Boletin 3

Page 1

Actividades extraescolares e complementarias

Boletín informativo das Actividades Complementarias e Extraescolares levadas a cabo durante o terceiro trimestre 1.

COMPLEMENTARIAS

Durante o terceiro trimestre, todo o alumnado do centro participou nas seguintes actividades complementarias: SESIÓNS DE FORMACIÓN ENTRE IGUAIS: En tres ocasións os alumnos axudaron a aprender a outros alumnos, nun acto de participación e protagonismo:  Semana do Medio Ambiente, con obradoiros de reciclaxe para todo o centro.  Sesión de Difusión eTwinning, dentro da celebración do Día de Europa.  Semana das Letras Galegas: coa presentación do día e varias sesións de contacontos. CELEBRACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Con todo tipo de actividades e para todo o alumnado do centro (Ver enlace) DECORACIÓN DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: Elaborada coa participación de todo o alumnado, combínase coa decoración de primavera para dar un novo aspecto ao noso centro, dunha “semana que chove letras”. (Ver enlace)

Houbo, tamén, algunhas actividades para ciclos/cursos: CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN DE INCENDIOS: Para o alumnado de terceiro ciclo, coa entrega dunha unidade didáctica (Enlace) ACTIVIDADES PREDEPORTIVAS NO CENTRO: Para todo o alumnado de Educación Primaria, que tivo ocasión de achegarse ao baloncesto (Enlace)

Boletíns informativos trimestrais


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.