O informe 2012 da Axenda Dixital 2014.gal destaca o avance da Administración galega na modernización dos servizos públicos e a redución da fenda dixital na Comunidade
Segundo o compromiso de información expresados na elaboración da Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, no documento anexo preséntase o informe anual de actividades relacionadas coas distintas liñas estratéxicas que a compoñen, así como datos de indicadores de avance da sociedade de información en Galicia, dos orzamentos investidos, etc. En resumo, un documento onde atopar toda a actividade da Xunta de Galicia no ano 2012 en relación co desenvolvemento da Axenda Dixital, os seus plans e programas, así como dos resultados acadados.
No informe, do ano 2012, reflíctese a importante aposta do Goberno galego en prol dunha mellora dos servizos públicos, baseándose nas vantaxes que a tecnoloxía pode aportar para ofrecer á sociedade unha Administración sempre aberta aos cidadáns.