Resumen Executivo do Estudo Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos e Tecnolóxicos

Page 1

RESUMO EXECUTIVO

FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

2


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

ÍNDICE 1

INTRODUCIÓN

p.04

1.1. UNHA DEMANDA INMINENTE 1.2. DESDE UNHA NOVA PERSPECTIVA 1.3. OBXECTO DO ESTUDO

2

CONCLUSIÓNS

p.08

2.1. O ALUMNO 2.2. CONTORNA PRÓXIMA 2.3. CONTORNA EDUCATIVA 2.4. CONTORNA SOCIAL

3

RECOMENDACIÓNS

p.14

3.1. O ALUMNO 3.2. CONTORNA PRÓXIMA 3.3. CONTORNA EDUCATIVA 3.4. CONTORNA SOCIAL

4

AUTORES

p.18

3


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

1

4

INTRODUCIÓN


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

1.1 - UNHA DEMANDA INMINENTE Os cambios tecnolóxicos que están a ter lugar demandan un maior número de profesionais preparados para a economía dixital, con altas capacidades, que contribuirán a atraer investimento e que impedirán unha perda de empregos claves no sector TIC directamente e indirectamente nos demais sectores económicos. Claro reflexo desta situación é o actual escenario europeo no que, a pesar dos altos niveis de desemprego, o número de postos de traballo no sector dixital está a aumentar en máis de 100.0001 ao ano e, non obstante, o número de diplomados TIC e de traballadores cualificados neste campo non se está a incrementar ao mesmo ritmo que a demanda. En Galicia, ao igual que no resto de Europa, a alta empregabilidade dos profesionais deste ámbito contrasta cunha situación continuada no tempo, de diminución no número de alumnos matriculados e titulados nestes estudos, contando tan só cun 8,5% de matriculados en carreiras do ámbito Científico, Tecnolóxico, en Enxeñarías e Matemáticas.

1.2 - DESDE UNHA NOVA PERSPECTIVA Son moitos os informes publicados, que intentan explicar as razóns que motivan esta falta de interese dos alumnos na elección deste tipo de estudos. A maioría deles apuntan cara á planificación, currículo e metodoloxía docente nas materias Científicas, Tecnolóxicas, en Enxeñarías e Matemáticas (STEM)2. Igualmente, sinálase como compoñente importante a formación do profesorado, tanto a nivel das materias impartidas, como do coñecemento das profesións vinculadas a este campo. Por outro lado, a imaxe social das profesións tecnolóxicas, a percepción que os alumnos perciben das mesmas, do mesmo modo que o nivel sociocultural, o xénero e a variable do “esforzo”, foron identificados como elementos que de forma clara inciden sobre o alumnado no momento de elección de estudos.

1

Cibercapacidades para Traballos en Europa. Medindo o progreso e avanzando. Estudo da Comisión Europea ano 2014.

2

STEM polas súas siglas en inglés de Ciencias (Science), Tecnoloxía (Technology), Enxeñaría (Engineering) e Matemáticas (Maths). A Ensinanza das Ciencias, a Tecnoloxía e as Matemáticas en pro do desenvolvemento humano. Documento da conferencia internacional de expertos celebrada en Goa, India, 20-23 de febreiro de 2001. Informe UNESCO-CASTME. 5


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

A xeneralidade dos traballos publicados sobre a problemática da falta de interese dos alumnos na elección de estudos do ámbito STEM, recollen análises nas que se expón o punto de vista dos axentes que participan no proceso de elección de estudos pero, particularmente, parten da dos expertos das disciplinas claves como son a pedagoxía, socioloxía e psicoloxía aplicadas á contorna educativa. Entendendo que estes axentes son fundamentais, e sendo a súa visión indispensable, é preciso, para obter unha visión completa, contar co punto de vista dos propios estudantes que son, en última instancia, os protagonistas da elección. Xa que, en definitiva, son propiamente eles, os que finalmente deciden os seus itinerarios formativos e, polo tanto, o que será o seu futuro profesional.

1.3 - OBXECTO DO ESTUDO Para dar resposta á cuestión descrita, e coa intención de analizar de forma particularizada as motivacións dos alumnos no momento decisivo da elección de estudos, nace o presente Estudo dos Factores Influentes na Elección de Estudos Científicos, Tecnolóxicos, en Enxeñarías e Matemáticos en Galicia. Para a realización do mesmo, contouse coa colaboración de 5.120 estudantes de 3º e 4º de ESO e Bacharelato, pertencentes a 40 Centros educativos de toda Galicia, con representatividade a nivel territorial, co obxectivo de entender: t As causas da falta de vocacións en Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñarías e Matemáticas entre o alumnado galego. t O proceso de elección do itinerario formativo e profesional dos estudantes: criterios, momentos críticos, axentes e factores que máis inflúen, etc. t As posibles vías de actuación para potenciar estas vocacións e mellorar o rendemento escolar nestes ámbitos. Os resultados obtidos foron analizados por un grupo de expertos pertencentes aos eidos da docencia universitaria e non universitaria, representantes da Administración Pública, dos Colexios Profesionais, do Clúster TIC, representantes dalgunhas das grandes empresas de Galicia, fundacións e institucións educativas, científicas e innovadoras galegas, ademais de expertos de ámbito nacional, coa finalidade de obter a súa visión, valoración e interpretación da situación. Buscando deste modo, achegar novos elementos de debate, e realizar recomendacións sobre posibles liñas de actuación. 6


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

7


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

2

8

CONCLUSIÓNS


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

Para o deseño dos cuestionarios que se trasladaron aos alumnos, coa finalidade de recompilar a súa perspectiva sobre os factores que lles inflúen no momento da elección de estudos, levouse a cabo un traballo inicial de investigación, no cal foron analizadas, a través da revisión de diversas fontes de investigación procedentes dos ámbitos da psicoloxía, a socioloxía e a pedagoxía, unha ampla gama de variables que se identificaron como de potencial impacto, sobre a decisión dos alumnos no momento da elección do seu itinerario formativo, e que se reflicten e agrupan en catro ámbitos conceptuais: Alumno, Contorna Próxima, Contorna Educativa e Contorna Social, a través dos que expoñemos as principais conclusións:

AC 1 ALUMNO

AC 1.1

AC 1.2

AC 1.3

Autoeficacia

Convicción vocacional

Cronoloxía da decisión das vocacións

AC 2 CONTORNA PRÓXIMA

AC 2.1 Contexto sociocultural familiar

AC 3 CONTORNA EDUCATIVA

AC 3.1

AC 3.2

AC 3.3

AC 3.4

Condicionante do rendemento académico

Orientación educativa

Imaxe dos profesores e materias

Participación no Programa Abalar

científico-tecnolóxicas

AC 4 CONTORNA SOCIAL

AC 4.1 Percepción das profesións STEM

9


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

2.1 - O ALUMNO O estudo determina que a autoeficacia ou a capacidade autopercibida do alumnado é un elemento clave na elección do seu itinerario formativo. Os resultados obtidos neste aspecto, indican que existe un elevado número de estudantes que non se senten capaces para realizar estudos de Enxeñaría ou Informática, Matemáticas, Física ou Química (case o 40%). Este condicionante provocará que a preferencia do alumno, sobre ao que querería dedicarse profesionalmente nun futuro, se vexa afectada de forma que a súa elección podería non coincidir co verdadeiramente desexado. Ao mesmo tempo, estes resultados mostran a existencia dunha menor autoeficacia no caso das alumnas, sendo tan só un 54% das mesmas, a porcentaxe de alumnas que se senten capaz de facer carreiras como Enxeñaría ou Enxeñaría Informática, fronte ao 74% dos alumnos. En consecuencia, existe un importante problema de autoeficacia que supera o posible problema de capacidade que poidan ter os alumnos, de feito, non todos os alumnos con bos expedientes académicos contan cun alto nivel de autoconfianza nas súas capacidades. Por outra banda, a principal motivación dos alumnos para a elección do tipo de estudos é a vocación (así o declararon o 92% deles), seguida da utilidade e a facilidade. Non obstante, a facilidade preséntase como factor diferencial para aqueles alumnos de ESO que optarán por un Bacharelato distinto ao Científico-Tecnolóxico, respecto ao do resto de alumnos que optarán polo Bacharelato Científico-Tecnolóxico, xa que no caso dos primeiros, é o motivo declarado polo 59% deles. Cabería, polo tanto, traballar para cambiar a percepción da mala relación esforzo-beneficio, sobre este tipo de itinerarios formativos. Finalmente, respecto ao marco temporal, a decisión sobre o tipo de estudos que queren realizar os alumnos, está xa formada no momento que estes chegan a 3º e 4º de ESO, tratándose dunha decisión afianzada, xa que no paso de ESO ao Bacharelato non se produce un cambio nas preferencias da elección. Entendemos, xunto cos expertos consultados, que é entre o segundo e terceiro ciclo de Primaria, o momento de incidir cun profesorado de calidade e enfoques baseados nunha metodoloxía científica e tecnolóxica, estimulando o interese por estas materias e, non nun estudo memorístico.

10


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

2.2 - CONTORNA PRÓXIMA A situación familiar do alumno, a capacidade económica da familia, as profesións das nais e pais, a situación cultural da súa contorna e mesmo a procedencia familiar, son variables que afectan aos estudantes no seu desenvolvemento vital e formativo. Así, para aqueles alumnos que se atopan nunha contorna sociocultural baixa, a diferenza dos alumnos que están noutras situacións, a vocación non é o factor diferencial, que determinará a elección do seu itinerario formativo, senón o impacto da contorna do alumno. Isto supón que existe unha situación de partida diferente para as mozas e mozos que se encontran neste contexto, o cal parece incidir negativamente no momento de elección de estudos. Polo tanto, é preciso deseñar e realizar actuacións que permitan cambiar a situación de partida descrita, e traballar para que a contorna sociocultural do alumno non sexa un condicionante limitante no momento de elección de estudos STEM (estudos Científicos, Tecnolóxicos, en Enxeñarías ou Matemáticas).

11


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

2.3 - CONTORNA EDUCATIVA O contexto académico agrupa importantes variables de impacto que foron analizadas pola súa potencial influencia na elección de estudos que realiza o alumno: o seu rendemento académico, a orientación que recibe, a imaxe dos profesores e materias. Os datos obtidos no Estudo indican que o perfil dos estudantes de Bacharelato Científico-Tecnolóxico, desde o punto de vista do rendemento académico, é superior ao de aqueles que optaron por outras opcións curriculares. Non obstante, detectouse que un bo rendemento académico ha de estar combinado cunha alta autoeficacia, posto que hai alumnos aos que a pesar de ter un bo expediente académico, a súa falta de confianza nas capacidades propias, os condicionan na decisión polos itinerarios STEM. Existe unha visión de excesiva dificultade neste tipo de estudos, o cal repercute de forma negativa sobre o alumnado, xa que se asocia a perfís con rendemento académico alto, o que o converte nun factor en contra para aqueles alumnos que non cheguen a acadar uns resultados similares. Faise preciso o deseño de accións que suavicen a imaxe de dificultade destes estudos e que poñan en valor a relación positiva entre custo-beneficio sobre o desenvolvemento dos mesmos. Na elección de estudos, se ben o protagonista é o propio alumno, este estará condicionado por posibles influencias que incidirán na súa decisión. Neste sentido, os resultados obtidos indicaron que a influencia das nais e pais é a máis relevante, segundo declararon o 79% dos alumnos respecto ao momento da elección de estudos post-ESO. Outro dato importante a valorar é o feito de que os alumnos, para realizar a súa opción de estudos, demandan maior información sobre as distintas profesións, o que fai preciso redefinir as colaboracións escola-universidade-empresa, creando novas sinerxías que permitan unha transferencia de coñecemento. Acerca da imaxe que perciben os alumnos sobre os profesores e materias científico-tecnolóxicas, detéctase a necesidade de fortalecer por un lado, a formación e competencias nas TIC do profesorado non STEM, ao mesmo tempo que no caso do profesorado STEM, a implementación de accións que reforcen a súa base didáctica permitíndolles un maior achegamento ao alumnado. Por outra banda, sobre as materias de Informática e Tecnoloxía, conclúese a necesidade de dotalas dun carácter transversal e igualmente, de aumentar nas mesmas o peso da creación dixital (programación, robótica, etc.). 12


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

Por último, o enfoque particularmente tecnolóxico no que consiste o Proxecto Abalar, reflíctese en que os alumnos dos Centros Abalar fan un uso máis completo das TIC, dunha forma diferencial, contribuíndo á alfabetización dixital da súa contorna familiar.

2.4 - CONTORNA SOCIAL En xeral, a visión que teñen os alumnos sobre os estudos e profesións relacionadas coas Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñarías ou Matemáticas é positiva, xa que consideran que xeran prestixio, as asocian a traballos ben remunerados e con un considerable impacto social. Non obstante, aínda que se observa unha visión positiva deste tipo de carreiras, cabe destacar, a existencia dunha porcentaxe de estudantes que descoñecen esta realidade, polo que se considera necesario incidir sobre dous elementos como son o prestixio e a utilidade social. É importante destacar, a persistencia dunha fenda de xénero, algo que tamén indican os resultados deste Estudo. Así, se pon de manifesto, que aínda hai modelos negativos de xénero en relación ás mulleres, ás Tecnoloxías e Enxeñarías. Algo que se reflicte no feito de que fronte ao 46% dos mozos que optan polo Bacharelato Científico-Tecnolóxico, unicamente un 33% das mozas o elixen, sendo no caso da elección dos estudos de Enxeñarías e Enxeñaría Informática, un 6% as mozas que optan por eles e un 34% a porcentaxe de mozos.

13


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

3

14

RECOMENDACIÓNS


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

Expoñemos neste apartado as principais recomendacións recompiladas, despois dun intenso traballo de análise realizada pola Comisión de expertos de diferentes eidos. Estas recomendacións pretenden ser unha achega ao ámbito educativo en particular, e á sociedade galega en xeral, coa finalidade de contribuír ao incremento de vocacións de carácter tecnolóxico, dando resposta así á importante demanda do mercado laboral. Presentamos a continuación as recomendacións identificadas, seguindo a estrutura dos distintos ámbitos conceptuais recollidos nas conclusións.

3.1 - O ALUMNO En primeiro lugar, proponse reforzar a autoeficacia do alumno a través de accións, que fortalezan a imaxe propia e a proxectada polas nais/pais e profesores, tendo en conta para o seu deseño a incorporación da perspectiva de xénero: t Actividades de mentorado deseñadas para o fortalecemento da autoeficacia. t Accións de mentorado tecnolóxico introducidos desde idades temperás. t Talleres científico-tecnolóxicos e actividades de “role playing” nas que os alumnos poidan visualizarse coma enxeñeiros, científicos, técnicos, etc. Igualmente, neste mesmo ámbito, considérase preciso implicar ás familias como axentes motivadores para o alumno e ao mesmo tempo, aumentar o capital científico-tecnolóxico das mesmas: t Involucrando ás nais e pais en accións divulgativas de estudos Científicos, Tecnolóxicos, en Enxeñarías e Matemáticos buscando que desenvolvan un papel activo. t Deseñando actividades en museos e centros tecnolóxicos especificamente dirixidos ás familias, realizando dinámicas lúdicas de sensibilización. Por último, é fundamental, aumentar o atractivo vocacional das profesións STEM desde idades temperás, baixo o paraugas da colaboración escola-universidade-empresa, buscando conseguir unha aproximación positiva dos alumnos cara a este tipo de profesións, de modo que eles mesmos, poidan verse como futuros profesionais do eido dixital: t Realizando talleres e programas divulgativos escolares e extraescolares sobre este tipo de profesións, mediante visitas a museos e centros de divulgación tecnolóxica. 15


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

t Facendo máis efectivos os programas de colaboración escola-universidade-empresa xa existentes, incrementando a súa incidencia e alcance. t Fomentando encontros dos alumnos cos profesionais, que permitan unha mellor comprensión sobre as carreiras e profesións STEM.

3.2 - CONTORNA PRÓXIMA No relativo a este punto, recoméndase aumentar o interese polos estudios STEM dos estudantes de contornas con maiores dificultades socioculturais, o que require de accións moi particularizadas: t Deseñando accións lúdico-educativas que potencien o acceso á ciencia e á tecnoloxía de forma específica, para este colectivo de alumnos. t Promovendo un mentorado próximo desde a especificidade da contorna sociocultural. t Realizando iniciativas de mentorado familia-alumno personalizadas en función do contexto, que evite focalizarse unicamente nos alumnos e inclúa en todo momento á familia como parte importante, realizando programas cun alto contacto persoal.

3.3 - CONTORNA EDUCATIVA Respecto á contorna educativa, proponse incrementar o uso das TIC na educación a través das seguintes actuacións: t Incrementar o uso das TIC na educación incidindo nos modelos de aprendizaxe, reforzando as habilidades/competencias TIC do profesorado t Afondar nunha formación dos docentes que inclúa a perspectiva de xénero, ademais de reforzar a importancia da motivación na labor pedagóxica, especialmente nas materias do ámbito científico-tecnolóxico que son percibidas con máis dificultade. t Facilitar o intercambio de boas prácticas entre os profesores en experiencias de intervención e aprendizaxe de éxito, e aportar modelos educativos non competitivos de alta recompensa na auto-imaxe. t Favorecer o desenvolvemento de perfís TIC entre o profesorado das primeiras etapas formativa do alumnado, de modo que a aproximación a materias como a Informática ou a Tecnoloxía poida realizarse desde Primaria. 16


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

t Potenciar os modelos de orientación e titorización que permiten un mellor acompañamento do alumno no seu proceso de decisión, e que lle ofrezan unha mellor información sobre os profesionais e o desenvolvemento das carreiras profesionais do sector TIC. Sería recomendable que esta orientación estivese presente desde as etapas escolares iniciais, de modo que o estudante teña un coñecemento do eido dixital desde as mesmas. t Incidir nas colaboracións escola-universidade-empresa, crear novas sinerxías que permitan a existencia dunha transferencia de coñecemento, que faga posible unha mellor comprensión por parte do alumnado, sobre as distintas profesións e os diferentes tipos de traballo a desenvolver nelas. Trátase en definitiva, de que as empresas aumenten o interese polas profesións no ámbito tecnolóxico, facéndoas máis atractivas.

3.4 - CONTORNA SOCIAL As principais recomendacións neste último ámbito conceptual son, por un lado, deseñar e desenvolver accións divulgativas que reforcen a imaxe de profesións vinculadas ás TIC como a realización de actividades divulgativas que incorporen elementos de orientación profesional e información neste sentido. Por outro lado, indicouse a conveniencia de realizar actuacións de divulgación sobre a achega da Ciencia e a Tecnoloxía á sociedade, de modo que impacten de forma positiva na imaxe que os alumnos teñen delas. Como recomendación final, indicamos a necesidade de deseñar iniciativas que rompan coa visión da desigualdade de xénero sobre as profesións do ámbito STEM: t Fomentando a visualización de mulleres que desenvolven actividades no eido científico-tecnolóxico con éxito. t Promovendo modelos de referentes femininos tanto a través dos medios de comunicación como especificamente no eido educativo.

17


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

4

18

AUTORES


FACTORES INFLUENTES NA ELECCIÓN DE ESTUDOS CIENTÍFICOS, TECNOLÓXICOS, EN ENXEÑARÍAS E MATEMÁTICOS EN GALICIA

A Xunta de Galicia xunto cos representantes de empresas do sector TIC asinaron o “Protocolo de colaboración para o desenvolvemento dixital de Galicia” co obxecto de establecer un compromiso de cooperación firme para converter ao sector da economía do coñecemento nun dos motores da economía de Galicia no período 2013-2020 e, lograr, desta forma, un desenvolvemento dixital que contribúa ao crecemento económico e sostible da rexión e que permita a creación de emprego, o incremento da competitividade das empresas e a súa internacionalización e a mellora da calidade dos servizos. No marco de traballo deste Protocolo a AMTEGA, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e everis (como asinante do convenio), asumiron o compromiso de colaborar activamente para a consecución dos obxectivos establecidos. Neste contexto asinouse o Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Amtega e everis, para elaborar o “Estudo dos factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos, en enxeñaría e matemáticos en Galicia”, coa finalidade de afondar no coñecemento das motivacións que teñen os alumnos galegos no momento da decisión dos estudos que van a cursar. everis an NTT Data Company é unha consultora multinacional que ofrece solucións de negocio, estratexia, desenvolvemento e mantemento de aplicacións tecnolóxicas, e outsourcing. A compañía, que desenvolve a súa actividade nos sectores de telecomunicacións, entidades financeiras, industria, utilities, enerxía, administración pública e sanidade, na actualidade conta con 10.600 profesionais distribuídos nas súas oficinas e centros de alto rendemento en 13 países. A consultora pertence ao grupo NTT DATA, a sexta compañía de servizos IT no mundo, con 70.000 profesionais e presenza en Asia-Pacífico, Oriente Medio, Europa, Latinoamérica e Norteamérica. A integración en NTT DATA permite a everis ampliar as solucións e servizos para os seus clientes, aumenta as súas capacidades, recursos tecnolóxicos, xeográficos e financeiros axudando a dar as respostas máis innovadoras aos seus clientes consultaría de negocio, estratexia, desenvolvemento e mantemento de aplicacións tecnolóxicas e outsourcing.

19



Argentina Belgium Brazil Colombia Chile Italy Mexico Peru Portugal Spain UK USA

everis.com

Consulting, IT & Outsourcing Professional Services


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.