O Balance de 2009-2013 da Axenda Dixital recolle iniciativas que supoñen un investimento de preto de 1.100 millóns nas actuacións definidas na Axenda Dixital de Galicia, 2014.gal, para consolidar a modernización tecnolóxica da Administración e dos servizos públicos, a inclusión e capacitación dixital da poboación, o impulso do hipersector TIC como elemento tractor dos restantes sectores produtivos e o despregamento de infraestruturas de telecomunicación na Comunidade.
Máis información: https://adminamtega.xunta.es/axenda-dixital/balances_anuais/balance_2009-2013.html