Por que unha Axenda Dixital 2020? ... para dar continuidade aos logros tecnolóxicos acadados en Galicia a través de 2014.gal Axenda Dixital de Galicia e converxer coa Unión Europea en 2020. Case
800
procedementos (49% do total) pódense tramitar de xeito telemático fronte ao 4% dispoñible en 2010
Todo galego/a ten a media hora de distancia do seu fogar unha aula CeMIT na que poder acceder á formación TIC
+42.900
Preto de
2.300
aulas dixitalizadas
51.700 alumnos beneficiados de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de ESO
En marcha H2050 e InnovaSaúde o maior plan de innovación sanitaria cun investimento de máis de 90M€ para crear o modelo do futuro da sanidade pública galega
persoas formadas
O 98% da poboación conta con cobertura de banda larga O 2% mediante satélite
Programa TransformaTIC, estratexia única da Administración e do sector TIC para potenciar e reforzar o sector TIC de Galicia Pacto Tecnolóxico Dixital con 12 grandes empresas do sector TIC e o Clúster TIC galego para cooperar no desenvolvemento dixital de Galicia
2
Por que unha Axenda Dixital 2020? ... porque os cambios económicos e sociais e as novas tendencias tecnolóxicas requiren un salto cualitativo na utilización das TIC para contribuír ao crecemento na Comunidade. ADAPTACIÓN AOS CAMBIOS SOCIAIS
UNHA ADMINISTRACIÓN MÁIS PRÓXIMA Á CIDADANÍA DIXITALIZACIÓN EMPRESARIAL REFORZO DOS RECURSOS TERRITORIAIS
INFRAESTRUTURAS ASEQUIBLES E DE ALTA CALIDADE
3
Por que unha Axenda Dixital 2020? … para reforzar e reafirmar a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, introducindo aqueles elementos que permitirán maximizar o impacto das políticas tecnolóxicas na Comunidade. Estratexia 2020 Axenda Dixital para Europa
aliñamento
Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 (2020) 2014.gal Axenda Dixital de Galicia Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3) Estratexia Galega de Crecemento Dixital
AXENDA DIXITAL DE GALICIA 2020 aliñamento
Axenda Dixital para España
4
Axenda Dixital de Galicia 2020 É a resposta para converter o escenario dixital que nos rodea no motor dunha sociedade mellor, apostando por un modelo de crecemento vinculado á economía dixital, solidaria e inclusiva, e á transparencia e participación cidadá.
5
Un modelo participativo A estratexia tecnolóxica galega contou para a súa elaboración coa participación de representantes das principais empresas da Comunidade, do sector TIC, das institucións públicas e da sociedade civil.
Un proceso de elaboración a través dun modelo participativo, cuxo espírito queda reflectido no propio título: a Axenda Dixital de Galicia 6
Un modelo participativo EXPERTOS E REFERENTES
REPRESENTANTES TIC DOS SECTORS ECONÓMICOS
INVERSORES TIC
REPRESENTANTES DO SECTOR TIC GALEGO
EMPRENDEDORES TIC
SECTOR TIC
7
Un modelo participativo MOCIDADE
CONCURSO CURTAS CO MÓBIL
Axenda Dixital de Galicia 2020
ENTIDADES LOCAIS
SOCIEDADE
BLOG.ADG2020.ES
5 desafíos
8
Mirando ao futuro: ADG2020 Para asegurar a ordenación
VALORIZACIÓN
dos desafíos a abordar,
DA ADMINITRACIÓN
distínguense cinco liñas
estratéxicas que se reforzan
ÉNFASE NA VIDA DIXITAL
mutuamente construíndo a VEREA na que avanzar:
ACELERACIÓN DA ECONOMÍA DIXITAL
ESTÍMULO AO CRECEMENTO DO SECTOR TIC
ARTICULACIÓN DIXITAL DO TERRITORIO
V E R E A 9
Mirando ao futuro: ADG2020
VALORIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN Avanzarase cara a unha Administración dixital innovadora que responda e se adiante ás expectativas da sociedade, aproveitando as oportunidades que brindan as novas tecnoloxías (Big Data, mobilidade, interoperabilidade,...).
6 desafíos:
10
Mirando ao futuro: ADG2020
VALORIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN Desenvolvendo o Plan de Administración e Goberno dixitais 2020 para consolidar a eAdministración á vez que se desenvolven solucións innovadoras para a prestación de servizos dixitais personalizados capaces de acadar unha maior satisfacción dos usuarios. Traballando por ser recoñecidos como un goberno aberto , ofrecendo un acceso sinxelo á información pública, mellorando a transparencia e permitindo a participación da sociedade no proceso de formulación de políticas. Fomentando o uso de técnicas de Big Data que dean lugar a un aumento da dispoñibilidade de coñecementos, máis oportunidades de negocio e sirva ademais, de estímulo para a I+D+i. Consolidando a interoperabilidade como un novo paradigma de relación entre as AAPP que sirva de marco para a prestación de servizos públicos dixitais á cidadanía dun xeito único en calquera punto do territorio. Impulsando os servizos en mobilidade tanto entre administracións como para empregados públicos e cidadáns para incrementar a inmediatez e a capacidade de resposta do Goberno. Completando, a través do Plan e-Xustiza_Plan Senda 2020 a incorporación das TIC na Administración de Xustiza co fin de achegar a xustiza á cidadanía, axilizar os trámites e facilitar a cooperación entre autoridades xudiciais.
11
Mirando ao futuro: ADG2020
ÉNFASE NA VIDA DIXITAL Aproveitarase o potencial das TIC para converter a Galicia nun lugar de progreso social avanzado e onde as persoas poidan levar unha vida autónoma e participar activamente na sociedade.
4 desafíos:
12
Mirando ao futuro: ADG2020
ÉNFASE NA VIDA DIXITAL Dando continuidade á estratexia para a integración plena das TIC no eido educativo co Proxecto Abalar, estendendo o libro dixital ata os 27.000 alumnos en 2017 e potenciando o papel dos docentes na creación de contidos.
Darase continuidade ao Plan Trabe, implantando novas solucións TIC no ámbito dos servizos
sociais que permitan contribuír a asegurar e ampliar a asistencia social, chegando a máis rapaces, maiores e dependentes.
Avanzando cara a unha Sanidade dixital integral que favoreza a integración coa contorna sociosanitaria, responda ás necesidades do envellecemento activo e saudable e á mobilidade dos pacientes e profesionais sociosanitarios InnovaSaúde e Hospital 2050. Poñendo en marcha Plan de Inclusión Dixital de Galicia. Horizonte 2020 para dar cabida non só á alfabetización senón tamén á madurez dixital, posibilitando que calquera persoa acceda a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
13
Mirando ao futuro: ADG2020
RACIÓN DA ECONOMÍA DIXITAL
ACELE
Promoverase o liderado de empresas que a través da incorporación das TIC garantan a creación e absorción de talento e innovación para xerar novas oportunidades e promover así a atracción e o crecemento económico na Comunidade.
5 desafíos:
14
Mirando ao futuro: ADG2020
RACIÓN DA ECONOMÍA DIXITAL
ACELE
Continuando co Plan Smart Turismo 2014-2020 para promover a creación de novos servizos turísticos dixitais que melloren a experiencia do viaxeiro e potencien o Camiño de Santiago (SmartCamiño). Avanzando cara a universalización do patrimonio cultural de Galicia, aplicando as TIC para contribuír á súa recolección, preservación e valorización, así como para facilitar o seu acceso e para implicar á sociedade na súa protección e difusión.
Plan para a Xestión Dixital do Patrimonio
Cultural Contribuíndo a aumentar a produtividade e competitividade do sector primario a través da promoción de solucións intelixentes que melloren os procesos de xestión e produción, garantan o control e impulsen unha xestión sostible e responsable da súa actividade.
Promovendo a conformación dunha rede de transporte intelixente capaz de ofrecer servizos integrais e personalizados, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías e os novos dispositivos móbiles. Impulsando a empresa 4.0 mediante a introdución de solucións dixitais innovadoras nos procesos produtivos que contribúan a ofrecer produtos e servizos de maior valor engadido
Axenda da
Competitivade de Galicia - Industria 4.0 / hibridación sectorial. 15
Mirando ao futuro: ADG2020
ESTÍMULO AO CRECEMENTO DO SECTOR TIC Promoverase o liderado de empresas que a través da incorporación das TIC garantan a creación e absorción de talento e innovación para xerar novas oportunidades e promover así a atracción e o crecemento económico na Comunidade.
2 desafíos:
16
Mirando ao futuro: ADG2020
ESTÍMULO AO CRECEMENTO DO SECTOR TIC Favorecendo unha contorna de colaboración entre os diferentes axentes que conforman o ecosistema dixital co fin de contribuír a consolidar en Galicia sectores enteiros que produzan colaborativamente e superen os resultados individuais
Programa TransformaTIC / Pacto
Tecnolóxico Impulsando a xeración de coñecemento tecnolóxico innovador aliñado coas necesidades tecnolóxicas dos sectores produtivos e da rexión.
Compra pública de Tecnoloxía Innovadora
Favorecendo a creación de novo tecido tecnolóxico e potenciando a presenza e impacto do hipersector tic fóra da rexión
Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020
Impulsando as vocacións tecnolóxicas entre os máis mozos e reforzando a adecuación da capacitación dos profesionais TIC á continua evolución tecnolóxica, co fin de asegurar que Galicia conta cos mellores profesionais para satisfacer as necesidades actuais e futuras do mercado tecnolóxico.
17
Mirando ao futuro: ADG2020
ARTICULACIÓN DIXITAL DO TERRITORIO Favorecerase non só a conectividade TIC necesaria para garantir a vertebración dixital do territorio de xeito seguro e sostible senón tamén, para coñecer información que permita, en caso de ser necesario, actuar de xeito intelixente.
3 desafíos:
18
Mirando ao futuro: ADG2020
ARTICULACIÓN DIXITAL DO TERRITORIO Impulsando o emprego de novas solucións dixitais para incrementar a capacidade de resposta dos servizos de detección, prevención e xestión de riscos, catástrofes ou emerxencias Posta en marcha no ano 2015 da Rede
de emerxencias de Galicia.
Promovendo o despregamento de redes de telecomunicacións ultrarrápidas
Porase en marcha o
Plan de Banda de Galicia 2020 para universalizar a cobertura de 30 Mbps así como incrementar a adopción das redes ultrarrápidas na sociedade.
Traballando para reforzar as capacidades da Administración, do sector empresarial e da propia cidadanía para o uso seguro das redes e dos sistemas de información
Plan para a Calidade e
Seguridade de Infraestruturas Críticas.
19
Mirando ao futuro: ADG2020
investimento A Axenda Dixital de Galicia 2020 mobilizará máis
de 1.500 millóns de euros no período 2015 – 2020 entre fondos públicos e privados. Máis de 950 millóns de euros de fondos públicos xerarán un efecto panca para mobilizar case 600 millóns de euros procedentes da iniciativa privada. O maior investimento en materia TIC en Galicia, cun orzamento medio de 258 millóns de euros anuais 20
axendadixital2020.gal