Microrrelatos rianxo fala desde o corasón

Page 1


Tan alto Sempre coa testa en alto, sempre en alto… Tan alto! Acabou dislocando o pescozo.

Aarón García Cerqueiras 1ºBach B

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Soidade

Cando espertei non había nada, nin persoas, nin coches, nada. Só soidade.

Alejandro Galbán Ces 1ºA

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Impar E mentres non o encontre seguirá sendo impar. Deu cen mil voltas á súa cama sen atopala. Cerráronselle os ollos e apareceu da nada. Creu que non estaba soñando se ninguén o espertaba. Carla Vidal. PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


REGRESO Nazis por todas partes, só vía brazaletes e esvásticas, todo estaba borroso e unha bandeira ondeaba no alto dun edificio, unha bandeira nazi tintada polo sangue de vítimas inocentes. Unha forte presión cubríame o torso e estaba todo en silencio. De repente sentín xente que se aproximaba á miña posición dincindo por todo o alto que Hitler, o ditador, falecera. Encontráronme e dispuxéronse a sacarme de alí, pero mentres levantaban os cascallos non puiden resistir a dor e fiquei dormido. Hoxe, 70 anos despois, espertei dun coma. Non recoñezo este mundo, pero a pregunta que máis me inqueda é por que non envellecín?

José Places Tourís, 1ºBach A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


E ti que non ves

E ti que non ves que quero seguir coméndoche a bicos.

Xeila Romero, PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


De súpeto E de súpeto deime conta de que estaba eu soa neste mundo. Comíame a rabia por dentro porque sabía por que fora . Sabía que o fixera todo mal. Nunca debín ir a aquela festa. Non sei como lle puiden facer caso a Mariana. Agora son outra persoa, amargada e enfadada, sempre soa. Por iso decidín abandonar esta soidade e ir, cos meus verdadeiros amigos, alá, ao outro mundo. Marta Calvo Patiño, 1ºBach. A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


A desaparición

Todo o día buscándoo coa esperanza de que non o levasen moi lonxe. Toda a noite notando que lle faltaba algo. O seu vello oso de peluche, o preferido.

Diana Franco, 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


X E despois de todo o rebumbio, levantou o bullarengue da cadeira e encerrouse na adega na que tempo atrás perdera a vida. Nunca volveu a saír.

Mario Vicente. PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Gustábanlle as rapazas pequeñas Gustábanlle as rapazas pequenas. Gustáballe agochalas nun lugar ao que ningúen, nunca xamais, puidese chegar... Era Peter Pan.

Paloma Castro. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Ollando pola ventá Ollando pola ventá viu o que tanto tempo levaba buscando, aquilo que lle quitara o sono durante tantas horas. Tanto sufrimento lle causou que ata se lle quitaran as ganas de comer, co que a el lle gustaba comer! Aquilo era a súa cousa máis prezada, a que el consideraba a súa vida porque sen ela non era nada. Por fin atopara a súa camiseta do Depor! Ana Alcalde, 1ºBAC-B

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


INDIFERENCIA

E cando rematou, decatouse de que ela non o estaba mirando.

Carla Fernández. PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Podía deixalo ir Xa podía deixalo ir. Xa rematara o meu tranallo. Xa transcorrera moito tempo. Xa fixera o que tiña que facer. Levanteime. Subí os pantalóns e tirei da cisterna. Outro ocuparía o meu lugar. Carme Carou, 1ºBACH-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Que doce eras! Pero nunca me dixeras o doce que eran as túas meixelas. Nunca me falaras do arrencendor a mel da túa pel. Nunca me describiras a túa iluminda mirada, resplandecente gusto na miña mente. A todas horas penso en ti, porque ti es o meu descontento maior. Estás e non estás, volves e marchas. E eu aquí entre lágrimas íntimas, incrédulas amigas, lémbrome do meu sorriso ao poder degustarte, saborearte, lamberte. Mirarte e non poder comerte, feliz, ardente, carpente de desexo. Como te anhelo galletiña! Maldita dieta!

Carme Carou, 1ºBACH-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


CAMBIO Mirando ao mar, pensando en todo o que sucedera ó longo do día, pensando o que a súa nai lle dixera pola mañá, decatándose de que nada será o mesmo.

Alba Pérez. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


UNHA NOITE HORRIBLE Foi unha noite horrible. As dúas da madrugada empezaron a caer raios, un tras outro, non tiñan parada. Pensei que esa era a fin da miña vida; pero, de repente, escampou.

Raúl Rial, PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


CANCELAS

E chega un día no que CANCELAS CANCELAS E CANCELAS e vaste a outro centro comercial.

Angela Mosquera. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


A PERDA

E nese mesmo instante decatouse do que acababa de perder, deu a volta, pero xa non estaba alí, marchara para sempre.

Antía Sampedro. 1ºBAC-B

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


AMOR CLANDESTINO Acabouse o combustible e, con el, o amor que naqueles intres estaba no aire. O recordo permanecería para sempre onde nada o puidese borrar.

Bea Rey. PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


A POSESIÓN Tíñao todo. Abriu os ollos e viuse só.

Claudia Rodríguez. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Esperanza

Todo estaba perdido... Se cadra...

Cristian Vicente. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Xa é a hora Xenial, xa é a hora. Xa empezan as hostias. A min seguro que me toca a máis grande. Toma, en toda a boca. E agora non podo nin abrila. Isto é o peor de vir á igrexa…

Eduardo Domínguez. 1ºBAC-A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


SEN REGRAS Si. Fíxeno. Deille duro en toda a cara. Boteillo todo pola face. Fora culpa del. Non mo fixo ben e pagoumas. Pensaba que ía saír coa súa, non si? Diso nada. Son unha menopáusica e non teño regras. Ademais, eu pedírao de máquina. Iván Caamaño. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Amor Interesado Quéroche, quéroche,quéroche,quéroche,quéroche,quéro che,quéroche,quéroche,quéroche,quéroche,q uéroche,quéroche,quéroche,quéroche,quéroc he,quéroche,quéroche,quéroche,quéroche,qu éroche,quéroche,quéroche,quéroche, quéroche roubar un euro. Iván Túñez, PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


BOS DÍAS, PRECIOSA! Bos días, preciosa! Para, para, hahaha… que me fas cóxegas! Pero que? Que fas aquí? Pero que dis? Ti non es Xulia!!! (colle a almofada) …SILENCIO…

Jennifer Lorenzo. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


NOVATO Dálle sen medo, ata o fondo, así como che digo eu, ata o fondo e sen medo. Listo. Xa tes o coche aparcado!

Jenny Rodríguez, 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Seguía correndo Seguía correndo e a sombra perseguíao, seguía correndo e a sombra perseguíao, seguía correndo e a sombra perseguíao. Parou. Decatouse de que era a súa sombra.

Juan Carlos Fernández. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


A CONTA ATRÁS Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove e vinte! Si, vinte! Vinte e un, vinte e dous, vinte e tres, vinte e catro, vinte e cinco, vinte e seis, vinte e sete, vinte e oito, vinte e nove... trinta! Si, definitivamente son trinta! Dá trinta pasos, porque... Sabes que? Quérote, si, quérote... ver de lonxe.

Marta Lorenzo, 1ºBACH-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


O PICOR Ante o picor usa chilly, Ante o picor usa chilly, E ante o picor volve a usar chilly, Sigue usando chilly. (Ambientado en México). Martín Castro. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


CALOR Ben! Así me gusta! Quéntame! Máis, moito máis! Non deixes que me arrefríe. Máis rápido e quente! Moito máis! Ben! Xa me podes botar os macarróns. Martín Castro. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Kiwis - Xamais dixen que cagar tras comer oito kiwis ía ser fácil - Dixeches que sería rápido - Rápido. Non fácil. E agora limpa o teito, porco! Miguel González Valle, 1ºBACH-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Méteo!

Méteo! Dígoche que o metas, eu agárrocho pola punta… A ver… Carallo! Quédache pequeno, moito che medrou… Ai! A ver, case está… Listo! Por fin! …Malditos calcetíns! Miriam Mariño. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Cando volveu a saír

Cando volveu a saír pola porta da casa, xa acabara todo. Dende ese momento nada volveu a ser o mesmo, e todos puideron seguir coas súas vidas.

Nerea Rodríguez. 1ºBAC-B Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


BATE QUE BATE

As pelotas rebotan, plash, plash, plash, plash, plash, plash, plash, plash, plash, plash... Gústame o squah!

Noel Martínez. 1ºBAC-A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


AS CHAMADAS Facía frío una noite escura e chea de néboa. As manstremianme, saquei o móvil e…. tiña sete chamadas perdidas de miñanai….(chan, chan, chan, chaaan) I(*.*)I

Noel Martínez. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


SOÑOS

E despois de todo o que pasaran xuntos, xusto cando estaba a punto de bicala… espertou.

Pablo Suárez. PCPI-2 Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


CURIOSIDADE

Ao abrir a xanela, a beirrarúa estaba chea de curiosos. Algo pingaba polo sumidoiro.

Paula Fariña. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


ATRANCO

Non o podía crer, todo se fora á merda; pero de pronto acendeuse á luz.

Raúl Castro. 1ºBAC-A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Mamá Nunca a vira así, tragaba como nunca, incluso tiña a cara encarnada, parecía que lle custaba respirar. -Rápido, case está! – díxenlle. Por fin rematara. Ela, cos papos cheos, non sabía se engulir ou cuspir. Tiña cara de noxo. Decidiu tragar. Asombrado só lle puiden dicir: -Feliz ano, mamá!

Adrián González. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


ANSIEDADE Non podía aguantar máis. Necesitábao. Agarreina polos brazos e botei a boca. Ao principio os pelos eran un estorbo e o sangue dábame algo de noxo. Ela non deixaba de facer ruídos, pero pouco a pouco foise deixando ir. Despois incluso me resultaba agradable aquilo. Era oficialmente un vampiro.

Adrián González. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Afeitarse

Cando me afeitei, xa todo estaba escuro. (Son unha alma libre: non me penso afeitar nunca!)

RAÚL MUÑIZ. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Son as oito da mañá Son as oito da mañán, o seu amante marcha da súa casa. Ela esperta e ve ao seu compañeiro convertíndose nun Alien.

Raúl Muñiz. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Chegara o momento Chegara o momento, non había volta atrás, tíñanme collido polo pescozo, non tiña outra opción. Amarráronme. Comezaba a suar e tremía de medo. Pensei que esta sería a miña fin. Precipiteime ao baleiro, amarrado. Sentía que quedaba sen aire. Afogaba, afogaba, afogaba, cada vez menos aire..... Até que o vaivén se detivo. Que subidón isto de facer puenting¡¡¡

Raúl Rañó. 1ºBAC-A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Cicloxénese explosiva

Raios, lóstregos e centellas. E o peixe a nove euros.

Sergio Carou. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


O camareiro Traballaba de camareiro no mesmo bar que frecuentaba cando estudaba. Coñecía a todos os clientes e a todos lles atopaba una semellanza con algún familiar, cun amigo ou cun profesor seu. Pero aquel raparigo que entrara pola porta a quen se parecía realmente era a el, dez anos atrás. O rapaz pediu una copa e foi sentar onda una moza idéntica á súa exnoiva. Reflexionou. Non podía ser. Non podía ser a mesma rapaza desalmada que o abandonara porque saír cun camareiro era pouca cousa para ela. Non podía ser a rapaza que agora lle sorría desde o outro lado da barra.

Sergio Rial. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


A FELICIDADE Ela era feliz con el. El era feliz con ela. Cambiaron o seu corazón de papel por un de folla de lata. A próxima vez sería máis difícil que llo rompesen.

Serxio Lamas. 1ºBAC-A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


XUNTOS PARA SEMPRE Pregunteillo co amor e a esperanza n aman. Soltou una gargallada. Perdín a cabeza. O seu sabor agridoce facía que cada bocado fose máis embriagador que o anterior. Estariamos xuntos para sempre. Angela Alcalde. PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


INTELIXENCIA

Ela era lista, ata que se namorou…

Ainhoa Piñeiro. PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


AMOR PROFUNDO E desde o primeiro momento xa estaba namorada, olliños que a miran con tenrura, sorrisos, apertas e aloumiños, amor profundamente forte por un irmán.

Ainhoa Piñeiro. PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


NOVIDADES

Había algo nel que era novo. Víao distinto, diferente, raro… Hostia, e esta mancha no xersei?

Clara Villanustre. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


ESTABA NAS ÚLTIMAS

Xa estaba nas últimas, era a hora do adeus... -Elo, se enchufas o cargador?

Clara Villanustre. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


LIMPANDO Alaaa... Aí no medio e medio, de cheo! Manda chorrazo me botaches, eh cabrón! Maldito tipex!

Clara Villanustre. 1ºBAC-C

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


ABANDONO Os recordos que temos xuntos son magníficos, eses cantares coa túa música, coa nosa xente… Non me deixes! Podemos facer que haxa máis lembranzas fermosas. Despois de tantos anos... Non te me escaralles HP Pavilion P6000 Series! Clara Villanustre. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


DEUS

Longo foi o amor deles dous, pero de súpeto Deus acabou con el

Anxo Domínguez, PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Cando non lle saían as palabras

E cando non lle saían as palabras, eran as cancións as que falaban.

Mateo Rodríguez, 1ºBAC-B Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Cando se deu conta do seu amor

Cando se deu conta do seu amor, o corazón dela xa tiña outro lugar.

José Ramón González Castaño, PCPI-2

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Ela sentía algo

E ela sentía algo, pero non sabía o que sentía. Pensou nel, pensou nel. Era fame

Andrea de Jesús. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Abriu os ollos

Ela abriu os ollos e só viu cor violeta

Andrea de Jesús. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Espíase Espíase, apurando ese pequeno momento, Cun único pensamento na cabeza Deslizouse pouco a pouco Moi lentamente Cada vez máis e máis quente Que baño tan relaxante! Andrea de Jesús. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Como un espía Como unha espía, Achegábase silenciosamente, Metíame a man no peto Susurrábame na orella Xa estaba miña avoa, dándome cartos outra vez! Andrea de Jesús. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Baixo a chuvia Baixo a chuvia, con aquel temporal Molladiña a pingar, e con aquela cara de terror Ficaba quieta, cos ollos moi abertos Ala vai, o seu paraugas favorito!

Andrea de Jesús. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Estaba tan ben Estaba tan ben, baixo aquela calor Collendo un bo ton de pel Como se do paraíso se tratase Pero fodeuse, acabóuselle o tempo no solarium. Andrea de Jesús. 1ºBAC-C Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Outro día Cústame respirar, cústame abrir os ollos, a boca, sentir a vida e o aire. Cústame todo. Encóntrome como peixe fóra da auga. Noto que todo me pode, que as forzas me abandonan; pero quero seguir adiante, quero enfrontarme a iso, conseguir gañar outra vez a ese gran inimigo. Maldito Luns!

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


AS CHAMADAS Facía frío. Era unha noite escura e chea de néboa. As mans tremíanme. Saquei o móbil e…. tiña sete chamadas perdidas de miña nai….(chan, chan, chan, chaaan) I(*.*)I

José Benito Cores. 1ºBAC-A

Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Odiábao Odiábao. Non sabía como podía facerlle iso. Tan só pensaba no mentireiro que se volvera. Dirixíase a xunto dela. Sorriulle. Xa non estaba nin enfadada, queríao como sempre o quixo, incluso máis.

Paula Fariña. 1ºBAC-A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


UTOPÍA ESCÉPTICA

E cando o último cego recuperou a vista, Deus morreu.

Carlos Piña. 1ºBAC-A Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Certame de Microrrelatos, RIANXO FALA DESDE O CORASÓN. ENDLG, IES Félis Muriel


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.