AS MALLAS MATERIAIS DIDÁCTICOS DO CEIP SAN XOÁN. 3º CICLO
1
Plan Proxecta. Aula TIC San Xoán. Normalización Lingüística. Titorías de 3º Ciclo
AS MALLAS Denomínase malla a operación que se fai cos cereais (trigo, centeo, avea, cebada…) despois da sega para separar o gran da palla. Na nosa comunidade, esta actividade comeza no mes de agosto e realízase na eira. Para este traballo, antigamente usábanse os mallos, que están formados por dous paus, un longo e un curto, articulados entre si por dúas pezas de coiro.
Para mallar, cóllese o mallo e bátese sobro da espiga do centeo ata sacarlle o gran. Outras ferramentas que se empregan son angazos de madeira e ferro, rodos para limpar e xuntar o centeo despois da malla.
Cando o centeo está ben mallado, a palla sen grans, chámase colmo e empregábase para tapar as pallozas, muíños... O gran métese en sacos, co tempo, mídese co ferrado e bótase nas arcas. Cando é moito, gárdase na tulla.
2
Plan Proxecta. Aula TIC San Xoán. Normalización Lingüística. Titorías de 3º Ciclo
Hoxe, esta maneira de mallar desapareceu. As máquinas “trilladoras” suplantaron o mallo e isto converteuse nunha lembranza.
A seguinte máquina que apareceu foi a malladora, movida por medio dun motor de gasolina, separaba o gran da palla e, incluso as máis modernas, xa limpan o gran. Aliviaron ao traballador do campo, pero tamén o deshumanizaron o labor nel. Os colmeiros e a palla gárdanse nos palleiros. Alí quedan ata que se precisan. Os primeiros empréganse para colmar as pallozas, palleiros, muíños... e a palla serve para estrar os animais, dar de comer ao gando... Na actualidade, todos estes traballos fanse con modernas colleitadoras, que traballan nas fincas e deixan todo feito, separan o gran da palla, limpan o gran e, incluso, empacan a palla.
3
Plan Proxecta. Aula TIC San Xoán. Normalización Lingüística. Titorías de 3º Ciclo
BUSCA NA LECTURA, OBSERVA AS IMAXES E RESPONDE:
Define coas túas palabras os nomes que aparecen subliñados: MALLA: EIRA: MALLO: RODO: ANGAZO: TRILLADORAS: MALLADORA: COLMEIRO: PALLA: PALLEIRO: FERRADO: TULLA: GRAN: COLLEITADORA: Que outras actividades coñeces que se realicen no campo no verán? Escolle un destes refráns e trata de explicar coas túas palabras o seu significado: Dao Dios na eira e tólleo Marta na maseira. Déao Dios na eira, e cózao Marta na lareira. Durmir e gardar a eira, non hai maneira. Limpa e arranxa a eira cando está agosto á beira. O sol na eira, e a chuvia na nabeira. Ver a palla en ollo alleo e non a viga no propio. Unha palla non fai palleiro, pero axuda ao compañeiro.
4
Plan Proxecta. Aula TIC San Xoán. Normalización Lingüística. Titorías de 3º Ciclo
AGORA... A VER O QUE ES CAPAZ DE DESCUBRIR
Arrodea os meses en que se pode mallar. A que estación do ano pertencen? Imaxina cal é a causa para que sexan eses meses e non outros.
Sinala en que zonas de España os cereais son a colleita maioritaria. Por que cres que é así?
Agora, vai buscar a Internet: Intenta averiguar o nome da “malla” noutras línguas: Castelán: Vasco: Catalán: Inglés: Francés: Portugués:
5
Plan Proxecta. Aula TIC San Xoán. Normalización Lingüística. Titorías de 3º Ciclo
Observa a reprodución destes aperos de labranza. Cales opinas que se podían utilizar para o tratamento da palla e o gran? Sabes como se chaman?
Observa estas fotografías e intúe cales destes campos son sometidos á malla, chegado o seu tempo:
Máis información: Wikipedia: Que é a malla? Festas estacionais en Galicia: As mallas Festas de interese turístico en Galicia. A malla. Video explicativo. O Caurel, malla en Vilamor.
6
Plan Proxecta. Aula TIC San Xoán. Normalización Lingüística. Titorías de 3º Ciclo