ROTEIRO DO PROXECTO RIANXO 2016 Este roteiro pola vila foi deseñado dentro do Proxecto Rianxo 2016, desenvolvido no curso 2015-16, no IES Félix Muriel. É o resultado do labor realizado polo alumnado do grupo-aula 1ºESO-C. Guiarannos no noso percorrido: Manu, Ricardo, Marco Bravo, Uxía, Irene, Marco Pimentel, Alberto, Lara, Katia, Kevin e Fran.
CADERNO DE VIAXE PARA @S PARTICIPANTES NOME...........................................................................CURSO......GRUPO..... PRIMEIRA TAREFA. Sitúa no mapa os lugares nos que realizamos unha parada ao longo do noso percorrido.
- Praza Castelao - Homenaxe á Manuela - Capela de San Bartolomeu - A Praciña - O Castelo da Lúa - Praia de Tanxil - Rúa de Abaixo - Praza de Rafael Dieste - Rianxiño -Porto de Rianxo -Homenaxe á Rianxeira
SEGUNDA TAREFA. Ao longo do noso percorrido, @s guías explicarannos aspectos interesantes da vila de Rianxo en cada unha das paradas que realizaremos. Debes prestar atención e coa información recibida ser quen de dar resposta ao seguinte cuestionario. Trátase dun cuestionario de escolla múltiple, polo que ás veces pode haber máis dunha resposta acertada. 1. Que é un proxecto? a) Un ideal que nunca se chega a realizar b) Un traballo en equipo realizado polo alumnado e guiado polo profesorado c) Un traballo que realiza o alumnado sen o profesorado 2. Que materias estiveron implicadas neste proxecto? a) Xeografía e Historia, Galego, Español, Portugués e Francés b) Bioloxía e Xeoloxía, Galego, Español, Portugués e Francés c) Inglés, Galego, Español, Portugués e Francés 3. Que é Rianxo? a) Unha vila b) Unha aldea c) Unha cidade 4. Rianxo ou Rianjo? a) Rianjo, con pronuncia do iota español, porque sempre foi así. Hai moitos escritos en que se recolle esa forma. b) Rianxo, pois así se pronunciou sempre en galego, tamén na Idade Media, aínda que daquela se escribise Rianjo, pero a súa pronuncia non era a do iota español. c) Rianxo, pois así o recolle a Lei de Toponimia, como única forma galega, a pesar de que no franquismo cambiouse por Rianjo, con pronuncia do iota español. 5. Relaciona o termo coa lingua en que está escrito: aldea
portugués
vila
village
francés
ciudad
pueblo
galego
ville
aldeia
español
vila
6. Que é unha lenda? a) Un relato tradicional de feitos fantásticos, que poden ter un fondo histórico pero que foi deformado e esaxerado co paso dos anos. b) Un romance. c) Unha cantiga popular que vai pasando de boca en boca ao longo dos anos. 7. A que lugar está vinculada a Lenda do Castelo da Lúa? a) Ao Castelo da Lúa, pertencente ao señor medieval de Rianxo, Paio Gomez Chariño.
b) Ao Castelo da Lúa, edificio histórico que actualmente acolle a biblioteca de Rianxo. c) Ás ruínas dun castelo medieval situado nos límites entre as parroquias de Rianxo e Taragoña. 8. Por que Castelao é un dos persoeiros máis importantes de Rianxo e de Galicia? a) Porque foi un dos escritores máis destacados da Xeración Nós. b) Porque foi un dos membros máis importantes das Irmandades da Fala. c) Porque foi fundador do Partido Galeguista e o pai do nacionalismo galego. d) Porque loitou polo Estatuto de Autonomía para Galicia. e) Porque foi ministro da República española no exilio. 9. Quen foi Manuel Antonio? a) Un dos máis grandes poetas vangardistas con vocación de mariñeiro b) Un home enfermo de tuberculose que soñaba con ser mariñeiro c) O autor do manifesto Máis alá! 10. Quen foi Rafael Dieste? a) Un dos fundadores das Irmandades da Fala. c) O autor que dá nome ao noso instituto. c) Un dos máis grandes dramaturgos e narradores do 1º terzo do séc. XX. 11. Quen foi Paio Gómez Chariño? a) O maior defensor do Estatuto de Autonomía para Galicia. b) Un nobre medieval, señor feudal de Rianxo. c) Un trobador (poeta) medieval autor de numerosas cantigas relacionadas co mar. 12. Relaciona as seguintes obras cos autores anteriores: De catro a catro
Rafael Dieste
Os dous de sempre
Manuel Antonio
Historias e invenciones de Félix Muriel
Castelao
A fiestra valdeira
Castelao
Os vellos non deben de namorarse
Rafael Dieste
13. Que importante edificio se atopa na Praza de Rafael Dieste? a) O Pazo de Martelo b) A Biblioteca de Rianxo c) A Casa Museo de Manuel Antonio 14. Por que é importante A Praciña? a) Porque é o recuncho máis moderno de Rianxo b) Porque é o recuncho máis antigo de Rianxo c) Porque nela se situa a casa onde naceu Castelao
15. Que ou quen foi A Manuela? a) Unha dorna da pesca do xeito b) A traiñeira máis famosa de Rianxo c) A dona dun dos barcos máis famos de Rianxo, adicado á pesca da sardiña. 16. Onde estaba situada antigamente a Capela de San Bartolomeu? a) Ao final da Alameda, no lado oposto á Capela da Guadalupe, xunto ao Concello. b) Onde agora está a Capela da Guadalupe. c) Nun illote no medio do mar. 17. Por que é importante o Porto para Rianxo? a) Porque Rianxo vive sobre todo da pesca. b) Porque a el chegan grandes trasatlánticos que traen turismo á vila. c) Porque hai nel un importante asteleiro, no que se constrúen embarcacións tradicionais. d) Porque Rianxo o produto máis famoso de Rianxo é a sardiña. 18. Cal é a orixe do topónimo Tanxil? a) Latina, como a de todas as palabras galegas. b) Prerromana, pois aí houbo unha importante cultura castrexa anterior á chegada dos romanos. c) Xermánica, pois forn os pobos xermánicos os que ocuparon a antiga Gallaecia e a converteron no Reino Suevo, tras a caída do imperio romano. 19. Quen foron os Baltar? a) Unha familia, dona dun pazo situado no Dique de Tanxil. b) Os donos dunha escultura da Virxe de Guadalupe realizada polo escultor Asorey. c) Os señores feudais de Rianxo. 20. Por que é importante hoxe a Rianxeira? a) Porque foi unha canción composta para Castelao e os emigrad@s e/ou exiliad@s rianxeir@s. c) Porque hoxe é o himno non oficial de Galicia, cantado en todos os eventos importantes. d) Porque é un canto relixioso á Virxe de Guadalupe e cántase sempre como remate das festas.
TERCEIRA TAREFA. Acabamos o noso percorrido, toca despedirnos, pero ímolo facer cantando A
Rianxeira. Debes escribir dúas estrofas da
canción. --------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------
---------------------------------------------------------