XEOMETRÍA
DE PAPEL:
CALENDARIO 2011-DODECAEDRO
MATERIAL
RÓMBICO
Alicia Pedreira Mengotti
DESELVOLVEMENTO
6 follas tamaño DIN A4 de diferentes cores, en cada unha hai impresos dous meses do ano 2010. Imprímeas no blogue: www.tetractismonelos.blogspot.com
PASOS: 1. Dobrar cada folla ó longo da mediana, e cortar. Temos 12 rectángulos DIN A5, en cada un deles hai un rombo no centro cun mes impresora. 2. Marcar o punto medio dos dous lados maiores e pregar os dous lados menores sobre a mediana, e abrir. 3. Levar cada vértice do rectángulo sobre o pé da mediana situada sobre o lado oposto ó mesmo vértice, pregar e abrir. 4. Cambiar de val a monte a metade superior dereita e a metade inferior esquerda das pregaduras paralelas á mediana (fig. 7). 5. Pechamos o módulo colléndoo polos vértices superior dereito e inferior esquerdo e aplastando un contra outro para pechar a peza sobre si mesma. 6. Encaixamos os tres primeiros módulos insertando unha aleta de cada peza no bolsillo das outras, continuando dese modo ata encaixalas todas.
12 veces, despois...
Se queres facelo en galego, podes acudir á seguinte páxina web para descargar as follas: http://www.ii.uib.no/~arntzen/kalender/ Terás que ter en conta que saen catro follas por A4, e sairá máis pequeno.