Tetractis 53

Page 1

Ano V. Boletín nº 53

Depósito legal: C 2766-2006

T

etractis é un boletín de divulgación matemática do Departamento de Matemáticas do IES Monelos (A Coruña). Naceu en outubro de 2006, ten periodicidade mensual e cada curso publícanse unha media de dez números. Cada un edítase en papel e formato electrónico e envíase por correo electrónico ao alumnado, ao profesorado e aos subscritores. Tamén se pode baixar da páxina web do IES Monelos. Desde o mes de novembro de 2009 Tetractis converteuse nun blog (www.tetractismonelos.blogspot.com). LOGOTIPO

E CABECEIRA

No primeiro número de Tetractis apareceron dous artigos nos que se explicaba o significado do logotipo e o nome do boletín. Os pitagóricos denominaban Tetractis ao número triangular cuarto (o número 10, o número do universo), pois nel vían resumidas todas as dimensións: punto, recta, plano e espazo (1+2+3+4=10). Por outra banda, as letras da cabeceira están formadas por unhas pezas chamadas pentaminós, que forman parte dunha familia xenérica chamada poliminós. Poliminó é un grupo de cadrados unidos polos seus lados, de tal maneira que cada dous deles teñen polo menos un lado común. SECCIÓNS Os contidos de Tetractis están constituídos por: • Artigos do alumnado, resultado das actividades das clases de matemáticas. • Xeometría de papel, unha sección de papiroflexia da profesora Alicia Pedreira Mengotti. • O caixón dos problemas, resultado dos numerosos concursos de resolución de problemas nos que participa o alumnado do centro: Open matemático, Canguro matemático, Rally matemático sen fronteiras,

Maio, 2011

Olimpíada de 2º ESO, Olimpíada de bacharelato... • Novas e actividades no ámbito matemático: Feira Matemática, EsTalMat, Chocomates, Congresos de AGAPEMA, actividades e exposicións organizadas polo departamento. • Arte e xeometría: con exposicións, fotografías ou obras de Tobia Ravà, Rob Gonsalves, Chema Madoz, José María de Labra, Anatoly Fomenko, Istrán Orosz... • Materiais diversos de creación propia: fichas de uso de calculadoras, carteis... ACTIVIDADES,

PROXECTOS E EXPOSICIÓNS

Desde o seu nacemento Tetractis promove a participación en: • Eventos: Día da Muller traballadora, Día π, 1000 grous para o pobo xaponés, Día da Ciencia na rúa, Feira Matemática, Semanas Matemáticas... • Exposicións: Maurits Cornelis Escher, Juan Jacobo Durán Loriga, Matemáticas no Quixote, Puntos de vista, Poliedros de Escher, A sección áurea nos peixes, O rostro humano das matemáticas, Matemáticos Galegos, A Muller innovadora na ciencia, Mulleres matemáticas, Matemáticas e narrativa, Matemáticos no Euroencontro, Mosaicos nazarís, Xeometría 3D... • Seminarios permanentes: Arte, xeometría, Matemáticas e narrativa. • Proxectos de investigación: A que estatura pode chegar unha persoa? • Elaboracións de carteis: Cartel de María Wonenburger para a exposición A Muller innovadora na ciencia, O rostro humano das matemáticas, Mulleres matemáticas, Matemáticos Galegos, Monte de San Pedro: pura xeometría, Xeometría na cidade con Google Earth... Ademais Tetractis convoca o Certame de Matmonólogos, do que xa leva celebradas catro edicións.

www.tetractismonelos.blogspot.com


CATRO ACTIVIDADES DE ESTADÍSTICA E PROBABILIDADE PARA A FEIRA MATEMÁTICA

Tetractis 53

2

Maio, 2011


Día π

U

nha idea do físico Larry Shaw, xa que como sabedes nos países de fala inglesa, as datas escrébense: ano/mes/día e polo tanto o 14 de marzo será: 3/14 (o número π). Dúas actividades para celebrar o día π: • Are you in π, para ver se a túa data de nacemento está entre as cifras de π, e en que posición se atopa. • π days, que calcula os días en cumpres un número enteiro de veces π.

Obxectos matemáticos cotiás Unha actividade que ten por obxectivo: Estimular a

observación de propiedades matemáticas nos obxectos da vida cotiá: no fogar, no deseño urbano e industrial, na arquitectura, na arte, na natureza…

Unha serie de carteis para analizar e comentar as propiedades dos obxectos que aparecen no noso contorno.

Tetractis 53

3

Maio, 2011


XEOMETRÍA DE PAPEL

DODEACEDRO RÓMBICO

Tetractis 53

4

Maio, 2011


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.