TRAS OS PASOS DE PAI GOMES CHARINHO…
PROXECTO DO ENDLG IES FÉLIX MURIEL RIANXO 2112
0. Cantar de amor Nunca quixen saber, mia senhor, o que o Amor era Pois de grande Amor morreron os sufridos amadores Vivir feliz quería eu como os paxaros cantores Que acordaban pola alba ao sol de primavera Mais desde que a vós vin, senhor, meu corazón padece E entre choros e salaios esta inmensa dor acrece Por ser Amor a causa deste ben que tanto mata Rogarvos hei que me axudadedes a enxoitar as miñas bágoas Só un sinal segredo pido que amorteza a miña mágoa Porque non podo enganar ao corazón que me engana Pois desde que a vós vin, senhor, meu corazón padece E entre choros e salaios esta inmensa dor acrece Non haberá no mundo dona tan fermosa coma vós Nin de ollar tan distinguido que vos supere en mesura Nin vasalo namorado que louve a súa desventura Nin xogral máis entregado que cumpra de entendedor Pois desde que a vós vin, senhor, meu corazón padece E entre choros e salaios esta inmensa dor acrece Por non ousar vingarme deste Amor ue así me mata A miña cuita de amor, senhor, preocuparvos debería Non sexades comigo tan distante, altiva e fría Pois quen o Amor despreza o mesmo Amor maltrata Desde que a vós vin, senhor, meu corazón padece E entre choros e salaios esta inmensa dor acrece.
J. Maroño Rianxo, marzo – 2012
1. Na beira do río me atopo Esperando cun foco Onde estás querido meu? Onde está iso que é meu? Sempre te quixen, mais non sufría Esta pena que agora me enfría Onde estás querido meu? Onde está iso que é meu? Esperando cun foco Por ti meu amado non me esgoto Ondes estás querido meu? Onde está iso que é meu? Esta pena que agora me enfría Non deixará escapar esta melancolía Onde estás querido meu? Onde está iso que é meu? Por ti meu amado non me esgoto Por ti meu amado, exploto Onde estás querido meu? Onde está iso que é meu? Non deixará escapar esta melancolía Estes recordos son como golfiños na ría Onde estás querido meu? Onde está iso que é meu? Andrea Rodríguez Iglesias 3A
2. Descalza vou paseando, sigo o meu ritmo, ata por fin encontrarte, ata por fin dar contigo. Non paro nunca de camiñar, a onde sexa, sen rumbo, ata por fin encontrarte ata por fin dar contigo. Recorrerei o que sexa, o tempo que faga falla, ata por fin encontrarte, ata por fin dar contigo. Antía Mariño Cespón 3A 3. Estaba eu na praia deitada Ven meu amigo ver a alborada O sol brillaba Ven meu amigo ver a alborada Estaba eu na praia namorada O sol brillaba Estaba eu na praia xa enervada Ven meu amigo ver a alborada O sol xa brillaba Sandra Castaño 3A
4. Belén Esteban Pronto quero ver publicada a túa esquela Se alguén fora tan tonto coma ela, Oxalá o mundo caera! Ai Belén, que tonta es! A ver se saes xa por pés! Naceu un mal día Así saleu semellante harpía Con cara de feo gnomo A súa estupidez ocupa un tomo Ai Belén, que tonta es! A ver se saes xa por pés! Ai muller como saíches O medo que pasei cando me viches Ti que es así de enrevesada A ver se te largas a vilarrasada Ai Belén, que tonta es! A ver se saes xa por pés! Desta cantigo saco Que ti me dás moito asco Porque es fea a máis non poder Oxalá te leven ao bosque a te perder! Beni Cores Rañó 3A
5. O meu imposible amigo
Onde está o meu amigo? Busco por el todos os días da miña vida Cando o vexo pasar algo moi forte me pasa pola alma Algo moi forte mátame, atorméntame, atravésame … Para isto mellor non vivir Para isto mellor morrer Algo que non podo soportar Ate que cun simple “ola” todo se me pasa Ai meu amigo! Verte é unha bendición, tocarte un desexo Estar contigo algo realmente imposible… Para isto mellor non vivir Para isto mellor morrer Fran Alborés Pérez 3A
6. Ondas do mar galego se vistes meu labrego: dille que regresei. Ondas do mar Catalán se vistes meu irmán: dille que regresei. Marta Calvo 3A
7.
Meu querido amigo, con quen estás en Vigo? Por favor, dimo! Meu corazón digo, por que marchastes ó trigo? Por favor dimo! Con quen estás en Vigo? Con túa irmá? Por favor dimo! Por que marchastes ó trigo? Meu querido. Por favor dimo! Con túa irmá? De verdade estás con ela? Por favor dimo! Meu querido, Botasme de menos? Por favor, dimo!
Kati Rama 3A
8. Para encontrar a quen amar, Fun pasear. O meu amado atopei, O meu amado atopei! Eu paseei pola beira do mar, Para ver se vía o meu amado agardar. O meu amado atopei, O meu amado atopei! Con el marchei ó San Pedro bailar, A San Pedro bailar con el andei, O meu amado atopei, O me amado atopei! E despois dun serán de troulear, O premio esperou atopar. O meu amado atopei, O meu amado atopei! Como nada atopou decidiu marchar, Ai coitada de min que o meu amado fixen chorar O meu amado atopei, O meu amado atopei!
Laura Camaño 3A
9. Namorado da mía senhor non podo vivir coa dor de saberme sen o teu amor vou morrer deste desamor. Namorado da mía senhor ja non respiro ó seu carón o meu coraçon lateja dor se non ve o seu resplandor. Namorado da mía dona belida ja non vejo a súa cara durmida ao lado do meu coraçon cando durmía en sonhos ó meu carón. A minha cuita de namorado vai acabar comigo neste estado a minha cuita de namorado ten o meu corpo estragado. María Domínguez 3A 10. Todos os días contigo Cando me río contigo, ou cando morro por dentro. Todos os días te vexo, todos os días te miro. Se me falas un intre respóndoche co meu mellor sorriso, aínda que morra por dentro. Todos os días te vexo, todos os días te miro. Carmela Castro 3A
11. Ai, frores que vin a ver, se me puidérades contestar por que non ven o meu amigo a min? Ai, frores coas que vin falar, se me puidérades dicir por que non ven o meu amigo a min? Se me puidérades dicir, cousas por descubrir por que non ven o meu amigo a min? Se me puidárades dicir, sabería eu por que non ven o meu amigo a min! Serxio Lamas 3A 12. Vistes meu amado, deixoume de lado. Virá pronto? Vistes meu amigo, Non sei se está vivo. Virá pronto? Tenme preocupada . Andará con algunha afecionada. Virá pronto? Sentada no cruceiro espero ao meu cabaleiro. Virá pronto? Eduardo Domínguez 3A
13. Agardando a túa volta estou sentada na illa de Cortegal, sentada meu amado, ai, que volvas de Portugal, e pola ponte de Té van e veñen sen parar, moitos autobuses, meu amigo, que non regresan de Portugal. Mentiches meu amado, mentichesme meu amor, mentira meu amigo, ti non fuches de vacacións, fixeches contrabando de cereais e de sachos de sachar, amor de leira, ti é o que me queres dar. Ti non fuches meu amigo, eu alí sentada estaba, sentada na fonte da torre, eu alí agardando estaba, ai meu amigo, eu entregándoche o meu amor, ai! e ti entregándome guerra fría e desfacéndome a vida. Eu non sabía nada, mais eles dixéronmo, que ti andabas cunha morena muller, e máis me dixeron que a loabas pola ribeira sagrada. Eu, meu amigo, non teño máis amores, só te teño a ti! Eu tamén son moreniña e o ollo me tiñan botado, e máis negeime a outro amor, porque a ti me estou aferrando, e, se contigo non caso, pois logo meu amor, solteira quedarei! Só te teño a ti, que te considero o meu home! Un anel me regalaron e perdino. Perdino na estrada, non me lembro do anel só de quen mo levou. Ai! Eu moito aprecio che teño, mais ti non mo sabes gardar, ai meu amigo, contigo me estou a encaprichar. Jennifer Rodríguez 3A
14. Regato por onde vas? Regato que auga levas? Porque non me levas? Anda, corre, salta Que alimentas o mar E a vida mesma. Os doces paxariños Os doces peixeciños Con auga todos contentiños. Alaine Calvo 3B
15. Estabas ti no banco onde sempre nos víamos Non sei meu amigo se sabes que me fun de alí Ai meu amigo xa estaba farta de ti! Estabas ti no banco esperando por min Non sei meu amigo se sabes que non hei de volver por ti Ai meu amigo xa estaba farta de ti! Anxela Mosquera 3B
16. Sentada estou na Illa de San Simón esperando meu amigo, que volvas, corazón! Pola ponte de Rande xa non pasas difícil vexo que volvas pasar! Marchaches meu amigo, fuxiches, corazón! buscáronte un camiño lonxe do meu amor Pola ponte de Rande xa non pasas difícil vexo que volvas pasar! Carme Veiga 3B 17. Estábate esperando no parque antes do teu embarque. Meu amigo fasme sufrir. Meu amigo fasme sufrir. Non podo agardar non sei por ti esperar Meu amigo fasme sufrir Meu amigo fasme sufrir Antes do teu embarque espero volver a namorarte. Meu amigo fasme sufrir. Meu amigo fasme sufrir. Non sei por ti esperar O meu corazón xa non podo aturar. Meu amigo fasme sufrir. Meu amigo fasme sufrir. Alicia Fernández 3B
18. Ondas do mar de Rianxo Se vises ó meu anxo Ai oxalá mo traias! Ondas do mar traidor Se vises ó meu amor Ai, oxalá mo traias! Se vises ó meu anxo que foi alonxado polas ondas do mar Ai, oxalá mo traias! Se vises meu amor móstralle o camiño ata ó meu lar Ai, oxalá mo traias ! Alba Pérez 3B
19. Ondas do mar tolo, se vistes un centolo, dállo a Manolo! Ondas do mar de Bocoi, se vistes un boi, dámo a min! Alex Iglesias 3B
20. O por que eu sospiro Cando el se vai por se voltará E ai Deus se virá cedo? Por quen hei gran coidado Ai! Ondas do mar de Vigo E ai Deus se virá cedo? Cando el se vai por se voltará Se o mar o deixa navegar E ai Deus se virá cedo? Ai! Ondas do mar de Vigo, Deixa voltar o meu amigo! E ai Deus se virá cedo? Diana Franco 3B 21. A miña inaccesible senhor aquela dama insuperable á que quero tanto coa súa melena dourada como o sol e cos seus ollos azuis como o ceo. A miña inaccesible senhor hoxe eu non podo vivir sen o seu amor nin sen o seu corpo pegado ao meu. A miña inaccesible senhor Por que eu só teño que ser un simple trovador e non podo acadar o seu amor? Florencia García 3B
22. Esperando estou na beira do mar até que algun día meu amigo veñas xunto a min. Esperando estou meu amigo até que o sol desapareza e saian as estrelas do luar. Se algún día meu amigo necesitas axuda, non sufras eu estarei sempre aquí contigo. Se algún día meu amigo non es ben recibido non te preocupes, aquí tes un bo amigo! Lara Gómez 3B
23. Ondas do mar de Rianxo se vistes o meu anxo, dille que me busque! Se vistes o meu anxo no mar de Rianxo, dille que o quero! Sara Fachado 3B
24. Quero eu co meu amigo estar Quen o volvera a namorar Para ondas do mar ver con el Para ondas do mar ver con el Quen volvese tempo atrĂĄs Para co meu amigo estar no mar Para ondas do mar ver con el Para ondas co mar ver con el Quen o volvera a namorar Para nunha barca irmos ao mar Para ondas do mar ver con el Para ondas do mar ver con el Para TeĂąo Para Para
co meu amigo estar no mar que volvelo a namorar ondas do mar ver con el ondas do mar ver con el
Para nunha barca irmos ao mar Debo eu ao meu amigo reconquistar Para ondas do mar ver con el Para ondas do mar ver con el Hai que volvelo a namorar E non volvelo a deixar escapar Para ondas do mar ver con el Para ondas do mar ver con el Debo eu ao meu amigo reconquistar Para asĂ volverr a amar Para ondas do mar ver con el Para ondas do mar ver con el E non volvelo deixar escapar Pese a que o amigo o intenta mergullar Para ondas do mar ver con el Para ondas do mar ver con el
Marta Lorenzo 3B
25. Ondas do mar de Currubedo Cando vexas o meu amigo Dille que me tiven que ir cedo Á hora que me chamou meu pai Porque xa empezaban a xogar o partido ¡Ai Deus, que gañe o Deportivo! ¡Ai Deus, que gañe o Deportivo! Ondas do mar de Currubedo Dille que se veña para o bar Ao meu amigo que ha chegar Que o partido xa vai empezar E lle teño gardado un sitio ¡Ai Deus, que gañe o Deportivo! ¡Ai Deus, que gañe o Deportivo! Cando vexas ao meu amigo Dille que se veña para o bar Que lle teño gardado un sitio Xa vai perdendo o Deportivo Pero eu sei que vai a remontar ¡Ai Deus, que gañe o Deportivo! ¡Ai Deus, que gañe o Deportivo! Dille que se veña para o bar Que lle teño gardado un sitio Funlle pedir a Coca cola Cando empatou o Deportivo Co gol de Alex Bergantiños ¡Ai Deus, que gañe o Deportivo! ¡Ai Deus, que gañe o deportivo!
Miguel Rial 3B
26. Ondas do mar de Vigo mira ese home que atractivo, A ver se ven o meu amigo! Ondas do mar chamado, tráeme ao meu guapo amado, A ver se ven o meu amigo! Se ves ao meu amigo, dille por que non está comigo, A ver se ven o meu amigo! Se ves o meu amado, Eu xa terei chorado, A ver se ven o meu amigo! Adrián Rodríguez 3C 27. Antes eras máis que un amigo pero a partir de hoxe non es nada para min que c*(macho cabrío) es ! que c*(macho cabrío) es ! Antes eras máis que un compañeiro Pero traizoáchesme e por iso non es nada para min que c*(macho cabrío) es ! que c*(macho cabrío) es ! Cristian Fernández 3C
28. Ai ondas da Arousa sabédesme dicir por que tarda o meu amigo? Ai ondas da Arousa sabédesme contar por que non ven o meu amado? Ondiñas do mar da Arousa traédeme o meu amigo, traédeme o meu amado! Miguel González 3C 29. Antes caíasme ben, eras un gran amigo, pero agora xa non estás ben, xa non es un raparigo. Eras un gran amigo, mellor que un canciño, pero agora xa non estás ben, xa non es un raparigo. Mellor que un canciño, cun bonito fociño, pero agora xa non estás ben, xa non es un raparigo. Raúl Rañó 3C
30. Se soubese mía senhor, o que o corazón sinte estaría comigo neste mesmo intre.
E así seguir sufrindo por vós, mía senhor, e así seguir morrendo de amor. Ameina, ámoa e amarena, que saiba mía senhor Que estas bágoas que fai derramar, son de dor.
E así seguir sufrindo por vos, mía senhor, e así seguir morrendo de amor. Vós sodes o ceo, a lúa e as estrelas, mía senhor, sen vós o mundo tería sido creado sen razón.
E así seguir sufrindo por vos, mia senhor, e así seguir morrendo de amor. Sara Roo 3C 31. Hai uns peñazos pesados que non che deixan en paz Mamóns, que nos entrenos pasan de todo! Hai uns coñazos Comedores de roscas Mamóns, que nos entrenos pasan de todo! Hai uns puñeteiros pighos Cridos que non son ninguén Mamóns, que nos entrenos pasan de todo! Hai uns típicos pighos De cara lambida Mamóns, que nos entrenos pasan de todo! Isaac Iglesias 3C
32. Ao meu amor Que non me desexou A miña amada Que está namorada Pero non de min Pero non de min Que nunca ela me desexar Por moito que eu a amar, Ela sempre me desprezou Dicía: -Si, eu xa o estouPero non de min Pero non de min. Sempre moita dor me deu A miña querida do meu amor, Nunca quixo probar O amor que eu lle ia dar Pero non de min Pero non de min. Miriam Mariño 3C
33. Fun xunta o meu amigo fun á casa que ten en Vigo fun á casa do meu amado pensando que estaba namorado Pero de min, pero de min! Tanto pensei no meu amigo que xa non sei nin como me fío tanto pensei no meu amado sen saber se el estaba namorado Pero de min, pero de min! Cando abriu a porta o meu amigo eu xa toda ilusionada de que quixera vir comigo o que tanto eu amaba Pero de min, pero de min! Sandra Somoza 3C
34. Antes eras unha amiga Agora só es unha porca Ai, amiga, que ben estou contigo lonxe! Antes tíñache cariño Agora tesme farta Ai, amiga, que ben estou contigo lonxe! Claudia Rodríguez 3C
35. Tirada na cama estou agora, pensando en ti, meu amigo, como unha tola. E non sei vivir sen ti, amigo, e non sei vivir sen ti, amigo. Mira que vivimos cousas, meu amigo, e ti capaz serías de olvidalas, meu querido amigo. E non sei vivir sen ti, amigo, e non sei vivir sen ti, amigo. Pensando en ti, meu amigo, como unha tola, aínda vou afogar nas miñas bágoas, eu soa. E non sei vivir sen ti, amigo, e non sei vivir sen ti, amigo. Antía Sampedro 3C 36. Vivo namorada do meu amigo que marchou tan ferido Ai que dor tan intensa! Vivo namorada do meu amado que marchou tan desesperado Ai que dor tan intensa! Xa me deixaches namorada e a miña alma vive penada Ai que dor tan intensa! Nuria Méndez 3C
37. Estou namorada dunha muller que nunca terá ollos pra min, o seu amor encontrareino cunha lus reflexa en min. O seu amor entristese está así, non cambiará de cumprir o seu mandato cunha lus reflexa en min. O seu amor, unha rosa chorando polo seu amado, non ten querer pra min e non me pide o meu amor cunha lus reflexa en min. O seu amor, a dor do meu pobre corasón latexa fortemente, sempre, por ela e nunca se acorda de min cunha lus reflexa en min. Brais Castro 3C
38. Sentado eu no parque da ribeira Pasou a miña amada feiticeira, Quéreme sempre namorada, Quéreme sempre namorada! Chamei o ceo para darlles a noticia A Deus fóiselle a súa deusa con ledicia, Quéreme sempre namorada, Quéreme sempre namorada! Véndoa pasar coa súa beleza Enchéuseme o corazón de lágrimas e pena, Quéreme sempre namorada, Quéreme sempre namorada! Estando xa tolo por tan grande paixón Ese anxo meu abriume o seu fermoso corazón, Quéreme sempre namorada, Quéreme sempre namorada! Cristian Vicente 3C
39. Aquí estou, nalgún lugar, esperando polo meu amigo, Anque ben sei que el virá, confío moito nel, por iso estou, esperando polo meu amigo, A tardanza é típica nel, por íso aínda que tarde, estarei esperando polo meu amigo, A tardanza convértese en medo, pois non sei se virá, pero eu sigo esperando polo meu amigo, Tempo xa vai que estou neste lugar, con medo a que non apareza, esperando polo meu amigo, O medo que percorría o meu corpo, é agora decepción, pois comezo a dubidar esperando polo meu amigo, Esperanza desvaécese, así como o meu ser, olvidando ao meu amigo... Martín Castro 3C
40. Onde te encontras meu amigo Á ribeira funte buscar Pero non te vin meu amigo Non sei onde te podo encontrar Meu amigo dende que te fuches ao mar Non te volvín ver Vin como te ías remando E parece ser que pra non volver Elisa Rodríguez 3C
41. Ai rosas, ai rosas do monte, sabedes onde vai o meu amigo Meu Deus, ulo el? Ai rosas, ai rosas do prado sabedes noticias do meu corazón Meu Deus, ulo el? Óscar Tubío 3C
42. Cada vez que che escoito falar danme ganas de vomitar. Vou trousar! Vou trousar! Quérote ver retorcer cando a por ti veña Lucifer. Vou trousar! Vou trousar! Cada vez que che vou ver algo malo ha de ocorrer. Vou trousar! Vou trousar! Quérote ver sufrir, cando te ataque un mandril. Vou trousar! Vou trousar! Cando me miras de reollo, recórdasme un socotrollo. Vou trousar! Vou trousar! Non te quero ver máis, vaite fóra deste lugar. Vou trousar! Vou trousar!
Ánxela Garrido 3D
43. Meu amigo canto fixeches por min! Eu nunca xamais te esquezín pero a túa falta é coma a suor que pica e me provoca unha profunda dor. Sempre estarás comigo aínda que agora non esteas, meu amigo. Meu amigo contigo moito me rin pero agora só estás moi dentro de min. Meu bo amigo tés tanto valor e por culpa diso provocáchesme moita dor. Sempre estarás comigo aínda que agora non esteas, meu amigo. Nunca xamais che esquecerei aínda que algunha vez ti te olvidaras de min Meu amigo, o bo remador, para min sempre serás unha fonte de valor. Sempre estarás comigo aínda que agora non esteas, meu amigo. Nunca xamais esquecerei ese valor que tiñas por min cando me vías chorar de dor meu bo amigo remador. Sempre estarás comigo aínda que agora non esteas, meu amigo. Iago Lijó 3D
44. Cando vou ao lugar observo o cambiante luar Vexo ondas a mil Na beira do mar. Tiro un proxectil Saen lóstregos voando Vexo ondas a mil Na beira do mar. Camiño ata una rocha E sento alí, esperando Vexo ondas a mil Na beira do mar. Atópome alí sentada Outro día máis, esperando Vexo ondas a mil Na beira do mar. Manuel Gómez 3D 45. Ti fostes quen destrozou a miña vida largácheste ti e veume a alegría me cago en ti ! me cago en ti ! Jeni González 3D
46. Eu que tanto te quería, e fúcheste con esa harpía. Rompéchesme o corazón, comigo fuches un mamón! Tíñasme na palma da man, perdéchesme por ghañán! Rompéchesme o corazón, comigo fuches un mamón! Vivín enghañadiña, como a Garrido co Piña. Rompéchesme o corazón, comigo fuches un mamón! Agora pídesme volver, Un gholpe nos dentes che vou meter. Rompéchesme o corazón, comigo fuches un mamón! Arantxa Miguéns 3D
47. Pasando as horas frote ao mar vendo barcos e gaivotas mentres sobe e baixa a marea mentres sobe e baixa a marea A vida escápase a cada suspiro aí, sentado na Praia, mentres sobe e baixa a marea mentres sobe e baixa a marea. Lois Fungueiriño 3D
48. Oda frutesca ó amor Os cítricos amarexan E ti estás mais boa ca o pan. E ti estás mais boa ca o pan. As sandías teñen pebidas E dou grazas a Deus por che facer. E dou grazas a Deus por che facer. Os plátanos teñen potasio E ti nunca serás miña. E ti nunca serás miña. Gonzalo Creo Saborido 3ºD
49. Eu era o teu amiguiño pero agora botácheste ao viño e ao primeiro que pasa insultas... ai fillo de bruta, ai fillo de bruta! Se deixas o viño e ficas comigo volveremos a bañarnos xuntos no río pero como sigas cos insultos... ai que bruto, ai que bruto! Iván Ordóñez 3D
50. As ameixas son suculentas E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. Os polbos á feira son magníficos E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. Os caldos galegos son elegantes E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. Os chopos son marabillosos E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. As vieiras son sublimes E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. Os mexillóns son necesarios E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. As navallas son imprescindibles E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. As xoubas son indispensables E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren. A nosa lingua e a nosa terra son fermosas E eu fico contento se me queren E eu fico contento se me queren.
Oliver García 3D
51. Ás ameixas Vaiamos irmá, vaiamos correr na beira da praia onde eu andar verei ás ameixas meu amigo. Vaiamos irmá, vaiamos xogar na beira da praia, onde eu verei andar ás ameixas, meu amigo. Na beira da praia, onde eu andar verei coa bolsa na man as ameixas coller ás ameixas, meu amigo. Na beira da praia, onde eu verei andar coa bolsa na man as ameixas apañar ás ameixas, meu amigo. Coa bolsa na man as ameixas coller as pequenas deixalas comer ás ameixas, meu amigo. Coa bolsa na man as ameixas apañar as pequenas deixalas engordar ás ameixas, meu amigo. Sarela Betanzos 3D
52. Nun grande barco Se eu te tivera ao meu lado levaríache á ría co caxato. Se eu te tivera aquí se eu te tivera aquí. Levaríache á ría co caxato nun gran carromato. Se eu te tivera aquí se eu te tivera aquí. Nun gran carromato Ías ver o porto de Rianxo. Se eu te tivera aquí se eu te tivera aquí. Ías ver o porto de Rianxo con grandes barcos. Se eu te tivera aquí se eu te tivera aquí. Con grandes barcos chegarías ao meu lado. Se eu te tivera aquí se eu te tivera aquí. Aarón García 3D
53. Á beira do Val do Miño Ollaches meniño, as ansias que teño contigo? Ficaches alelado! Ollaches meu meniño, o río que pasa polo noso camiño? Ficaches alelado! O río que pasa polo noso camiño é ledo e fermoso como o Val do Miño. Ficaches alelado! Ai! meu amado quen puidera estar no ceo, Aínda que aquí xa estou no "paraíso". Ficaches alelado! Amor non amoroso, amor de loucos. Ficaches alelado! Amor non ficado, amor amargado. Ficaches alelado! Xosé Anxo López 3D
54. Vento do Norte de Santigo Se vistes o meu querido, Espero Deus que veña cedo! Vento do Norte frío Se vistes o meu adorado, Esperro Deus que veña cedo! Se vistes o meu querido O porqué da miña impaciencia Espero Deus que veña cedo! Se vistes o meu adorado Tereino como nun palacio Espero Deus que veña cedo! Adrián Rodríguez 3E 55. Mia senhor branca e vermelha e ai s'algún día os dous parelha Ca ja moro por vos, e-ai! queredes que vos olvide? Mal día me levantei que foi a que te fitei Agora por meu ben mal levadesme atado cun sedal. Ai mia senhor de amor noso garda e escrafo de dor. Adrián Rico 3E
56. Non me deixes nunca, meu amigo! Nunca quixera pasar, meu amigo, pola dor de verte marchar. E ai meu amigo, non me deixes nunca! E ai deus, se che vexo partir, meu amigo non me volvo rir. E ai meu amigo, non me deixes nunca! Fico mirando para o mar, por se che vexo chegar. E ai meu amigo, non me deixes nunca! Mentres veñas e vaias cada día, eu ben cho permitiría. E ai meu amigo, non me deixes nunca! Despois de tantos peixes coller, todos os días me tés que vir ver. E ai meu amigo, non me deixes nunca! Non embarques pra marchar, pois non o podería soportar. E ai meu amigo, non me deixes nunca! Carla Tubío 3E
57. Noto un ente atosigador quen deambula ó meu redor. O cal me fixo estremecer; e case me fai amortecer. Noto un ser aterrador quen deambula ó meu redor. O cal me fixo estremecer; e case me fai amortecer. Quen deambula ó meu redor Podería ser un atracador. O cal me fixo estremecer; e case me fai amortecer. Quen deambula ó meu redor podería ser un dementor. O cal me fixo estremecer; e case me fai amortecer. Podería ser un acosador Pero só era o meu ordenador. O cal me fixo estremecer; e case me fai amortecer. Podería se-lo derradeiro terror Pero só era un anuncio soador. O cal me fixo estremecer; e case me fai amortecer. E quero concluír que o que non podes percibir non te debería aflixir. Carlos Piña 3E
58. Sentada estou frente ao mar esperando meu amigo, ven xa ! non te vexo pasar só vexo barcos, barcos e barcos. Acaso me mentiches? Acaso non vas volver? Ai, meu amigo, ai meu amor, onde te metiches? Díxéchesme que volverías, e non me deixarías. Acaso me mentiches? Acaso non vas volver? Ai meu amigo, xa me fartei ai meu amigo, agora marcho e non volverei. Acaso me mentiches? Acaso non vas volver? Catherine Martínez 3B
59. Sentada na Illa de San Simón esperando ao meu amigo, ai se volverás do partido se a televisión che grava, meu amigo mándame un biquiño!
Cando volverás comigo? Cando volverás comigo? Esperareiche, meu amigo, esperareiche, meu querido, agardarei a túa chegada para así marchar xuntiños. Cando volverás comigo? Cando volverás comigo? Paula Fariña 3B
60. Ai eu namorada chorando na capela de Guadalupe. Eu amándote meu amigo, eu amándote meu amigo. Estando eu chorando na capela, o mar veume falar. Eu amándote meu amigo, eu amándote meu amigo. Chorando na capela de Guadalupe, o vento oín cantar. Eu amándote meu amigo eu amándote meu amigo. O mar veume falar, dicíndome que o meu amor non chegara. Eu amándote meu amigo, eu amándote meu amigo.
O vento oín cantar, e a tua ausencia para sempre presaxiar. Eu amándote meu amigo, eu amándote meu amigo. Ana Lucía González 3B
61. Antes eras un colega pero, se non ves ver o Deportivo, xa non es meu amigo. Ver o Dépor -Vilarreal pode ser xenial xa que non hai clase pola folga xeral. Sei que prefires o Celta e con Paco Herrera moito se espera. Eu son do Dépor e ti do Celta, se estivesen xuntos tería unha figura esvelta, aínda que non sexa o mesmo conxunto, se ao final queres vir, entra que imos xuntos. Sei que prefires o Celta e con Paco Herrera moito se espera. Se non ves ver o Deportivo esperamos ao derbi e iremos no meu coche chamado Herbie. Que é tan bo como o do Príncipe e Leti. Sei que prefires o celta e con Paco Herrera moito se espera. Xosé Places 3B
61. Ondas do mar de Pontevedra se vistes a miña cadela decídelle que a estou buscando Ai deus, se voltará pola cancela Ai deus, se voltará pola cancela. Ondas do mar de Pontevedra se vistes a miña cadela que é moi feita ela Ai deus, se voltará pola cancela Ai deus, se voltará pola cancela. Ondas do mar de Pontevedra se vistes a miña cadela decídelle que na porta da casa a esperan Ai deus, se voltará pola cancela Ai deus, se voltará pola cancela. Xián Fernández 3B
62. Estaba eu na praia de Tanxil, esperándote dende Abril ¡Ai se viñeras pronto, meu amigo! Estaba eu alí deitada, esperando a túa chamada ¡Ai se viñeras pronto, meu amigo!
Estaba eu alí buscando, esperando ver os teus ollos verdes ¡Ai se viñeras pronto, meu amigo! Estaba eu desesperada, ¿chegará o meu amigo? ¡Ai se viñeras pronto, meu amigo! Esther González 3B