Noticieiro16

Page 1


NOTICIEIRO

SUMARIO EDITORIAL...........................................................................................................3 O CASTELO DE SOTOMAIOR (Educación Infantil).......................................................4 VISITA Á BIBLIOTECA (1º A)...............................................................................6 OS MARCAPÁXINAS DE 1º B.................................................................................8 O NOSO HORTIÑO (2º A e 2º B)...........................................................................10 OS NENOS DE 2º TABALLAN CO BARRO...............................................................11 OBRADOIRO DE BARRO (2º A).............................................................................12 OS DEBUXOS DE 2º B...........................................................................................13 ACTIVIDADES DE 1º e 2º ......................................................................................14 ARTE FOTOGRÁFICO (3º A).................................................................................16 UN INTERESANTE PROXECTO SOBRE A FOTOGRAFÍA GALEGA (3º B).................17 A NOSA CADEIRA (4º A e 4º B)............................................................................20 NON HAI QUINTO MALO (5º A)............................................................................23 UN ESCALÓN MÁIS (5º B)....................................................................................27 AS CATEDRAIS GALEGAS (6º A e 6º B).................................................................30 MANUEL MARÍA (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) ............................................34 UN CURSO EN IMAXES (Equipo de biblioteca)............................................................35 TRABALANDO COAS TICS(Equipo Tics - Abalar) ......................................................37 EU VOU AO COLE DE VILAXOÁN PORQUE TEN.....................................................40 CARTA DA ANPA..................................................................................................42 PASATEMPOS......................................................................................................43 SOLUCIÓN AOS PASATEMPOS..............................................................................44 CEIP VILAXOÁN

2

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

EDITORIAL O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte de que agroma a máis forte irmandade. Manuel María A fala (fragmento)

Este curso 2015/2016 estivo cargado de actividades, algunhas xa institucionalizadas como as diferentes conmemoracións: Samaín, Magosto, Dereitos Humanos, Entroido, día de Rosalía de Castro, Maios, Intercambios deportivos..., sempre diferentes cada curso. Así o día dos DDHH tratamos a problemática dos Refuxiados e Refuxiadas, que están ás portas dunha Europa que lles pecha as portas e mira para outro lado. No colexio celebráronse charlas moi interesantes para o alumnado, algunhas das cales foron as seguintes:  Membros da Policía Local faláronlles ó alumnado de infantil e primaria sobre Educación Viaria.  Unha representante do CIM (Centro de Información á Muller), do concello de Vilagarcía deu unha charla ó alumnado de 5º e 6º no Día Mundial Contra a Violencia de Xénero.  Dolores Santamaría e Carmen Tarrío, dúas mulleres peixeiras de Vilaxoán, falaron sobre “As mulleres do mar”, explicando como é o seu traballo.  Charla-coloquio para conmemorar o Día da Muller Traballadora. Mar Barral, ceramista; Rocío Culler, pintora e interiorista; Vicky Lis, actriz de teatro; e Lucía César, música tradicional galega.  Charla sobre China a cargo de Wen Long e tres nenas chinesas e dos seus pais. Posteriormente houbo unha degustación dun prato típico chinés.  Charla de Raquel Vaquer, científica do CSIC, sobre as súas viaxes ó Ártico e á Antártida e sobre o Cambio Climático.  Charla sobre o deporte do Remo. Miguel, do Club de Remo de Vilaxoán fixo unha exposición sobre o citado deporte. Fixéronse saídas ó Auditorio onde disfrutamos de obras de teatro (“As fillas de Manawee”, “A cabeza do dragón”...) e dun concerto didáctico da Escola de Música. O alumnado de Infantil visitou a Casa Museo de Rosalía en Padrón; os de 5º e 6º foron en tren ó Parlamento e ó Museo do Pobo Galego e visitaron o taller de cerámica de Mar Barral en Abalo; os cursos do 1º e 2º ciclos de primaria foron á granxa-escola “Atalaia” en Cotobade. Visitamos a exposición de fotografías antigas de Vilaxoán organizada pola Asociación de Veciños. Obradoiros como o de Igualdade, e o de Bebidas Saudables tamén se levaron a cabo. Finalmente estamos preparando un recital poético-musical en homenaxe a Manuel María, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. O escritor e editor Antón Mascato ilustrounos sobre a vida e obra deste gran poeta da Terra Chá. Todo isto foi posible grazas a todos vós: alumnado, profesorado, familias, ANPA e institucións.

CEIP VILAXOÁN

3

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

4

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

5

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

6

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

7

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

OS MARCAPÁXINAS DE 1ºB

CEIP VILAXOÁN

8

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

9

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

O NOSO HORTIÑO

TRABALLANDO A TERRA

2º A - B

CEIP VILAXOÁN

10

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

OS NENOS/AS DE 2º TRABALLAMOS O BARRO

CEIP VILAXOÁN

11

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

MIREYA 2º A

CEIP VILAXOÁN

12

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO OS DEBUXOS DE 2º B

CEIP VILAXOÁN

13

XUÑO 2016


NOTICIEIRO EN 1º E 2º FIXEMOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES QUE NOS GUSTARÍA COMPARTIR CON TODOS VÓS. PROXECTO DE ARTE

CEIP VILAXOÁN

14

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

15

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

ARTE FOTOGRÁFICO

Os nenos e nenas de terceiro fixemos un proxecto sobre o arte fotográfico en Galicia. Os de terceiro A, despois do traballo o noso mestre pediunos unhas fotos artísticas a cada un. Fixemos moitas fotos durante moito tempo, logo escollemos a máis bonita e para finalizar elaboramos un collage con todas esas fotos xuntas. Esperamos que vos gusten... Este ano queremos ensinarvos a “maxia” das fotos...

CEIP VILAXOÁN

16

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

17

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

18

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

19

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

A NOSA CADEIRA 4ºA e 4ºB

CEIP VILAXOÁN

20

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

21

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

22

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

Neste curso a piques de rematar e botando a vista atrás aos últimos meses, o alumnado de 5º e o seu profesorado está satisfeito co traballo realizado e ilusionado co que aínda queda por facer. Un dos aspectos traballados que nos custou bastante en ocasións, pero que tamén nos aportou resultados brillantes foi o traballo colaborativo en equipo desenvolvido ao longo do curso. Así desenvolvemos moitas tarefas que tiñan que ver con historia e xeografía, biografías, proxecto da cerámica, A Idade Media… Os alumnos e alumnas de 5ºA din que o máis difícil e poñerse de acordo e que cada un faga o que lle corresponde e que respecte a opinión dos demais. Con traballo todo se consegue…

Equipo Omega: Dani P., Alex, Pedro e Jose.

Equipo 4.0 : Dani Pardo, Sheila, Dani F. e Ale.

Equipo Zootrópolis: Roque, Diego, Dani e María

Equipo Equipo Divisibles entre cero Yeray, Uxía, Laura e Iria.

CEIP VILAXOÁN

23

XUÑO 2016


NOTICIEIRO Co Proxecto da cerámica aprendemos moitas cousas dos antigos oleiros, oficios tradicionais onde os haxa, dos utensilios que fabricaban e os seus usos. O mellor, cando metemos “as mans na masa” no taller de Mar Barral.

CEIP VILAXOÁN

24

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO E despois, imitamos aos romanos cos seus mosaicos onde deixamos a nosa obra de arte para a posteridade no muro do patio de recreo.

Tamén é moi importante aprender a falar para os demais, saber organizar as ideas e saber transmitilas. A este aspecto adicamos moito tempo deste curso, con exposicións, noticias, experimentos...

Equipo Divisibles entre cero

Zootrópolis

Yeray, Uxía, Laura e Iria

CEIP VILAXOÁN

Roque, Diego, María e Dani F.

25

XUÑO 2016


NOTICIEIRO Outro tema que nos parece fundamental na nosa formación é a educación na igualdade e a prevención da violencia de xénero. Traballamos sobre moitas novas no xornal que xiraban arredor deste tema. Sobre elas fixemos resumos e expuxemos as nosas opinións, coma esta de María:

Zapatos vermellos como símbolo de rechazo á violencia de xénero.

CEIP VILAXOÁN

26

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

27

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

28

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

29

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

Este ano os alumnos e alumnas de 6º fixemos un proxecto sobre as Catedrais de Galicia,

que se engloba dentro dun proxecto máis grande a nivel de centro chamado : A ARTE EN

GALICIA.

Comezaremos falando d@s alumn@s de 6ºA, que fixeron procuras sobre as catedrais de: Lugo, Mondoñedo,Tui e Ourense. Por outra banda, o alumnado de 6ºB fixo unha investigación sobre a Catedral de Santiago de Compostela (a súa historia, as torres , as fachadas e o Pórtico da Gloria. Este proxecto durou todo o curso e non so buscamos información, senón que tamén fixemos catedrais á man en tamaño pequeno e xigante, construímos unha maqueta e tamén pintámos unha no muro do colexio xunto a cruz e cuncha de Santiago. Finalmente, podemos dicir que puxemos todo o noso esforzo e dedicación para que aprendades un pouquiño máis sobre todas as catedrais de Galicia. Agora deixámosvos cun resumo de todos os traballos que fixemos , esperamos que vos guste moito e que aprenderades co que nós fixemos.

Podemos comezar dicindo que como a construción da Catedral se detivo en distintas ocasións establécense 3 etapas construtivas. Unha primeira foi cando o rei Afonso II ordenou a construción dunha capela sobre os restos da tumba do Apóstolo Santiago. Esta capela foi seguida por unha igrexa no ano 829 e a continuación construíuse unha igrexa prerrománica no ano 899 por orden do rei Afonso III converténdose nun importante lugar de peregrinación. Nunha segunda etapa, as obras da catedral reactívanse no ano 1100 baixo a dirección do mestre Estevo. A última pedra foi colocada en 1122 e a catedral foi consagrada en 1128. A terceira e ultima etapa de construción comeza en 1168 cando se lle encarga as obras ao Mestre Mateo. Remata a construción dos últimos 4 tramos da nave maior, mais a cripta e o Pórtico da Gloria, e a catedral definitivamente consagrase tal como a coñecemos en abril de 1211 Finalmente podemos dicir que a construción da actual catedral iniciouse en 1075 baixo o reinado de Afonso VI e o patrocinio do bispo Diego Páez. Grupo UNIÓN POLÍTICA DE 6ºB

CEIP VILAXOÁN

30

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO AS TORRES E AS FACHADAS. Hai 4 fachadas na torre de Santiago: fachada do Obradoiro, das Pratarías, da Acibecharía e da Quintana. A máis importante é a do Obradoiro. A fachada do obradoiro é a fachada principal, orientada ó oeste, da catedral de Santiago de Compostela, resultado de sucesivas modificacións sobre a construción orixinal desde os séculos XVI e XVII rematado por Fernando de casas Nóvoa entre 1738 e 1750. Hai 3 torres na catedral de Santiago de Compostela: a torre do Reloxo (Berenguela), das Campás e da Carraca. A máis importante é a do reloxo. A súa construción empezou no ano 1316. Cando foi nomeado mestre maior da catedral Domingo de Andrade. Entre 1676 e 1680 a elevaron dúas plantas. E en 1833 colocouse un reloxo de catro esferas. Grupo OS CINCO DE 6ºB

O PÓRTICO DA GLORIA O Pórtico da Gloria esta situado na entrada oeste da catedral de Santiago de Compostela. Esta construción foi rematada no ano 1188. Este conxunto de tres arcos esculpido polo mestre Mateo en so 20 anos, dota ao patio principal do templo dun poderoso simbolismo. Esta formado por mais de 200 figuras de granito, tan vivas e expresivas coma nunca se representaran na Idade Media. As súas partes son 3: O arco central, os arcos laterais e parteluz e zocalo. -Arco Central : O pórtico componse de tres arcos, un por cada nave da Catedral , cos seus respectivos tímpanos, arquivoltas e columnas. -O Parteluz e zocalo : O patrón da catedral, Santiago Apóstolo preside a columna central de mármore. -Arcos laterais : Toda a metade esquerda do Pórtico esta dedicada ao antigo Testamento ou ao pobo Xudeu, mentres a metade dereita representa o novo testamento a os Xentís. O GRUPO MIX

CEIP VILAXOÁN

31

XUÑO 2016


NOTICIEIRO Catedral de Lugo No ano 1129 acordouse a construción dunha catedral románica, conservándose con excepción da fachada e da xirola, que é un pasillo xiratorio detrás do altar por onde pasan os feligreses para non interromper ó cura mentres di a misa e que tamén recibe o nome de deambulatorio, propio das igrexas de peregrinación. Co descubrimento do apóstolo no século IX Lugo perdeu importancia e tamén moitos habitantes. Hai un documento do S. XIV que se conserva na catedral de Lugo: “O 18 de xuño 1386 María Castaña, o seu home e dous cuñados confesan ter feito moitas inxurias á igrexa de Lugo, e ter matado a Francisco Fernández, maiordomo do Obispo”. O nome de María Castaña chega ós nosos tempos no dito “é do tempo de María Castaña” para referirse a algo que é moi vello. Xulia

Catedral de Ourense A Catedral é unha construcción fundamentalmete románica iniciada ó redor do ano 1160, consagrada en 1188 e rematada polo bispo don Lourenzo a comezos do século XIII. A catedral ten unha planta típica de cruz latina con tres naves lonxitudinais, maior e dúas laterais, o cruceiro -dunha soa nave- e a ábsida central, única que se conserva, e parcialmete mutilada. Carece de galería ou triforio. A disposición é a característica das igrexas de peregrinación, como a catedral de Santiago. De feito, Ourense é cidade de paso da Ruta da Prata, un dos camiños de Santiago, pola que acceden a Compostela os peregrinos procedentes do sur e sureste da península Ibérica.

Sabrina e Óscar

CEIP VILAXOÁN

32

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO Catedral de Tui A Catedral-Fortaleza de Tui comezouse a edificar no ano 1120 en estilo románico e foi finalizada en 1225 coa fachada xa en estilo gótico. Dáse por feito a existencia dun templo anterior que estaría no mesmo sitio que a actual sé. É románica a planta de cruz latina, así como a portada norte. O edificio principal rematouse en estilo gótico (ou románico tardío), no que se fixeron as bóvedas e a porta principal.

Noa e Álex

Catedral de Mondoñedo O actual templo, de estilo románico, comezouse a construír en 1219 e en 1246 estaría avanzada a obra, aínda que se concluíu durante os séculos XIII e XIV. Estivo aberta ao culto desde 1225 e foi consagrada no 1248. A catedral na súa estrutura inicial tiña tres ábsidas; a maior e dúas menores. Trátase dun edificio cun estilo de transición entre o románico e o gótico do que non chega a adoptar gran parte dos seus avances e no que a robustez do románico prima sobre o naquel momento imperante estilo gótico.

CEIP VILAXOÁN

33

Julia e María

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

MANUEL MARÍA Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego. Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas”, o seu primeiro libro de poemas, editouno con só 21 anos. É autor dunha grande cantidade de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro e ensaio, sendo un dos poetas galegos máis musicados. A Real Academia Galega adicoulle polo seu compromiso co idioma galego o dia das Letras Galegas de 2016. No colexio pronunciou unha charla sobre Manuel María o escritor e editor Antón Mascato, quen foi amigo do poeta. No mes de maio traballamos a figura do poeta da Terra Cha e a finais de curso faremos un recital cos seguintes poemas de Manuel María: “Caracol”, “A vaca”, “O arco da vella”, “O meu burriño”, “O cuco”, “O soñador”, “Galicia” e “A fala”. Ademais o alumnado de 3º cantará un rap basado nun poema de Celso Emilio Ferreiro titulado “Son un pasmón”.

CEIP VILAXOÁN

34

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

BIBLIOTECA Un curso en imaxes “CÁNTOCHE UN CONTO” LUIS VALLECILLO

ESCOITANDO CONTOS NA BIBLIOTECA

CEIP VILAXOÁN

35

XUÑO 2016


NOTICIEIRO RECITANDO A ROSALÍA E A MANUEL MARÍA

TALLER DA CALMA

DÍA DO LIBRO

CEIP VILAXOÁN

36

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

TRABALLANDO COAS TICS OS DEREITOS E OS DEBERES DOS NENOS E NENAS Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos, o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas na que se recolle os Dereitos e os Deberes dos nenos e nenas. Como queríamos que todo o alumnado do cole tivese acceso á mesma as diapositivas foron ilustradas con pictogramas.

TRABALLANDO COA IMAXE, O SON E O VÍDEO O alumnado de 6º creou fotomontaxes, gifs animados e a portada deste Noticiero empregando o editor de imaxes Gimp. Editou os programas da nosa radio “Vilaxoán fala” utilizando o editor de sons Audacity Por último, empregando o editor de vídeo Openshotvideo crearon as súas propias películas.

PINTORES E ESCULTORES GALEGOS

Os nenos e nenas de 5º colaboraron no proxecto de investigación do cole “Arte en Galicia” mediante a realización dun pequeno libro con datos biográficos e obras de diversos pintores e escultores galegos. CEIP VILAXOÁN

37

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

ACTIVIDADES DIXITAIS

Ao longo deste curso o equipo TIC- Abalar creou varias actividades dixitais, algunhas delas para servir de apoio ao traballo docente diario e outras relacionadas co proxecto de investigación deste ano. Podes acceder a todas estas actividades dende a páxina web do cole, atópanse no apartado “TicsAbalar”/“As nosas actividades dixitais”. APRENDEMOS A LER E APRENDEMOS OS NÚMEROS

Para aprender a ler mediante un método de aprendizaxe global e para aprender os dez primeiros números dunha forma visual e intuitiva creamos dous paquetes de actividades Lim.

XOGOS POPULARES

Co obxectivo de que o alumnado coñecese e identificase diversos xogos populares que se practican en Galicia, elaboramos un paquete de actividades Lim e un Xogamos (xogo de preguntas e respostas).

CEIP VILAXOÁN

38

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO GRÁFICOS DE BARRAS

Co fin de que o noso alumnado practique de forma lúdica a interpretación da información representada nos gráficos de barras deseñamos un Xogamos con esta temática. ARTE EN GALICIA

Para que o alumnado poida comprobar os coñecemos que adquiriu na realización dos seus proxectos de investigación elaboramos tres xogos de preguntas e respostas un deles sobre o pintor e escultor Jorge Peteiro, outro sobre a Cerámica e un terceiro sobre a fotografía.

Dirixido ao alumnado de Educación Infantil creamos un paquete de actividades Jclic con xogos de memoria e quebracabezas con ilustración de Leandro Lamas.

CEIP VILAXOÁN

39

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

EU VOU AO COLE DE VILAXOÁN POR QUE TEN MÚSICA E INGLÉS IMPARTIDAS POR ESPECIALISTAS DENDE OS 3 ANOS

AULA DE INFORMÁTICA PARa EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA AULAS ABALAR EN QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA

PROXECTOS BIOAMBIENTAIS

SERVICIO DE ORIENTACIÓN PROPIO DO CENTRO CON PSICÓLOGA E PROFESORADO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

PROGRAMA DO ÉXITO ESCOLAR E PLAN PROA EN TERCEIRO,CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA

CEIP VILAXOÁN

40

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO AULAS BILINGÜES EN TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA BIBLIOTECA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

PARTICIPACIÓN EN TALLERES DE COCIÑA, MANUALIDADES, CORO ESCOLAR, TEATRO

XORNADA CONTINUADA

SAÍDAS DIDÁCTICAS EN TODOS OS NIVEIS

INTEGRACIÓN DAS FAMILIAS NA VIDA EDUCATIVA

COMEDOR ESCOLAR

AS IMAXES QUE ILUSTRAN ESTA INFORMACIÓN SON PICTOGRAMAS ORIXINAIS E MODIFICADOS OBTIDOS DE ARASAAC (SERGIO PALAO)

CEIP VILAXOÁN

41

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

CARTA DA ANPA Ola, A directiva da ANPA agradécevos a vosa colaboración, dedicación e participación nas actividades levadas adiante e que só foi posible co voso apoio, os das familias e o da dirección do centro. Durante o curso desenvolvemos varias actividades; actividades dirixidas a mellorar a conciliación da vida familiar e laboral, non sempre doado nos tempos que corren, extraescolares, obradoiros e a xogoteca de verán; actividades dirixidas a impulsar unha máis e mellor convivencia entre tod@s @s membros da nosa comunidade educativa dun xeito lúdico e divertido, como as excursións que realizamos a Perlim e nos próximos días a A Coruña así como a comida anual de Convivencia que este ano será en Fontefría, e por suposto, as nosas festas, Samaín e Entroido; actividades que faciliten a relación c@s nos@s fill@s como a Escola de Pais e Nais e os Cafés que nos permiten achegarnos a profesionais da educación; actividades que fomenten a igualdade entre os homes e as mulleres como a conmemoración do día da muller traballadora, achegando ao cole a mulleres incríbeis que lles contaron os nos@s nen@s os retos e dificultades pero tamén os agasallos de ser grandes profesionais cada unha na súa area; e, xa por último, actividades que manteñan vivas as nosas tradicións, como os Magostos e os Maios. Encantaríanos que papás e mamás vos implicarades, na medida do posible, en todo o relacionado coas estas actividades e outras que poidan vir, so coa vosa colaboración é posible. Tamén nos interesa que nos acheguedes as vosas ideas e por suposto as vosas críticas, sempre construtivas, que nos permitan mellorar a calidade do noso traballo e que axuden a implicarvos, aínda máis se cabe, na vida do centro. Recordarvos estamos para o que precisedes, podedes contar coa nosa colaboración, asesoramento e apoio en todo o relacionado coa escola de tod@s e para tdo@s. Bo verán!!

CEIP VILAXOÁN

42

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

PASATEMPOS BUSCA AS 5 DIFERENZAS

UNE A PALETA CO CADRO

BUSCA AS 5 CIDADES ONDE SE ATOPAN AS CATEDRAIS GALEGAS

CEIP VILAXOÁN

43

XUÑO 2016


NOTICIEIRO

SOLUCIÓN AOS PASATEMPOS

CEIP VILAXOÁN

44

XUÑO 2016


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

45

XUÑO 2016



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.