Para rosalía poesía

Page 1

Para Rosalía…

…poesía


1.

Quero preguntarvos madre con toda a liberdade se no camiño estará o meu amigo E vos queridas irmáns decídeme dende a ventana se no camiño estará o meu amigo Ay Deus se non terase perdido camiñando polo campo de olivo se no camiño estará o meu amigo se non se presenta o meu amigo irei na súa busca a Vigo se no camiño estará o meu amigo Esperta o meu home que nas mañáns frías hei de ir á cafetaría pensando en ti estou eu Os paxaros din que boas cousas fixen no teu regazo pensando en ti estou eu Que nas mañáns frías separarme de ti non quero se ti marchas no velero pois eu quedo sen sombreiro pensando en ti estou eu Paula R Gago. 1ºBacharelato-B


2.

Ai miña nai, nai miña direi que veño da fontana fría

¡ Ai meu Deus que ben estaba! As augas da fonte ,revoltas estaban Ao velo a el que se achegaba

¡Ai meu Deus que ben estaba! Direi que veño da fonte fría de mirar como camiña

¡Ai meu Deus que ben estaba! Ao velo a el que se achegaba non cabía dentro desa miña saia

¡Ai meu Deus que ben estaba! De mirar como camiña Ai miña nai , na fontana fría

¡Ai eu Deus que ben estaba!

Lara Alcalde. 1ºBacharelato-A


3.

O porque eu sospiro é o meu amigo E ai Deus se virá cedo Por quen ei gran coidado e por quen ei esperado? E ai Deus se virá cedo É o meu amigo por quen eu aquí sigo E ai Deus se virá cedo E por quen ei esperado e aqui ei ficado? E ai Deus se virá cedo Por quen eu aquí sigo? Polo meu amigo. E ai Deus se virá cedo E por quen ei aqui ficado? Polo meu amado E ai Deus se virá cedo

Marcos Saborido. 1ºBacharelato-B


4. Sentada eu na praza do Obradoiro E empezou a chegarxentesen razón. Eu atendend´omeu amigo! Eu atendend´omeu amigo! Estando sentada ao lado da catedral, Acercaronsemepersoassen cesar. Eu atendend´omeu amigo! Eu atendend´omeu amigo! E empezou a chegarxentesen razón, Non hai cura nin salvador. Eu atendend´omeu amigo! Eu atendend´omeu amigo! Acercaronsemepersoassen parar, Non hai cura nensei rezar. Eu atendend´omeu amigo! Eu atendend´omeu amigo! Non hai cura nen salvador, Acabareimonxa tan fremosa. Eu atendend´omeu amigo! Eu atendend´omeu amigo! Non hai cura nin salvador, Acabareimonxasen razón. Eu atendend´omeu amigo! Eu atendend´omeu amigo! Cristian Fernández Insua. 1ºBacharelato-A


5.

O porqué eu sospiro Ven a morar conmigo E ai Deus se virá cedo. Por que hai gran coidado Traeme o meu namorado E ai Deus se virá cedo. Ven a morar conmigo Búscao mar amigo E ai Deus se virá cedo. Traeme o meu namorado Que eu xa o agardo E ai Deus se virá cedo. Marta Figueira. 1ºBACH-B


6.

Lúa que brilas alta tráemo que vai na barca. Ai, cando chegue mátoo.

Lúa que brilas chea tráemo que vai na marea. Ai, cando chegue mátoo.

Tráemo que vai na barca e non dá chegado á casa. Ai, cando chegue mátoo Tráemo que vai na marea e non dá chegado pá cea. Ai, cando chegue mátoo.

E non dá chegado á casa hache de estar na da Pancha. Ai, cando chegue mátoo.

E non dá chegado pá cea hache de estar ca botella. Ai, cando chegue mátoo. Marta Figueira. 1ºBacharelato-B


8.

Na praia do Porrón Ao meu amigo lle escribo esta canción Virás axiña meu amor? Na praia de Tanxil A Lúa a aloumiña como un candil Virás axiña meu amor? Ao meu amigo lle escribo esta canción A súa beleza cáusame fascinación Virás axiña meu amor? A Lúa aloumiña como un candil Estou pensando no teu sorriso xuvenil Virás axiña meu amor? A súa beleza cáusame fascinación Xa se achega o fin desta composición Virás axiña meu amor? Estou pensando no teu sorriso xuvenil Neste día tan triste de abril Virás axiña meu amor?

Oscar Iglesias. 1ºBACH_B


9.

Namorado da mía senhor non podo vivir coa dor de saberme sen o teu amor vou morrer deste desamor. Namorado da mía senhor ja non respiro ó seu carón o meu coraçon lateja dor se non ve o seu resplandor. Namorado da mía dona belida ja non vejo a súa cara durmida ao lado do meu coraçon cando durmía en sonhos ó meu carón. A minha cuita de namorado vai acabar comigo neste estado a minha cuita de namorado ten o meu corpo estragado.

María Domínguez 3A


10.

Cando che vin pasar, De ti me tiven que namorar Onde estás meu amigo? Eses días na fonte, Parece que aínda foron onte. Onde estás meu amigo? De ti me tiven que namorar, Non che paro de soñar. Onde estás meu amigo? Contigo iría a calquer lugar, Para volverme namorar. Onde estás meu amigo?

Andrea Iglesias. 1ºBACH-B


11.

Estando eu, miña irmá, nadando na praia fría, ao amor eu vin pasar E ai que pouco me quería! Quixen ver a onde se dirixía. Tras unha pedra, agochada ao amigo eu fun axexar. E ai que pouco me quería! Nadando na praia fría o teu amigo da auga saía Indo a onde o amor estaba. E ai que pouco me quería! Tras unha pedra, agochada Sen moverme eu tremía Porque eu de amor coitaba. E ai que pouco me quería!

María Domínguez. 1ºBacharelato-B


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.