Carta V Feira Matemática

Page 1

Feira matemática 2011 Día Escolar das Matemáticas Estimado compañeiro, estimada compañeira: Como ben sabes, o día 12 de maio é o Día Escolar das Matemáticas, e nós, os de AGAPEMA, celebrámolo cunha Feira Matemática aberta para que todo o profesorado poida participar expoñendo e dando a coñecer actividades matemáticas de todo tipo para realizar as persoasque asistan. Por razóns de organización e de calendario este ano a V Feira Matemática celebrarémola o 21 de maio, sábado, no vestíbulo principal da planta baixa de PALEXCO , dende as 11 h ata ás 19 h e está aberta a todas as etapas do ensino, desde Educación Infantil á Universidade. Cada centro, cada profesor, cada grupo de alumnos, pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas. Haberá tamén exposicións, concurso de fotografía matemática, xogos, exhibicións… Dado que o 2011 é o Ano Internacional da Química, o Día Escolar das Matemáticas está dedicado a “Matemáticas e Química” o que pode dar ideas para que algunhas das actividades que se presenten demostren que hai unha boa química entre as dúas ciencias. As propostas que se mostran nos distintos postos desta V Feira pretenden ser un xeito de amosar o achegamento da ciencia, en particular das ciencias matemáticas, aos cidadáns, afastándonos de aspectos formais, sen que por iso perda o rigor nin diminúa a importancia do que a ciencia representa na sociedade actual. Agradecémosche que prestes a túa desinteresada colaboración e permitímonos convidarte para que poidamos contar contigo participando activamente na celebración da V Feira Matemática e difundindo esta información entre os teus compañeiros e compañeiras. Mantente informado ó día a través de: Web: http://agapemacoruna.com/feiramatematica Un cordial saúdo A Coruña, 20 de outubro de 2010

Asdo. Enrique de la Torre Fernández Delegado de AGAPEMA.Zona de A Coruña

A Comisión organizadora: Francisco Álvarez Fontenla, Isabel Miguélez Pose, Mª Cristina Naya Riveiro, Manuel PazosCrespo, Sandra SambadeNieto, Gonzalo Temperán Becerra, Enrique de la Torre Fernández


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.