No marco dos estudos do Master en Rehabilitación Arquitectónica, adquiríronse unha serie de competencias sobre a rehabilitación do patrimonio construido. Este Traballo de Fin de Master pretende valorar, responder, aplicar e experimentar os conceptos, técnicas e coñecementos desenvolvidos nas sesións maxistrais e prácticas do curso académico.
Con este obxetivo, escolleuse un exemplo do patrimonio rural construído de escala, dimensións e características adecuados: un conxunto de arquitectura popular da zona agraria coruñesa, ubicado en Tordoia, A Coruña.
Este traballo narra as transformacións necesarias para a súa rehabilitación, dende as restauracións parciais dos seus elementos construtivos, ata a xeración dunha actividade que dote de sentido a súa digna pervivencia.
Tamara Fraga