Artigo revista

Page 1

Proxecto eTwinning sobre O Principiño na aula PT Os eTwinning son proxectos europeos que se desenvolven, íntegramente, por Internet para traballar os mesmos contidos entre dúas ou máis escolas europeas de semellante nivel. Este curso, os alumnos da aula de Pedagoxía Terapéutica participaron nun proxecto eTwinning que levou como título “Cautivar con lecturas: O Principiño que vive na Biblioteca”. Os compañeiros de camiño foron outros alumnos, doutra aula de Pt nunha escola portuguesa, a EBI 1,2,3, Francisco Ornêlas da Câmara, na Ilha Terceira (Azores). E a temporalización do mesmo foi de Novembro de 2012 a maio de 2013.

eTwinning é unha iniciativa do Ministerio de Educación que apoia proxectos na rede entre dous ou máis centros escolares de varios países europeos. As escolas crean un proxecto e lévano a cabo utilizando as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Posto que os centros traballan utilizando Internet, non existen bolsas, nin papelame. Tampouco é necesario coñecerse persoalmente.

Neste proxecto, que tivo como núcleo central o libro de Antoine de Saint Exupéry, O Principiño, convidouse ao alumnado a coñecer o mundo da lectura, desde o soporte físico do libro ata o máis simple mundo das palabras, pasando pola lectura, a dramatización, a representación gráfica... Todo o proxecto foi guiado por un “`principiño” moi particular, que, desde o blogue creado para este efecto, convidaba aos grupos galego e portugués a realizar determinadas tarefas de creación, lectura, matemáticas, debuxo, escritura e ata de tratamento fotográfico... Así, cada neno implicado, na súa propia medida, desenvolveu as tarefas propostas e compartiu o seu traballo e colaborou con outros, semellantes nas súas competencias, alén do Atlántico.

O Principiño é unha novela curta, a máis famosa de Antoine de Saint Exupéry, e é a obra francesa traducida a máis idiomas. Desde 1943, acompaña a nenos e adultos nunha viaxe pola imaxinación, contando unha historia de amistade, amor e análise das nosas relacións como persoas. Esta novela está considerada unha das mellores obras francesas do século XX e, sen dúbida, das máis lidas en todo o mundo, a xulgar polos máis de 140 millóns de copias vendidas en todos os continentes.


Entre as actividades realizadas polos alumnos están:

– A creación de libros: un de instrucións para atar os zapatos, outro que recolle a visión do alumnado da obra de referencia. – O traballo de vocabulario, usando as dúas linguas nai do alumnado: galego e portugués. –

A lectura compartida: creación de videos

– A creación artística: deseños, fotografías, dramatizacións... – A celebración de días conmemorativos compartidos: magosto, paz, entroido, pascua...

- O traballo das TIC, normalizado – A descrición de personaxes, o deseño de e contextualizado na aula. personaxes a través de descricións. – O estudo estatístico.

Se queres máis información sobre este proxecto, podes consultalo nos blogues da escola, especialmente no específicamente creado para recoller o noso traballo: cativarcomleituras.blogspot.com.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.