O SAE da Xunta permitirá ás empresas contratistas dos servizos públicos de transporte dispoñer deste servizo sen necesidade de dotarse dun SAE local propio. A incorporación deste sistema é unha das obrigas establecidas no Plan de Modernización das concesión de transporte público para toda a flota de transporte regular de persoa, que dá servizo anualmente a 25 millóns de usuarios, a través de máis de 1.000 autobuses.
Con esta iniciativa a Xunta ofrece aos empresarios do sector á posibilidade de integrarse nun proxecto tecnolóxico que lles evitará asumir a complexidade tecnolóxica da iniciativa, permitirá obter aquela solución que mellor se adapte técnica e funcionalmente ás súas necesidades nunhas mellores condicións económicas grazas o uso de economías de escala.