MANUEL MARÍA
ENDLG IES FÉLIX MURIEL-RIANXO MANUEL MARÍA
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
AUTOPOÉTICA Cando servidor tiña vinte e poucos anos dicía que non sabía o que é a Poesía.Tamén afirmaba que a misión do poeta e da Poesía é agrandar o mundo, tódolos mundos. Cando tiña cincuenta e cinco anos intentou explicar o que é un poema. E saíronlle estes versos: Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, centila e escurece, cala, aborrece a mentira, sente odio e ternura, desángrase, fala de intimidade a intimidade coas cousas e coa xente, suxere mundos e imposibles, suda, cansa, sofre sede e fame, adoece, agoniza. E nunca morre. Agora, despois de tantos anos e de tantas voltas que deu a vida e a Poesía, un segue na mesma: sen saber. A única certeza que ten e á que se atén, repetida infinidade de veces, é a seguinte: un de si mesmo sabe que escribe versos. O que non sabe é se será ou non será poeta. Os lonxes do solpor serían, sen ti, tristes e escuros. Manuel María, 1993
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
MARIÑEIRO NO MUÍÑO Mariñeiro de luares só sinto o teu influxo, ai amor, a sotavento. ¡Ás veces vou muiñando o teu querer nun muíño que me move a barlovento! Muiñeiro de brétemas. Pontevedra, 1950
CANCIÓN Á MIÑA ABULIA ACENTUADA Inquirín a miña inocencia no cabalo sen brida do meu verso. Neste verán apático rachei flores coa miña carraxe de verdade verbeneira. Miña nai confesoume que eu tiña unha alma moi moderna. As miñas verbas tiveron agullas secretas para aquel xoven profesor que me suspendeu literatura. Agacheime de min mesmo algunha vez e respirei ávidos ventos nacidos máis aló da cursi primavera. Escribireille lindas cartas á miña simpática monada: pomba de verbas sen sentido. De aquí para diante seguirei facendo versos, cumprirei 50 anos e morrerei unha noite de inverno sen silencio de estrelas nin de flores. Morrendo a cada intre. Lugo, 1952
MANUEL MARÍA AOS 45 ANOS Algún día cecais chegue a ser -Deus non mo permitaun morto profesor de Historia, de Literatura ou de Filosofía e terei que poñer ceros a rapazas xeitosas, con coxas LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
de non vencidas plumas e seos de ritmos sensitivos. Os meus amigos, ao ollarme pasar, cecais me paren, pra dicirme:
"Manuel María: ti es unha momia que vives a cen légoas desta vida..." E eu marcharei insensibelmente paseando a ridícula caricatura de min mesmo, escribirei poemas ben medidos, estarei ás 9 en punto no instituto e diranme os meus alumnos ao atoparme no paseo vespertino:
"Boas tardes teña vostede, don Manueliño..."
Morrendo a cada intre. Lugo, 1952
O MISTERIO DA NOITE Non debedes ferir ese misterio branco que levan os paxaros nos seus pequenos beizos. ¿Non ollades aletexar un misterioso medo nas súas pálpebras longas, longas lonxanas como o vento? Non molestedes aos pequenos paxaros: son follas tenras, nacidas unha longa noite de silencio. Da penumbra branqueada de vermello caeron os seus chíos, lentos, feitos de medo. Advento. Bos Aires, 1954
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
TERRA CHÁ A Terra Cha somentes é: un povo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá. Terra Cha. Lugo, 1954 (Son de poetas) O CARRO Non canta na Chá ninguén. Por eso o meu carro canta. Canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta. Non hai canto tan fermoso: fino como un asubío. Anque é, ás vegadas, saudoso, faise, no ar, rechouchío. O meu carro é cerna dura: sábese carballo e freixo. ¡Que fermosa a súa feitura! ¡Que lixeireza a do eixo! As cousas vanse aledando por onde o meu carro pasa. ¡Carrétame herba pró gando! ¡Traime a colleita pra casa! Terra Cha. Lugo, 1954 (Casa Museo Manuel Maria. Audio)
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
CARNÉ DE IDENTIDADE Eu son Manuel María. Nacín no 29, o 6 de Outono, en Outeiro de Rei da Terra Chá. Son dunha caste rexa de labregos fieles á súa terra e ao seu Deus. Agora son un namorado. Eu son Manuel María. Cantor da Terra Chá que algunhos din. Cantor da terra chá que leva un clavada nas entrañas, penso eu. Eu son Manuel María, labrego con algo de poeta. Por eso gardo as albas no fondo dos meus ollos e ando de vagar o meu camiño, e pídolles ás cousas a súa tenrura e aos homes pídolles verdade. Non teño máis tarefa: son unha humilde folla que salaia na noite escura movida polo vento. Eu son Manuel María, eu son tan só, lonxano e feble. Documentos personaes. Lugo, 1958 SUCESOS Aconteceu unha desgracia irreparábel. Vén no xornal de hoxe, cuarta páxina: "Apareceu un pombo suicidado. Aforcouse onte pola noite na ponla florida dun cereixal. Ignóranse os motivos, porque o morto non tivo sequer a xentileza de escribir unha carta desculpándose". Recibíronse moitas mostras de pesar e hoxe ao seu enterro asistirá, vestida de loito rigoroso, a Sociedade Protectora de Animais. Documentos personaes. Lugo, 1958
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
GUÍA COMERCIAL Dende agora os poetas non precisan andar ollando a lúa para inspirarse, abóndalles con ler os nosos ANUNCIOS POR PALABRAS:
"Véndense angurias, estrelas, albas, lúas e solpores. Véndense diccionarios da rima tenros como nata. Temos almas de flores e chíos de paxaros. Todo moi barato. Damos 30 prazos. Remesamos os pedidos a reembolso, en gran velocidade e porte pago."
Documentos personaes. Lugo, 1958
BANDO Prohíbese, por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Dende agora as pombas teñen que pedir licenza para voar. Prohíbeselle á lúa andar ceiba de noite polo ceo. A lúa é unha tola que anda espida dando mal exemplo ás nenas castas e aos fillos de familia. Pagarán trabucos os poetas. Prohíbese soñar de 10 a 11. Prohíbese tamén derramar bágoas. Pódese chorar tan só cando hai sequía pra que non fiquen baldeiros os pantanos. Un só se pode emocionar os Xoves e os Domingos cando toca a Banda do Concello no quiosco. Están fóra da lei as estrelas, a Primavera, as flores e os paxaros. Dáse este bando en tal e cal LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
para que se cumpra de orde do alcalde. Asinado, carimbado e rubricado. Documentos personaes. Lugo, 1958 (Casa Museo Manuel Maria. Audio)
¡Teño medo!
¿Cando faltará na miña alma a inquietude...? Salmo 12,2
¡De todo canto ollo case nada comprendo...! ¡E tremo...! ¡Tremo, Señor, como a folliña movida polo vento! Libro de pregos. Lugo, 1962
VERBAS A UN IRMAU Escoita, irmau, as miñas verbas: son sinxelas e impuras como as verbas feridas co coitelo dos beizos, cada día. Vouche decir tan só que teño a miña mau tendida, aberta, núa e viva como o mar. Que teño, irmau, maduro o corazón pra gardar nel as verbas túas. Que a vida é moi fermosa aínda que hai homes LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
que teñen os beizos emporcados con verbas de falsía, i o corazón podre polo odio, i as maus pingando sangue, i agachados, no fondo dos seus petos, en vixía, coitelos e pistolas asesinas. ¿Que importa, irmau, que morra o día si a súa morte abre en nós a espranza do mencer? Non temas. Aínda o paxaro ten canciós i as estrelas se alcenden cada noite. Mar Maior. Vigo, 1963 (Son de poetas) VERBAS A MIÑA NAI Dígoche agora, nai, estas razós porque quero voltarche aquelas verbas doces como o mel que aprendín nos teus beizos cando neno. ¡Non teño, nai, a túa tenrura! Eu, que ando empeñado en ser poeta, non teño verbas doces, sinxelas, claras, amorosas, como as verbas con que ti me arrolaches, miña nai. Cecais sexa tolemia este tentar apreixar verbas amantes para che facer con elas un cantar. Cecais a vida pobre que vivín LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
me secou a fonte da tenrura e por iso estas verbas son secas como seixos. Xa ves: non teño verbas pero teño un salouco que me enche todo o peito. Mar Maior. Vigo, 1963 POEMA DA INFANCIA PERDIDA A infancia é a miña patria verdadeira. O meu paraíso perdido. Lembro a pureza dos meus soños. O pasmo que me causaban as estrelas. As paisaxes que quedaron nos meus ollos. Os contos do avó. A doce voz de miña nai. As verbas de meu pai. Os xogos compartidos cos irmaos. E tantas cousas fondas que forman parte inseparábel de min mesmo. Aquela pureza xa non é e teño soedade daquel neno sinxelo que antes fun. ¡Deixádeme ser triste ou senón voltádeme outra vez a miña infancia!
Mar Maior. Vigo, 1963
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
LABREGO Toda a miña xente de labregos foi, xunguidos á terra con xugo de boi. Meu pai é labrego, tamén meus avós: ¡pasáronse a vida tripando terrós...! Meu pai é labrego, labrego naceu, ¡e labra nos eidos traballando a treu! Meu pai é labrego, labrego naceu. ¡Meu pai é labrego, sen terra de seu! Meu pai é labrego, labreguiño eu son. ¡Pasarei a vida xunguido ao terrón! Os soños na gaiola. Lugo, 1968 (Casa Museo Manuel Maria. Audio) O ARADIÑO Labrado da miña mau Fixen coa miña navalla Un aradiño de pau. Un aradiño de pau. Leva timón e chavella E unha rella furadora Feita cunha lata vella. Feita cunha lata vella. Ten orelleira, rabela Tan luída e rematada Que namora mirar pra ela. Que namora mirar pra ela. LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
O meu arado e tan feito Que pode incluso esfender Labradíos a barbeito Labradíos a barbeito. Teño xa que darlle éstreno Ó meu arado arador, Ó meu arado pequeno Ó meu arado pequeno. E non sei ónde hei de ir Buscar os bois que preciso, Buscar os bois pra xunguir, Buscar os bois pra xunguir. Labrado da miña mau Fixen coa miña navalla Un aradiño de pau. Un aradiño de pau. Un aradiño de pau. Os soños na gaiola. Lugo, 1968 (Casa Museo Manuel Maria. Audio) Eu son de Outeiro de Rei, viliña da Terra Chá, onde aprendín a viver e a soñar con libertá. Teño dous grandes amigos de trato noble e sinxelo: o caudaloso Pai Miño e o regato de Cepelo. Vivín en Lugo algúns anos, conseguín ser bachiller e gastei a adolescencia en troulear e escreber. En Lugo atopei, pra sempre, o meu amor, que é Saleta: ¡comigo a vida non puido LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
ser máis xentil e perfecta! Casamos. Quixo o destino -ou cecais a nosa sorteque levemos moitos anos con residencia en Monforte. Nós sempre fomos galegos sinxelos e verdadeiros, soñadores, trotamundos, editores e libreiros... Profesión... ¡procurador! Ando a exercer como tal pro sempre usei dese oficio dun xeito limpo e cabal. Hai quen dí que son autor prolífico e incontinente. ¡Ben o sinto! ¡E teño mágoa de non ser máis competente! Pra que os leades na casa e os disfrutedes na escola escribín con moito amor, os meus Soños na gaiola. E aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: ¡paseo, leo e escribo...! Os soños na gaiola. Lugo, 1968 GALICIA Galicia docemente Está ollando ó mar: ¡ten vales e montañas E terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros Cidades e labregos LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
¡cargados de traballos Cargados de trafegos! Galicia é unha nai Velliña, soñadora: ¡na voz da gaita rise, Na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: A terra o mar, o vento... ¡pro hai outra galicia Que vai no sentimento! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la! Galicia somos nós: A xente e mais a fala. ¡si buscas a galicia En ti tes que atopa- la! Os soños na gaiola. Lugo, 1968 (Casa Museo Manuel Maria. Audio) MANUAL PARA DEPRENDER PARA SEÑORITO Aínda que un non sexa moi bonito non é difícil chegar a señorito. Primeiro hai que odiar o comunismo, e pensar somentes en un mismo, non facerlle moito caso aos pais, tratar con certo desprecio aos demais. Hai que ter en conta o que convén, adequirir modales finos, codearse só con "xente ben", aproveitados, cucos e cretinos, ser socio de todos os casinos, mercar sempre autos deportivos e traxes e corbatas elegantes, coñecer toda clás de aperitivos, saberse comportar nos restaurantes, LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
distinguir os wiskis ao cheiralos, entender de bridge e de canasta, de golf, de tenis e cabalos, non alternar con xente doutra casta. Tamén é convenente ter querida, xantar e cear sempre a deshoras, abusar o que se poida da bebida e ser moi galante coas señoras. Non falar galego endexamais (é idioma do pobo, moi vulgar), vivir do que súan os demais, ¡e denantes morrer que traballar! Versos para cantar en feiras e romaxes (1969) (Casa Museo Manuel Maria. Audio) Non creas o que din os xornais, nin o que berran as estaciós da radio, nin os números xeados que traen as estadísticas. Non te fíes tampouco no que se le nas guías feitas para uso de turistas. Non enchas o teu corazón -tan canso e tan velliñocoas canciós de moda. Non lle dés creto ningún á propaganda. Non ergas na túa intimidade -no lugar que algún día ocuparon os deusesa imaxe dun ídolo que pode ser un futbolista, unha estrela de cine, un charlatán, cecais un falso amigo. Recóllete en ti, ¡ouh pobo meu!, medita, chora longamente os teus pecados. E así que esteña purificado polas bágoas: olla a realidade na qu vives LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
e abre, para sempre, os teus ollos puros cara a luz. Versos para un país de minifundios. Bos Aires, 1969
CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS HAI que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e a puñetazos. Hai que ser duros, peleóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos, cos porcos desertores repelentes, cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borrar a nosa fala. Temos que loitar cos desleigados que desexan matala e enterrala. Seríamos, sen fala, unhos ninguén, unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, povo comun, vencello que nos xungue e ten en pé, herencia secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe. Cancións do lusco ao fusco. Monforte, 1970 (Casa Museo Manuel Maria. Audio) CANCIÓN PRA CANDO SE ESCOITA FALAR CASTRAPO Ollade esa antroidada: son galegos, xente do pobo, sinxela e moi normal. Olládeos, como un fato de borregos, falando o seu castrapo "tipical". Esprésanse nunha estrana xerigonza, van falando un idioma que non hai. LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
E sinten fondo reparo, gran vergonza, en falar, como é debido, a fala nai. Ollade ós moi paletos e cretinos ladrando o seu castrapo por aí, intentando ser lidos, cultos, finos imitando ós "castizos" de Madrí. Eles, probes, non poden ser culpados polo seu idioma, tristeiro i anormal. A culpa é de quen di: "Sede educados,
que falar galego está moi mal..." Cancións do lusco ao fusco. Monforte, 1970 (Son de poetas) HISTORIA DE GALICIA A nosa Historia cabe en poucas páxinas: o sangue vertido no Medulio, as revoltas irmandiñas, Pardo de Cela, a voz dos Precursores ardendo en luminosa profecía: Faraldo, Brañas, Rosalía, Curros, Pondal, os Mártires de Carral, Vilar Ponte, Cabanillas, Aleixandre Bóveda, Castelao de Rianxo, a ringleira sen fin LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
dos emigrados... Ao lembrar a nosa Historia verdadeira todo o noso ser se pon en pé, a nosa conciencia esperta alporecida, ferve o noso sangue, latexa máis forte o noso corazón, sentimos a forza das raigañas que nos xuguen á terra e ao seu sino; escoitamos como a voz do vento nos relata os feitos memorábeis, esquecidos adrede nos manuais ao uso. As árbores, os camiños, os penedos, os ríos, os cruceiros, gardan a lembranza daquelo que nunca poderemos esquecer porque é o que nos fai sentir pobo e nos empuxa cara un futuro
que temos que facer. Aldraxe contra xistra (1973) (Casa Museo Manuel Maria. Audio)
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
ACUSO Á CLASE MEDIA Acuso á clase media —grandes e pequenos burgueses— porque eles foron e son os que traizoan o espírito sinxelo, enxebre e antergo de Galicia. Pertenzo ao pobo e falo no seu nome. Falo en nome dos mariñeiros, dos labregos, dos ferreiros, dos criados de servir, dos zoqueiros, dos muiñeiros e arrieiros; dos humildes carpinteiros de ribeira, dos alugados que ian a Castela; dos caseiros que non teñen terra de seu; dos que se ven obrigados a emigrar; dos pobres de espírito e dos pobres de pedir; do coitado xornaleiro que de sol a sol ainda anda virando a terra co arado romano. Falo en nome de todos aqueles que, anque teñen razón, non llela dan. Acuso á clase media de egoísmo, de non ser solidaria co seu pobo, de brutalidade e de ignorancia, de lle bicar os pés aos poderosos, de traficar coa fame e coa miseria, de vivir na súa terra despreciándoa, intentando borrar o seu ser idioma, asasinando o seu ser diferenciado. Acuso á clase media de servil, de axionallarse diante dos que mandan, traicionando aos seus, á xente súa, ao pobo indefenso e aldraxado. Acuso á clase media de imitar as modas que impoñen en Madrid e de pechar cobardemente os ollos ás realidades que teñen diante si. Clase media, grandes e pequenos burgueses, comerciantes enriquecidos co estraperlo, viñateiros, aceiteiros, contratistas, abogados sen lei e sen conciencia, propietarios de casas e de contas correntes, burócratas que adulades ao amo LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
e que esquecedes ao pobo do que vides; xentes que comerciades coa emigración, coa fame, coa inxustiza e coa miseria; ladróns que procurades títulos nobiliarios, asasinos que mercades indulxencias e autos derradeiro modelo que vos leven ao ceo, ¡no nome do pobo, eu vos acuso! Remol. Bos Aires, 1970 (Audio na propia voz do poeta)
POEMA DO ALLEADO Son un bilingüista moi apaixonado, un colonialista ben colonizado. Teño lingua nai, e unha lingua pai e unha lingua filla que marabilla. ... ... ... ... ... ... Son un alleado fino e progresista ben domesticado. ¡Son un castrapista como está mandado!
Cantos rodados para alleados e colonizados (1976) (Casa Museo Manuel Maria. Audio)
INVOCACIÓN A CASTELAO Home cabal, conciencia comunal, forte penedo contra a noite e o medo, trono que nos tirou o sono facéndonos acordar e camiñar, fe poderosa que estea á patria nosa, limpa aurora, LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
vida fecunda e creadora, voz que berra a verdade da Terra, guieiro, compañeiro preciso como o pan, tremor humán, facho puro alumando o escuro. Castelao: pai e irmao. Verba de luz inxel: ¡Daniel!
Cantos rodados para alleados e colonizados (1976)
IDIOMA MEU Idioma meu, homilde, nidio, popular, labriego, suburbial e mariñeiro que fas avergoñar ó burgués, ó señorito i o tendeiro: levas sangue do povo e raigañas escuras que anuncian un día novo sin mágoas nin tristuras. Idioma proscrito, asoballado, soterrado, refugado, negado como a probeza i o delito, fala do emigrante e do maldito: soio resoas nos lares das xentes populares. ¡Ti tés que rexurdir puro, poderoso, enteiro pra erguer noso futuro de povo ausoluto e verdadeiro!
Cantos rodados para alleados e colonizados (1976) (Casa Museo Manuel Maria. Audio)
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
poema popular para espallar polo ar REFRÁN:
MANUEL MARÍA
Teoría ético-poética ou poema para non cheirar unha flor poema popular para cantar e chorar
un poema non é un pan e moito menos un can
poema con rima de feitura prima do pé deica a cima MOR-ALEXA: hai unha estrela que mexa poema medido con tino, sentido e moi fino ouvido ASI-OMA:
poema chorima sen ningún enigma que mesmo dá grima
poema paixón con indignación contra a emigración
poema con NON, faltón, protestón
¡mala centella te coma!
poema luído, moído remata en oulido
Cantos rodados para alleados e colonizados (1976).
POEMA HOMENAXE A XOSÉ RAMÓN REBOIRAS Xosé Ramón Reboiras Noia, amigo, camarada, estrela vermella-azul-branca no mencer prometedor da nosa patria, heroe en tempo de traizón, corrupción/covardía, martelo proletario, remo con saibo e sal e iodo; fouce labrega/vingadora; espiral que vén dendes do fondo do tempo para abrirse en claridade e futuro. Ti eres a pedra=mestra para re-edificar a nosa casa. LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS Puideron segarche a vida, ¡ouh, Moncho, meu irmao!, a – se – si – nar – te. O que eles non puideron, nin poderán endexamais, é arrincar / esmagar a semente que deixache esparexida no corazón do pobo, na vixiante conciencia colectiva e que xa está a agromar en patria-ceibe / socialista. Este é, ¡ouh camarada, amigo e irmao i nes quen
A túa vin-gan-za, a nosa vinganza i-ne-xo-rá-bel.
cí
MANUEL MARÍA
bel!
Poemas para construír unha patria. Galiza, 1977
A FALA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte da que agroma a máis forte irmandade. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. ¡Precisamos a lingua se queremos vencer! As rúas do vento ceibe. A Coruña, 1979 (Son de poetas) OS MÁRTIRES DE 1846 Foi polo mes de Abril, no século dezanove. ¡Un berro forte, baril a toda a patria conmove! Solís en Lugo berrou un berro de rebeldía. ¡Galiza enteira acordou! ¡O pobo enteiro se erguía! Pois a patria desta feita cumpriría as súas angueiras. ¡Pro logo veu a desfeita! ¡Perdeuse todo en Cacheiras! Solís e os seus oficiais foron no intre xulgados. LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
¡Aqueles homes leais remataron fusilados...! En Carral está a cova dos Herois da Liberdade ¡sempre fecunda e nova que un día será verdade...! As rúas do vento ceibe. A Coruña, 1979
A BANDEIRA A bandeira de Galiza é dun branco inmaculado con unha banda de azul que a atravesa lado a lado. E no medio do azul -cores do ceo e do mara estrela de cinco puntas como un facho a relumbrar Esa estreliña vermella de sangue roxa e caudal é signo liberador do asoballo nacional. A bandeira de Galiza sen a estreliña vermella parece que algo lle falta: ¡un soño morto semella! Vermello, branco e azul berran na nosa bandeira ¡a nosa esperanza de hoxe e a da Galicia vindeira! As rúas do vento ceibe. A Coruña, 1979 Son un forasteiro na cidade en que vivo, na propia tribo natal, incluso na patria do corazón, na que escollín e me escolleu, na que máis amo. ¿Qué fado tráxico, qué estraña maldición ou odio mostruoso LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
fan de min un raro forasteiro na miña propia, irrenunciábel patria? Eu, que son nube, vento, río, árbore, penedo, mar, tremor, fala e terra desta miña terra, non poderei ser nunca un forasteiro: aínda que o queirades. E eu o queira. A luz resucitada. A Coruña, 1984
Un sigue sereno, teimudo e confiado agardando o sinal, a luz que poña a camiñar de vez a xente nosa e faga desta tribo tenebrosa un pobo enteiro verdadeiro. Por un non sentiu, nin sinte premuras, urxencias, agonías: sabe que a existencia dun home é sempre corta e que a vida dun pobo vai ao lonxe. A luz resucitada. A Coruña, 1984
TENRURA Pouco importa que a ave da esperanza ou a chispa amarela do desexo crucen por nós como un salouco para converterse en néboa ou sombra esvaída na lembranza. O que de verdade importa, amada e irrenunciábel compañeira, é a chama delicada da tenrura coa que alcendemos o lume no que queimamos a monótona tristeza dos días e onde arde, serea e mansamente, a árbore fidel e rumorosa da nosa propia vida. Preguntas e preguntas e preguntas, decote a preguntar. Ninguén responde. A luz resucitada. A Coruña, 1984 (Son de poetas)
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
A ROSALÍA Santiago de Compostela, alma do mundo: non podo ollarte enteira no teu silencio claro e amoroso de campana que chora sobre o corazón do mundo e sobor do teu propio corazón cuberto de aves [...] [...] Santiago de Compostela, alma de ti o do teu pobo: ¿que fantasma te habita eternamente? ¿Que luz cha dá a claridade? ¿Que arcanxo vive a garda as túas fronteiras? [...] Aí estás Compostela, sempre miña, téndote a ti mesma, aluado corazón, na túa alma, no teu sangue e na túa carne. [...] Compostela, alma dun pobo que chora, sorrí e que te ama. Santiago de Compostela, noiva da morte, nas túas rúas de pedra, nos teus ceos de pedra, no teu ser de pedra e lume, no teu ollar de boi feito escultura, no teu deus lonxano, fondamente perdido aboiando no teu soño de séculos. Compostela da morte, da choiva e dos pregos sempre a buscar a Rosalía que cante as túas campanas, a túa alma e os teus anxos inquedos. Compostela, dime dos teus beizos: ¿por que me fas sentir como unha morte a túa saudade...? Poemas a Compostela. Santiago, 1993 AGORA QUE GASTEI OS MEUS OUTONOS Agora, que gastei os meus outonos e ben entrado xa no propio inverno, acredito no fugaz e no eterno e só me asusta o raio, non os tronos. Un, dende fai moitos anos, comprendeu LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
que todo é asegún e relativo e ninguén é tan bo nen tan cativo, nen podemos prescindir do propio eu. Gardo dentro de min toda a fragancia dos amados rincós da miña infancia e os recendos que tiña a vella casa. Foi chama o meu amor. Agora é brasa. Saleta sempre. Perdón pola arrogancia:
"A luz é poderosa. A tebra, escasa." Sonetos á Casa de Hortas. A Coruña, 1997 (Son de poetas)
Eu, que ía pra maorazgo ou vinculeiro, da grande e vella casa de labranza, perdín -cousas da vida- tal herdanza, que o destino marcoume outro roteiro. E convertinme case en extranxeiro, nun excluído da fe e da esperanza, do que moito se esforza e non alcanza a condición auténtica de herdeiro. Usei o tempo, teimudo e ilusionado, na procura do lugar máis axeitado para vivir a vida verdadeira... E todo inútil. Non din enraizado. Gracias a ti, Saleta, compañeira, non ando polo mundo desnortado. Sonetos á Casa de Hortas. A Coruña, 1997 A infancia é a patria verdadeira, o país puro no que os soños se cumpren. Para un neno os homes son seres estraños e a morte non existe. Existen grandes ríos misteriosos, o medo que chega de súpeto coa morte, a tenrura da nai e cecais Brancaneves e os Reis Magos. LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
Cando un é neno o soño máis sutil pode cumprirse. Despois da infancia todo é escuro e un xa non comprende a marabilla sinxela e natural que hai no milagre. Camiños de luz e sombra (2000) Un muiñeiro perdido na cidade é algo exactamente semellante a un xílgaro sulagado nos piagos máis fondos do océano. Un muiñeiro -eu, poño por caso, xa que son polo intre a persoa que teño máis lonxanaé algo pintoresco nunha rúa. A cidade non nos pertence: é o látego, a domesticación, os funcionarios, a antinatureza, o veleño que usan contra nós para exterminarnos como lobos, ratos ou escaravellos. As rúas non son regatos, os bares non son fontes, os prostíbulos non son turreiros, os rañaceos non son carballos, a polución non é a brétema. As cidades non son nosas: roubáronnolas hai séculos e deixáronnos suburbios e arrabaldos. Pero nós, nós mesmos sen ninguén, reconquistarémolas e faremos circular por elas con toda a fachenda e liberdade unha brisa mariñeira e un vento potente, inocente, mozo e montañés. Brétemas de muiñeiro (2000)
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
Os meus inimigos cando falan de min poñen xofre nas súas verbas, tan íntimas, tan sinxelas, tan saídas dese anaco de carne que leva por nome corazón. E eu case son feliz coas súas intrigas, coa súa dozura, coa súa morte que non ma dan a min por covardía. O seu sorriso amargo esvara pola miña carne como un peixe, e as súas frases amarelas finxen rosas cando me chaman amorosamente "meu querido amigo". Eu e mais eles imos andando distraídos pola vida, imos ao mesmo café, ao mesmo cinema, e agachamos as mesmas mentiras debaixo dos mesmos estúpidos sorrisos: e ás veces até me convidan a fumar cerimoniosamente. Os meus inimigos cando me acoitelen aínda me han de seguir chamando "meu querido amigo". Elexías á miña vida pequeniña. Vilalba, 2004
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
OBRA POÉTICA DE MANUEL MARÍA
Muiñeiro de brétemas. Pontevedra, 1950 Morrendo a cada intre. Lugo, 1952 Advento. Bos Aires, 1954 Terra Cha. Lugo, 1954 Documentos personaes. Lugo, 1958 Libro de pregos. Lugo, 1962 Mar Maior. Vigo, 1963 Os soños na gaiola. Lugo, 1968 Versos para cantar en feiras e romaxes (1969) Versos para un país de minifundios. Bos Aires, 1969 Cancións do lusco ao fusco. Monforte, 1970 Remol. Bos Aires, 1970 Aldraxe contra xistra (1973) Cantos rodados para alleados e colonizados (1976) Poemas para construír unha patria. Galiza, 1977 As rúas do vento ceibe. A Coruña, 1979 A luz resucitada. A Coruña, 1984 Poemas a Compostela. Santiago, 1993 Sonetos á Casa de Hortas. A Coruña, 1997 Brétemas de muiñeiro (2000) Elexías á miña vida pequeniña. Vilalba, 2004 FONTES Casa Museo Manuel María 365 días para Manuel María / Arredor de Manuel María PosesíaGalega. Org (Autopoéticas)
1 | Autopoéticas 2 | Manuel María (1993). “autopoética”. Boletín Galego de Literatura: 9,151-157.
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO
ESCOLMA DE POEMAS
MANUEL MARÍA
Galiza somos nós: a xente e máis a fala. Se buscas a Galiza, en ti tés que atopala!
LETRAS GALEGAS 2016
ENDL, IES FÉLIX MURIEL-RIANXO