Guía de lecturas verano

Page 1


Novelas e contos   

  

Título: WENDY Y EL ENEMIGO INVISIBLE Autor: Andreu Martín Wendy, a intrépida policía, volve a estar en perigo. O peche do caso do asesinato dunha muller, presuntamente pola súa parella que se suicidou despois, non lle satisfai. As súas sospeitas xiran en torno ao exmarido, do cal ninguén sospeita. Wendy investigará ata lograr aclarar o caso. Axúdanlle a súa xoven amiga Mon, que pasa as festas de Nadal xunto a ela e os seus pais, e o seu inseparable compañeiro Roger. Un caso no que ela é, sen sabelo, o obxectivo, e no que se mesturan malos tratos, tráfico de armas, celos e vinganza.

Título: ÁFRICA EN EL CORAZÓN Autora: Mª del Carmen de la Bandera Gómez Diko é un mozo camerunés da tribo dos dowayos que decide emigrar ao paraíso europeo. A través desta viaxe o lector coñecerá certas peculiaridades do exótico continente africano, a dureza da supervivencia alí, ademais de descubrir a odisea que estes mozos inmigrantes teñen que vivir para conseguir o seu soño: ter unha vida mellor.


  

  

Título: 97 FORMAS DE DECIR TE QUIERO Autor: Jordy Sierra i Fabra

Cristóbal vese implicado nun apaixoante misterio do que, sen pretendelo, é protagonista: é a reencarnación dun mozo que viviu fai vinte anos unha historia de amor cunha moza que se suicidou ao día seguinte da morte do mozo a causa dunha enfermidade. Incrédulo, comeza a investigar e pouco a pouco vese atrapado por uns sentimentos que o conducirán a sentirse enganado. Un increíble desenlace axudarao a madurar e a definir o seu futuro.

Título: EL LORO EN EL HORNO. Autor: Víctor Martínez Cuando Manny era pequeno todo parecía moi fácil. Seu pai traía diñeiro a casa, e bicaba a súa nai en canto tiña ocasión. O tempo pasou e agora, mentres a familia logra reunir a fianza para sacar do cárcere a seu pai, acusado de ter intentado matar á súa nai cun rifle, Manny busca un traballo que o axude a conseguir diñeiro e ir cumprindo os seus soños. Aínda que é un estudiante brillante, non pode ir máis que a unha escola lonxana na que apenas aprende a defenderse. E cando volve a casa sempre hai algún problema esperándoo.


  

Título: EL CRIMEN DE LA TANGENTE Escritor: Emili Teixidor i Viladecás Un grupo de adolescentes vai pasar a fin de semana a un

refuxio de montaña que arreglou o pai dun deles. Durante a viaje en tren unha maleta desaparece sen que ninguén se de cuenta. Unha vez no refuxio parece que unha sombra humana ronda a casa, o que intranquiliza aos inquilinos. Ademais á mañán seguinte alguén do grupo desaparece, ¿qué está pasando?   

Título: Los malvados de Battersea Escritor: Joan Aiken Simon chega a Londres para empezar a aprendizaxe como pintor. As cosas torcénse cando descobre que non se sabe nada do Dr. Field, quen o invitara a compartir aloxamento en casa dos Twite, unha familia que parece pouco de fiar. Simón alégrase de atopar a Sophie, unha antigua amiga, que está ao servicio dos duques de Battersea. Ela e Simon actúan para defender os duques dun complot que ten no su punto de mira ao mismísimo rei Jacobo III.


  

  

Título: ANAGNÓRISE Autora: María Victoria Moreno Unha fermosa novela de amor que figura entre os libros máis lidos e admirados pola mocidade galega. O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha ...

Título: MORNING STAR Autor: Xosé Miranda Ruíz Morning Star é unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapaces procurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e moitas máis cousas


  

  

Título: O NOVO DIARIO DUN XOVE MANIÁTICO. Autor: A. Mcpharlane, A. Mcpherson Libro para adolescentes xa famoso en todo o mundo europeo. Feito por expertos e con consellos sobre todo aquilo que preocupa na adolescencia, para eles.

Título: QUEN MATOU A INMACULADA DE SILVA? Autora: Marina Mayoral No verán de 1974 unha moza, Étel, vén de vacacións a Brétema, a cidade das súas avoas. Alí vai tratar cun mozo e entre os dous e unha curmá van investigar a morte da antepasada Inmaculada e do fuxido Antón de Cañote. Quen matou a quen nun episodio escuro dos tempos da Guerra Civil de 1936. As investigacións para aclarar as mortes servirán para facer un repaso histórico dos anos 30 do século pasado e de como se viviron os tráxicos sucesos na zona.


  

  

Título: A COROA DE NAPOLEÓN Autor: Jaureguízar Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista. Entrega ubicada na Coruña, cidade que asiste horrorizada a un incidente de consecuencias internacionais: desapareceu unha coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da Batalla de Elviña. Soamente un reporteiro coa coraxe de Tintimán, axudado por Señor Grozni e por Mónica, unha compañeira de clase que asegura ser a súa moza, poderá descubrir o acontecido.

Título: A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS Autora:Teresa González Costa Relata a historia dunha nena, Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta.


  

  

Título: O CAMIÑO DOS DRUIDAS Autor: Xosé Lois Ripalda Un grupo de mozos, unha vez que recibiron ensinanzas baseadas no respeto e amor a Natureza, xa convertidos en druídas, emprenden un camiño cheo de perigos ata chegar á encrucillada de todos os camiños que levan ata os límites da terra onde rendirán homenaxe ao sol nun lugar en que cada día desaparece no horizonte dun alporizado mar para de novo voltar aruxante ao vindeiro amencer.

Título: NON HAI NOITE TAN LONGA Autor: Agustín Fernández Paz Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchara da súa vila natal, e non volveu nin cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. O reencontro co pasado cambiará a súa vida para sempre.


  

  

Título: A MODELO DESCALZA Autor: Jordi Sierra i Fabra

Jon Boix, periodista, acaba de regresar dunha viaxe por Africa, de investigar sobre as mafias do mundo da moda que buscan novas candidatas. Ao seu regreso, recibe unha noticia: Alejandra, unha das máis famosas top models españolas, e a súa moza desde hai tres anos, ten sido acusada de asasinato despois dunha noite de alcohol e drogas. Pero Jon non o cre e se propón buscar a Alejandra, que desapareceu, e demostrar a súa inocencia.

Título: UN TIPO LISTO Autor: Xosé Monteagudo Á morte de Manolo Cortizo, viudo, pai de dous fillos e director dunha sucursal bancaria en Vigo, descóbrese un desfalco de moito diñeiro no banco no que traballaba. El e os seus fillos son os principais sospeitosos. Darío empeza a ver cousas na vida do seu pai que o levan a descobrir a un completo descoñecido, sorprendéndose cada vez máis. Ao tempo reflíctese tamén a súa relación coa sú muller e fillas xemelga, así como co seu irmán. A trama vaíse desenvolvendo como si o lector fora acompañando a Darío, descubrindo o mesmo que el, sorprendiéndose tanto como él.


  

Título: A HERDANZA DO DRAGÓN Autora: Elena Gallego Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agarda a que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Un antigo medallón de metal, herdanza do seu pai, será a chave que lle abrirá as portas para cumprir co seu destino.

  

Título: NOITE DE VORACES SOMBRAS Autor: Agustín Fernández Paz Sara, unha moza de 16 anos, escribe dous meses despois, na soidade do seu cuarto na Coruña, sobre as vacacións en Viveiro que lle cambiaron a vida, cando deixou de ser unha rapaza atolada, non só pola descuberta do propio corpo con Daniel aquela noite na praia.


  

  

Título: SETTECENTO Autor: Marcos Calveiro A Venecia do século XVIII é o escenario principal e nela Antonio Vivaldi, os seus sentimentos, os seus problemas e o seu xenio musical. apoiado por personaxes como son Anna Giró, a primma donna do músico, e sobre todo dese triángulo conformado por Caterina –a alumna preferida de Vivaldi-, e os fundamentais Giacometto Casanova e Aldo Pietá: o mítico Casanova xunto cun aprendiz de luthier e protexido de Vivaldi que gozará de relevancia na trama.

Título: OS NENOS NUMERADOS Autor: Juan Farias Ás veces imaxinámonos que as traxedias e historias fantásticas que lemos suceden lonxe da nosa comunidade ou cidad. Pero moitas veces esas traxedias non están tan lonxe. Quizais nos pomos unha venda nos ollos,miramos para outro lado e non vemos o que nos rodea. Así esta novela relata a vida duns adolescentes, e o seu mundo limitar ás paredes dun reformatorio tan próximo como o de Palavea na Coruña.


  

  

Título: SENECTUDE Autor: Italo Svevo Emilio Brentani, oficinista e escritor, está condenado a vivir no ambiente provinciano de Trieste. Quere facer carreira literaria, pero cada día cédelle máis terreo á realidade circundante. Vive coa súa irmá Amalia, pero cando esta se namora dun amigo seu escultor, Emilio sofre unha culpa que non pode sandar, porque tamén el está obsesivamente namorado de Angelina.

Título: UN DEDO MANCHADO DE TINTA Autor: Manuel Portas Alberte non é un funcionario municipal arquetípico, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, nin Carme, nin Cristina, nin Chus serán mulleres con historias do común. Transitan con naturalidade polas rúas de Compostela, coincidindo á espera de que se abra o semáforo da Senra, tomando café no Airas Nunes, sen rozárense, sen se coñeceren case, como moito intercambiando unha distraída ollada impersoal.


  

  

Título: PODEROSA Autor: Sérgio Klein Joana Dalva vive cos seus pais eun irmán pequeno, que é o neno máis pesado do mundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coas unllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que vive unha rapaza que soña con ser escritora. Un día unha redacción que fai transforma o seu pasado, o que a leva a pensar que pode usar a literatura para cambiar o presente. E ocorre que cada texto que escribe provoca consecuencias imprevistas.

Título: CHAMANDO ÁS PORTAS DO CEO Autor: Jordi Sierra i Frabra Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a alegría e a paz da súa conciencia.


  

  

Título: O CAZADOR DE ESTRELAS Autor: Ricardo Gómez Todo sucede nun campamento saharauí de Smara, na que Bachir, un rapaz afectado por unha enfermidade pulmonar, permanece día e noite desde hai bastante tempo. A través do oído Bachir imaxina o que ocorre arredor da jaima na que vive. Coa axuda dos que o rodean e, principalmente, dun misterioso personaxe, que aparece polas noites, entenderá moitas cousas súas e do seu pobo. Ademais a presenza deste vello, Jamida, contáxialle ganas de vivir, de saber e de loitar contra a dor e a enfermidade.

Título: A CASA DA LUZ Autor: Xabier Docampo Alicia é unha rapaza traviesa de moi bo corazón, que quere descubrir as cousas por si mesma. Cos seus cuatro amigos (Álvaro, Aida, Anxo y Alba) estaba construíndo unha cabaña de retama e paos, no Campo da Igrexa de Eiravella. cando apareceu Pumariño, un home duns setenta años que a xente toma por tolo. Os rapaces fanlle caso e grazas a el viven fantásticas aventuras.


Ilustrativos  

  

Título: EL REY PÁJARO Y OTROS ESBOZOS Autor: Shaun Tan As ilustracións teñen un gran poder suxerente. As palabras soen anclalas dentro dunha historia. Pechadas nun libro, sumérxennos nun ambiente específico. Pero entre as distintas categorías de ilustracións hai algunhas que poucas veces temos a oportunidade de ver. Son aquelas que formaron parte, directa ou indirectamente, do proceso que desembocou nun libro. Dende o debuxo libre que non tiña outro fin que o disfrute mesmo de debuxar ata aquelas probas nas que se buscaba dar coa imaxe dun personaxe, todos estes apuntes soen tener unha beleza e forza expresiva moi particular. Este libro permite participar delas.

Título: MITOLOGÍA AMERICANA, MITOS Y LEYENDAS DEL NUEVO MUNDO. Editor: S. Feijóo As peripecias do gran deus azteca Quetzalcóatl na creación do mundo ou as do Gran Espíritu dos indios do noroeste de América do Norte na creación do demo; a creación da Terra por parte do Deus dos mayas e a extraña cosmogonía dos mitos dos indios pipiles; a orixe do lume nas mitoloxías dos indios do Chaco arxentino, do norte de Brasil, dos cherokee de Estados Unidos... estes e máis mitos, contos e lendas da mitoloxía americana recóllense neste libro.


  

 

Título: LAS PIONERAS Autor: Rita Levi-Montalcini Este libro está destinado ás novas xeracións. O seu obxectivo é facelas conscientes das fundamentais aportacións científicas das mulleres desde a Antigüidade ata o século XX. Durante séculos as mulleres foron excluídas. No pasado, as que destacaban pola súa sabedoría considerábanse bruxas e eran enviadas á fogueira, e durante moite tempo filósofos e científicos apoiaron o mito da absoluta superioridade intelectual do home. A Premio Nobel relata as inxustizas que sufriron ao longo dos séculos, mediante breves biografías dalgunhas mulleres científicas. Título: LOS CONQUISTADORES DE LOS MARES Catherine Loizeau

O mar sempre fascinou aos homes. Del obtemos alimentos, riquezas e enerxía. Á súa beira desenvolvéronse grandes civilizacións e, tratando de conquistalo, de chegar máis aló que outros, descobríronse novos continentes. Coñece como eran os barcos fenicios, gregos, chinos...; cales foron os principais instrumentos de navegación, cartográficos ou xeográficos, ou quen foron os mellores navegantes. Coñece as principais embarcacións da historia, as máis importantes expedicións comerciais ou científicas, as principais batallas marítimas... Descobre a diferenza entre un pirata e un corsario...


  

  

Título: RECETAS DE LLUVIA Y AZÚCAR Autora: Eva Manzano Un repaso a las emociones más habituales, esas que nos pueden asaltar en cualquier momento, permitiendo así reconocerlas y comprenderlas mejor. También establece un mapa con su origen, señalando dónde se sitúan.

Título: ARQUÍMEDES EL DESPISTADO Autor: Luis Blanco Laserna Aunque tuviera pinta de pasarse el día en las nubes, en la gigantesca barba de Arquímedes no había un solo pelo de tonto. Podía levantar barcos con la fuerza de una mano, fue uno de los más grandes detectives de la historia y se las ingenió para defender su ciudad de todo un ejército con la única ayuda de unos espejos. Así que cuando dijo: Dadme una palanca y moveré el mundo. muchos se echaron a temblar y nadie quiso dejarle una.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.