Cartaz o heroe manuel rivas

Page 1

Arturo Piñeiro, alias Caronte, ex lexionario, ex boxeador coñecido como Robinson, atende a barra de La Boîte de Pandora, un bar portuario, onde se ofrece como atracción especial combates de boxeo e loita libre, que se abren e pechan cos fados que interpreta Lucía, a súa dona. Todo se axitará na penumbra do local coruñés coa presenza dos Homes de sombra e coa chegada agardada de Lanzarote, o loitador antifranquista e vendedor de máquinas de escribir que recita fermosos poemas de amor. O heroe, a primeira peza teatral de Manuel Rivas, escrita con trazos de ironía e dureza, sitúanos nun presente recordado, entre un episodio histórico do franquismo e a contemporaneidade, para mergullarnos nunha subversión do concepto de heroe como culto ao guerreiro. Esa falsa idea do valor que paira de novo sobre o noso tempo. Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: Un millón de vacas (1989); Os comedores de patacas (1991); En salvaxe compaña (1994); Que me queres, amor? (1996); O lapis do carpinteiro (1998); Ela, maldita alma (1999); A man dos paíños (2000); Os libros arden mal (2006); Todo é silencio (2010) e As voces baixas (2012). Tamén é autor dunha extensa obra xornalística e poética en lingua galega.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.