos dos que quedan e quedarán sempre, despois do vivido e do que queda, despois de todos os momentos… Conseguíchelo, conseguiches que cada día che queira máis e máis. Non sei como o fas, pero cando estou contigo síntome capaz de todo, sinto que nada nin ninguén pode quitarme o feito de ser feliz. E a que non sabes cal é o motivo? Ti. Non podo evitar sorrir cando te vexo aparecer de calquera parte sabendo que me vas a falar en dous segundos, e que nese momento só importamos ti e máis eu. Só quero que saibas que te quixen máis do que me podía imaxinar que ía querer a alguén. Quérote moitísimo e seguireino facendo. Nunca esquecerei o comezo de todo isto… todo era perfecto, ríamos xuntos, non fallaba nada, era incríble como estábamos pero aínda o é máis como estamos. Nunca na vida esquecerei todos os momentos que vivín contigo, porque te convertiches nunha persoa imprescindible para min. Convertícheste na persoa pola cal se me escapa unha que outra bágoa cando ninguén me ve, pola cal se me escapa un sorriso do feliz que son pensando no pouco que vivimos xuntos… Quérote tanto que nunca na vida tiven ciumes, nunca, é a peor forma de amar, pero que fago se só o feito de pensar que che poida gustar outra mátame por dentro. Fun moi ciumenta e egoísta, pero agora non quero dicirche nada diso, agora o que quero que saibas é algo que espero que nunca se che esqueza e espero que me creas… QUÉROTE! E si, talvez intentei esquecerche, talvez intentei sacarche da miña cabeza, pero dende que o intentei souben que non o ía lograr, que me ía costar a mesma vida. Cheguei a quererte tanto que o único que quero é que esteamos como ó principio, que estábamos perfectamente… Ás veces póñome estúpida contigo por tonterías ou por ciumes pero é porque che quero demasiado. Paseino moi mal por ti, pero ao final, cando todo pasa, só me quedn os bos momentos nosos, que son moitos! Quérote!
ENDLG do IES Félix Muriel. 15
Sentir, Sentir que a túa man é a miña caricia, Sentir que o teu soño é o meu desexo, Sentir que a túa mirada é o meu descanso, Sentir que o teu nome é a miña canción, Sentir que a túa boca é o meu refuxio, Sentir que a túa alma é o meu regalo, Sentir que existes…
Sentir que vivo para amarte.
ENDLG do IES Félix Muriel. 16
Aínda recordo a miña vida antes de ti. Pensaba que ‘amor’ era só unha palabra, pero cando che coñecín a miña vida cambiou. Agora sei o que é o verdadeiro amor, agora sei que amor non é só unha palabra; amor é sentir, amor é gozar, amor é querer estar contigo por sempre, sentir o desexo de fundir os nosos beizos … Amor é saber que ti me amas, querer sentir o teu corpo, a túa respiración en todo momento. Cando che coñecín, os teus ollos non podían mentir, mirástesme o conseguín comprender o que dicía a túa mirada. Non debemos separarnos nunca, agora somos como un só, e sen ti falta un cacho de min. Ensinástesme que sempre hai un motivo para vivir, que máis alá da tristeza está a vida, esta mesma vida que hoxe quero vivir xunto a ti. Porque es o que sempre soñei e polo que tanto tempo esperei. Agora, ven conmigo e ensíname a ver a vida como ti o fas, ensíname a querer da maneira en que ti o fas. Déixame regalarche parte desta felicidade que ti mesma me regalaches, déixame compartila e disfrutala ao teu carón. Teño que confesarche que a miña vida es ti, que es polo que podo falar de amor, porque se amar é un delito, declárome culpable. A estas alturas da miña vida quixera vivir dunha vez por todas xunto a ti. É tan forte isto que sinto que se me fai imposible de dicir. Porque ningunha persoa se merece as túas bágoas e quen as mereza nunca che fará chorar… Non existen palabras para expresar esta sensación que sinto, que nunca antes sentirá e que nin quero nin podo deixar de sentir. Non sei escribir do modo en que a ti che gustaría que che escribise, tampouco sei escribir todo o que sinto por ti, de feito sería imposible. Todo isto quédase curto ao intentar expresarche o meu amor … e ti, mentres les isto, nin te imaxinas o moito que che quero.
ENDLG do IES Félix Muriel. 17
Carta a Abel. Esta é a miña carta de amor, pero non de amor de parella, senón de amor de amigos; pero como aínda non hai o día da amizade, eu escríboche hoxe porque, ó fin e ó cabo, tamen é amor. Pois esta carta é para o catorce de febreiro, xa que ese día non será igual de feliz que foi ata agora. De rapaza, sempre tiven esa ilusión de namorarme e esperaba ansiosa este día para escribir cartas ós rapaces do colexio. Este ano será distinto, seguirei tendo esa ilusión, xa que estou namorada, pero acordareime de ti, porque fará tres meses que decidiches non vernos máis, sabíamos que estabas aí, podíamos verte e dicían que nos oías, pero ti non querías vernos e dous meses despois, un día catorce tamén, decidiches marchar, irte para sempre, nin ver, nin oír, nin sentir nin nada de nada. Non sei por que che escribo, xa que nunca chegarás a ler isto, talvez sexa porque o necesito… Quero que saibas que penso moito en ti, que che recordo día a día, que che boto de menos, que sei que non estás aquí en corpo presente pero sei que me acompañas alá onde vou. Sabes que? Ás veces penso que deberíamos estar enfadados contigo, por marchar e deixarnos sós, porque só pensaches en ti, no que ti querías facer, pero non pensaches nos demais, na xente que che quere, en todos os que queríamos vivir moitos momentos máis contigo. Pero, despois de pensar isto, creo que non, que talvez cos que deberíamos estar enfadados é con nós mesmos, por non saber entenderche, por non escoitarche cando o necesitabas, por non axudarche, se o fixeramos así, poida que non quixeras irte tan lonxe… PERDÓN! Se estiveras cerca, Abeliño, se puideras ver todo o que eu vin, sorprenderíanche tantas persoas para mal, daríaste conta de quen eran os amigos de verdade. Pois non sei se ata agora me expresei ben, pero todo isto basicamente era para dicirche todo aquilo que nunca che dixen, que che quero moito Abelsito, que aquí marcáchesnos a todos e nunca te olvidaremos. Espero que alá onde esteas, que me esperes para seguir pasándoo ben algún día. ¡SEMPRE E BO!
ENDLG do IES Félix Muriel. 18
Dicirche que te amo xa se me queda pequeno, alguén debería inventar palabras para definir os meus sentimentos cara ti. Dígoche que te amo, pero xa o sabes, talvez por repetircho tanto. Pero cada vez que cho digo é porque o meu amor por ti vai aumentando. Non te amo nin en pasado, nin en presente, nin en futuro, o meu amor por ti é un amor sen tempo, sen distancia... é un amor cheo de promesas e ilusións. Quérote no máis profundo da miña alma, do meu ser, da miña vida. Quérote como nunca te quixen… Ata que te coñecín a ti non souben o verdadeiro significado do verbo amar. Quérote máis alá da paixón e dos sentimentos. Quérote sen pedirche nada a cambio; simplemente, ámote. Non sei se te merezo pero polo menos loito por merecerte. Estráñoche cada día máis, tanto que só encontro a escuridade que forma a túa ausencia alí onde mire. É horrible mirar os currunchos esperando verte nacer das paredes e só ver manchas antigas que deixan os anos. Síntoche demasiado lonxe, tendo unha pelexa co que deixaches dentro do meu corazón, producíndome unha gran tristeza.
ENDLG do IES Félix Muriel. 19
Escríboche esta carta só porque nunca che dixen as cousas deste xeito e aínda que sei que a ti estas cousas non che gustan ou che parecen unha cursilada , pois diso se trata. A ver O meu pulso altérase só con pensar que fago isto e que ti o podes estar lendo, pero teño a esperanza de que alguén cha ensine e che faga comprender o que de verdade eu sinto por ti, que non só é amor físico senón que tamén me fas sentir emocións especiais cando estou ao teu lado: fasme rir todo o tempo, non hai segundo no que estea contigo e non me ría. Sei que probablemente non che resulte moi axeitada esta carta, pero hoxe é un dos mellores momentos para que eu che mostre todo o que che quero, que polo que parece aínda non o sabes ben. Comezarei por algo moi sinxelo, para que o vaias entendendo e despois non te me despistes. Aquela tarde na que todo comezou eu case nin mo cría, pero as miñas dúbidas comezaron unha semana despois cando todos me dicían ‘que facía contigo?’, que isto non ía a durar nada, pero no fondo algo me dicía que isto ía saír adiante. E saíu, cuns poucos problemas como os de todos, pero aínda así aquí estamos. Agora estou máis que convencida de que non pode ser así, que isto ten que durar, porque cho digo eu, que sen ti eu non son nada, pois todo o que eu fago xira ao redor de ti. Non sei se te decataches, pero cando estou feliz é porque todo nos vai ben na nosa relación; cando algo vai mal, todo cambia. Non sei se o entendes, con isto quéroche dicir que o meu estado de ánimo depende de ti, que o que faga ou deixe de facer depende de ti, toda a miña vida depende de tí. Se isto acaba, para min acábaseme todo, que sen ti non sei que facer polas tardes, sen ti non sei cando estou triste ou contenta. Para algo bo que me pasa na vida, non permitas que se convirta no peor e déixame ser feliz ao teu lado, é o que eu quero. (...) Sinceramente meu cariño, isto non era só para que souberas o que che quero senón tamén para que o saiban todos, dun xeito ou outro, cedo ou tarde, todos se decatarán do excelentísima persoa que es e o ben que me sabes tratar, que antes non quería por nada estar na casa e ter mozo nin de broma non me gustaba nada estar dirixida por outras persoas, pero agora non teño medo a estalo, porque contigo estou segura, sei que nunca me farás nada, sei que podo confiar en ti tanto como confio en min mesma, e ti sábelo xa de sobra. Grazas por regalarme os momentos máis felices da miña vida, e por facer que todo fora infinitamente fácil de cambiar, que dunha noite para outra décheslle un xiro incríble á miña vida, pasei de non ter nada a telo todo. Moitas grazas, cariño, de verdade! E con estas palabras eu xa me despido que senón cóntoche aquí toda a Biblia. Un saúdo… Ámote!
ENDLG do IES Félix Muriel. 20
Querida descoñecida: Escríboche esta carta para facerche saber que eu son o teu máis grande admirador no mundo e non hai en todo o planeta ninguén que te admire tanto como o que che escribe isto. Fixeime en ti a raíz da visión do teu fermoso corpo, elegante e proporcionado. Pero realmente o que me namora de ti é o teu estilo único e o que fas no colexio. A túa voz resoa lendo un texto na aula de enfronte. Tés unha voz doce e agradable. Aínda que hai outras rapazas máis explosivas no colexio, ti es a que me ten tolo pensando en ti. Estou desexando coñecerte. Es a persoa “tía boa”. Non te quero ver só en internet!
ENDLG do IES Félix Muriel. 21
Querido meu, Un día coma hoxe, como pode ser calquera outro quero volver a dicirche que para min es, fostes e serás o máis importante que teño, e o que máis quero. Es único de verdade, e se alguén che di o contrario, está moi equivocado. Dixen sempre que non todo o mundo pode ver o lado especial das persoas e pode que eu non poida ver o lado bo de todos os cidadáns deste planeta. Pero o teu si. Podo saber se tés un bo día, se estás triste, se esa noite vas saír, se quedarás na casa… pode parecer algo sobrenatural, pero non, é simplemente, que teño estudados cada un dos teus movementos, que con tan só oír o son da túa voz e ver o brillo dos teus olliños marróns podo saber se hai algo que non vai ben, ou se levas un día excelente. Tamén quero que saibas que son realmente ciumenta, que me doe verche por aí sen ser eu a que vaia da túa man, dóeme non poder ser quen che acompañe a comprar un xersei, nin a elixir a túa gravata de fin de ano. Dóeme tamén, que non sempre me fales, que ás veces non me escoites e non ser o teu centro de atención como o era fai uns meses. Por último, quero dicirche que segue sendo teu o sorriso que vexo cando pecho os ollos, que es ti o dono dos meus pensamentos e tamén dos meus soños, a acción e a reacción, a fusión de ambas. E todo isto non se pode dicir con palabras, que hai cousas que son imposibles de dicir deste xeito, que as gardo para o día que esteamos os dous lendo isto xuntos, arrepentíndonos do tempo perdido. Es para min señorito, soubeno dende o momento en que che coñecín, algo especial había na túa mirada, que fixo que te converteras no máis grande, porque non sei se cho dirán todas as veces que o mereces, pero es ENORME. Grazas en especial por todos os momentos bos que pasei contigo, que son os que fan que esta cabeciña tola resista nos peores días, os que me fan seguir, os que me permiten pensar que sempre hai máis oportunidades e que historias como a nosa teñen que acabar ben. Quérote infinito, aínda que soe hortera.
e pode que eu non poida ver o lado bo de todos os cidadáns deste planeta. Pero o teu si. Podo saber se tés un bo día, se estás triste, se esa noite vas saír, se quedarás na casa… pode parecer algo sobrenatural, pero non, é simplemente, que teño estudados cada un dos teus movementos, que con tan só oír o son da túa voz e ver o brillo dos teus olliños marróns podo saber se hai algo que non vai ben, ou se levas un día excelente. Tamén quero que saibas que son realmente ciumenta, que me doe verche por aí sen ser eu a que vaia da túa man, dóeme non poder ser quen che acompañe a comprar un xersei, nin a elixir a túa gravata de fin de ano. Dóeme tamén, que non sempre ENDLG do IES Félix Muriel. me fales, que ás veces non me escoites e non ser o teu 22 centro de atención como o era fai uns meses. Por último, quero dicirche que segue sendo teu o sorriso que vexo cando pecho os ollos, que es ti o dono
Carta de amor caducada ♥ Cariño, meu amor, xa facía tempo que non che escribía, ao mellor porque non tiven tempo, ao mellor porque non quería mostrar os meus sentimentos , ao mellor porque xa te fuches do meu lado. Ao principio todo era moi lindo, aquelas tardes cando estabamos xuntos , todos aqueles días de praia, todos os momentos xogando ao “volei”, todas as partidas ás cartas, coa vitoria sempre para o meu lado (ha, ha), todas as festas que pasamos xuntos, toda esa paixón que nos dabamos un ao outro. Ameite como nunca antes amara a ninguén, Ti ensináchesme a querer de verdade , a soñar co imposible, a facer os meu soños realidade. Ti ensinácheme a vivir. Ti para min éralo todo. Na miña cabeza só aparecía unha única persoa , esa persoa eras ti, eras o que me desvelaba polas noites , o que facía que espertase cun sorriso na miña boca , o que facía que tivera gañas d , que facía que loitara día a día, o que facía que pelexara polos meus soños. Estaba tan tremendamente namorada de ti, dos teus preciosos ollos verdes, do teu precioso sorriso, do teu cabelo loiro. Estaba namorada de ti ata o último poro da túa pel morena. Para ser feliz só me facías falta ti , ninguén máis , só ti, pero eu para ti non era suficiente… Danástesme como ninguén me danara anteriormente , pero eu tan namorada , perdoeiche e volvíchelo facer e isto tivo que acabar. Desde un principio xa sabía que as relacións á nosa idade non son para sempre , aínda eramos moi xoves; pero eu, tan namorada , pensaba que podía haber excepcións. Non foi así, no amor non hai excepcións. Agora estou soa, sen saber a onde ir , nin que facer. Deixáchesme soa, sen importarche o máis mínimo. Teño que conformarme con ser só amigos , pero ti posiblemente non sabes algo: onde houbo algo, algo queda, para sempre…
PD; Querote♥
ENDLG do IES Félix Muriel. 23
Querida Sonia: Son o teu admirador segredo, pero non son o suficientemente valente como para confesarche a miña indentidade. Digamos unicamente que son unha persoa, unha persoa covarde por non ser capaz de expresar os meus sentimentos con claridade e de declararche o meu amor, a ti a miña fermosa nena. Atópaste no meu corazón dende o primeiro día que che vin, ás veces sinto que sempre formarás parte da miña vida, pois a pesar de que en ocasións intento esquecerche a túa imaxe segue presente no meu pensamento en todo momento. Neste día tan especial so quería que te sentises amada, querida... e aínda que non me coñezas ten a seguridade de que sempre contarás conmigo. O amor está en todas partes, pódelo encontrar en calquera sitio, eu encontreino paseando por un río de soidade. Cando te vexo, o amor que sinto por ti sae do meu corazón ata estenderse por todo o meu corpo. Cando nos miramos e as palabras non saen, cos ollos dicímonos todo. O amor que sinto por ti é o máis bonito que sentín na miña vida, é o primeiro amor, e como din, nunca se olvida, así que eu nunca che olvidarei. O teu admirador secreto.
ENDLG do IES Félix Muriel. 24
Non sei como comezar, pero… Sabes? Nunca pensei que che diría isto, pero gústasme, es esa persoa pola que me esperto cada mañán coa ilusión de verte, coa que soño cada noite, pensando o que nos deparará o futuro, es esa persoa que me fai tan especial, e ca que quero compartir o resto da miña vida, porque cando te vexo polo instituto, pónseme un sorriso de orella a orella. Nunca pensei que puidera sentir isto por alguén. É estraño, é especial. Non vivimos momentos xuntos, pero cada mañá soño con poder verche, abrazarche, bicarche, terche entre os meus brazos, para poder ser a persoa máis feliz deste mundo. En verdade, sei que non che podo ter, pero conforme con verte ao lonxe, saber que estás ben. Todo o que sinto por ti non se pode escribir, porque te quero, e es unha persoa única, espero que non o olvides. Un Queroche é pouco para expresar o que sinto por ti. Queroche LL.
ENDLG do IES Félix Muriel. 25
OLA, miña vida! Escríboche porque che estraño e boto de menos. Lémbrome de ti a cada segundo, a cada minuto… Acórdome ben de aquel día de verán, eu estaba coas miñas amigas e ti con túa irmá e outra amiga. Ao primeiro non nos caíamos moi ben; nós tiñamos vergoña, pero agora xa non é o mesmo. Cando me dis que me amas ou que me queres, aí é cando a única persoa que quero, me saca esa sorrisa tan grande que ningúen é capaz de sacarme, a única persoa coa que quero estar ao longo da miña vida, contigo para sempre! Quéroche moito amor, espero que nos vexamos pronto. QUÉROCHE!
ENDLG do IES Félix Muriel. 26
Ás veces póñome a pensar que non existe no mundo unha persoa coma ti, unha persoa que espertou en min un sentimento tan fermoso, tan especial, tan marabilloso como é o amor. Só un sentimento que unha soa persoa me fixo sentir… Que bonito é á vez sentir o teu cariño, ver nos teus ollos o mesmo que sinto eu ao verte. Sería difícil pensar que poida existir unha vida na que eu non me encontre xunto a ti. Es o mellor que me pasou na vida, es e serás o máis importante para min hoxe, mañá e sempre.
NON SEI VIVIR SEN TI!
ENDLG do IES Félix Muriel. 27
Ola meu amor! Estaba pensando naqueles momentos que pasamos xuntos e non puiden evitar a tentación de escribir esta carta dando as grazas por todas os marabillosos momentos que me fixeches pasar e, soñando que o noso futuro siga sendo coma o noso pasado, recordo o día que nos coñecemos: chovía a canados e ventaba, eu ía con présa e sen paraugas e a ti un refacho de aire levouche o teu, que foi parar onda os meus pés. A min, ao mirarte, acabáronseme as présas e a ti, ao mirarme, xa non che importou mollarte, a aí comezou a nosa gran historia e, agora, meu amor, despídome de ti desexando que no fondo do teu corazón sintas as mesmas emocións e as mesmas forzas de amarme que eu sinto por ti. Pdt: Mándoche unha poesía feita por min en honor ao meu amor. Corre o vento cara a primavera Corre o sol cara a montaña Corren as ondas do mar cara á praia Na procura de túa compaña Para a túa beira Sempre ficar.
ENDLG do IES Félix Muriel. 28
Querido ti: Góstame que che custe unha hora e media despedirte de min por teléfono, adoro a forma na que te rís. Góstame ulir a túa colonia e botarma na man pola mañá para levar o teu olor durante todo o día. Góstame ulir a miña roupa despois de pasar o día contigo. Góstame que sexas a última persoa coa que falo antes de durmir. Góstame que sexas a única persoa do mundo mundial que máis me fai rír. Encántame cando me dás bicos na fronte, ou cando vas a bicarme e me aparto e quedas con cara de idiota. Góstame cando me miras ou cada vez que me chamas dunha forma diferente. Adoro cando me dás sorpresas, que fan que cada día sexa diferente do anterior. Góstame que digas que me queres co meu pelo, que che gusta tanto coma as miñas mans. Góstame que sexas tan natural, que ao teu lado un problema se convirta nunha mota de pó, que todo resulte máis fácil e máis levadeiro. Encántame que sexas detallista, porque sabes que con pouca cousa me conformo. Góstame que me ensinaras o significado da palabra "amor", pero a de verdade, non a de cando tes oito anos e todo che parece a fin do mundo, senón amor do bo, amor do de verdade. Góstame cando me chamas ás tres da mañá simplemente para dicirme que me queres, ou cando mo demostras cada día, con calquera chorrada que para min significa moito. Adoro que esteas tolo, que che diga fai isto e por moi tola ou ridícula que sexa a idea, ti falo. Encántame que non teñas vergoña de nada e polo tanto amo a forma na que conseguiches que a miña vergonza desapareza. Encántame cada mañá ao espertarme ver na parede un "quéroche". Góstame que sexas sinxelo e nada superficial. Góstame que me digas cada noite que me queres. Amo cando falamos horas e horas ao teléfono sobre temas absurdos e que ao final de cada frase quedes calado. Tamén me gosta quedarme durmida ao teléfono e que ti sigas falando. Góstame que sexamos realistas, que non nos subamos a tres metros sobre o ceo, porque sinceramente canto máis alto sobes máis dano te fas ao caer e eu creo que onde mellor se está é cos pés sobre a terra. Encántame ser adicta a tí. Encántame que fagas o imposible por min, que esteas a vinte minutos de onde eu estou e chegues en dez. Góstame que sexas diferente. Adoro cando me dis que seguirás queréndome aínda que teña a pel vella e flácida e use ouriñal. Encántame todo o que odias de ti. Góstame que me fagas cóxegas sabendo que morro da risa. Encántame que me digas "cerra os ollos" e me deas un bico nos beizos. Tamén me encanta cando me dis que cada día me queres máis que o anterior. Góstame cando me dis "recordas cando..?" como se pasaran vonte anos. Aínda que pareza mentira, encántame que me repitas as cousas centos de veces. Góstame a forma na que contas as cousas, a forma na que moves as mans ao falar e cando te rascas detrás da orella. Góstame cando me quitas unha pestana e me dis que pida un desexo. Encántame o teu sorriso. Góstame que sempre que me collas as mans e que as teñas quentes, é coma a miña propia calefacción central. Adoro todo de ti, pero o que máis adoro é que sexas infinito. P.d: porque o amor non é só un catorce de febreiro.
ENDLG do IES Félix Muriel. 29
Estou contigo! Supoño que todo tería sido diferente se aos dezaseis anos non decidise achegarme a ti. Non se trata de saber exactamente por que senón de recordar que un día descubrín que non podía seguir vivindo sen estar contigo. Era como se te vise en todas partes e ao mesmo tempo estabas tan lonxe… E iso que sempre estiveches aí, realmente, ao alcance dunha man, como esperándome. E só tiven que dar un paso. Ao principio era estraño algunas veces. Aínda que hoxe descubro en ti cousas novas, daquela coñecíate pouco. Lembras cando aquela profe de inglés me dixo que non eras unha boa compañía? Ou cando meu pai puxo aquela cara de pensar preocupado “Pois parece que isto vai en serio”? Nin sequera quero pensar como tería sido eu se non decidise que ti formarías parte da miña vida. Tampouco se trata de se tería sido mellor ou peor senón de que sería sinxelamente diferente e é precisamente iso o que me resulta difícil imaxinar: vivir sen ti. O que teño claro é que se decidín facelo foi porque me parecía interesante, porque contigo me sentía ben, porque me facías descubrir cousas, porque confiaba en ti e me dabas confianza e sabía que ti sentías o mesmo por min. E porque cando me dei conta souben que xa non era posíbel vivir sen estarnos xuntos. Que nos necesitábamos. É curioso. Lembro como se sorprendía a xente que me coñecía cando comezou a vernos xuntos. Sorprendíanse porque estaba contigo, como se estivese facendo algo inesperado ou estraño. Ou prohibido. Parecían non comprendeo. Non te coñecían o suficiente. Aínda que sempre lles gustaches máis ou meno, non confiaban en ti. Con ela non vas chega a ningún lado, dicían. Pouco a pouco foron acostumándose e cambiando de opinión a medida que viron que o nos oía para adiante. Demostrámoslles que se equivocaban e iso estivo ben. Así que a miña vida correu por ese camiño contigo e foime ben e mal como a todo o mundo que ten sombra e respira: acabar os estudos, o paro, o primeiro traballo e, en fin, o resto das cousas que vivimos xuntos sabendo que o noso era para sempre. Quería reflexionar un pouco sobre todo isto e recordar que decidir vivir contigo foi unha das mellores eleccións da miña vida. Quería dicircho sinceramente: Cambiaches a miña vida e déboche tantas cousas… Quería dicirche: Grazas! E quería dicirche que estou contigo, MIÑA LINGUA!
Séchu Sende, Made in Galiza
ENDLG do IES Félix Muriel. 30