A través do “Informe de seguimento das accións para o desenvolvemento da Sociedade da Información do ano 2009”, a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) pretende achegar os elementos necesarios para dar a coñecer e avaliar que é o que se está a facer e con que ritmo se están a acadar os obxectivos definidos neste ámbito, o que nos permite ter unha visión completa do desenvolvemento e do estado da Sociedade da Información en Galicia.