1434637648anuncio convocatoria guias litoral

Page 1

POSTOS: 3 Guías de interpretación do litoral. - O contrato realizaráse pola modalidade de obra ou servizo determinado (RD 2720/1998): Meses de xullo e agosto: 1 peroa a tempo completo e 2 a tempo parcial ½ xornada. Mes de setembro: Fins de semana, 1 persoa a tempo completo e outra a tempo parcial, ½ xornada. *A persoa que obteña a maior puntuación será para o contrato a tempo completo dos meses de xullo e agosto e a segunda mellor puntuación cupará o contrato con maior duración a tempo parcial. - As funcións obxecto do contrato serán exercer de guías/Informadores de interpretación dos itinerarios que se establezan no litoral de Ribadeo que versaran especialmente sobre os aspectos xeomorfolóxicos da costa de Ribadeo así como aqueles outros como a paisaxe, patrimonio, etc. - As retribucións mensuais íntegras serán de: Para xornada completa 1,588,53 €/mes brutos incluídos todos os conceptos e parte proporcional de paga extra. - Requisitos dos aspirantes: * Xerais: Cumpri-los requisitos de nacionalidade, idade e capacidade funcional previstos nos artigos 56 e ss. do Estatuto Básico do Empregado Público (Lei 7/2007, de 12 de abril, publicado no BOE num.89 de 13.04.2007. * Específicos: Licenciatura/Grao en Bioloxía, Xeoloxía, Cencias medioambientais,Xeografía e Historia. Diplomatura /Grao en Turismo. Ademáis de acreditar algunha das titulacións anteriores deberá estar en posesión de alomenos un curso de 30 horas de formación relativa a guías de natureza, guías intérpretes, ambientais ou equuiavalente, ou acreditar experiencia demostrable na guía de grupos na natgureza ou interpretación do patrimonio cultural. CRITERIOS DE SELECCION PARA ESTE POSTO:

Cod. Validación : 6EE4KWMG3C2NCL6SKJTZHMDX2 | Corrección : http://ribadeo.sedelectronica.es/ n Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico |Páxina 1 a 4

FERNANDO SUAREZ BARCIA (1 para 1) ALCALDE Data de Sinatura: 16/06/2015 HASH: cfbcff8701f195441cc9dbf2003523f7

ANUNCIO PARA CONTRATACION LABORAL TEMPORAL


Probas: 1.-Proba práctica: Consistirá nunha proba que se desenvolverá na praia de As Catedrais, cunha duración aproximada de 10 minutos, na que se guiará e se interpretará diveros puntos de interese deste espazo, valorándose os coñecementos, en especial aqueles relativos á xeoloxía e xeomorfoloxía do espazo a interpretar e así como a apacidade de comunicación e guía de grupos.

O tribunal poderá estar asistido de asesores externos con coñecementos na materia. 2. Proba escrita: Consistirá nun exercicio tipo test de 20 preguntas que versará sobre aspectos xerais de Administración Local e de Procedemento Administrativo así como sobre coñecementos específicos relacionados coas funcións e tarefas a desenvolver (parte xeral e especial). O tempo máximo para realizar esta proba será de 40 minutos. Cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superar este exercicio obter como mínimo 5 puntos. Por cada dúas respostas incorrectas descontarase unha correcta. Este exercicio é obrigatorio e eliminatorio. A) Parte Xeral: 1. Lei 7/1985, de 2 de abril de Bases de Réxime Local. 2. Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das AA.PP. e do Procedemento Administrativo Común. 3. O municipio de Ribadeo, a súa organización. Competencias do Pleno, do Alcalde e da Xunta de Goberno Local. B) Parte específica: 1.- Coñecemento sobre biodiversidade do litoral de Ribadeo, en especial sobre as características xeolóxicas e xeomorfolóxicas. 2. -Coñecementos sobre os diferentes puntosw de interese a nivel turístico e biodiversidade do litoral.Especialmente os relativos a xeoloxía e xeomorfoloxía da costa. Valoración de méritos: a). Coñecemento do idioma galego.

Cod. Validación : 6EE4KWMG3C2NCL6SKJTZHMDX2 | Corrección : http://ribadeo.sedelectronica.es/ n Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico |Páxina 2 a 4

Esta proba é obrigatoria e eliminatoria. Valorarase de 0 a 10 puntos,debendo obterse un mínimo de 5 puntos para superar a mesma.


Polo coñecemento acreditado do idioma galego computándose unicamente o grao superior alegado e concedéndose validez soamente ós cursos ou titulacións oficiais ou que foran oficialmente obxecto de homologación: 1) CELGA 2 ou equivalente..................................................................0,25 puntos. 2) CELGA 3 ou equivalente................................................................ 0,50 puntos. 3) CELGA 4 ou equivalente.................................................................0,75 puntos 4) CELGA 5 ou equivalente..................................................................1,00 puntos. Máximo 1 punto.

Por cursos directamente relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo (Guias intérpretes do patrimonio, guías da natureza,ambientais e cursos relacionados coa didáctica pedagóxica ou similar, impartidos pola Administración Pública ou entidades delas dependentes ou homologados por ésta. Máximo de 2 puntos. 1.a Cursos de máis de 100 horas........................0,75 puntos. 1.b Cursos de 71 a 100 horas..............................0,50 puntos. 1.c Cursos de 41 a 70 horas............................... 0,35 puntos. 1.d Cursos de 15 a 40 horas............................... 0,20 puntos. 1.e Cursos de menos de 15 horas...................... 0,10 puntos. 1.f Cursos, xornadas, etc. nos que non figure o número de horas.........0,05 puntos. TRIBUNAL AVALIADOR: Presidente: Dª Mónica Barcia Paredes, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello. Suplente: D.Jose Luis Gegunde López, Traballador Social do Concello. Vocais: Titular: Dona Verónica Fernández Pérez, Responsable da OMIX deste Concello. Suplente: DªMaria Jesús Rañón Ríos, Bibliotecaria municipal. Titular: D.Luis R.Vázquez Parga, Interventor municipal. Suplente: Dona Fiamma Prada Lens, Educadora Familiar do Concello. Secretario con voz e sen voto: D.Jose Antonio Carro Asorey, Secretario Xeral do Concello de Ribadeo. Suplente:D.José Rodil Veiga, Técnico de Administración Xeral do Concello de Ribadeo. O tribunal poderá contar con asesores na materia ou materias obxecto das probas para o desenvolvemento das mesmas. DOCUMENTACION A PRESENTAR: Impreso oficial de solicitude (que se facilitará nas oficinas Concello), DNI, xustificante dos

Cod. Validación : 6EE4KWMG3C2NCL6SKJTZHMDX2 | Corrección : http://ribadeo.sedelectronica.es/ n Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico |Páxina 3 a 4

b).Cursiños


requisitos esixidos para a (titulación/s, carnet/s, etc., segundo as esixencias da convocatoria), relación de méritos alegados e xustificante acreditativo suficiente de cada un dos mesmos (deberá aportarse contrato/s ou certificado/s dos servicios prestados, curso/s realizado/s, xustificante do tempo de permanencia en desemprego, etc., segundo as esixencias da convocatoria). Toda esta documentación deberá achegarse polos interesados en orixinais e copia para a súa compulsa ou copia xa compulsada.

A documentación deberá presentarse como máximo ata as 14 horas do día 25 de xuño de 2015 no Rexistro Xeral de Entrada de documentos do Concello, publicándose ao día seguinte resolución coa lista de admitidos e excluídos no taboleiro de anuncios e/ou web municipal. A proba ou probas de selección de persoal e a cualificación dos méritos realizarase o día 1 de xullo de 2015 na Casa do Concello, agás que por razóns técnicas ou doutra índole o Tribunal avaliador decida calquera modificación que será comunicada aos aspirantes. Os/as aspirantes que resulten seleccionados/as deberán, de xeito previo á sinatura do contrato laboral temporal ou durante o período de proba, no seu caso, pasar o recoñecemento médico procedente nos servicios médicos de prevención deste Concello (Mutua Gallega) co fín de acreditar non padecer enfermedade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións, sen cuxo requisito non se poderá formaliza-lo contrato de traballo. Igualmente os/as aspirantes seleccionados/as, unha vez asinado o contrato correspondente, quedarán suxeitos ao réxime de incompatibilidades nos termos establecidos pola Lei 53/1984,de 26 de decembro de Incompatibilidades do persoal ao Servizo das Administracións Públicas e demáis lexislación de aplicación. Ribadeo, 16 de xuño de 2015. O ALCALDE, Asdo. FERNANDO SUÁREZ BARCIA DOCUMENTO ASINADO DIXITALMENTE

Cod. Validación : 6EE4KWMG3C2NCL6SKJTZHMDX2 | Corrección : http://ribadeo.sedelectronica.es/ n Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico |Páxina 4 a 4

LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES, PRAZO E DATA DAS PROBAS E DA SELECCION:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.