CHULAS DE CABAZA INGREDIENTES
Puré de cabaza
Ovos medianos
Azucre
Fariña ( maicena )
Levadura química
Azucre para esparexer
Aceite de xirasol para fritir
PREPARACIÓN
Cocemos a cabaza pelada. Mesturamos o puré de cabaza cos ovos batidos e o azucre. Esparexemos a fariña e engadimos a levadura química. Removemos cun garfo ata que non quede ningún grumo. Pasado o tempo, cando a masa espese lixeiramente, remexemos un pouco por se se fixo algo de pouso no fondo e, con axuda dunha culler, vertemos porcións de masa sobre o aceite ben quente. As chulas de cabaza están listas en canto se volven lixeiramente douradas. Unha vez sacadas da tixola poñémolas sobre o papel absorbente, para que escorra o exceso de aceite. E XA ESTÁN LISTAS PARA XANTAR!!!!!!!!!
CROQUETAS DE COGOMELOS E XAMÓN INGREDIENTES 200g de xamón 125g cogomelos 1/2 cebolas 1/2 litros de leite sen lactosa 100g fariña (maicena) 1 prato pan relado 1 ovo aceite de oliva noz moscada pementa negra moída
PREPARACIÓN (Para 4 persoas)
1. Picamos o xamón en anacos tan pequenos como se poidamos . Os cogomelos hai que lavalos, quitarlles toda a terra e o tronco e laminar os gorros. A cebola pélase e pícase tamén tan pequena como se poida. 2. Pomos unha tixola ao lume, engadimos un pouco de aceite e comezamos a fritir aí a cebola, ata que se poche. En canto colla un pouco de cor, incorporamos o xamón e os cogomelos, removendo ben de vez en cando para que non se queime nada. 3. Cando todo estea dourado, botamos a fariña e removemos un pouco para que se funda co resto de ingredientes. Este é o truco para que non se formen grumos. A continuación, vertemos o leite sen deixar de remover en ningún momento e pomos tamén a noz moscada e a pementa. Deixamos todo ao lume durante quince minutos, para que colla consistencia.
4. Sacamos a masa e deix´smola repousar nun cunco durante unha ou dúas horas para que colla corpo e así sexa moito máis manexable. 5. Pasado este tempo, botamos o pan relado nun prato, batemos o ovo e pomos unha nova tixola ao lume cun dedo ou máis de aceite. 6. Collemos porcións da masa, dámoslle a forma dunha croqueta e comezamos o proceso; bañámola no ovo, rebozámoala co pan relado e botámola na tixola para que se faga. 7. As croquetas teñen que estar ao lume durante uns oito minutos para que se fagan por todos os lados e, cando vexamos que están douradiñas, sacámolas e pasámolas a un prato con papel absorbente para que perdan o aceite que lles sobre. Despois... ¡ESTARÁN LISTAS AS CROQUETAS CON XAMÓN E COGOMELOS!
CREMA DE CABAZA INGREDIENTES ●
Aceite de oliva
●
6 patacas
●
18 zanorias
●
3 cabazas
●
sal
●
pementa
●
5 porros
(para 30 persoas)
PREPARACIÓN Enchemos un cazo pola metade de auga. Cortamos a cabaza pola metade, pelámola e cortámola primeiro en tiras e despois en dados. Retiramos a parte inferior e superior das cenorias, pelámolas e cortámolas en porcións. Limpamos os porros e cortámolos. Pelamos as patacas e troceámolas como para guisar. Introducimos todas as verduras no cazo, botamos 2 culleradas de aceite, sal e pementa (1/2 cullerada) ao gusto. Pomos a tapa e deixamos cocer durante 20 minutos a lume medio. Trituramos ca batedora eléctrica ata que quede unha crema homoxénea. E XA ESTÁN LISTAS PARA XANTAR!!!!!!!!!
SNACKS SAUDABLES INGREDIENTES
13 mazás verdes
1 bolsa de pipas peladas
crema de cacahuete
8 mazás vermellas
1 paquete de fondant branco
1 paquete de fondant negro
PREPARACIÓN Cortamos as mazás verdes á metade e dámoslle a forma de boca. Repartimos a crema de cacahuete no interior da boca. Cortamos as mazás vermellas con forma de lingua e colocámolas no interior das bocas. Cravamos as pipas como se fosen os dentes. Facemos os ollos co fondant e pegámolos nas mazás. E XA ESTÁN LISTAS PARA XANTAR!!!!!!!!!
SANDWICHES DE MONSTROS INGREDIENTES
Xamón York
Queixo en rebandas
Pan de molde sen cortiza
normal e sen glute
Olivas ao gusto
BROWNIES DE CASTAÑAS INGREDIENTES 250 gr Castañas limpas 200 gr Chocolate 60% 65 gr maicena 100 gr Azucre 50 gr Manteiga (en pomada para Chocolate) 50 gr Manteiga (en pomada para masa) 3 Ovos Sal 8 gr Levadura (1/2 sobre) Nuttella (para decorar) Azucre glass (para decorar)
PREPARACIÓN Trituramos as castañas e despois facemos a maicena. Por outro lado batemos os ovos co azucre ata que aumente/esponxe. Fundimos o chocolate ca manteiga no microondas e o engadimos a mestura anterior mesturándoo con suavidade. Engadimos a manteiga restante en pomada; a maicena simple co impulsor (levadura Royal) e a fariña de castaña. Mesturamos lentamente todo ben. Vertemos nun molde rectangular forrado co papel de forno e enriba poñemos as castañas reservadas e metemos ao forno 175 ºC durante uns 18 minutos. (controlar o tempo). Unha vez frío o brownie, untámolo con nutella por enriba e esparexémoslle o azucre glass. Presentámolo enteiro ou cortado en rectángulos ou rombos. E XA ESTÁN LISTAS PARA XANTAR!!!!!!!!!
GALLETAS EN FORMA DE TIRITAS INGREDIENTES 35 Galletas salgadas 1 Bote de marmelada de fresa 1 Tarrina queixo de untar
PREPARACIÓN Collemos a galleta, untamos o queixo e engadimos un pouco de marmelada.
AUTORAS Clara, Aitana, Andrea, Diana, Alba, María, Laura L, Ainoa, Nuria, Cristina, Noemí, Susana, Melissa, Marcos, Elaia, Mariña, Uxia, Irene, Laura M. 1º curso Ciclo Medio IES FÉLIX MURIEL - 2018
ENDLG