ANTOLÍN MEDIANTE: Era un remolín de xente

Page 1

Era un remolín de xente Versos de Antolín Mediante para nenos e nenas Escolma e notas de Xoán Babarro

1


2


Antolín Santos Mediante Ferraría nace en Taramundi o 2 de setembro de 1880. O seu padre chamábase Santos e a súa madre, Ramona. Era o maior doutros dous irmáns, José María e Facundo. Aprendeu as primeiras letras na súa vila natal e alí tamén realizou os estudos medios para examinarse por libre. Obtivo o título de mestre na Escola de Maxisterio de Oviedo e exerceu a profesión en varias localidades de Asturias e Galicia. Os seus destinos foron Abres (A Veiga), Barcia (Valdés), Vilaformán (Trabada), Sante (Trabada), Riotorto e Piantón (A Veiga). Casa con Genoveva Lago Leivas, natural de Riotorto, en agosto de 1917 e establecen o domicilio familiar na localidade veiguense de Piantón, onde nacen os seus sete fillos e onde falece o poeta o 22 de febreiro de 1944. Mediante publicou as súas creacións literarias en diferentes xornais; Las Riberas del Eo e La Comarca de Ribadeo, Brisas del Eo e Ecos vegadenses da Veiga, El Agricultor de Riotorto, entre outros. Destacan as súas coplas de carácter popular e tamén composicións longas como A Veiga de Ribadeo, Un gaiteiro de afición, Poema do malle, A vida no eido, A un moíño desfeito... Por esta última foi premiado en 1925 na Festa da Poesía organizada en Lugo pola Asociación de Prensa. Algúns dos seus temas foron musicados e cantados por grupos do occidente do Principado como a banda de gaitas Os Castros, o grupo Darbukka e o conxunto Os Folkgazais.

3


1 O SANTIAGO DE ABRES [...] Era un remolín de xente tan espaciosa pradeira; facéndoseme auga a boca contei máis de cen merendas tendidas na verde alfombra, de ricas cousas coberta, ¡i a min tocoume de ulilas e de andar ouviando prelas!; os gordos de Ribadeu, a prana maior da Veiga, de Pontenova, Santiso i hasta os que prana non eran, pro tiñan coma os señores pra rumbar unha peseta, todos a cal máis surtidos de manxares e botellas, e despois de bon comer, beber e trunfar ás cheas, ¡veña xaleu e parranda polo souto da Entreseca!, ¡veña pasear, veña baile e múseca a tarde enteira!1 [...]

1

VARIANTES: Remolín = remuíño. Coberta = cuberta. I = e. Ouviando = ouveando. Prelas = para elas. Ribadeu = Ribadeo. Prana = plana. *Hasta = ata. Pro = pero. Trunfar = triunfar. *Xaleu = alboroto. *Parranda = Varanda (troula). Múseca = música. SINÓNIMOS: Remolín = aglomeración de persoas en movemento. Plana = Conxunto de persoas importantes. Rumbar = presumir, fachendear. DÚAS PREGUNTAS: 1. Antolín está describindo a romaría do Santiago de Abres. ¿Sabes se cita algunha das comidas que había nas merendas? 2. ¿Que quere dicir o autor con “a min tocoume de ulilas e de andar ouviando prelas”?

4


2 A VIRXEN DO CONFORTO [...] Santiña tan milagrosa, tan bonita e churrusqueira coma a Virxen de Conforto non se adora nin venera. ¡Que ha venerar!, ¡mal pecado!; ¡ben o saben as labregas, que lle van levar decote a gra de trigo da ofrenda pra que a santiña con creces o devolva na cosecha!; ¡ben o saben os romeiros que de remotas aldeias a bandos van vesitala por camiños e veredas i ofréndanlle á Santa hábetos, pernas e brazos de cera, misas, limosnas pra honrala e lograr favores dela, lavando a cara i as maus na fonte do pé da igresia, [...] A fror e nata das mozas das parroquias mirandesas, de Santiso, Taramunde, de cen lugares i aldeias vin eu alí peripostas como si foran princesas2. [...]

2

VARIANTES: *Virxen = Virxe. *Cosecha = colleita, colleta. Aldeias = aldeas. Vesitala = visitala. *Veredas = vereas. I = e. Hábetos = hábitos. *Limosnas = esmolas. Maus = mans. *Igresia = igrexa. Mui = moi. Mulleriu = mullerío. Véra = viñera. Fror = flor. Si = se. SINÓNIMOS: Churrusqueira = graciosa. Decote = habitualmente. Mirandesas = da terra de Miranda (A Pontenova ‐ Riotorto ‐ Trabada). DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que lle ofrecen á Santa? 2. ¿De que lugares ve mozas o autor?

5


3 A FESTA DO XUIO DE TARAMUNDI [...] Engalanaban a praza arcos vestidos de teixo, bandeiras de mil colores, percalinas e letreiros e todos os perendengues que hai nos mellores festexos; no medio dela se erguía un quiosco de entento feito pra que a múseca tocara, mui adornado por certo; pola noite na verbena alumbraban o paseio faroles á veneciana que se contaban por centos3. [...] 3

VARIANTES: Pra = para. Entento = intento. Múseca = música. Mui = moi. *Alumbraban = alumaban. Paseio = paseo. SINÓNIMOS: Engalanar = adornar. Perendengues = adornos. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Con que se adornara a praza? 2. ¿Que había no medio da praza?

6


4 UNHA EXHIBICIÓN AERONÁUTICA EN RIBADEO [...] –Sube que sube chegou tanto pra riba, ¡ai, Rosendo!, que xa logo non facía tanto vulto coma un merlo; cos nefres debeu chuchar na bóveda ou pouco menos; ruando por entre as nubres estuvo, ¡que sei o tempo!, en feguras, requiveques, voltas e caracoleos, como ríndose talmente das mismas barbas do vento; tomou rumbo escontra o mar, deu sobre a ría un paseo, i eu cos ollos nel clavados pensaba prós meus adrentos, mirando cando de chope iba da iauga pró medio «non che vein mal unhos baños que agora estamos no tempo”; pro, ¡raio prel, que así eu medre se soupo librar do resgo!4 [...]

4

Fragmento de “Das festas de Ribadeo. Diálogos labregos”.

VARIANTES: Pra = para. Nubres = nubes. Estuvo = estivo. Feguras = figuras. Mismas = mesmas. Escontra = contra. I = e. Clavados = cravados. Prós = para os. Adrentos = adentros. Da iauga = da auga. Vein = veñen. Unhos = uns. Pro = pero. Prel = para el. Soupo = soubo. *Resgo = risco. SINÓNIMOS: Nefres = labios, narices. Ruando = zumbando. De chope = de golpe. Así eu medre = por certo, abofé. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿A que bóveda se refire o texto? 2. ¿Precipitaríase no mar ou aterraría normalmente?

7


5 A VEIGA DE RIBADEO [...] A Veiga de Ribadeo, vila nobre, hospitaleira, vila frorecente, próspera, vila sin par en espréndida, vila rumbosa, sonada, á redonda en muitas leguas, vila inquieta e buliciosa, vila que é de vilas reina, rico diamante engarzado en dúas rexiós xemelas, Asturias e mais Galicia; vila, en fin, das escolleitas polo ben que está situada; por alegre e pracenteira; polas gaiospeiras mozas que nunca faltaron nela; porque na maina corrente de Eo e Suarón se refresca; porque de bicos se dan alí catro carreteras; porque ten á carón mismo estación de vía férrea e mui espaciosa ría pola que os barcos navegan; pola casa do Auntamento; pola frondosa alameda; pola fonte do mercado; pola manífeca igresa5. [...]

5

VARIANTES: Sin = sen. Espréndida = espléndida. Muitas = moitas. *Reina = raíña. Rexiós = rexións. *Xemelas = Xemelgas. *Carreteras = estradas. Mismo = mesmo. Mui = moi. *Auntamento = Concello. Manífeca = magnífica. *Igresa = igrexa. SINÓNIMOS: Gaiospeiras = gaioleiras. Escolleitas = escollidas. Bicos = chuchos. Á carón = ao pé. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que adxectivos utiliza o poeta para caracterizar A Veiga? 2. ¿Que quere dicir que “na maina corrente de Eo e Suarón se refresca”?

8


6 O GALOCHEIRO DE LOUSIDE [...] Adeprendeu sendo un guiche, de afición, i é tan arteiro, que en dazanove parroquias non se viu mellor zoqueiro. Esto non é ponderanza, pra zocas píntase solo; xa tamén, ¡Dios lle perdone!, era o mesmo seu avolo. Pra ben caídas ó pé, as llegradas da súa mau; ás zocas do de Louside non hai volta que lle dar. Pois debuxadas, xa calo; por ben e por ben que risque, eu non sei doutro zoqueiro que tan ben as reberisque. Pra lucir en días de gala, fai de encarga zocas finas, que mismamente parece que son un par de botinas6. [...]

6

VARIANTES: Adeprendeu = aprendeu. I = e. Dazanove = dezanove. Esto = isto. Pra = para. *Dios = Deus. Perdone = perdoe. Avolo = avó. Llegradas = legradas. Mau = man. Mismamente = mesmamente. SINÓNIMOS: Guiche = neno pequeno. Arteiro = mañoso. Zocas = galochas. Caídas = axeitadas. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Cales son as zocas máis vistosas que fai este galocheiro? 2. ¿Que quere dicir “ás zocas do de Louside non hai volta que lle dar?

9


7 UN GAITEIRO DE AFICIÓN Nun lugar da Montaña, o de Refoxo, onde a xesta frorece e mailo toxo, alí vive un gaiteiro, na traza rudo, mais no xeito veredes que é mozo agudo. Nun canuto de vara de castiñeiro, xa sopraba cando era coma un algueiro. [...] I eran os seus floreos e salouquiños garuleiros cantares dos paxariños. Mozo, xuntou cadelas pola súa uña, pra mercar unha gaita que veu da Cruña. [...] Coela ledo se ensaia noites e días i á porfía é buscado prás romarías7. [...]

7

VARIANTES: Frorece = florece. Algueiro = argueiro. I = e. Pra = para. Cruña = Coruña. Coela = con ela. Prás = para as. SINÓNIMOS: Argueiro = Lixo, cousa pequena. Saloucos = xemidos, salaios. Cadelas = diñeiro, cartos. Ledo = contento. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que instrumentos intentou tocar o gaiteiro antes de ter a gaita? 2. ¿Para que o buscan?

10


8 O ALBEITE DE VILARIÑO [...] Undequera que chega ver unha res é tan ben recibido coma un marqués. Nesto a dona, coel ampra e francacheira, a tixela descolga da súa espeteira, pra facer a tortilla que chame o viño, i é meirande que a moa dalgún moíño. O larxán des que come e bebe forte, arruitando de farto baixa prá corte8. [...]

8

VARIANTES: Undequera = onde queira. Coel = con el. Ampra = ampla. Pra = para. I = e. Moíño = muíño. Arruitando = arrotando. Prá = para a. SINÓNIMOS: Albeite = Curandeiro de animais. Res = cabeza de gando. Francacheira = Xenerosa. Meirande = máis grande. Corte = curral. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Que fai o albeite ao chegar a unha casa? 2. ¿Como é de grande a tortilla?

11


9 A UN MOÍÑO DESFEITO

Moíño, vello moíño, moíño de Brañavara, que nalgún tempo moías sin sosego nin parada, i agora dórme‐lo sono preguiceiro da folganza. [...] Moín esquencido e triste, moín de sorte menguada, que, nas misteriosas verbas que en ti recollen as auras pra romorosas turbar as noites en lene calma, con desemulo te queixas, e polo baixo salaias lembrando nos teus adrentos as galanceiras trulladas, ledicias e travesuras 9 das noites de muiñada . [...]

9

VARIANTES: Moíño, moín = muíño. Sin = sen. I = e. Pra = para. Menguada = minguada. Romorosas = rumorosas. Desemulo = disimulo. Adrentos = adentros. SINÓNIMOS: Verbas = palabras. Auras = ventos suaves. Lene = suave, tranquila. Salaiar = suspirar. Lembrar = recordar. Galanceiras = gaioleiras. Trulladas = troulas, diversións. Ledicias = alegrías. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que quere dicir que o muíño dorme o sono da folganza? 2. ¿Como era antes a vida arredor do muíño e como é agora?

12


10 A VIDA NO EIDO

Viste de gala o monte, o val i o chan nos trigales dourados co sol do vran. Vense por undequera os agros louros prometendo a fartura dos seus tesouros. [...] Airiños loumiñeiros de si desprenden, nas veigas, as fragancias a que recenden. [...] Corren ó pé das sebes, polas cavadas, as raposas i as lebres, medio agachadas. E cantan algareiros, polos vilares, os merlos, as calandras i os pazpallares10. [...]

10

VARIANTES: I = e. Trigales = trigais. Undequera = onde queira. Pazpallares = paspallás. SINÓNIMOS: Louros = dourados. Loumiñeiros = aloumiñadores, acariciadores. Cavadas = searas. Sebes = Valo vexetal entre as terras. Algareiros = barulleiros. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que destaca o poeta dos cultivos? 2. ¿E das aves?

13


11 POEMA DO MALLE [...]¡Tempos que non volverán!; despois de facer a sega, era no agro a mallega o labor de máis afán; e por serra, val e chan, que ó sol de agosto quencían, os recios malles tondían o trigo e mais o centeio, que, pola bondá do ceio, a fartura nos traguían. Como bravos luitadores, despregábanse nas eiras, en contrapostas ringleiras, os varudos malladores, e por ser os trunfadores ningún forzas excusaba; a picantela arreciaba, e cada malle era un mazo, e cada rouco golpazo, unha bomba que estoupaba11. [...] 11

VARIANTES: Mallega = malla. Tondían = tundían. Quencían = quecían. Centeio = centeo. Bondá = bondade. Ceio = ceo. Traguían = traían. Luitadores = loitadores. Trunfadores = triunfadores. SINÓNIMOS: Agro = campo. Tundían = mallaban. Ringleiras = filas. Varudos = recios, fortes. Picantela = pique, provocación. Estoupar = estourar, estalar. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Por que o poeta di que non volverán máis aqueles tempos? 2. ¿Como se colocaban os malladores?

14


12 UNHA CONSULTA Furtando voltas ós cas, de noite, por un portuxo, entrou famento raposo no galiñeiro de Antuxo. Fixo tamaño debouzo que solo as prumas quedaron, e mentras houbo galiñas os dentes non lle folgaron. Cando á miñán viu Antuxo o atavanto no poleiro, xurou que nas súas gadoupas morrería o gran larpeiro. Valeuse de armas e cás, armou tamén o torbello, i o raposo non caía, porque era xa pego vello. Hasta lle puxo a tallada adoubada de maneira que ó comela rebentase..., i a tallada sempre enteira. Por dilixencias que fixo nunca logrou atrapalo; xa no lugar non quedaba unha pita nin un galo12. [...]

12

VARIANTES: Cas = cans. Prumas = plumas. Mentras = metres. Miñán = mañá. I = e. Torbello = trebello. Adoubada = adubada, adobada. Inxenioso = enxeñoso. Pra = para. *Hasta = ata. SINÓNIMOS: Debouzo = estrago. Atavanto = desfeita. Trebello = trampa. Gadoupas = Poutas, garras. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que pasou no galiñeiro de Antuxo? 2. ¿Como loitou contra o raposo?

15


13 LEITE CON BROA Un vilego moi gorrón, que en lar alleo comía tanto coma un sabañón, foi vesitar certo día a un labrego socarrón. [...] Trouxo Xuana, de contado, tamaña cunca de leite, que, dentro dela engurrado, cabía ben un acheite que xa fose destetado. E de broa unha ración que parecer parecía, metá dun calabazón, i a unha vez naide a engulía, se non era moi tragón. De enfornar el non parou hastra que conta foi dando de canto á mesa chegou, i á postre, arroitos ceibando, así co dono falou: –Eu sempre fun moi leitego, por eso comín tan ben. E respondeu o labrego: –¡Ai, será si!, pro tamén me parece que é pancego13.

13

VARIANTES: Vesitar = visitar. Ampra = ampla. Acetou = aceptou. Sin = sen. Metá = metade. I = e. *Hastra = ata. Arroitos = arrotos. Eso = iso. Pro = pero. SINÓNIMOS: Lar = casa. Parenta = muller, esposa. Acheite = neno pequeno. Enfornar = tragar. DÚAS PREGUNTAS:

1. ¿Con que comida o convidan? 2. ¿De que palabras derivan vilego, leitego e pancego? 16


14 DESCULPA DE NENO

A un pequeno golosote mandoulle unha tarde a nai que fose levar ó pai pra merendar un guisote. Pro seique o diaño tentou o meigo do rapaciño, que indo á mitá do camiño, as talladas lle larpou. E máis que foran, i o aleve díxolle ó pai que caera coa cunca, á que non puidera apañar senón o prebe14.

14

VARIANTES: Pra = para. Pro = pero. Seique = seica. Mitá = metade. I = e. *Aleve = aleive.

SINÓNIMOS: Larpar = comer. Aleive = aleivoso. Prebe = mollo. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que recado tiña que facer o neno? 2. ¿Que fixo cando lle levaba a comida ao pai?

17


15 GENOVEVA [...] É fresca como a rosada dun amencer abrileiro; roliza como se fora ama de chaves dun crego; branca como as azucenas dos nosos froridos eiros; colorean os seus papos, se o rubor llos poi acesos, máis que a cereixa que raxa entre as follas do cereixo; do azul que nos ceios brila, son seus ollos craro espello; un manoxo de fíos de ouro leva por trinca de pelo; roxa amapola nacida naquel vale tan ameno de Riotorto, edén frondoso, Paraíso verdadeiro15. [...]

15

De “Un peixe na rede”.

VARIANTES: Froridos = floridos. Eiros = eidos. Poi = pon. Cereixo = cerdeira, cereixal. Ceios = ceos.*Brila = brilla. Craro = claro.*Manoxo = presa. *Amapola = papoula. SINÓNIMOS: Rosada = orballo. Eiros = terras. Acesos = acendidos. Trinca = trenza. DÚAS PREGUNTAS: 1. Antolín está retratando a súa muller. ¿Saberías dicir como lle pinta os ollos? ¿E o pelo? 2. ¿De que palabras derivan abrileiro e floridos?

18


Entroido de 2014

(Estas actividades escolares de comprensión lectora pódense fotocopiar)

19


OS TEIXEDAIS 1

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.