Presentación da guía de boas prácticas para o despregamento das Infraestruturas de Telecomunicación

Page 1

Guía de boas prácticas para o despregamento das infraestruturas de telecomunicación Santiago, 6 de novembro de 2013

O documento está dispoñible baixo a LICENZA CREATIVE COMMONS ATRIBUCIÓN COMPARTIR IGUAL 3.0; poderían aplicarse cláusulas adicionais, obtendo o permiso do titular dos dereitos de autor

1


Índice (1)  Obxectivos  Situación actual  Novas Necesidades de Infraestruturas 

Plan de Banda Larga de Galicia

 Implicacións normativas    

Normativa recente que afecta ás infraestruturas de telecomunicación Normativa recente autonómica: Lei 3/2013 Normativa recente do Estado: Lei medidas urxentes Normativa recente do Estado: nova Lei Xeral de Telecomunicacións

Documento elaborado co financiamento da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia 2


Índice (2)  Boas prácticas para o despregamento das novas infraestruturas de telecomunicacións en Galicia 1. Inventariado das infraestruturas municipais propias 2. Homoxeneización da normativa municipal que afecte ás infraestruturas de telecomunicacións 3. Inclusión no planeamento urbanístico de previsións de infraestruturas de telecomunicacións 4. Optimización dos procedementos administrativos para a tramitación de despregamentos de infraestruturas 5. Facilitar o acceso á información sobre os proxectos públicos 6. Apertura solidaria de vías públicas 7. Execución de canalizacións propias en aperturas unilaterais de vías públicas 8. Esixencia de documentación de todas as canalizacións realizadas no concello 9. Recomendacións adicionais

 Resumo e conclusións

3


Obxectivos • Servir como documento de referencia no despregamento das infraestruturas

de telecomunicación que sitúe a Galicia na vangarda das TIC. •Analizar a situación actual das infraestruturas de telecomunicacións e a normativa actual e prevista. • Aportar unha visión práctica do despregue de infraestruturas de

telecomunicacións aos técnicos da administración. • Describir unha serie de Boas Prácticas nos despregamentos das infraestruturas de telecomunicación.

4


Situación actual As Tecnoloxías da Información e a Comunicación

- Son un elemento impulsor fundamental para todos os sectores produtivos. A UE e a OCDE afirman que o incremento da penetración da banda larga inflúe no crecemento do PIB (do 1 ao 1.5% de crecemento anual por cada incremento de 10 puntos na penetración da banda larga). - Melloran o benestar da cidadanía en xeral. - Incrementan a competitividade e xeran emprego - Crean novas costumes de ocio

Existe unha grande demanda de servizos TIC 5


Situación actual -

-

-

Incremento do número de terminais con acceso á Internet: 127 millóns de dispositivos conectados á Internet en España en 2012. En 2017 está previsto que sexan case 200 millóns. Cambio nos usos por parte dos usuarios: incremento do uso de internet móbil, maior consumo de vídeo... Tarifas converxentes e máis asequibles Irrupción do “Internet das Cousas”, cada vez máis dispositivos sensores e actuadores conectados á Internet sen intervención humana.

É urxente renovar as redes e infraestruturas 6


Novas necesidades de infraestruturas • No que respecta ás Redes fixas: As redes de cobre están acadando a súa máxima capacidade.

No interior dos edificios xa existe unha lexislación punteira a nivel mundial desde 2011 (ICT) que facilita a chegada da fibra óptica ás vivendas dos usuarios (FTTH). Sen embargo, en numerosas ocasións, as empresas encargadas de dar este tipo de servizos teñen dificultades para alcanzar a estes edificios coas infraestruturas de telecomunicacións apropiadas de fibra óptica, polo que non se alcanzan largos de banda e velocidades de acceso maiores pola limitación do tramo entre a central telefónica e o edificio. É preciso levar as redes de fibra óptica ata ás vivendas e empresas para que estas poidan beneficiarse das súas posibilidades.

7


Novas necesidades de infraestruturas • No que respecta ás Redes móbiles: O número crecente de terminais e o aumento da demanda de contidos multimedia en mobilidade, requiren cada vez maiores velocidades de conexión e maiores capacidades de xestión de tráfico ás redes. É preciso mudar a tecnoloxía (LTE), e instalar novas estacións base de comunicacións, aumentando o seu número para aumentar a súa capacidade, dada a necesidade de conexións de maior velocidade, e a mesmo tempo diminuíndo a súa potencia para reducir o número de usuarios que comparten o largo de banda.

Actualmente está en marcha o Plan de Banda Larga de Galicia, o cal está a supoñer un importante despregamento de infraestruturas de telecomunicacións en Galicia.

8


Novas necesidades de infraestruturas: Plan de Banda Larga de Galicia

Co obxectivo de avanzar na creación destas infraestruturas e, deste xeito, achegar os novos servizos de telecomunicacións ao conxunto da cidadanía, a Xunta de Galicia puxo en marcha no ano 2010 o Plan de Banda Larga de Galicia.

Obxectivo fundamental: Posibilitar o acceso á banda larga de calidade a toda a sociedade galega Grazas ao Plan a poboación con cobertura de banda larga de calidade pasará do 71,8% existente antes da posta en marcha do Plan a máis do 98%¹. Ademais, o Plan posibilitará que o 50% da poboación de Galicia conte con acceso a redes de nova xeración, con capacidades de cando menos 100 megas. Inicio Plan Fin Plan

CON Banda Larga

SEN Banda Larga 71,8% 98%

28,2 %

2%

¹ A cobertura completarase ata o 100% a través de tecnoloxía satélite 9


Implicacións normativas

Para facilitar os despregamentos das novas redes de alta capacidade móbiles e fixas

É necesario un marco de coordinación entre os diferentes axentes públicos e privados implicados co fin de evitar duplicar esforzos, optimizar os investimentos e axilizar a chegada dos servizos aos cidadáns. O despregamento debe realizarse dun xeito ordenado, homoxéneo, harmónico e respectuoso co medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural. As infraestruturas de telecomunicacións deben converterse nun elemento máis da planificación urbanística de modo similar ao subministro eléctrico e de auga. 10


Implicacións normativas Normativas con incidencia no telecomunicacións:

despregamento de

infraestruturas de

ESTATAIS: •Lei 32/2003, de 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións. •Normativa das Infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICT). •Normativa que establece as condicións de protección do dominio público radioeléctrico (Real Decreto 1066/2001, de 28 de setembro). AUTONÓMICAS: • Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural (Lei do solo) • Decreto 133/2008 polo que se regula a incidencia ambiental. MUNICIPAIS: •plans xerais de ordenación municipal •ordenanzas municipais 11


Implicacións normativas: normativa recente que afecta ás infraestruturas de telecomunicación

A NIVEL AUTONÓMICO: •Lei 3/2013 de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia.

A NIVEL ESTATAL: •Lei 12/2012 de medidas urxentes de liberalización do comercio e determinados servizos. En diante “Lei medidas urxentes”. •Nova Lei Xeral de Telecomunicacións (pendente de aprobación).

12


Normativa recente autonómica: Lei 3/2013 Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación de infraestruturas de telecomunicacións de Galicia (DOG 7-6-2013) Obxectivo principal: axilizar e facilitar o despregamento ordenado de infraestruturas de telecomunicacións en todo o territorio dun xeito homoxéneo, harmónico e respectuoso co medio ambiente. Principais ámbitos da lei: • Coordinación e colaboración entre axentes públicos e privados que redunde nun menor custo dos despregamentos e contribúa á mellora das infraestruturas. •Ordenación territorial e planificación urbanística das infraestruturas co fin de garantir a instalación de infraestruturas de telecomunicacións no conxunto do territorio dun xeito que asegure a protección do territorio, dos recursos naturais e do ámbito paisaxístico. • Incorporación de infraestruturas de telecomunicacións en vivendas, en obras públicas e edificios públicos. 13


Normativa recente do Estado: Lei medidas urxentes •

Ten por obxecto o impulso e a dinamización da actividade comercial e de determinados servizos mediante a eliminación de trámites administrativos existentes que afectan ao inicio e exercicio da actividade comercial.

NOVIDADE DESTACADA: inclúe un punto que axuda ao despregamento das infraestruturas de telecomunicación vía radio, simplificando os trámites administrativos para as novas estacións de telefonía móbil. (Disposición adicional terceira)

Axudará a facilitar o despregamento de redes que, aínda que non estarán suxeitas a licenza inicial por parte das autoridades locais, (abondará unha declaración responsable), si terán un control posterior, e polo tanto será necesario dispoñer dun proxecto asinado por técnico competente (art.º 4.2) e da restante documentación habitual.

14


Normativa recente do Estado: nova Lei Xeral de Telecomunicacións Pendente de aprobación (aprobado o proxecto de lei en setembro). Obxectivos destacados: • Deseñar mecanismos de colaboración entre administracións para facilitar os despregamentos. • As redes públicas de comunicacións electrónicas constitúense como equipamento de carácter básico e a súa instalación configurase como obra de interese xeral. • Simplificación administrativa. • Facilitar o despregamento de redes poñendo á disposición dos operadores os recursos necesarios para elo. • Establecerá requisitos técnicos mínimos para o despregamento de redes (en Real Decreto posterior). 15


Boas prácticas para o despregamento das novas infraestruturas de telecomunicacións en Galicia Resulta aconsellable que as administracións adopten medidas para favorecer e estimular o despregamento das novas infraestruturas de telecomunicacións.

O presente apartado describe unha serie de medidas que contribuirán a dito fin. Trátase de medidas coherentes coa lexislación autonómica e estatal existente.

16


Boas prácticas: 1. Inventariado das infraestruturas municipais propias OBXECTIVOS: Trátase de que se consiga reunir nun punto centralizado toda a información sobre infraestruturas que son susceptibles de poder ser utilizadas nos despregamentos dos operadores e se poña á disposición destes, inclusive de aqueles que non teñan manifestado interese por despregar, posto que a posibilidade de utilizar infraestruturas existentes podería supoñer para eles un incentivo ao despregamento debido ao aforro de custos que acadarían. INFRAESTRUTURAS A INVENTARIAR: •Canalizacións municipais de electricidade. •Soportes e trazado aéreo de alumeado público. •Canalizacións municipais de augas, de abastecemento ou residuais. •Depósitos de auga municipais. •Edificios municipais independentes da Casa do Concello. 17


Boas prácticas: 1. Inventariado das infraestruturas municipais propias BENEFICIOS: •Recorte de prazos de execución •Facilidade de tramitación •Menos molestias á cidadanía •Maior cobertura e mellores servizos de comunicacións •Económicos CUSTO: Baixo (horas de traballo do persoal). Pode executarse pouco a pouco conforme exista dispoñibilidade. PRAZO DE EXECUCIÓN: Dependente das infraestruturas existentes. 18


Boas prácticas: 2. Homoxeneización da normativa municipal que afecte ás infraestruturas de telecomunicacións OBXECTIVOS: Elaborar unha normativa local que simplifique e favoreza o despregamento de redes de telecomunicacións, adaptada ás recomendacións e normas europeas, estatais e autonómicas. Dispoñer dun marco legal uniforme e sinxelo, co obxectivo de facilitar e posibilitar a realización de infraestruturas de telecomunicación e que dote da seguridade xurídica necesaria tanto ás empresas operadoras como aos Concellos.

É aconsellable utilizar o criterio da simplificación, axeitando os plans e ordenanzas tipo da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) ás particularidades de cada Concello.

19


Boas prácticas: 2. Homoxeneización da normativa municipal que afecte ás infraestruturas de telecomunicacións BENEFICIOS: • Cidadanía: aumento oferta servizos, redución prazos de chegada dos servizos. • Concellos: redución carga traballo, marco xurídico seguro. • Operadores: marco xurídico coñecido, redución prazos de despregamento. CUSTO: No caso dunha Ordenanza baseada na ordenanza tipo o custe será baixo (horas de traballo do persoal). No caso dun Plan Urbanístico ten pouco impacto no custo total da elaboración do planeamento.

PRAZO DE EXECUCIÓN: Para o caso dunha Ordenanza, curto se se usa a Ordenanza Tipo e para o caso dun Plan urbanístico, condicionado pola súa tramitación. 20


Boas prácticas: 3. Inclusión no planeamento urbanístico de previsións de infraestruturas de telecomunicacións OBXECTIVOS: Esta medida, relacionada coa anterior, consiste en contemplar nos planeamentos urbanísticos as necesidades de infraestruturas para a prestación de servizos de telecomunicacións como se fai actualmente con outras dotacións (auga, luz...). Para isto é necesario que nos planeamentos urbanísticos se definan e concreten mínimos dotacionais para as infraestruturas de telecomunicacións, tanto para os sistemas xerais como para os sistemas locais. EXECUCIÓN: Mediante a modificación dos plans urbanísticos existentes para a inclusión das infraestruturas de telecomunicación e a súa inclusión nos pregos de condicións na redacción de futuros plans urbanísticos. 21


Boas prácticas: 3. Inclusión no planeamento urbanístico de previsións de infraestruturas de telecomunicacións BENEFICIOS: • Concellos: seguridade xurídica e mellora de servizos para os veciños, redución da “fenda dixital”. •Operadores: redución de prazos e custos de instalación, seguridade xurídica.

CUSTO: • Novos planeamentos: practicamente irrelevante. • Modificación planeamentos: escaso impacto no volume do traballo. PRAZO DE EXECUCIÓN: Non é relevante dentro do procedemento de redacción dun planeamento. 22


Boas prácticas: 4. Optimización dos procedementos administrativos para a tramitación de despregamentos de infraestruturas OBXECTIVOS: Establecer un procedemento guía para a tramitación de solicitudes de instalación de infraestruturas, no que se inclúa a interacción coas outras administracións implicadas e no que queden perfectamente definidos os pasos a seguir dentro da estrutura municipal. Facilitar e uniformizar o procedemento administrativo no trámite dos permisos e licencias de obra dos novos despregamentos de telecomunicacións.

EXECUCIÓN: Exemplo segundo o esquema seguinte.

23


Boas prácticas: 4. Optimización dos procedementos administrativos para a tramitación de despregamentos de infraestruturas PXOM adaptado lei solo 9/2002

SI PXOM

Solo urbano

SI

Solicitude de licenza de obra PXOM Non adaptado a Lei Solo 9/2002 ou SEN NORMATIVA

Actividade construtiva de uso permitido

SI

NON

Certificado Final de Obra

Lei Solo 9/2002

TIPO de solo rústico de ESPECIAL PROTECCIÓN de Espazos Naturais ?

Solo rústico

SI

Clasificación do tipo de Solo

SI Concesión de Licenza de obra

Art. 41 Lei 2/2010 Autorización autonómica previa

Licenza de Obra Maior Sen Construción de Nova Planta

24


Boas prácticas: 4. Optimización dos procedementos administrativos para a tramitación de despregamentos de infraestruturas BENEFICIOS: •Cidadanía: redúcese o prazo de acceso aos novos servizos e mellórase a percepción de igualdade de oportunidades no Concello respecto a outros. •Concellos: redúcese o tempo de ocupación dos funcionarios municipais e dótaselles de seguridade na tramitación. •Operadores: axilízase o acceso a novos clientes. CUSTOS: Baixo (horas de traballo do persoal que se recuperarán coas primeiras tramitacións que se realicen). PRAZO DE EXECUCIÓN: Practicamente inmediato. 25


Boas prácticas: 5. Facilitar o acceso á información sobre os proxectos públicos OBXECTIVOS: Definir un procedemento para facilitar o acceso á información, baseado nos servizos web das Administracións e dos operadores, que permita publicitar as obras planificadas polas administracións coa antelación suficiente para coordinar esforzos e evitar instalacións duplicadas.

EXECUCIÓN: 1. Definir unha consulta tipo a operadores. 2. Difundila mediante medios electrónicos: • Publicación na páxina web do concello. • Publicación na “web” dun ente supramunicipal (p. Ex. a FEGAMP). • Envío aos operadores mediante lista de correo. RECOMENDADO

26


Boas prácticas: 5. Facilitar o acceso á información sobre os proxectos públicos EXEMPLO DE CONSULTA A OPERADORES Título: novo vial na parroquia de X Promotor: Concello de X. Persoa de contacto para información: Xosé Exemplo Exemplo. Teléfono: 600123456 E-mail: exemplo@concellodex.com Descrición da obra: Creación dun novo vial na parroquia de X entre os núcleos de A Igrexa e O Castro. Lonxitude: 3.500 metros. Data estimada de inicio: 01/02/2014 Data estimada de fin: 01/08/2014 Ubicación (coordenadas): 42 ° 11 '4.86 "N, 08° 06' 32.22" W Prazo límite para manifestar interese: 01/01/2014

27


Boas prácticas: 5. Facilitar o acceso á información sobre os proxectos públicos BENEFICIOS: • Económicos: redución dos custes da obra civil necesaria. • Redución prazos de execución. • Reutilización elementos existentes.

CUSTOS: Moi baixo. PRAZO DE EXECUCIÓN: Practicamente inmediato.

28


Boas prácticas: 6. Apertura solidaria de vías públicas OBXECTIVOS: Definir un procedemento para a coordinación das empresas interesadas en realizar obras no Concello. Coordinar esforzos e optimizar os recursos das empresas para acadar unhas infraestruturas máis modernas e eficientes e, ao mesmo tempo, reducir as molestias á cidadanía pola a realización recorrente de obras nas vías públicas.

Medida similar a anterior, pero implica ás obras a realizar por outros operadores e empresas privadas, non só as executadas polo Concello. EXECUCIÓN: • Publicación no BOP das solicitudes de obra • Publicación na web do Concello das solicitudes de obra. • Envío a lista de contactos das empresas operadoras. RECOMENDADO 29


Boas prácticas: 6. Apertura solidaria de vías públicas BENEFICIOS: • Cidadanía: redución das molestias das obras sucesivas nas vías públicas. • Concellos: mellora integral das infraestruturas, ordenación e optimización das canalizacións existentes, redución do número de obras e mellora da percepción da cidadanía do Concello con respecto a un uso dos orzamentos máis adecuado. • Operadores: redución de custos de instalación e dos prazos de execución. CUSTOS: Traballo de coordinación, compensado coas vantaxes obtidas.

PRAZO DE EXECUCIÓN: Practicamente inmediato. 30


Boas prácticas: 7. Execución de canalizacións propias en aperturas unilaterais de vías públicas OBXECTIVOS: Que o Concello instale ou solicite a instalación de canalizacións propias nas aperturas das vías públicas a executar polo operador de calquera servizo. Esta nova canalización de titularidade municipal poderá ser empregada posteriormente por outras empresas mediante a contraprestación que se determine. EXECUCIÓN: • Mediante acordo coa empresa que realice a obra. • Investindo recursos propios.

31


Boas prácticas: 7. Execución de canalizacións propias en aperturas unilaterais de vías públicas BENEFICIOS: •Optimiza a realización de zanxas, evitando ou retrasando a realización de posteriores canalizacións na vía afectada. •Permite ao Concello adiantarse ás necesidades futuras dos seus cidadáns. •Xera unha posible nova fonte de financiación dos servizos prestados polo Concello. CUSTOS: Esixe un investimento variable, pero de baixa importancia respecto da obra civil que sería preciso realizar se non se executase en paralelo con outra obra. PRAZO DE EXECUCIÓN: Practicamente inmediato de incluír nos procedementos do Concello. 32


Boas prácticas: 8. Esixencia de documentación de todas as canalizacións realizadas no concello OBXECTIVO: Prever que todas as canalizacións que se realicen nos Concellos se documenten mediante planos e fotografías que permitan coñecer o resultado da execución das obras. Así mesmo, é especialmente necesario que se fotografen os encontros e cruces con outras canalizacións preexistentes, e que estes se marquen nos planos finais. EXECUCIÓN: Inclusión dun parágrafo, que esixa a documentación gráfica das canalizacións realizadas e os encontros con outras canalizacións, nos pregos de condicións, no contrato ou na licenza de obras segundo se trate de obra pública ou privada.

33


Boas pr谩cticas: 8. Esixencia de documentaci贸n de todas as canalizaci贸ns realizadas no concello Exemplo de plano final de obra:

34


Boas prácticas: 8. Esixencia de documentación de todas as canalizacións realizadas no concello Exemplo de fotografía durante a execución da obra

Canalización TELECOMUNICACIÓNS Cota: -80 cm

35


Boas prácticas: 8. Esixencia de documentación de todas as canalizacións realizadas no concello BENEFICIOS: •Aforro de tempo e minimización de avarías na realización de instalacións posteriores. •Coñecemento inmediato das posibilidades de ampliación ou entronque con novas instalacións, tanto para o concello como para as empresas operadoras e instaladoras. •Evítanse as molestias de avarías aos veciños, especialmente incómodas nos casos da auga ou da electricidade. CUSTOS: Moi baixo, só esixe previsión na redacción dos pregos e licenzas e comprobación das documentacións entregadas ao fin das obras. PRAZO DE EXECUCIÓN: Practicamente inmediato de incluír nos procedementos do Concello. 36


Boas prácticas: Recomendacións adicionais •Permitir a execución de zanxas menos profundas do indicado nalgunhas ordenanzas. • Permitir cableados en fachada onde xa existan de xeito previo e valorar a súa autorización con técnicas de mimetización en zonas nas que actualmente se prohiba.

•Dar facilidades para o tendido aéreo en zonas rurais •Axilizar a tramitación administrativa dos permisos para traballos de pouca entidade. •Considerar as reparacións ou mantementos como urxentes. •Non denegar a instalación de novas canalizacións por estar aínda en garantía os pavimentos. 37


Resumo e conclusións •O obxectivo desta xornada é destacar a necesidade real de acometer a instalación de novas infraestruturas de telecomunicacións para facilitar a chegada dos servizos ao conxunto da cidadanía. •O efecto das novas tecnoloxías da información e a comunicación sobre a economía, e mesmo sobre os usos sociais, é tan importante que o seu desenvolvemento é básico no funcionamento das distintas Administracións Públicas.

•Despois da publicación da “Lei de impulso e ordenación de infraestruturas de telecomunicacións de Galicia”, e da tramitación por parte do goberno central do “Proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións”, os Concellos teñen na súa man tomar medidas para facilitar os despregamentos. •A aplicación de estas medidas non é complexa, e en moitos casos só require tramitar as infraestruturas de telecomunicación coma se foran outros servizos de utilidade pública. 38


Moitas grazas Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia O Presente documento está dispoñible baixo a LICENZA CREATIVE COMMONS ATRIBUCIÓN COMPARTIR IGUAL 3.0; poderían aplicarse cláusulas adicionais, obtendo o permiso do titular dos dereitos de autor 39


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.