X
B 1ª PARADA: CORREOS
Atendéronnos Luís Miguel e María que nos explicaron como funciona a oficina de correos. - Ensináronnos un casilleiro cos nomes de todas as vilas e dos carteiros que reparten nelas -Explicáronnos como funcionaba a PDA que levan os carteiros para repartir
-Explicaron que hai dous tipos de correos: ordinarios e certificados. O certificado é máis seguro pero máis caro. Permite saber onde está a carta en todo momento -Contaron que desde que hai correo electrónico hai menos cartas porque todo se fai co ordenador - Explicaron que unha carta sempre vai a Santiago antes de chegar ao seu destino. Por exemplo unha carta escrita en Becerreá que vai para Becerreá segue este camiño: Becerreá – Lugo – Santiago – Lugo -Becerreá e, todo iso, nun dia - Aprendimos a cuñar todas as cartas - Ensináronnos como cubrir o sobre correctamente - Explicáronos o que era o código postal e que os sobres teñen que ser rectangulares e de cor branca ou crema .Se son de outra cor custan mais diñeiro ou doutro tamaño, custa máis enviar a carta. 2ª PARADA:Concello de Becerreá Despois fomos ao Concello a pedirlles publicidade de Becerreá porque queriamos enviarlla aos nosos compañeiros de Portugal, nunha carta. Non había do noso concello, pero déronnos uns folletos editados pola Deputación de Lugo.