Declaración de principios...

Page 1

Lingua e Literatura Galega ºeso DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS…

O autor deste libro, a diferenza dos poetas da súa terra, tan humildosos devotos da Santa, do Bardo e do Rebelde, non por semellarse a ninguén, e moito menos ao consabido trío, fixo da súa independencia un sacro fanatismo, e veleiquí o tedes só, ergueito e orgulloso. Ten, ademais a súa arte, resonancias futuristas, creacionistas, dadaístas e non sei que máis, todas elas anarquicamente escolmadas...(...) Botouse ao traballo de facer un molde propio para o seu lirismo, sen reparar no celeiro de moldes feitos que nos deixaron os inesquecentes Precursores.(...) Nunca foi a Madrid nin escribiu en castelán. Nin quere triunfar nin claudicar nun idioma máis fácil e mercadeiro, pero alleo. Encol disto, pensa que someter a arte ás necesidades da vida, en troques de someter a vida ás necesidades da arte, é a forma máis clara de filisteísmo. O ritmo dos seus versos non se pode levar cos pés no piso nin cos cotelos encol da táboa; e el quixera facelos decote de tal xeito que non puideran ser declamados nin aprendidos de memoria. Isto só xa o leva dereito a perder a admiración das amables mociñas románticas... Teñen en troques estes poemas unha antiburguesa incomodidade. Inútiles como pasatempo, requiren certa colaboración auditiva... Esqueceu a gramática lóxica e a lóxica gramatical; os temas consagrados; as formas invioladas. A súa única páxina romántica é o suicidio do seu sentimentalismo. Entende a honradeza literaria escribindo só para si. E tería pola máis alta razón do seu aristocratismo (= elitismo) que ninquén fose quen de recoller por enteiro a súa espontánea expresión. Manuel Antonio, Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu. Xornal Galicia, 1924.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.