Invitación para publicación

Page 1

Estimados compañeiros: Póñome en contacto convosco para convidarvos a participar nun proxecto creativo en relación ao eTwinning. Veredes: A Embaixada eTwinning en Galicia é unha embaixada activa, con iniciativa. Por iso, estamos interesados en crear algunha guía de traballo no eTwinning que nos sirva para etwinners que inician a súa andaina e precisan de ideas para o desenvolvemento de proxectos. O pasado curso, púxose en marcha un proxecto para a creación dunha recompilación de ideas que desenvolver nos módulos de Formación Profesional, e aínda está aberta a posibilidade de participar na nosa segunda publicación, sobre ideas de proxecto eTwinning entre Galicia e Portugal. A primeira recompilación está editada e publicada, de feito, podedes acceder a ela neste enlace. A segunda está en proceso de finalización, á espera de ser editada, o que se fará no último tramo deste curso. Para esta terceira aventura, a nosa idea é semellante na forma, porén, pretendemos encontrar ideas que desenvolver con alumnado de necesidades específicas de apoio educativo. Trataríase de pensar en proxectos que teñan como obxectivo, mellorar as competencias destes grupos de alumnos que, por veces, teñen máis dificultade na participación directa neste tipo de experiencias educativas. Ese é o motivo polo que me poño en contacto convosco para convidarvos a participar neste proxecto e para que, se estades en condicións de presentalo a outros colegas de profesión que se poidan ilusionar con el, o fagades libremente e nolo comuniquedes. Nós publicaremos no Blogue da Embaixada esta nova para recibir outras opcións, tamén, pero vós sodes os primeiros convidados. O proceso de traballo será como segue: –

Durante o mes de xaneiro publicaremos a nova no blogue e concretaremos as participacións reais coas que contamos. Todos nos rexistraremos no Portal eTwinning. A partir dese momento comezaremos a traballar en equipo, nun TwinSpace específico para iso. Colocaremos as nosas ideas e traballaremos sobre elas para adecualas, completalas... O traballo será íntegramente en rede, en principio, usando as Embaixada eTwinning en Galicia. Agosto, 2012


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.