4300 a.C.
Megalitismo
1700 a.C.
PETROGLIFOS O petroglifo de Pedra Moura
27
PETROGLIFOS No 2.200 a.C. prodúcense en Galicia fondas transformacións no Neolítico que darán lugar a unha nova etapa da Prehistoria, o Calcolítico, caracterizado pola aparición da metalurxia, é dicir, polo coñecemento do home de técnicas que lle permitían crear obxectos e útiles de cobre, ouro e prata, aínda que seguían traballando a pedra. De aí o nome: calcos significa en grego cobre, e lithos pedra. Cara ao 1.900 a.C., o home aumenta o seu proceso de sedentarización e de explotación agrícola, muda os seus ritos funerarios, xurdindo sociedades máis complexas e xerarquizadas onde, cada vez máis, un grupo reducido de persoas ostentan o poder. Comeza o que en Prehistoria se chama Idade do Bronce, coñecida así polo dominio da técnica para fabricar obxectos nese metal. Unha das manifestacións artísticas máis senlleiras deste período son os gravados rupestres ao aire libre, comunmente chamados petroglifos, obtidos a partir da acción repetida de golpear as rochas cun obxecto lítico punzante ata conseguir o suco que vai conformar o gravado. Cal é a súa cronoloxía? Aínda que moitos investigadores sosteñen que pertencen ao Calcolítico, tradicionalmente sitúanse nas etapas inicial e media da Idade do Bronce, entre o 1900 e o 1100 a.C., é dicir, hai uns 4.000 anos.
28
2500 a.C.
800 a.C.
Calcolítico
O principal problema da cronoloxía dos petroglifos é a imposibilidade de facerlle unha proba de datación como se faría a calquera outro depósito, como por exemplo a través dos obxectos que aparecen nas mámoas ou polo rexistro de posibles construcións asociadas ao depósito. Sen embargo, as representacións de armas si son datables ao atoparse as mesmas –principalmente machados de bronce- en depósitos desa época. Quen facía os gravados? É moi probable que, ao igual que sucede nas sociedades primitivas actuais, os encargados de facer os gravados fosen os chamados “chamáns”. Pero, quen son estes personaxes? Como en moitas sociedades primitivas actuais, existían persoas ás que se lles atribuía poderes sobrenaturais, que tiñan visións e podían curar enfermidades, e é moi probable que baixo efectos alucinóxenos, provocados polo consumo dalgunha planta con estes compoñentes, representasen motivos dos que na maior parte dos casos se nos escapa o seu significado.
Cal era o seu significado? As representacións gravadas nas rochas poden ter dous tipos de lectura: poden tratarse de escenas ou imaxes da vida real, ou ben poden ser a narración dunha historia ou dun mito.
29
Por que farían este tipo de gravados? O motivo de que o home comezase a plasmar figuras do seu contorno e ás veces figuras abstractas habería que buscalo na expresión das necesidades que tiñan nese momento e como froito dunhas crenzas en forzas superiores que os protexesen e axudasen nas actividades diarias como a caza, a pesca, a recolección ou a guerra, acompañadas probablemente de diversos rituais.
Siguen a facerse este tipo de gravados? Os gravados rupestres foron unha forma de representación artística propia das sociedades prehistóricas, pero na actualidade aínda existen noutras rexións do mundo en sociedades primitivas que aínda manteñen este costume, representando figuras sobre as rochas. Como exemplo temos o caso das tribos que viven na zona do Orinoco, en Venezuela, que utilizan os investigadores para aproximarse ao significado dos gravados prehistóricos.
30
800 a.C.
2500 a.C.
Calcolítico
OS GRAVADOS RUPESTRES DE VIGO No Concello de Vigo están documentados un cento de petroglifos dos que destacan os de Sárdoma, San Miguel de Oia, San Andrés de Comesaña e Valladares, estando a maior concentración deles na parroquia de Coruxo, onde podemos atopar máis de 50 pedras gravadas.
TEIS
RIA
V DE
IGO BOUZAS
COIA ALCABRE
NAVIA
OIA
CANDEÁN FREIXEIRO
CABRAL CASTRELOS BEMBRIVE
COMESAÑA MATAMÁ CORUXO BEADE VALLADARES
31
Que tipo de gravados podemos atopar? En Vigo atopamos gravados de diversa temática, dominando os abstractos e os figurativos. Os primeiros son figuras xeralmente xeométricas nas que destacan as coviñas -pequenos ocos semiesféricos-, os círculos simples, os círculos concéntricos, as espirais, os labirintos e algunhas figuras cadrangulares e reticuladas, predominando a liña curva. No que se refire aos figurativos, destacan os naturistas, que son aqueles que representan imaxes de animais como cervos, cabalos, serpes e figuras humanas. Tamén destacan os de armas onde aparecen representadas alabardas, puñais ou escudos, e por último están os que representan os chamados ídolos. Todas estas representacións poden aparecer illadas, é dicir, como representacións únicas da superficie gravada, ou ben formando parte de escenas onde se misturan varios dos motivos anteriormente citados.
32
2500 a.C.
800 a.C.
Calcolítico
Os motivos de fauna
En Vigo, entre os petroglifos con escenas de fauna, coñécese ata o momento o de Millaradas, situado en Matamá, onde un grupo de rochas situadas sobre unha elevación presentan varios motivos, destacando unha na que se pode identificar un animal, posiblemente un cervo, ao que se lle identifica a cornamenta e un posible rabo en forma de óvalo. Diante del hai unha combinación de dous círculos concéntricos, con coviña central. A pata traseira do animal aparece asociada a unha coviña da que arranca un suco de escasa lonxitude. Ao norte de onde está representado o cervo aparece un círculo con coviña central.
33
Os motivos de armas Podémolos ver no petroglifo de A Laxe, en Sárdoma, nunha rocha situada nunha zona elevada que domina visualmente o río Lagares e na que se observan gran variedade de figuras. Nel abundan figuras xeométricas coma coviñas, liñas sinuosas, figuras ovais e alabardas, estas últimas relacionadas cun tipo de armas comparables con modelos metálicos que aparecen en numerosos depósitos e que serven de referencia para agrupalos no grupo de gravados prehistóricos. Por outro lado tamén se observa outro grupo de gravados formados por cruces de diversa tipoloxía e unha figura a modo de estrela asociados a épocas máis recentes, tendo un posible significado cristianizante ou de delimitación territorial. Este grupo son gravados históricos realizados na súa maioría ao longo da Idade Media.
34
2500 a.C.
800 a.C.
Calcolítico
Os motivos xeométricos En Vigo pódense atopar numerosos petroglifos con este tipo de motivos diseminados por numerosas parroquias, sendo o máis abundante o motivo de coviñas. Así en San Salvador de Coruxo destacan os gravados rupestres de Carballoso, Pedra Moura, Castiñeirón, Pedra Longa, Alto da Igrexa, Outeiro do Castro e Alto da Costa; en Matamá os de Millaradas e Lama da Mó; en Beade O Eixón; en San Andrés de Comesaña destacan Regueira, Guieira e Paraguda; en Valladares a Gándara e o Parcer; en Navia Laxielas e Cabadiñas; e en Teis Gondosende.
petroglifo de Outeiro do Castro (Coruxo)
Destaca o de Eixón en Beade, un grupo de motivos situados nunha superficie horizontal na que se aprecian tres círculos concéntricos con coviña central. Do segundo anel sae un suco que remata en coviña.
35
petroglifo de A Gándara (Valladares)
En canto aos motivos cuadrangulares, destacan os petroglifos de Redondelos en Matamá e o do Alto do Polombar en Coruxo. Este último presenta dous gravados cuadrangulares a modo de taboleiros axadrezados e unha coviña. Noutra das rochas aprécianse unha figura cuadrangular dividida en cuadrículas e unha coviña.
Os motivos cruciformes A existencia dos motivos cruciformes corresponden a épocas históricas e coun uso ás veces de delimitador territorial, e outras de carácter cristianizante en lugares que se consideraban pagáns. Hai que subliñar que moitas veces se confunde este motivo con figuras humanas de época prehistórica. No concello de Vigo temos algún exemplo destes motivos cruciformes nos petroglifos de Eixón, en Beade; en Aguieira e Regueira en San Andrés de Comesaña e Laxielas en Navia. No grupo do monte da
36
2500 a.C.
800 a.C.
Calcolítico
Regueira ademais de motivos de coviñas e círculos pódese observar unha representación cruciforme que leva os extremos remarcados con coviñas.
petroglifo de Eixón (Beade)
Motivos de coviñas É o motivo máis numeroso que aparece representado na arte rupestre galega, localizándose na maioría dos petroglifos de Vigo. Poden atoparse illados ou ben formando parte de composicións doutros repertorios.
grupo de gravados Tombo I (Freixo-Valladares)
37
Así no grupo de gravados coñecido como o Tombo I, situado na zona do Freixo en Valladares, atópase a representación de dous óvalos irregulares concéntricos co interior cheo de coviñas así como sucos e ramificacións.
O PETROGLIFO DE PEDRA MOURA Situado na parroquia Coruxo, temos que chegar ata a igrexa románica de San Salvador de Coruxo e coller a estrada en dirección a Chandebrito por Fragoselo. A uns 1.300 m. tomarase un desvío á dereita cara á igrexa de Fragoselo, coñecida como a Capela de San Sebastián, para dende alí coller o camiño que se dirixe ao sur ata o petroglifo de Pedra Moura. O petroglifo ocupa unha superficie gravada duns 10,50 m de longo por 4,50 de ancho aproximadamente, aínda que segundo as fontes documentais, esta rocha era moito máis grande. Sobre a súa superficie pódense observar numerosos motivos, destacando un suco que a percorre lonxitudinalmente e numerosos círculos simples e concéntricos con coviña central. A imaxe máis destacada polo seu tamaño é unha combinación de figuras circulares que resultan difíciles de determinar en canto ao número, xa que se aprecia un gran desgaste da rocha no centro pola realización dunha figura en forma de cruz e que parece feita con posterioridade á realización do resto dos gravados. Á súa vez desta figura parecen saír dous sucos que se asocian a outra figura irregular. Outros motivos interesantes son uns que lembran as pegadas dalgún
38
2500 a.C.
800 a.C.
Calcolítico
animal, representados mediante o rebaixe na roca, así como a representación de numerosas coviñas. Arredor do petroglifo de Pedra Moura existe un folclore riquísimo que foi recollido por Luís Monteagudo. Unha das lendas que recolleu este estudoso conta como un campesiño falando dunha antepasada súa, relatoulle que cando era nena mirara enriba da pedra a unha moza de gran fermosura tendendo ao sol trigo e que alongando a man llo ofreceu á nena. Esta tivo medo e escapou e ao día seguinte a moza desaparecera.
39