O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
SUMARIO EDITORIAL........................................................................................... 3 OS VIQUINGOS (E INFANTIL)........................................................... 4 A GIOCONDA (1º A).......................................................................... 7 SAN MARTÍN DE SOBRÁN (1º B) ..................................................... 9 A PEDRA E AS FORMIGAS (1º B) ................................................... 10 VISITA AO CONCELLO (2º)............................................................. 11 AVENTURA EN CORTEGADA (3º A) .............................................. 12 CONTOS DIMINUTOS (3º B) ............................................................ 18 A PEDRA E AS FORMIGAS (4º A) .................................................. 20 O RÍO DA NOSA VILA (4º A)......................................................... 21 OS NOSOS ESCRITORES. ROSALÍA DE CASTRO (4º A) .............. 22 VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO (4º B) ............................... 24 CAMIÑO FRANCÉS DE SANTIAGO (5º A) ...................................... 28 A NOSA VERSIÓN DOS TRES POQUIÑOS (5º B) .......................... 35 COÑECENDO GALICIA (6º).............................................................. 41 BIBLIOTECA....................................................................................... 42 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS................................................ 45 NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA...................................................... 48 TICS – ABALAR................................................................................ 51 EU VOU AO COLE DE VILAXOÁN PORQUE TEN .......................... 55 PASATEMPOS.................................................................................... 57 CARTA DA ANPA............................................................................. 59 SOLUCIÓN AOS PASATEMPOS....................................................... 60 CEIP VILAXOÁN 2
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
EDITORIAL Rematando unha vez máis e a toda velocidade un curso denso, curto e cheo de actividades, onde cada un no seu, familias, alumnado e profesorado andivemos moi ocupados… e con incertidume cara un futuro aínda incerto cunha nova lei que comezará a aplicarse no vindeiro curso. Se temos que destacar algo, podemos empezar por algunhas melloras que se fixeron nos teitos dalgunhas aulas do segundo andar, que temos uns recreos diferentes con menos fútbol e máis xogos divertidos para todos, que hai moitos nenos e nenas botando partidas de xadrez polo cole, que a través dos proxectos coñecemos moitos lugares e moita cultura da nosa terra, que fomos de visita a algúns deses lugares, que recitamos a Rosalía, que tivemos fermosas actividades de Biblioteca, que fixemos talleres de plástica para familias e pequenos, e traballos e exposicións liderados polo Equipo de Normalización para fomentar o uso do galego. Tamén traballamos receitas de cociña e comemos todo, e fixemos unhas manualidades chulísimas que vos invitamos a ver na entrada do cole. Se queredes ver que “cracks” son os peques coas novas tecnoloxías, non tedes máis que ir a páxina web do cole e ver os vídeos, blogs e actividades creadas coa dirección do Equipo TIC. Recibimos no cole a mulleres que nos viñeron a falar dos seus traballos no Día da Muller, ao escritor e ilustrador Jacobo Fernández, a papás, mamás e profes que nos viñeron ler contos á Biblioteca. E ademáis saímos na prensa en distintas ocasións, pero a que máis nos gustou foi a do alumnado de 6º que se fixo famoso por mediar nos recreos e axudar a resolver conflitos, e cantamos… cantamos moito co coro de 50 participantes. Tamén tivemos celebracións: O Magosto, o Samaín, o Nadal, o Entroido, os Maios… con toda a festa, tradición e diversión que conlevan e a festa fin de curso con xogos populares, cos diplomas aos que rematan etapa…Ese grupiño de 6º que botaremos de menos e que rematan o curso cun campamento para que non se esquezan entre eles e non nos esquezan a nós. E as xornadas de acollida para os que veñen novos ao cole ( os de 3 anos e os de 1º) e tamén para o alumnado de 6º que foron a coñecer o IES Cotarelo que será o seu novo centro. Así que se os nenos e nenas vos din que están cansados, ao mellor é verdade, porque ademais teñen todas as asignaturas, deberes, extraescolares… E a tod@s @s profes do claustro, gracias pola súa colaboración e implicación, porque a pesar das dificultades, que as hai, fan posible que todo funcione da mellor maneira. Unha mención especial á profe Flores que se xubila, e que formará para sempre parte da historia deste cole. E non podemos rematar esta Editorial sen agradecer o traballo realizado pola Directiva da ANPA que despois de tantos cursos se despide. Agradecervos o voso compromiso e axuda, a vosa preocupación para que este cole que sentides voso sexa mellor para todos, a vosa amizade que seguro continuará. Ceden a responsabilidade a outra Directiva que vén moi ilusionada a desempeñar o seu labor e que desde xa tennos á súa disposición. Espéranos un curso pois, con moitos cambios en moitos aspectos e como di o título dun libro que lemos no cole “Mil cousas poden pasar” e esperamos que todas boas.
CEIP VILAXOÁN 3
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 4
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 5
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 6
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
A GIOCONDA
CEIP VILAXOÁN 7
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 8
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 9
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 10
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
VISITA AO CONCELLO
CEIP VILAXOÁN 11
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 12
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
AVENTURA EN CORTEGADA Un grupo de nenas e nenos de terceiro chegan en lancha a illa de Cortegada. Todos levan mochilas , e roupa para poder pasar todo o día. Ao chegar a illa unha nena cae ao auga e molla todo o que levaba na mochila. Prestáronlle roupa e empezaron a inspeccionar... As nenas e os nenos viron un lobo. E o lobo aullou: -auuu!. E asustáronse. Logo seguiron camiñando e se atoparon unha manada de leóns, fixémoslle fotos e os estudamos para ver como cazaban. Foron a un río con dinosauros, morcegos tamén crocodilos, e déronse un baño para refrescarse, ao fondo do río viron un acantilado, escalaron e Dani Pardo rompeu un óso, puxéronlle unha venda ríxida e seguimos cara a nosa aventura...... E lle tivemos que axudar. Chegamos a un bosque no bosque había un leopardo, subido a unha árbore comendo a súa presa... O leopardo era de cor lila laranxa, parecía de fantasía.. Uxía que era moi lista, observou e observou e veu mais dinosauros, como eran animais perigosos escapamos intentando non facer ruído e logo dun ratiño, todos a vez dixemos: – MENOS MAL, DESPISTAMOLO ! – Que facemos agora? – Xogar ao pilla – pilla . Fixemos unha roda e empezamos a chinitar para ver quen era o que pillaba. Tocoulle ao meu amigo Roque, tiña que contar ata 20 mentres contaba afastámonos un pouco… Roque … Roque …. E a la viña corre que corre cara nos .Eu escondinme detrás dunha árbore, pero Dani foi pillado porque estaba co óso roto. Mentres tanto oímos uns gritos . Que pasou ? - Que pasaría ?
CEIP VILAXOÁN 13
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
Empezamos a mirar uns a outros con caras de susto cando nos dimos conta que faltaba un de nós . Era Jonathan , empezamos a chamar por Él – Jonathan , Jonathan . Estou aquí – Respondeu el . Os nenos e nenas de terceiro estiveron seguindo a voz de Jhony horas e horas ata que o atoparon nun oco profundo. Pedro tiña unha corda moi longa, lanzámola ao oco e Jonathan colleu a corda e todos tiramos ata que o sacamos do oco e todos estiveron moi contentos. Lalo o mestre, era moi listo e indicounos a onde ir. A todos lles doían as pernas e Lalo deixounos descansar e merendar, todos levaban un bocadillo e unha peza de froita. E empezamos a andar outras 4 horas e estiveron vendo a fauna e o bosque de loureiros Irene preguntou : -Qué é a fauna? E Lalo contestoulle: - A fauna e un canxuno de animais que viven nun lugar . Logo seguiron camiñando . Un da nosa clase encontrou uns petróglifos . E di Diego-Que guai! E logo encontraron unha bolboreta. E di Irene -Que monada! E Dani Fernández pisou un rato e Iria di: -Aaaaaaaaaaaah! E todos correron e Yeray caeu a un río. Roque e Lalo axudáronlle a subir. Despois o lobo, que era moi pillo, cambiou a sinal e clase foi por o camiño equivocado. E Lalo di - Que raro eu cría que era polo outro camiño. E a Sheila caeulle a mochila por unha montaniña. -¡Vamos Sheila!- Díxolle Lalo. ¡Caeume a mochila! dixo Sheila. ¿Agora que facemos, Sheila? Os nenos de 3º A foron correndo a buscar la mochila de Sheila. Irene estaba moi cansa. - Vamos Irene! - Dixo Iria. -Estou cansada.- Dixo Irene. -Vamos! -Grita Iria. -Ou nos veñen a manada de leóns!- Dixo Uxía.
CEIP VILAXOÁN 14
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
-Coidado,van a chegar os dinosauros!- Dixo Iria. Todos foron correndo menos Alex, Lalo e Dani.P. Alex doulle un lategazo ao dinosauro,o dinosaurio escapou. Entre Alex e Lalo colleron a Dani.P,porque tiña unha perna mal e buscaron, entre os tres, os compañeiros. Lalo,veu a Sheila na auga e gritou: -Sheiiiliiiñññaaa vou buscarte!!! Diego estaba nunha cova e foi a axudar a Alex a coller a Dani.P. Despois de 5 minutos, Lalo colleu a Sheila e púxoa na area e foi a polas súas cousas de cambiarse,e as encontrou. Logo foron a buscar a toda a clase,e os encontraron na cova onde estaba Diego. Mentres que camiñaban viron un cruceiro e Lalo explicoulle o que pasou no cruceiro da Illa de Cortegada. Para saber máis de Cortegada. Entón, atopan unha Coca- Cola... E Yeray gritou: -Eeeeeehhhhhhhh!!!! unha Coca- Cola. Que ven me ven .Morría coa sede!! Xa vou a por ti. Nos intentamos detelo , pero foi imposible. Yeray colleu a Coca- Cola e gritou: -Eh!chicos aquí non hai ningunha Coca-Cola! Aquí hai un mapa . Esperade que volo leo: -Nesta illa hai un tesouro, se queres encontralo terás que descifrar este texto: -Ao N. da roca de petroglifos de música. Ao O. das pegadas do xigante. Ao L. do loureiro mais pequeno. 36 pasos ,dun adulto de 40 anos, despois da capela.
CEIP VILAXOÁN 15
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
Entón esta un bo rato pensando e todos gritan a coro: -Os puntos cardinais! Lalo murmurou: -N. da roca de petroglifos. E gritou: - O que atope a roca dos petroglifos de música doulle un premio. Todos se puxeron a buscar... E como era un pouco tarde Alex sacou unha lanterna da súa mochila e empezou a buscar . A cabo de duns minutos Alex a atopou e berrou: -Lalo,chicos atopeina! E Lalo dixo:-por atopa a roca de petroglifos de música, tes un comodín cando teñas tarxeta amarela pódela cambiar. E Alex berrou:-si, toma! E Lalo murmurou:-A norte. E di:Por alí E berrou : - Doulle outro comodín a quen atope as pegadas do xigante. E Alex , sacando a súa lanterna de novo dixo : - A polo outro... Pasados uns 10 minutos , Uxía gritou : -Xa está, atopeinas! Toda a clase acudiu xunto a Uxía,e Lalo murmurou: -Polo Oeste... E dixo: -Por alí! E berrou: – Doulle outro comodín a quen atope o loureiro mais pequeno E Roque deu un paso atrás e , caeu por un precipicio . – Jonathan berrou coma un tolo. – Roque,Roque! Estás ben? – E Roque contestoulle: – Sí, estou ben e , mira por onde atopei o loureiro mais pequeno. – E Lalo dixo: – Tranquilo! Roque,xa vamos por ti! – Cando baixaron Lalo dixo:
CEIP VILAXOÁN 16
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
– Doulle 25 comodíns a quén atope a capela! E Irene respondeulle: -Pois esta alí. Eu a atopei sen esforzo ningún, xa, xa, xa. Lalo contou os 36 pasos e berrou: -Estamos pisando o tesouro. Sheila, que levaba palas para xogar, deunos varias. Desenterremos o tesouro, Pedro que era moi listo en matemáticas, calculou canto era o botín e dixo que eran 10.505 eurazos. Lalo dixo que eran para o colexio, e de súpeto apareceron os compañeiros de 3B... -Carai! Qué oportunos sodes!! Agora que hai tesouro aparecedes. Os compañeiros de 3B pedíronnos a metade do tesouro, lla dimos a cambio de que nos axudaran a explorar a Illa. E de súpeto apareceu un dinosauro xigante e Irene dixo: -Que monada! Quero levalo ao colexio. -Como vas a levalo ao colexio!!!!! Dixo Iria. -Eso!!!! …. Berraron todos. -Pe pe pe peroooooooooo, e inxusto! Dixo Irene. -Deixaros de tonterías! dixo Lalo. - A explorala illa. Dixo Hugo . E todos seguiron camiñando horas e horas ,falando. E de súpeto a Uxía, Iria e Ale as colleu un paxaro tolo e as levou ao seu niño. Diego,Hugo e Jonathan foron a buscar a Iria , Ale e Uxía e tiveron que atravesar o bosque e despois encontramos o niño do paxaro tolo. Subimos ao niño do paxaro tolo e rescatamos as nosas compañeiras. Coa corda de Pedro. Logo rematamos a expedición, cansados pero moi orgullosos da nosa aventura. Subiron ao barco para volver a Vilaxoán, ao continente. Como é preto de terra chegamos nun momentiño, ao chegar celebraron a aventura comendo nun furancho todos, os de 3-A e 3-B . Cos cartos do tesouro pagaron a papatoria. E co que sobrou van facer novas aventuras... para empezar iremos as dunas de Corrubedo.
3ºA ALEJANDRA, ROQUE, YERAY, UXIA,SHEILA,ALEXANDRU,DIEGO,DANIEL,PEDRO,IRIA,IRENE,JONA THAN,DANIEL P., HUGO
CEIP VILAXOÁN 17
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CONTOS DIMINUTOS O MELLOR PESCADOR Era un día soleado no río. O pescador tiña moito calor e quitouse o xersei. Despois foi pescar coa súa cana nova e de repente saca un peixe de 10 metros. Foi para a súa casa a levalo pero non lle cabía o peixe. O pescador cortouno, meteuno na súa casa e xa non lle faltou comida nunca mais. Entón deuse conta de que lle esquecera o xersei no rio.
David
O NENO E A MOEDA Había unha vez un neno que foi axudar a súa nai nas cousas da casa. Como recompensa a súa nai deulle unha moeda. Foron a unha feira no coche e encontráronse co seu amigo Pedro. CEIP VILAXOÁN 18
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
Xogaron un pouco. Cando se cansaron o neno mirou no seu peto e a moeda xa non estaba. O neno púxose triste. Pero cando chegaron ao coche encontráronse a moeda alí e o neno púxose máis alegre. Santi
O OVO PASADO POR AUGA Unha
tarde de verán unha
camareira estaba no seu traballo e pedíronlle un ovo pasado por auga. Ela non sabía facelo pero intentouno. Entón, tal e como desexou, saíulle tan, tan ben que o home quixo repetir. Pero o señor ao marcharse deixou a chaqueta e a camareira saíu á rúa e devolveulla. O home díxolle grazas e a camareira volveu ao seu traballo sorrindo.
Carmen Sánchez
CEIP VILAXOÁN 19
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 20
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 21
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 22
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 23
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO Os nenos e nenas de 4º estivemos traballando o Proxecto “Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro”. Investigamos como eran e como vivían os nosos antepasados, así como a súa arte sobre todo os petróglifos. Para culminar a investigación, o día 30 de maio fomos de excursión a Campo Lameiro. Canto aprendemos e que ben o pasamos!
Estivemos vendo como vivían fai 4.000 anos. Nesa época os humanos xa non eran nómades,senón que xa aprenderan a cultivar ,criar gando e facían as súas chozas con barro e palla.
CEIP VILAXOÁN 24
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
E logo entramos…
CEIP VILAXOÁN 25
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
Amosáronnos varios petroglifos
CEIP VILAXOÁN 26
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
Despois , a merendar !
CEIP VILAXOÁN 27
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CAMIÑO FRÁNCES DE SANTIAGO O alumnado de 5º estamos investigando dentro do proxecto de centro “A nosa terra”, sobre o “Cami ño franc és ao seu paso por Galicia ” e aprendemos moito de historia, lendas, anécdotas, preparación física… Aquí vos deixamos uns exemplos que esperamos que vos gusten. “O camiño a Santiago é unha ruta que percorren os peregrinos procedentes de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, onde van ver as supostas reliquias do Apóstolo Santiago o Maior. Durante a Idade Media foi un camiño moi concurrido, despois foi lixeiramente esquecido e na actualidade volveu tomar un gran auxe. O Camiño francés a Santiago e as rutas do camiño franc és foron declaradas pola UNESCO, Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998, respectivamente.” Xurxo Briones
“Conta a lenda da tumba do Apóstolo Santiago, que este morreu decapitado no ano 44 d.C. e os seus discípulos meteron o corpo nun sarc ófago de m ármore, este nunca barca, e esta surcou os mares, chegando ata Galicia, remontando o r ío Ulla ata chegar a Iria Flavio (Padrón). Alí pediron axuda á raíña Lupa para trasladar os restos por terra e facer o enterramento. Lupa díxolles que sí, pero primeiro deb ían enfrontarse a un drag ón que derrotaron e a uns touros bravos que conseguiron amansar. Os touros conduciron libremente os restos que foron enterrados polos apost ólos.
CEIP VILAXOÁN 28
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
A tumba foi olvidada, ata que no ano 813, o ermitán Pelaio veu un resplandor no campo, onde se atopaba a tumba e iluminouse o ceo co resplandor dunha estrela (Campus Stellae = Compostela). Foi informado o obispo Teodomiro, que destapou o sarcófago e atopou unha inscrición que confirmaba que os restos pertenc ían a Santiago. O rei Alfonso II proclamou a Santiago Patr ón do Reino, e constru íuse al í un santuario. Hoxe é a catedral de Santiago de Compostela.” Sergio Domínguez
“Alfonso II mandou construír unha igrexa nun lugar chamado “Campo da Estrela ” (Compostela), onde según a lenda se atopaba a tumba do ap óstolo Santiago. No s. XI, no lugar da igrexa, edificouse a Catedral de Santiago. Daquela o oficio de canteiro era moi valorado, gañaban m áis e ti ñan m áis d ías libres ao ano que ningún outro traballador. Eran mestres no seu arte e ían dunhas vilas a outras facendo os encargos dos reis e levando as distintas novidades dun lugar a outro” Pablo Canto
“ E moi importante prepararse para o camiño. Decidir se o imos facer sós ou non, prepararnos moi ben físicamente e pensar moi ben na mochila e no seu contido: A mochila debe ser cómoda, anatómica, lixeira e con boa suxección e equilibrada na distribución do peso. Non debe superar o 10% do peso de quen a leva. Nela deberiamos meter:
CEIP VILAXOÁN 29
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
Saco de durmir con esterilla. Sombreiro ou gorra e pano para o pescozo. Gafas de sol. Camisetas ou polos (3 ou 4 para lavar a miúdo). Xersei ou polar case mellor. 2 pares de pantalóns, un posto e outro de reposto. (Poden ser curtos) Chuvasqueiro (fino ou groso según a época) 3 ou 4 pares de calcetíns 100% algodón sen costuras 3 mudas de roupa interior. Botas, que non sexan a estrenar, que non produzan rozaduras, de pel e flexibles. Unhas chanclas para a ducha e rematar a xornada no albergue. Pódese levar algunha comida (froitos secos, chocolate) e moita auga. Tamén é importante parar a comer, facer todos os días percorridos similares, levar un bordón ou bastón para axudarse nas costas e baixadas e lembrarse de sellar a credencial en cada albergue para obter logo a compostelana” Tania Cores
“Ademais do que apuntou Tania, tamén debemos lembrar levar con n ós: O DNI e a tarxeta sanitaria. Toalla tipo balleta que seca ben e pesa pouco. A maiores un pantalón largo ou desmontable que se convirte en curto. As botas, tipo goretex, que transpiren ben. O bastón pode ser telescópico de aluminio. Unha crema protectora solar non sobra, así como navalla multiusos e unha lanterna pequena.” Claro que meter todo isto no 10% do peso … A maior ía dos da clase s ó poderiamos cargar con non máis de 5 kg…!!!! Pábulo Da Silva
CEIP VILAXOÁN 30
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
“A min encantoume a “lenda da cuncha de Santiago” que conta que nunha voda, uns homes, entre os que estaba o noivo, estaban xogando a xogos da Idade Media. O noivo caeu o mar xunto co seu cabalo, e cando estaba a punto de afogar, axudárono desde a barca que levaba o cadaleito do Apóstolo Santiago e saíu para fóra da auga totalmente cuberto de cunchas de vieira, ante a alegría da noiva e dos invitados. Dende a aquela, levar a cuncha e símbolo de protección contra os avatares do camiño. Tamén se dí que moitos peregrinos que despois de ir a Santiago, continuaban a súa ruta cara Fisterra, levaban unha cuncha de vieira das s úas praias, para demostrar que fixeran peregrinación por estas terras ” Samuel Bispo
“ Na ruta do camiño francés por Galicia hai unha parada obrigatoria no pobo de Portomarín. Alá por 1960, neste pobo que contaba con moitas antig üidades e moita historia, os que mandaban decidiron tirar todo o pobo para constru ír un embalse, o embalse de Belesar, que é o segundo máis grande de Europa. Destrueuse o pobo e a súa historia que quedou baixo as augas para sempre. Cada vez que a auga do embalse baixa, aínda podemos ver os restos do pobo.” Carlota Blanco
CEIP VILAXOÁN 31
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
“ O embalse de Belesar foi creado para que houbera unha central hidroel éctrica pola empresa Fenosa. Construíuse no ano 1963 e a súa capacidade é de case 700 hectómetros cúbicos e ten unha profundidade de 135 metros. A súa construción supuxo anegar 2000 hectáreas de terreo cultivable, ademais da desaparición dun antigo castro (Castro Cándaz) e da antiga vila de Portomar ín. Din que os antigos propietarios do pobo foron expropiados a uns prezos moi baixos. ” Iria Devred
“ Unha das vilas que atravesa o camiño é Palas de Rei. Nesta vila está o castelo de Pambre que ten unha lenda que data da época dos primeiros peregrinos de cami ño a Compostela. Contan que un cabaleiro francés que facía o camiño a Santiago a cabalo, sufriu unhas febres e enfermou gravemente, sendo acollido polo se ñor do castelo de Pambre para a súa curación. O señor do castelo tiña dúas fillas e o cabaleiro namorouse dunha delas e casou con ela. A outra irm á tam én quedou soa, triste e namorada do cabaleiro que marchara para Francia coa s úa irm á. Din que sempre tivo a esperanza de que voltara por ela e esper ábao na torre onde foi atopada morta e fría coa mirada perdida no horizonte do camiño que levaba aos peregrinos.” Ángel Casta ño
CEIP VILAXOÁN 32
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
“O fin da Antigüidade en Europa, definido polo Gran Cisma e a difusión da sociedade feudal, veu aparellada a unha nova revolución nos armamentos que seguramente coñecían e usaban os peregrinos cabaleiros que peregrinaban cara Santiago, e que a min me chamaron moito a atención. Entre estas armas podemos atopar: ballestas, espadas, puñais, cañóns, lombardas, dagas, mazas, arco e frechas, lanzas….” Juan Carlos Fernández
“De todas as rutas de peregrinación cara Santiago, o camiño m áis longo é a “V ía da Prata” que percorre 1.006 km. e ven dende o sur de Andalucía. Foi esta ademais unha ruta comercial utilizada ao longo dos tempos por diferentes pobos para as súas transacións. O camiño máis curto cara Santiago é o coñecido como “Ruta do Mar de Arousa” que fai un percorrido polas rías e illas atlánticas ata cegar a Padr ón, rememorando a viaxe da barca do Apóstolo cos seus restos. A ruta que nós investigamos, a do camiño francés que parte desde Roncesvalles percorre uns 700 km. segúndo a variante que se escolla. ” Ana Feijoo
“O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición hist órica e o m áis recoñecido internacionalmente. O seu trazado a través do norte d á Pen ínsula Ibérica fixouse a finais do s. XI, grazas ao labor construtivo e de promoci ón de monarcas como Sancho III o Maior e Sancho Ramírez de Navarra e Arag ón, as í como de Afonso VI e os seus sucesores. As principais vías deste Cami ño en Francia e
CEIP VILAXOÁN 33
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
España foron descritas con precisión cara ao 1135 no Codex Calixtinus,(o famoso Códice Calixtino) libro fundamental xacobeo. O Libro V deste códice constitúe unha auténtica guía medieval da peregrinación a Santiago. Nel especifícanse os tramos do Camiño Francés dende terras galas e informa detalladamente sobre os santuarios da ruta, a hospitalidade, as xentes, a comida, as fontes, os costumes locais, etc. Todo est á escrito coa s íntese e claridade que necesita unha resposta práctica a unha demanda concreta: a peregrinación a Santiago”.
Lydia Cores
“Por que moita xente fai o camiño? Algúns por fe e por crenzas, outros para coñecerse mellor, porque polo que puiden averiguar, durante o camiño t és moitas horas para coñecerte a ti mesmo, é coma un tempo para pensar e reflexionar, para saber e pensar en quen eres. Claro que se fas o cami ño s ó, todo isto é m áis f ácil, ti decides, ti te enfrontas ás dificultades. Estás tamén entre a natureza, onde estás máis tranquilo e en paz contigo mesmo, para esquecerse do que che preocupa, para desestresarse, porque algunhas veces os traballos e a vida cotián non che deixan tempo para pensar en ti mesmo ” Raúl Aragunde
CEIP VILAXOÁN 34
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
AUTORES ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º B
CEIP VILAXOÁN 35
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 36
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 37
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 38
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 39
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
NA WEB DO COLE PODEDES VER O VÍDEO DESTE CONTO
CEIP VILAXOÁN 40
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 41
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
BIBLIOTECA ACTIVIDADES REALIZADAS NO CURSO 2013/2014
FORMACIÓN DE USUARIOS
RECITAL DÍA DE ROSALÍA
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
MERCADILLO DE LIBROS
CEIP VILAXOÁN 42
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
XADREZ NA BIBLIOTECA
PAIS CONTACONTOS
TENDAL DE LIBROS ESPECIAIS
DÍA DO LIBRO
CEIP VILAXOÁN 43
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
MESTRAS CONTACONTOS
HISTORIA DE COLORÍN
VISITA DE JACOBO FERN ÁNDEZ
CEIP VILAXOÁN 44
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS MAGOSTO
12 DE NOVEMBRO 2013
XOGOS POPULARES EXHIBICIÓN DE BUXAINAS DEGUSTACIÓN DE CASTAÑAS ASADAS
DEREITOS HUMANOS 10 DE DECEMBRO 2013
PRESENTACIÓN “COÑECENDO OS NOSOS DEREITOS” CONTOS “ROSA CARAMELO” E “MALTRATO SUTIL” CANCIÓN “ELLA” DE BEBE
NADAL 17 -21 DE DECEMBRO 2013 DECORACIÓN DO COLE PANXOLIÑAS
CEIP VILAXOÁN 45
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
DÍA DA PAZ 30 DE XANEIRO 2014
SCRABBLE CON PALABRAS DE PAZ CANCIÓN “UNHA MAREA DE XENTE” DE MACACO
ENTROIDO 28 DE FEBREIRO 2014
MANDADOS DA MARQUESA DE VILAXOÁN DESFILE DE DISFRACES DEGUSTACIÓN DE DOCES TÍPICOS
DÍA DA MULLER 7 DE MARZO 2014
CHARLA COLOQUIO COA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, UNHA TÉCNICA DE TURISMO E UNHA PERIODISTA
CEIP VILAXOÁN 46
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
OS MAIOS 1 DE MAIO 2014
MAIO TRADICIONAL, MEXILÓN ARTÍSTICO E CRUZ REALIZADOS POLA ANPA COPLIÑAS CANTADAS POLO ALUMNADO
LETRAS GALEGAS 20 DE MAIO 2014
A NOSA BANDEIRA GALEGA ACTUACIÓN PANDERETEIRAS E GAITEIRO HIMNO GALEGO
FIN DE CURSO 20 DE XUÑO 2014
GRADUACIÓNS ALUMNADO DE EI 5 ANOS E 6º MERENDA E XOGOS DE DESPEDIDA
CEIP VILAXOÁN 47
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA Coa
finalidade
de
presentar
ao
noso
alumnado
lugares
e
tradicións propios da nosa terra, os distintos equipos do centro (Dinamización
da
Complementarias
Lingua e
TIC-
Galega, Abalar)
Biblioteca,
decidimos
Actividades
impulsar
un
proxecto interdiciplinar baixo o nome:
Coñecendo a nosa terra Dentro
do
mesmo
realizamos
entre
outras
as
seguintes
actividades. E ISTO QUE É? Elaboramos
un
mural
coa
finalidade
de
motivar
ao
alumnado e recoller a información do proxecto. O mural está dividido en dúas partes: Coñecendo a Nosa Terra; no que se recollen imaxes dos lugares a investigar nos distintos cursos.
CEIP VILAXOÁN 48
O NOTICIEIRO Coñecendo
as
informativos
XUÑO 2014 Nosas das
Festas;
festas
calendario
máis
con
relevantes
carteis
da
nosa
comunidade.
OBRADOIROS DE COCIÑA Fixemos diversos obradoiros de cociña, adaptados a cada idade e atendendo ós produtos típicos da nosa terra. O NOSO HORTO Traballamos
acerca
dos
produtos
típicos
da
nosa
terra,
e
especialmente con aqueles que se dan ó chegar a primavera, os nenos e nenas aprenderon moitas cousas sobre a faceta dos agricultores. AS NOSAS FESTAS Como todos os anos celebramos as festas tradicionais da nosa terra: MAGOSTO, ENTROIDO e MAIOS pero este ano con maior intensidade ao estar directamente relacionadas co tema do noso proxecto de investigación. Para poder levalas a cabo contamos coa colaboración da ANPA e das familias.
CEIP VILAXOÁN 49
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014 OS NOSOS XOGOS
Consideramos
que
os
Xogos
Populares
son
unha
parte
importante da nosa tradición polo que realizamos distintas actividades para dalos a coñecer ao noso alumnado: Exhibición de buxaina Xogos populares no Magosto Semana
dos
xogos
populares.
No mes de Novembro solicitamos a axuda de familiares do alumnado interesados en ensinarnos a xogar á buxaina ou ás bolas na hora do recreo. Intercambios deportivos : outro ano máis, o alumnado de
3º
e
4º
participou
nos
intercambios
deportivos
dedicados aos Xogos populares que foron organizados polos mestres
de
Educación
Física
dos
CEIPs
Escardia,
O
Piñeiriño e Vilaxoán. A actividade realizouse no mes de Maio no patio do CEIP da Escardia. A NOSA BANDEIRA E O NOSO HIMNO A bandeira e o Himno son dous elementos que identifican a Nosa Terra por iso na Semana das Letras Galegas fixemos unha gran bandeira galega sobre a que cada curso foi escribindo a letra do noso himno, o cal unha vez rematada a bandeira, cantamos todos xuntos.
CEIP VILAXOÁN 50
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
TICS- ABALAR PROXECTO ABALAR O proxecto Abalar está plenamente consolidado no noso centro. Este curso debido ao desdobre de 5º outra das aulas foi dotada co equipamento Abalar: pizarra dixital, proxector, armario de carga, portátil do profesorado e miniportátiles para cada alumno.
CONECENDO OS NOSO DEREITOS Como xa é habitual, o alumnado de 6º encargouse de elaborar a presentación de diapositivas que se proxectou o Día dos Dereitos Humanos. Este ano contou coa colaboración de todos os nenos e nenas do cole que contribuíron cos seus debuxo para ilustrar as diapositivas.
CARTEIS INFORMATIVOS O alumnado das aulas abalar de 5º elaborou carteis informativos sobre os lugares que están investigando no seu proxecto. CEIP VILAXOÁN 51
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
Para a creación dos mesmos empregaron o procesador de textos para combinar imaxe e texto.
FOTOMONTAXES O alumnado de 6º aprendeu a facer fotomontaxes empregando as súas propias fotos e posteriormente aplicou estes coñecementos para crear carteis para o "Día do Libro".
NAVEGANDO SEGUROS NA INTERNET No mes de Decembro recibimos a visita do policía nacional Martín que viu a falarlles ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de como navegar con seguridade na internet, evitando riscos e coñecendo os perigos potenciais dos chats e das redes sociais. CEIP VILAXOÁN 52
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
GUIA DE VIAXES POR GALICIA O alumnado de 5º elaborou unha guía con puntos turísticos de interese. De cada localidade recóllese: Información xeral; provincia, comarca, número de habitantes e extensión. Imaxe dun lugar significativo da localidade. Escudo e bandeira Mapa de situación Comunicacións; distancia da localidade a Vilaxoán e se dispón de aeroporto, estación de tren e estación de autobuses. Lugares a visitar. Festas de interese Outras actividades a realizar. Na páxina web do cole tes a versión dixital da guía de viaxes.
OS TRES PORQUINOS Creamos a versión en vídeo do contos dos Tres porquiños realizado polo alumnado de 5ºB. No vídeo combinamos os seus debuxos coa narración do texto e distintos efectos. Os propios autores puxeron as voces dos personaxes. CEIP VILAXOÁN 53
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
ACTIVIDADES DIXITAIS O equipo TIC Abalar creou distintos tipos de actividades dixitais. Todas elas están dispoñibles na web do cole e na nosa Aula Virtual entrando como convidados. Brincaletras “As nosas Festas”; xogo de definicións. Lim”Coñecendo a Nosa Terra”; actividades para comprobar os coñecementos adquiridos no proxecto de investigación. Jclic “Dalí” e Van Gogh”; crebacabezas con obras destes pintores Xogamos “Coñecendo aos Viquingos”; xogo de preguntas sobre os viquingos no que cada resposta correcta achega ao xogador ata as Torres o Oeste.
Ardora “Coñecendo o Atletismo”; actividades para aprender cales son as probas atléticas e as súas características. Lim “Preparados para facer deporte”; actividades para coñecer os materiais, a roupa e as proteccións empregadas no deporte. Inclúe un xogo do mesmo nome para comprobar por parellas quen sabe máis do tema. TODA A INFORMACIÓN E ACTIVIDADES NA NOSAWEB http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvilaxoan/ CEIP VILAXOÁN 54
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
EU VOU AO COLE DE VILAXOÁN POR QUE TEN PSICOMOTRICIDADE, MÚSICA E INGLÉS DENDE OS 3 ANOS
PROXECTO BIOAMBIENTAL A NOSA HORTA
AULA DE INFORMÁTICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA SERVICIO DE ORIENTACIÓN PROPIO DO CENTRO CON PSICÓLOGA E PROFESORADO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE AULAS BILINGÜES NO 3º CICLO CEIP VILAXOÁN 55
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
SAÍDAS DIDÁCTICAS EN TODOS OS NIVEIS PARTICIPACIÓN EN TALLERES DE COCIÑA, MANUALIDADES, TEATRO E CORO ESCOLAR BIBLIOTECA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
COMEDOR ESCOLAR E XORNADA CONTINUADA
INTEGRACIÓN DAS FAMILIAS NA VIDA EDUCATIVA CEIP VILAXOÁN 56
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 57
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 58
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CARTA DA ANPA Dende a directiva da ANPA como cada ano e, este, si cabe, dun xeito mais especial queremos agradecer as familias a vosa colaboración e participación nas actividades organizadas pola ASOCIACIÓN en colaboración coa dirección do centro ( MAGOSTO,
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E
XOGUETES, FESTA DE NADAL, CHARLA SOBRE O USO ADECUADO DAS NOVAS TECNOLOXIAS, FESTA DO ENTROIDO, O MAIO, TRASNO DAS LETRAS, CAFÉ DE PAIS, CONVIVENCIA E FESTA DE REMATE DE CURSO). Queremos agradecer dun xeito especial a todos os pais e nais que este ano colaboraron tanto nas xornadas gastronómicas da festa do outono coa preparación da degustación dos cogomelos, como aqueles que, co seu incansable empeño e traballo fixeron posible que este curso puidésemos recuperar a tradición de participar na festa dos maios. A todos moitas grazas pola vosa colaboración e axuda. Como xa sabedes este curso é o derradeiro da xunta directiva actual, a partires do curso que ven esperamos que haxa un nova tripulación para dirixir este barco, e levalo a bo porto coa
inestimable axuda de toda a comunidade
educativa. Sen máis, so nos queda despedirnos, agradecer por parte de todos nos o voso apoio ó longo de todos estes anos, nos que, de bo seguro cometemos algún que outro erro, e pedirvos que sigades colaborando, participando, e defendendo a escola de tod@s.
¡ A ESCOLA E COUSA DE TODOS: PAIS, NAIS, MESTRES E NENOS! ¡¡¡¡¡¡ BOAS VACACIÓNS!!!! A DIRECTIVA DA ANPA.
CEIP VILAXOÁN 59
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS
CEIP VILAXOÁN 60
O NOTICIEIRO
XUÑO 2014
CEIP VILAXOÁN 61