ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS
BOLETÍN INFORMATIVO DAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES LEVADAS A CABO DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE 1, COMPLEMENTARIAS: Durante o primeiro trimestre, todo o alumnado do centro participou nas seguintes actividades: •
MAGOSTO: Actividade transversal que incluíu unha exposición de cabazas, decoración colaborativa, xogos tradicionais, degustación de castañas e unha charla alusiva ás tradicións en relación coa recollida e aproveitamento da castaña na zona. Recompiláronse traballos dos distintos cursos para a elaboración dun libro aberto sobre o magosto e o samaín. O alumnado de 4º, 5º e 6º elaborou unha torta de castañas que se degustou no comedor escolar, e iniciouse a elaboración dun libro viaxeiro de recollida de receitas e sistemas de conservación da castaña, que aínda está a viaxar polos diferentes cursos para ser completado. Enlace á nova no blogue.
•
CELEBRACIÓN CONXUNTA DOS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: O alumnado de terceiro ciclo preparou varias actividades para facer unha reflexión compartida con todo o centro sobre estes dous temas fundamentais na convivencia social, froito dunha cidadanía responsable. Durante unha semana, houbo un mural interactivo na entrada, para a concienciación e participación do alumnado. Alén diso, houbo actividades intraaula para o tratamento destes aspectos transversais da educación. Enlace á nova no blogue.
•
CONMEMORACIÓN DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA: As actividades alusivas foron desenvoltas a nivel de aula, nesta ocasión.
•
APERTURA DO PLAN TIC PARA ESTE CURSO: Coa elección democrática dunha mascota a partir dun concurso para todo o alumnado, iniciouse un novo plan TIC, que pretende dar un pulo á aula de informática, facéndoa máis cooperativa e aberta aos grupos. Iniciouse unha quenda de sesións de difusión dos proxectos e traballos elaborados por todos os grupos, que pretende ser periódica e nutrirse da participación de todos os compañeiros. Enlace á nova no blogue.
Boletíns informativos trimestrais