SALAMANCA NUN DÍA
1. 1 2
2. 3. 4. 5. 6.
3
4
7. 8. 5 9. 7
6
9
8
TAREFAS: 1. Seguindo as indicación do roteiro e o plano da zona monumental da cidade, guía por Salamanca aos teus profesores. 2. Engade aos números os nomes dos lugares que correspondan, segundo a súa localización no mapa. 3. No roteiro, as imaxes non se corresponden coas explicacións, foron alteradas. Terás que facelas cadrar, indicando o número que corresponde a cada imaxe, despois de ter feito o percorrido e despois. ITINERARIO: Plaza Mayor, Calle Prior, Plaza de Monterrey, Calle Compañía, Universidad Pontificia, Casa de las Conchas, Clerecía, Pl. de San Isidro, Calle de los Libreros, Universidad de Salamanca, Calle Latina Tavira, Plaza de Juan XXIII, Catedral Nueva, Catedral Vieja, Plaza Carvajal, Cuesta Carvajal, Plaza de Anaya, Calle Cardenal Plá y Daniel, Plaza Mayor por calle Rúa Mayor.
SALAMANCA NUN DÍA 1. A Praza Maior de Salamanca é das máis famosas de España. É de estilo barroco e foi construída entre o séc. XVIII e o XIX. Nela interviú o famoso artista Alberto Churriguera. Un xeado na Praza Maior. É o máis típico, nos días de sol e calor, elexir entre os miles de sabores de xelados que aquí podemos atopar. Contan que, até o séc. XIX, a neve traíanna da serra. Café Novelty. Gonzalo Torrente Ballester recibía neste café, a xente falaba con el e preguntábanlle e el respondía como galego/salmantino “depende”. Este café é o curruncho dos “gozos e das sombras, das fugas e das sagas” en Salamanca. 2. Desde aquí chegamos ao Palacio de Monterrey saíndo plo arco que dá á rúa Prior. O Palacio é propiedade do Ducado de Alba e foi edificado no séc. XVI en estilo Plateresco. Desde aquí podemos ir ao convento das Agustinas, cuxa fundación debeuse ao Conde de Monterrey. 3. Desde a mesma Praza de Monterrey xa se ven as Torres da Clerecía, a onde chegamos pola rúa da Compañía. A Clerecía é estilo barroco do séc. XVII, este é o templocolexio que a compañía de Xesús construiu en Salamanca. 4. Fronte á impoñente fachada da Clerecía está a Casa das Cunchas, palacio construído entre o séc. XV e o XVI, é o edificio máis representativo da época dos Reis Católicos. Pódense ver nel máis de 350 cunchas de Peregrino compostelán.
5. Collendo pola rúa Libreros, chegamos á Universidade , fundada por Afonso IX, rei de Galicia e León, en 1218. É a máis antigua de España. A súa fachada é de estilo Plateresco. No seu interior atópase a aula Fray Luis de León, a Capela Universitaria e a Biblioteca. Fronte á su fachada ábrese o Patio das Escolas ao que dan tres edificións que constitúen o antigo recinto Universitario: Casa dos doutores da Raíña, Patio de Escolas Menores e Hospital do Estudo. As Escolas Menores, á dereita do Reitorado, contén un patio do séc. XV e o Museo Universitario, en cuxo interior
destacan os restos dun mural contendo planetas, astros e constelacións zodiacais que se coñece como El cielo de Salamanca. Na fachada da Universidade, atópase unha caveira cunha rá pousada no cranio. Para moitos é símbolo do pecado, pero entre o estudantado corre a lenda de que lle dá sortea o primeiro que é quen de vela… 6. A Casa Lis é un palacete modernista, onde funciona o Museo de Art Nouveau y Art Déco. Un espazo para soñar. Color, luz, cristais, xoias, monecas… 7. Chegamos ás catedrais, pola rúa Calderón dela Barca. A Catedral Vella iniciouse no séc. XII e é de estilo Románico, a súa cúpula é coñecida como a Torre del Gallo. A Catedral Nova foi iniciada en 1513, é unha das últimas construcións góticas europeas. As súas torres medievais reciben o nome de Ieronimus. 8. Horta de Calixto e Melibea pequeno espazo axardinado sobre a muralla con boas vistas ás Catedrais e ao Tormes. Atópase no lugar en que se cre que Fernando de Rojas situou o encontro dos protagonistas e o escenario do tráxico desenlace de La Celestina. Á entrada hai unha estatua que representa á Celestina.
9. Cova de Salamanca é a cripta da antiga Igrexa de San Cebrián, derribada no séc. XVI, que xa non existe. Está ubicada na parte más antiga da Muralla. Segundo a lenda, o demo daba clases de nigromancia neste espazo a sete alumnos durante sete anos. Pasado ese tempo, un deles tiña que quedar con el como pago a todas as ensinanzas. O Marqués de Villena foi un dos alumnos e cando foi elexido para permanecer xunto a Satanás, fuxiu, perdendo a súa sombra na fuxida. A historia da Cova traspasou fronteiras e foi moi utilizada na literatura. Cervantes tratou a lenda de xeito burlesco no seu entremés La cueva de Salamanca. Nalgúns países de América chámaselles salamanca ás covas e lugares escuros onde se celebran actividades maléficas ou de maxia negra.
PARA SABER MÁIS… A ORIXE DA UNIVERSIDADE E SALAMANCA
A Universidade de Salamanca é na actualidade a máis antiga do Estado e unha das catro máis antigas de Europa tras as de Bolonia, Oxford e París. A súa orixe, como no caso da maior parte das universidades medievais europeas, foron as escolas catedralicias ou episcopais, das que en Salamanca xa temos rexistro dende 1130. No ano 1218, Alfonso IX de Galicia e León outorgou a categoría de Estudo Xeral a estas escolas que adoptaron o nome de Studii Salmantini, que impartían diversas ensinanzas nun réxime aberto a todos. Dende o seu comezo no século XIII, as universidades eran asociacións corporativas de mestres e alumnos semellantes ao que hoxe poderíamos chamar sindicatos, isto é, asociacións que velaban polos intereses dunha determinada categoría de persoas libremente asociadas. Recibían dos papas, reis ou emperadores unha Carta que lles daba importantes privilexios; licenza para ensinar, exención de impostos e do servizo militar para os estudantes... Pouco a pouco iranse independizando das outras tutelas para depender só do papado, quen por medio delas gañará poder e influenza. No sur de Europa gobernábanse de xeito democrático. Se ben en épocas posteriores a universidade se aristocratizará, na Idade Media estaba aberta, mediante axudas, a estudantes pobres, fillos de campesiños e artesáns. A universidade era entón un mundo autónomo onde a nobreza non viña dada pola clase de orixe senón pola cultura adquirida. A Universidade de Salamanca naceu cunha orientación académica eminentemente xurídica, ao igual que fora o caso de Bolonia, e en contraste coas de Oxford e París, máis orientadas ao estudo da teolóxia e das artes. Alfonso X o Sabio instituíu en 1254 a financiación eclesiástica desta universidade, o cargo de bibliotecario, así como novas cátedras. Dese xeito Salamanca converteuse na primeira universidade de Europa en contar cunha biblioteca pública. Ao principio nas antigas escolas episcopais (da Igrexa), monacais (dos mosteiros) e palatinas (dos nobres e palacios) seguiuse o modelo de estudos da Antigüidade que se conservaban nos mosteiros e baseábanse nas sete artes liberais: - As letras configuraban o Trivium: gramática, lóxica e retórica. -As ciencias agrupábanse no Quadrivium: xeometría, aritmética, astronomía e música.
Co xurdimento das Universidades ese ensino anóvarase totalmente. Abandonase o antigo esquema do Trivium e Quadrivium e as actividades dun mestre adoptan o que será o método clásico de ensino, que consistirá en: - Ensinar: co seu método lectio: ler ou escoitar a lectura de certos textos. Sobre todo textos fundamentais chamados Comentarios, como os de Aristóteles, Boecio, Pedro Lombardo e o Libros das Causas. - Disputar: co seu método disputatio: o mestre elixía un tema, questio, sobre o que se discutía intervindo un defensor, respondens, e varios obxectantes, opponens. O mestre tras a disputa acababa dando ao día seguinte unha solución ao problema debatido, determinatio. As disputas recóllense en Cuestións, o auténtico método da escolástica. Contrapóñense textos con afirmacións contrarias (por exemplo sobre a orixe eterna do mundo) e seguindo un razoamento lóxico trata de chegarse a unha conclusión. O primeiro en desenvolvelo foi Pedro Abelardo. - Predicar: Co seu método sermo: culminación dos anteriores. Elaborábanse Summas que eran escritos moi amplos sobre unha disciplina. Escolástico pasou a designar quen ensinaba filosofía ou teoloxía e que co título de mestría, desenvolvía as súas leccións primeiro na escola monacal ou catedralicia e máis tarde na universidade. A cultura medieval foi unha cultura de escolas, escolástica, na medida que foi elaborada nos mencionados centros de estudo: primeiro nas escolas e despois na universidade. Nas universidades conflúen as diferentes correntes; platónico-agostiña, xudía, aristotelismo árabe e averroísmo latino, cristianismo aristotélico... A filosofía deste período ven marcada pola relación entre fe e razón e a orientación plenamente teolóxica do pensamento neste período. Con Tomé no S. XIII a filosofía escolástica alcanza a súa madurez. A escolástica entra en crise no S. XIV (Guillerme de Ockham). En Salamanca as clases impartíanse en latín, lingua empregada en toda Europa. O alumnado desta universidade continuaba estudos en Bolonia e París, aínda que a mobilidade nese período era moi reducida. A maior parte do alumnado proviña da Meseta Norte, Portugal, Galicia e Asturias. A finais do S. XIV estudaban en Salamanca entre 500 e 600 alumnos. No s. XV experimentouse un crecemento moi importante, chegándose aos 3.000 alumnos ao comezo do s. XVI. Nunca mellor dito o de alumnos, xa que todos eran varóns; de entre os que predominaban os clérigos sobre os laicos.
UNAMUNO E A UNIVERSIDADE DE SALAMANCA D. Miguel de Unamuno ( Bilbao,1864 Salamanca, 1936) foi un destacado intelectual pertencente á xeración do 98. Unha gran parte da súa vida está ligada á Universidade de Salamanca, da que foi reitor en tres ocasións entre 1900 e 1936, ano en que é destituído por Franco. Da súa obra filosófica destaca o ensaio Del sentimiento trágico de la vida. Na produción literaria destaca a súa novela Niebla. Unamuno desenvolveu tamén unha importante traxectoria política. O seu posicionamento contrario ao rei e ao ditador Primo de Rivera acarréxanlle a súa destitución como reitor e o desterro a Fuerteventura. Posteriormente auto-exíliase en Francia ata a caída do réxime de Primo de Rivera en 1930. Regresa a Salamanca e resulta elixido concelleiro nesa cidade e tamén Deputado do Congreso de 1931 a 1933, presentándose como independente na coalición republicano-socialista. Coa sublevación fascista e a guerra civil Unamuno, quen primeiramente declara a súa grande contribución para a chegada da República, manifesta un progresivo alonxamento da causa republicana e do goberno de Azaña. É así que no inicio da contenda pasa a apoiar aos militares sublevados querendo ver neles a vía dun rexeneracionismo autoritario que puxera rumbo ao pais. É neste contexto no que nos referiremos ao seu coñecido incidente cando despois de ser destituído como reitor da Universidade de Salamanca por Azaña, é restituído no cargo polos militares golpistas. As consecuencias da represión fascista na cidade de Salamanca van facer que Unamuno sufra un novo desengano e se arrepinta publicamente do seu apoio inicial aos sublevados. O 12 de outubro de 1936 no paraninfo da Universidade celébrase o acto de inauguración do curso académico presidido por Unamuno como reitor ao par que se fai coincidir coa celebración da Festa da Raza. Os oradores que precederon a Unamuno fixeron proclamas patrióticas ensalzando o papel do exército e a cruzada nacional que foron secundadas polos gritos dos falanxistas presentes no acto e especialmente polo militar falanxista Millán-Astray. Unamuno que estivera tomando apuntamentos sen intención de falar, tomou a palabra para rebater os discursos anteriores pronunciando a súa célebre afirmación: ...a nosa é unha guerra incivil. Vencer non é convencer, e hai que convencer, sobre todo, e non pode convencer o odio que non deixa lugar á compaixón... Ante estas palabras o xeneral Millán-Astray, que sentía unha forte enemistade por Unamuno, comezou a berrar pedindo a palabra para rematar coa coñecida proclama Morra a intelixencia!, Viva a morte!. Ao que Unamuno contestou Venceredes, porque tedes sobrada forza bruta. Pero non convenceredes porque para convencer hai que persuadir. E para persuadir necesitaredes algo que vos falta: razón e dereito na loita. Paréceme inútil pediros que pensedes en España. Estouparon as ameazas e lanzáronselle todo tipo de insultos a Unamuno. Algúns oficiais botaron man das súas armas. Finalmente puido abandonar o recinto universitario. O 22 de outubro de 1936, Franco asina o decreto de destitución de Unamuno como reitor. No ano 2011 o pleno do Concello de Salamanca, a petición do grupo socialista, restituíu a título póstumo a Unamuno a acta de concelleiro que lle fora arrebatada en sesión secreta en 1936.
IMPRESIÓNS DE SALAMANCA
ROTEIRO POR SALAMANCA