Xornadas A21EG. 2012: Desenvolvendo competencias coa educación ambiental
A EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL NOS MARCOS DA A21EG E DUN PROXECTO eTwinning Teresa Susana Vázquez Regueiro CEIP Virxe do Portal. Sobrado.
“A educación é de importancia crítica para promover o desenvolvemento sostible e aumentar a capacidade das poboacións para abordar cuestións ambientais e e desenvolvemento. (...) A educación é igualmente fundamental para adquirir conciencia, valores e actitudes, técnicas e comportamentos ecolóxicos e éticos en consonancia co desenvolvemento sostible e que favorezan a participación pública efectiva no proceso de toma de decisións.” (Artigo 36 da Axenda 21) Unha das limitacións que, con frecuencia, encontramos os profesores para comprometernos en diferentes ideas innovadoras que imos coñecendo é o tempo. Temos un programa a desenvolver, unhas actividades pre-programadas polo centro ao que pertencemos, certos compromisos persoais con determinadas ideas profesionais e… moita información sobre cousas que outros fan e nos encantaría incluír no noso quefacer diario. Conxugar iso é case un problema alxébrico. Co paso do tempo fun comprobando que moitos programas educativos non precisan dun espazo único de desenvolvemento. Pola contra, compleméntanse á perfección con outros, xerando un novo sistema cartesiano de desenvolvemento, onde non é preciso coordinar todas e cada unha das actividades realizadas, senón deixar, naturalmente, que conflúan, cando así o suxira o seu desenvolvemento. Matematicamente poderíamos usar unha metáfora visual: véxase unha liña (seguramente non recta) á que conflúen en diferentes puntos diferentes trazados. Esa liña vai crecendo en grosor coas incorporacións e dá a impresión (ilusión óptica ou virtual) de ser máis forte ao fin.
A A21EG é un deses programas. Despois de anos de experimentación, de asistencia e participación de teorizacións sobre a Axenda 21 Escolar de Galicia, cheguei á conclusión práctica de que é ese o trazado de partida. E o é porque, por definición, a A21 é unha estratexia para encontrar os ámbitos de actuación prioritaria, establecendo, neles, as accións e identificando os recursos para a mobilización na
8 e 9 de Xuño. 2012. Santiago de Compostela.
1