Noticieiro17

Page 1


O NOTICIEIRO

ÍNDICE EDITORIAL_____________________________________________3 VISITA Á PANADERÍA______________________________________4 A CASA DAS ABELLAS. APÍPOLIS (E. Infantil)________________________5 CONTIÑOS PARA 1º E 2º (1º e 2º)______________________________6 BOLSA CIENTÍFICA ( 1º e 2º)_________________________________8 OS MAIOS (1º e 2º)_______________________________________9 VISITA A CLESA E CEPILLOS MARIÑO (1º e 2º)______________________11 ALMORZOS SAUDABLES (1º e 2º)_______________________________12 PARQUE DO CASTRIÑO (1º e 2º)_______________________________13 A NOSA HORTA (1º e 2º)____________________________________14 INVESTIGADORES/AS MARIÑOS (3º A e B)_________________________15 AS ABELLAS, ESES BOS VECIÑOS... (4º A e B)______________________22 HOMENAXE A ROALD DAHL (4º A e B)___________________________24 CHISTES PARA PEQUENOS CIENTÍFICOS(5º A)______________________25 EXPOSICIÓN EN 5º B______________________________________29 DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º______________________________31 AS LARANXA MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS (6º A e B)_________33 EXPERIMENTANDO (6º A e B)_______________________________33 SAÍDA A MUROS (6º A e B)_________________________________34 PASATEMPOS___________________________________________36 ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES________________37 SAÍDAS DIDÁCTICAS (A COMPLEMENTARIAS)______________________40 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA________________________________42 CARLOS CASARES (EDLG)___________________________________47 ACTIVIDADES EDLG_______________________________________48 TICS -A BALAR__________________________________________50 SOLUCIÓN AOS PASATEMPOS________________________________54 CARTA DA ANPA_________________________________________55 EU VOU AO COLE DE VILAXOÁN POR QUE TEN..._____________________56 CEIP VILAXOÁN

2

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO EDITORIAL O curso que está a punto de terminar foi, coma sempre, moi denso en actividades e experiencias. Temos que valorar de forma moi positiva o desenvolvemento do proxecto deste ano, que levou por título “Peque Ciencia” e que tivo os seguintes subproxectos: “Xogamos coa auga” en E. Infantil; “Pensamento científico: a natureza”, 1º e 2º de Primaria; “A lúa, as mareas e as nosas praias” en 3º; “As abellas” en 4º; “Experimentos coa auga” en 5º; e “O museo dos experimentos” en 6º de Primaria. Creouse un blog no que se recollen moitas das experiencias levadas a cabo. Ó longo do curso desenvolvéronse moitas actividades relacionadas coa Ciencia, das cales destacamos as seguintes:  Na semana do 11 de febreiro traballamos a figura da oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia.  O Día da Muller celebrouse unha charla na que participaron catro mulleres que traballan en diferentes ámbitos relacionados coa ciencia: Covadonga Salgado, directora do INTECMAR; Sandra Barca, bióloga na Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con”; Nuria de la Torre, enóloga da adega “Paco e Lola”; e Sara González, médica de Cirurxía Plástica e Reparadora no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.  O venres 24 de marzo houbo unha interesante charla sobre o cerebro para o alumnado de 5º e 6º, a cargo de Casto Rivadulla, neurocientífico da Universidade da Coruña.  O mércores 19 de abril o alumnado de Primaria visitou o “Museo Científico Itinerante” que organizou no colexio o equipo de “Ciencia en Movimento” baixo o lema “Prohibido non tocar”.  O xoves 11 de maio o alumnado de 6º participou nun obradoiro práctico sobre programación de robots impartida por Susana Oubiña, profesora de tecnoloxía no IES Castro Alobre.  O alumnado de 5º elaborou un libro sobre Materiais e instrumentos científicos nas clases de Informática.  Saídas relacionadas coa ciencia foron a realizada á praia do Preguntoiro e a Apípolis polo alumnado de 3º e 4º e Educación Infantil.  Realizáronse murais sobre mulleres científicas e sobre palabras de ciencia en galego.  Tamén estivo relacionado coa ciencia o espectáculo de Maxia de Martín Camiña e Fani Triana, celebrado o 10 de maio. Por outra banda, cabe salientar a actividade “Nenos que gostan do mundo” dirixida ó alumnado de 3º a 6º, na que participaron alumnos/as e persoas adultas procedentes de diferentes culturas e países, que mostraron a riqueza e o valor da diversidade. Noutra actividade a alemá Gabrielle Freiin falou sobre a súa experiencia co galego resultou igualmente moi interesante. O Coro do colexio, a radio “Vilaxoán Fala”, os contacontos, o día da poesía, as saídas, as conmemoracións, os intercambios deportivos, as diferentes charlas, o traballo nas aulas sobre Carlos Casares, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas... fóronse organizando ó longo do curso. Non podemos esquecer a actividade celebrada o mércores 14 de decembro do alumnado de 5º e 6º coas persoas con discapacidade da asociación “Con eles”, das que aprendemos moito. Finalmente temos que agradecer a colaboración e o traballo da ANPA, e a súa implicación para intentar que se solucionen algúns problemas graves do centro, como o frío nalgunhas aulas, o amianto ou a caldeira. Esperamos que se arranxen no vindeiro curso. Feliz verán a todos/as!

CEIP VILAXOÁN

3

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

4

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

5

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

6

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

7

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

8

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

9

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

10

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

11

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

12

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

13

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

14

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

15

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

16

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

17

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

18

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

19

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

20

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

21

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO AS ABELLAS, ESES BOS VECIÑOS... Os alumnos/as de cuarto este ano fixemos un proxecto sobre as abellas. Despois de traballar todo o curso no estudo da abella mielífera, fixemos a saída a apípolis e pasámolo xenial aparte de aprender un montón de cousas novas sobre este tema.

Aquí estamos a escoitar os beneficios do mel para a saúde.

Un collage con todo o que fixemos ese día...

CEIP VILAXOÁN

22

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO Ahí están os pequenos/as apicultores.

CEIP VILAXOÁN

23

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO HOMENAXE A ROALD DAHL En cuarto lemos varios libros de Roald Dahl e vimos dúas películas baseadas en novelas súas: “Charlie e a fábrica de chocolate” e “James e o melocotón xigante”. Queremos facerlle unha pequena homenaxe polos momentos agradables e divertidos que pasamos coa lectura deste xenial autor británico. Naceu en Llandaf, un pobo do País de Gales, en 1916. Aos nove anos foi internado nun colexio inglés onde o pasou bastante mal. Cando comezou a Segunda Guerra Mundial fíxose piloto da Royal Air Force, foi derribado en combate e pasou seis meses hospitalizado. Empezou a escribir para nenos a raíz das historias que lles contaba aos seus fillos. En 1964 publica a súa primeira obra, Charlie e a fábrica de chocolate, que foi levada ao cine. Outras películas baseadas en libros de R. Dahl son: Matilda, James e o melocotón xigante, A maldición das bruxas, e a recentemente estreada O meu amigo o xigante.

Charlie e a fábrica de chocolate “Trátase dunha familia pobre na que un neto e un avó logran ver unha fábrica de chocolate. Gustoume porque hai cousas de chocolate.” Dani “Gustoume porque é un libro moi interesante e tamén vin a película.” Antía “Gustoume moito cando foron ao río de chocolate.” David “CHULÍSIMO!! Gustoume como era a fábrica por dentro e por fóra. Charlie gana o premio para ir á fábrica.” Héctor “Gustoume moito porque Charlie foi feliz.” Sara “Encantoume, era súper bonito. Leríao 50.000 veces máis.” Clara

As bruxas “Trata dun neno ao que lle morreron os pais e foi vivir coa súa avoa a Noruega. A avoa contoulle que había unhas bruxas que por fóra non o parecían. Deulle un par de consellos para saber quen eran e non topar con elas. Logo descubriu as bruxas. A verdade é un libro moi interesante.” Naira “Gustoume moito, daba un pouco de medo.” Ainhoa “Gustoume porque a avoa era moi boa.” Cibrán “Foi moi emocionante cando todas quitan as máscaras.” David

A marabillosa medicina de George “Era chulo. Gustoume a medicina 1, a 2, a 3 e a 4. A avoa volvíase graaaande porque tomou a medicina de George. Tamén lla deron aos animais que tiñan. Logo a avoa volveuse pequena, e o pai de George quería que desaparecera! Non lle caía moi ben! Era tan mala como unha bruxa!” Carolina “Gustoume porque me fixo moita gracia.” Antía “Gustáronme as partes das medicinas 2, 3 e 4. Ao final non me gustou porque a avoa desaparece.” Héctor “Gustoume moito porque fixo unha medicina con todo.” Uxía

CEIP VILAXOÁN

24

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

25

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

26

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

27

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

28

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

EXPOSICIÓNS EN 5º B

Neste ano o alumnado de 5º B fixo varias exposicións coas que aprenderon cousas novas. Cada exposición foi moi divertida e interesante. Ademais tódalas persoas participaron nelas. Tódolos alumnos transmitiron información sobre os seus traballos. O proceso de elaboración foi o seguinte: - O primeiro que fixeron foi elixir un tema a tratar. - Despois elaboraron un borrador coa información que fóramos atopando(era opcional buscar fotos sobre o tema). - A continuación escribiron un guión sobre os puntos a tratar. - Finalmente pasaron o traballo a limpo. - A maioría escolleron a opción de presentar os seus traballos en Power Point. Pero tamén outras persoas escolleron outras opcións. Tratáronse temas como: animais, deportes, botánica, xoguetes, xogos, barcos , lugares … Houbo varias exposicións de animais: Nalgunhas delas os nenos trouxeron animais á escola, como un caniche e un cabalo. Na exposición de caniches explicáronnos como se alimentaban, que necesitaban para vivir, os tipos que había… O traballo dos cabalos tratou da hípica, carreiras, o seu corpo, como montar, para que serven as ferraduras…

CEIP VILAXOÁN

29

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO Na de Collies, gatos e cans falábase de que tipo de cans e felinos eran, das súas características,da súa pelaxe e tamaño… Na exposición de insectos tratouse de como se reproducían e os tipos que había E tamén houbo outra de caracois na que nos ensinaron os tipos de caracois e cunchas. Outros tipos de exposición foron de deportes: Na de remo explicouse como eran os bateis, os estrobos, os sitios onde se remaba, o material… En canto ás de fútbol tratouse sobre os xogadores e os equipos… Tamén se realizaron traballos sobre xogos (Clash Royale) e xoguetes (Playmobil e Gorjuss). Na de Clash Royale explicáronse as areas, os cofres, as xemas, os tipos de cartas… No traballo de Playmobil e Gorjuss tratouse de quen os fixo, cando se fabricaron, os tipos que había… Fixéronse traballos de lugares e medios de transportes. Na exposición de cruceiros explicáronse os tamaños deles, as tarxetas que se usan, os tipos… O traballo de coches falába dos distintos tipos de coches, a súa medida, as súas marcas… A de Holanda trataba das cidades, dos monumentos, do porto de Roterdam… Realizouse unha exposición de curiosidades do futuro. Falaba de obxectos e ventaxas que terían as persoas no futuro. Outras das que se fixeron foron a dos sentidos e a das plantas medicinais. A exposición dos sentidos explicaba os sentidos e as súas características. No traballo das plantas medicinais falouse da reacción que facían, os tipos, como usalas… Nesta exposición grazas á nena que a realizou, cada un puido plantar unha aloe vera. FEITO POLO ALUMNADO DE 5ºB.

CEIP VILAXOÁN

30

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO O alumnado de sexto despídese e lembra o seu paso polo noso cole de Vilaxoán. Aquí vos deixamos as súas lembranzas e desexos.

"QUERIDO COLEXIO": 

Pasamos bos e malos momentos neste colexio pero resulta estraño que nos acordemos moito de cando eramos pequenos: O meu primeiro día de cole chorando e chorando por mamá, despois veu a miña curiosidade por escoitar un conto, a ilusión de xogar cos meus compañeiros e como non, os bicos da miña profe que nunca olvidarei. Tamén me acordo dos nervios de primaria polas notas, as complicacións dos problemas, a alegría de saír ao encerado... Todo isto vai ser imprescindible para a miña vida.  Seguro que nunca me esquecerei deste colexio e non sei como agradecer a todas e todos os profesores que me axudaron a sentar cabeza, a ensinarme e como non, a explicarme o que non entendía, o que fixestes é impresionante e desde aquí ao meu gran colexio, pídovos que vos coidedes moito e que vos ides fartar de verme de visita.  Levo aquí nove anos de tristeza, alegría, conflito e solución. Desde 3 anos ata 6º déchesme tantas sorpresas.... as excursións, as charlas fixéronme moi feliz, tanto coma a xente que coñecín, tanto coma as persoas que se foron e os profes que tivemos.  A etapa que estivemos con cada un ensinounos algo. Gracias cole por todos estes anos nos que me ensinaches moito, moito, moito.  Gustáronme moito os profes que me tocaron: Alicia, Lalo, Loreto, Merchi, Flores, Laura, Cristina, Loli e Peque, grazas por ensinarnos tanto. Tamén recordo o traballo que lle dabamos a Benito e aos outros no comedor. Benito era espectacular.  Hai cousas que teño gravadas na miña memoria... Por exemplo cando ao final de 4º lle fixemos o baile a Lalo. Pasámolo moi ben, sobre todo tamén porque eu acababa de chegar e coñecín a todos os meus amigos.  As clases coa profe Alicia foron xeniais e moi divertidas...pero tamén con moita caña. Estas pequenas cousas han facer que non me esqueza nunca de vós e vos leve no meu corazón.  Aprendín moito contigo, coñecín a xente espectacular e aínda que só leve aquí dous cursos, para min foron os máis especiais.  Dáme moita pena ter que marchar porque aquí tiven experiencias marabillosas. Sempre te levarei no corazón e nunca me olvidarei dos profesores que son os mellores. Sempre que poida virei a darche unha visita.  Paseino moi ben nestes nove anos no Ceip Vilaxoán. Coñecín a moitas persoas que agora son os meus amigos. Tamén aprendín moitas cousas e acórdome de todos os profesores que me deron.  Nunca te esquecerei querido cole, nin aos profes nin aos meus amigos.  Eu levo neste cole desde 3º de Primaria. Recordo que ao principio andaba sempre con Roque e despois con Alex.  Acórdome moito das excursións de fin de curso: en 3º fumos ás Dunas de Corrubedo e aos Petroglifos de Campolameiro, en 4º fumos á Illa de Cortegada, en 5º a Santiago de Compostela en tren e a Marín e en 6º iremos a Asturias e non me da chegado o día...

CEIP VILAXOÁN

31

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO 

  

Os recordos máis bonitos que levo no meu corazón son: as risas, os xogos, as excursións e os profesores que aínda que algúns non me deron clase sempre me trataron moi ben e levo sobre todo os grandes amigos que fixen. E non teño pensado olvidarvos, e cando veña meu irmán ao cole virei con El os primeiros días e tamén nas folgas do insti, que sempre haberá.. Nunca esquecerei os programas de radio do cole. Eu que quero ser periodista creo que esta primeira experiencia me vai a ser moi boa. Sempre lembrarei a envidia que me daban os maiores cando mediaban, pero cando eu por fin fun mediadora había moitos pequenos que non nos facían caso. Desde moi pequena que cheguei a este cole fixen moitos amigos; paseino moi ben dende as clases ata as saídas: lembro a Apípolis en 5 anos, a Santiago en tren en 5º, a de Muros que acabamos de facer e a de Asturias que esperamos con moita ilusión. As saídas estiveron moi ben, pero o mellor de todo son todos os profesores e profesoras polos que pasei que me ensinaron a ler, a escribir a saber calcular áreas...Pero saber as áreas non é o máis importante, senón que nos quixeron ensinar a ser boas persoas e iso acompañaranos toda a vida.

Desexámosvos o mellor na vosa nova andaina e que lembredes que este cole sempre será a vosa casa.

CEIP VILAXOÁN

32

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS Carlos Casares

O alumnado de 6ºA e 6º B estamos ensaiando a obra”As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas” de Carlos Casares a quen se lle adicou este ano a celebración das Letras Galegas. Queremos representala diante dos nosos compañeiros e profes do cole e tamén diante das nosas familias cando recollamos os diplomas. Non sabemos como nos sairá, pero nós pasámolo moi ben nos ensaios e somentes desexamos que o poidades disfrutar tanto coma nós.

EXPERIMENTANDO Aos de 6º encantaríanos que mirarades no blog do cole “Peque Ciencia” os experimentos que fixemos. Cada un de nós tuvo que escoller un experimento para explicarllo aos compañeiros e compañeiras. Algúns saíron mellor que outros pero divertímonos e aprendemos un montón facéndoos.

CEIP VILAXOÁN

33

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

34

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

35

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO AXUDA AO CIENTÍFICO A CHEGAR ATA O MATRAZ

P A S A T E M P O S

BUSCA AS 7 DIFERENZAS ENTRE AS DÚAS CIENTÍFICAS

BUSCA NA SOPA DE LETRAS OS MATERIAIS DE LABORATORIO

A H M E R T N K L Ñ Z R V H M Y O A S M C E M B U D E N O W F A L M B V B R O P Ñ W S X A P E R B V Q U M C T A P F K V T U T H C D S Y K P U N V A R T L B T R O R E F S B J B L R D E R T N C O L

I

F W B S O X R J E N M A V

R Q I W O L A T G X R W T I N A M Ñ S L B I A T O N S P E T P K G X P Z R T L Y V Z H J L

I T S V E W A R T R G

T U B O E N S A I O G U A R N M R A P U B G T H L A I Ñ Z P M L R U H P Q R T P O A D C I T O V D Q C A X Q T P

CEIP VILAXOÁN

36

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

37

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

38

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

39

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

40

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

41

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

42

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

43

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

44

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

45

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

CEIP VILAXOÁN

46

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

CARLOS CASARES Carlos Casares Mouriño está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da nosa literatura. Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense. Sempre estivo implicado na vida cultural, social e institucional do noso país, sendo un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización Lingüística. A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios e artigos periodísticos. Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que sería a súa obra póstuma: “O sol do verán”. Este ano 2017 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras polo seu compromiso coa nosa lingua e literatura.

A SÚA OBRA EN LITERATURA INFANTIL

(1968)

(1991)

CEIP VILAXOÁN

(1973)

(1983)

(1996)

(1998)

47

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

ACTIVIDADES DO EDLG Charla de Gabrielle Frein Von Hundelshausen

A alemá Gabrielle Freiin falando sobre Galicia e o galego.

Letras Galegas Espectáculo de Maxia cos magos Martín Camiña e Fani Triana

CEIP VILAXOÁN

48

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO Música

Parabéns Portugal. Parabéns Salvador Sobral.

Ciencia en Galego (naturalmente, “of course”)

CEIP VILAXOÁN

49

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

TICS- ABALAR DEREITOS DOS NENOS E NENAS CON DISCAPACIDADE Este ano para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos, o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas sobre os Dereitos dos nenos e nenas con discapacidade. Se queredes vela podedes facelo na nosa páxina web.

CHARLA SEGURIDADE DIXITAL O alumnado de 5º e 6º participou nunha charla sobre a seguridade na internet impartida por un policía nacional. Nela explicáronlle como teñen que protexer os seus dispositivos electrónicos, os riscos aos que están expostos cando navegan pola internet , que non deben compartir a través dos teléfonos móbiles e das redes sociais facendo finca pé en que unha vez que suben á rede unha información, vídeo ou imaxe deixan de ter control sobre a mesma. Tamén lles falou do acoso escolar empregando as novas tecnoloxía e como actuar en caso de que lles suceda.

CEIP VILAXOÁN

50

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO PROGRAMAS DE IMAXE, O SON E O VÍDEO Os nenos e nenas de 6º aprenderon a utilizar o programa de edición de imaxes Gimp creando fotomontaxes, gifs animados e deseñando a portada deste Noticieiro.

Tamén aprenderon a editar sons co Audacity e a montar vídeos co Openshotvideo.

LIBRO MATERIAIS E INSTRUMENTOS DE LABORATORIO O alumnado de 5º elaborou nas clases de informática fichas sobre distintos materiais e instrumentos científicos. Un cada ficha aparece o nome do material/instrumento, a súa definición e unha imaxe do mesmo. Con todas as fichas fixemos un libro dixital.

ACTIVIDADES DIXITAIS O equipo TIC- Abalar creou neste curso varias actividades dixitais, algunhas relacionadas co proxecto de investigación “Pequeciencia” e outras para utilizar no proceso de ensinanza aprendizaxe. AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR Para axudar ao noso alumnado a aprender e practicar as táboas de multiplicar creamos un Xogamos no que os xogadores dispoñen de dez segundos para indicar cal é o resultado correcto da multiplicación. CEIP VILAXOÁN

51

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

ORTOGRAFÍA Para que o noso alumnado poida comprobar e reforzar os seus coñecementos ortográficos, creamos un Xogamos. Dispoñen de trinta segundos para escoller, entre catro opcións, como debe escribirse a palabra que completa a frase que se lle amosa.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS AO AIRE LIBRE Buscando que o alumnado coñecese diversas actividades deportivas que se realizan ao aire libre, elaboramos un paquete de actividades Lim e un Xogamos (xogo de preguntas e respostas) con esta temática.

CEIP VILAXOÁN

52

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO ACTIVIDADES MATERIAIS E INSTRUMENTOS CIENTÍFICOS Para que o alumnado poida comprobar se coñece os materiais e instrumentos que empregan os científicos nas súas investigacións, creamos un Lim e un xogamos.

Podes acceder a todas estas actividades dende a páxina web do cole, atópanse no apartado “Tics- Abalar”/“As nosas actividades dixitais”.

CHARLA SOBRE ROBÓTICA O alumnado de 6º participou nunha pequena charla práctica sobre programación de robots impartida por Susana Oubiña profesora de tecnoloxía e programación no IES Castro Alobre. Distribuídos en grupos de catro alumnos/as cada un cun ordenador portátil e un robot educativo Mbot aprenderon a crear un código de programación empregando o programa mblock. Na primeira práctica o código programaba ao Mbot para que seguirá un percorrido marcado no chan. Na segunda práctica o alumnado tivo que crear un código para que os leds do Mbot amosará diferentes cores.

CEIP VILAXOÁN

53

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO PEQUECIENCIA Este ano, ademais de na nosa web, recollemos toda a información sobre o proxecto de investigación “Pequeciencia” nun blogue que podedes visitar nesta dirección: http://pequeseciencia.blogspot.com.es/

ABALAR MÓBIL Este curso buscamos potenciar o emprego da aplicación Abalar móbil como instrumento de comunicación coas familias: solicitude de reunións cos titores, publicación das cualificacións do alumnado...

Se queredes saber máis sobre a aplicación podedes facelo na nosa web no apartado “Pais/Nais"/”Novas"

SOLUCIÓN AOS PASATEMPOS

CEIP VILAXOÁN

54

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO Un ano máis...

CARTA DA ANPA Dende a directiva da ANPA gustaríanos facervos chegar a noso agradecemento por este estupendo curso que xa estamos a rematar, agradecemento pola vosa

colaboración, dedicación e participación nas actividades que dende a directiva levamos a adiante e que só serían posibles co voso apoio, o das familias e o da dirección do centro.

Este curso intentamos facelo o mellor que puidemos e sabemos, intentando, cada día aportar novas ideas e escoitando todas as que nos cheguen da vosa parte, que sempre serán ben acollidas e que enriquecen o noso traballo.

Durante este curso desenvolvemos diverso tipos de actividades: actividades dirixidas a mellorar a conciliación da vida familiar, a fomentar a igualdade, extraescolares e a

xogoteca de verán; actividades dirixidas a impulsar unha máis e mellor convivencia entre tod@s @s membros da nosa comunidade educativa dun xeito lúdico e divertido,

c@s nos@s fill@s como a Escola de familias, disfrutamos de festas como o samaín, o magosto e o entroido, celebramos o día da muller, colaboramos en “Nenos que gustan do Mundo”, excursións familiares ós museos da Coruña e a Galipark.

Todas estas actividades son a parte visible do noso compromiso co colexio, estamos en continua colaboración co centro reuníndonos cada pouco para coordinarnos e poder desenvolvelas, mantemos reunións mensuais coa Coordinadora de ANPAS de Vilagarcía para manternos e mantervos informad@s de todo aquilo que poida ser de

interese e relevancia na mellora da calidade do ensino público, da educación d@s nos@s fill@s. Desexamos que @s pais e nais vos implicarades e nos apoiaran cada ano máis, porque só

coa vosa complicidade fariamos do colexio un lugar mellor para @s nos@s fill@s. Esperamos as vosas ideas e inquietudes para mellorar e crecer tod@s xunt@s. Queremos que o ano que ven sexa mellor e máis INCREIBLE que este curso que despedimos. Crecemos e traballamos para @s nos@s fill@s e iso é a nosa recompensa.

Bo verán!! CEIP VILAXOÁN

55

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO

EU VOU AO COLE DE VILAXOÁN POR QUE TEN MÚSICA, PSICOMOTRICIDADE E INGLÉS IMPARTIDAS POR ESPECIALISTAS DENDE OS 3 ANOS

AULA DE INFORMÁTICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA AULAS ABALAR EN 5º E 6º DE PRIMARIA

SERVICIO DE ORIENTACIÓN PROPIO DO CENTRO CON PSICÓLOGA E PROFESORADO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE

PROGRAMA DO ÉXITO ESCOLAR E PLAN PROA EN TERCEIRO,CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA

CEIP VILAXOÁN

56

AULAS BILINGÜES EN TERCEIRO E CUARTO DE PRIMARIA

XUÑO 2017


O NOTICIEIRO SAÍDAS DIDÁCTICAS EN TODOS OS NIVEIS

BIBLIOTECA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

PARTICIPACIÓN EN TALLERES DE COCIÑA, MANUALIDADES, CORO ESCOLAR, TEATRO

INTEGRACIÓN DAS FAMILIAS NA VIDA EDUCATIVA

PROXECTOS BIOAMBIENTAIS

COMEDOR ESCOLAR

XORNADA CONTINUADA

AS IMAXES QUE ILUSTRAN ESTA INFORMACIÓN SON PICTOGRAMAS ORIXINAIS E MODIFICADOS OBTIDOS DE ARASAAC (SERGIO PALAO)

CEIP VILAXOÁN

57

XUÑO 2017



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.