CINEMA.GAL
XAVIER VILLAVERDE Xavier Villaverde naceu na Coruña, no ano 1958. Estudou nos maristas e desde pequeno tivo moi claro que quería dedicarse ao cinema. Por entón, non había escolas especializadas en Galicia, así que Villaverde converteuse en mestre de si mesmo a golpe de cámara e rodaxes. Estréase no cine con A Semente, rodada en galego, en 1977. Comeza a destacar no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. A curtametraxe Alicia en Galicia recibe en 1986 o primeiro premio no 16º Festival Internacional de Cinema de Montreal. En 1989 realizou a súa primeira longametraxe, Continental, para a que contou, sendo un debutante, cos mellores actores do cinema español, como Marisa Paredes ou Eusebio Poncela... Logo dedicouse un tempo á realización de publicidade, realizando coñecidísimos spots publicitarios e videoclips, como Galicia caníbal para Os Resentidos. Dez anos máis tarde volve á dirección cinematográfica, en 1999, con Fisterra, onde termina o mundo. Esta segunda película súa, protagonizada por Nancho Novo, Elena Anaya e Geraldine Chaplin, está considerada como o "primeiro éxito de masas" da filmografía galega, xa que chegou á pantalla grande con dobraxe en lingua galega. A súa terceira longametraxe foi un filme de suspense e terror psicolóxico, Trece badaladas, baseada nunha novela do escritor Suso de Toro e rodada entre febreiro e maio do 2002 en Santiago de Compostela, foi protagonizada por Juan Diego Botto e Luís Tosar. O seu último traballo foi O sexo dos anxos, estreada en 2012, e pola que levou o premio a mellor director nos Mestre Mateo dese ano. A Academia Galega do Audiovisual concedeulle en 2016 un dos seus premios honoríficos, o premio 'Fernando Rey', co que se recoñece a Villaverde como referente do noso cine, con títulos como 'Continental', 'Trece badaladas' ou 'O sexo dos anxos'.
CONTINENTAL, 1989 A mediados do século XX dúas faccións mafiosas dispútanse a sala Continental, un bar-prostíbulo sito nunha zona portuaria. Os líderes das dúas bandas estiveran no pasado ás ordes do mesmo capo, Gonçalves, a quen deran morte na procura de poder. Mais, anos despois, a sombra do xefe morto segue proxectándose como unha maldición sobre os seus dous discípulos. Dirección fotografía: Javier Salmones Guionista: Raúl Veiga / Xavier Villaverde Intérpretes: Alberto Alonso / Joaquín Alonso-Colmenares / Héctor Alterio / Manuel Areoso / Marina Asal / Feodor Atkine / Angelita Enríquez / Mónica García / Xosé Lois González / Juan Graell / Fernando Guillén / Xavier R. Lourido / Elina Luaces / Manuel Manquiña / Carlos Marcet / Cristina Marcos / Luisa Martínez / Lola Muñoz Baldrich / Nancho Novo / Marisa Paredes / Eusebio Poncela / Eduardo Puceiro / Canco Ramonde / Antón Reixa / Orlando Rodríguez / Eufemia Román Torres / Jorge Sanz / Antonio F. Simón / Marisa Soto / Gonzalo Uriarte / Antonio Durán “Morris” Montaxe: Carmen Frías Música: José Nieto Orixe: Galicia Idioma V.O.: Castelán / Dobrada: Galego
CINEMA.GAL
FISTERRA, 1998 Berto e Mario son dous irmáns nados en Galicia, na Costa da Morte. Fascinados ambos pola figura dun pai ausente, ambos medran facendo plans para se reuniren con el. Mario faille prometer a Berto que irán xuntos, pero tamén el desaparece un día sen dicir nada. Seis anos despois, os dous se reencontran en Madrid. Berto parece que cambiou moito, mais ten un plan: cumprir a promesa que lle fixo a Mario, e levalo xunto de seu pai. Dirección fotografía: Javier Salmones Guionista: Miguel Anxo Murado Intérpretes: Enrique Alcides / Elena Anaya / Geraldine Chaplin / Chete Lera / Manuel Manquiña / Nancho Novo / Kassia Perminia / Roberto “Luna” Sánchez Montaxe: Carmen Frías Música: / José Nieto Orixe: Galicia Idioma V.O.: Castelán Subtitulada: Inglés, Francés Dobrada: Galego
TRECE BADALADAS, 2002 Xacobe, un mozo escultor, volta a Santiago -a súa cidade natal- despois de quince anos de ausencia. A razón do seu regreso é o descubrimento de que súa nai, a quen cría morta, está en realidade doente e internada nun psiquiátrico. Pero esta volta vaino obrigar a se enfrontar a un suceso do que leva media vida fuxindo. O encontro co seu pasado levarao ó centro dun pesadelo sen saída, no que descubrirá algo terrible: El é a peza fundamental nun laberíntico plan. Baseada nunha historia orixinal de Suso de Toro. Dirección fotografía: / Javier Salmones Guionista: / Juan Vicente Pozuelo / Curro Royo Intérpretes: / David Álvarez / Rosa Álvarez / Juan Diego Botto / Mayka Braña / Mariana Carballal / Ernesto Chao / Marta Etura / José Ferrer / Diego Infante / Laura Mañá / Elvira Mínguez / Iolanda Muíños / Luís Tosar / Antonio Travieso / Gonzalo Uriarte / Lois Xoaxe Maquillaxe: / Susana Sánchez Montaxe: / Carmen Frías Música: / Pepe Nieto Orixe: Galicia Idioma V.O.: Castelán Dobrada: Galego
O SEXO DOS ANXOS, 2012 Comedia romántica arredor dun triángulo amoroso. Unha parella de vintepoucos anos vive feliz até a chegada dun mozo sedutor e aventureiro que provocará neles un verdadeiro cataclismo emocional. Produtora / Continental Producciones, S.L. / Stop Line Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / Consorcio Audiovisual de Galicia / Ibermedia / Televisión de Galicia (TVG) Orixe: Galicia Idioma V.O.: Castelán