O NOTICIEIRO
SUMARIO EDITORIAL------------------------------------------------------------3 COMEZAMOS NO COLE (EI3 ANOS)--------------------------------------4 O MONSTRO DAS CORES (EI4 ANOS)-------------------------------------5 O CAMIÑO DE SANTIAGO (EI5 ANOS)-----------------------------------7 A BRIGADA DE INCENDIOS DE PONTEVEDRA VISITA O NOSO COLE (1º e 2º)- 9 SAÍDA DIDÁCTICA Á CASA DO PATRÓN (1º e 2º)-------------------------13 O NOTICIEIRO DE 3º---------------------------------------------------16 “ A LÚA” (3º)---------------------------------------------------------19 O NOSO PATRIMONIO: IGREXA E PAZO DE SOBRÁN (4º A)-----------------20 IGREXA E PAZO DE SOBRÁN: CRÓNICA DUNHA VISITA (4º A)--------------21 ENTROIDO DOS COLIBRIS (4º B)----------------------------------------23 O NOSO MAR (5º A)----------------------------------------------------25 RAP COUSAS DE CASTELAO (5ºA----------------------------------------29 SENTIMOS CONCIENCIARTE (5ºB)--------------------------------------30 AS NOSAS IDEAS PARA REDUCIR OS PLÁSTICOS (5º B)--------------------31 O CURSO EN VIÑETAS (5º B)--------------------------------------------33 O NOSO ÚLTIMO ANO NO NOSO COLE (6º)--------------------------------36 EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO DE 6º--------------------------------------39 ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA------------------------------------------44 ACTIVIDADES EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA-----------------49 A ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE NA ESCOLA (AL)------------------------51 TICS – EDIXGAL-------------------------------------------------------53 EU VOU AO COLE DE VILAXOÁN POR QUE TEN-----------------------------58 PASATEMPOS-----------------------------------------------------------59 CARTA DA ANPA-------------------------------------------------------60 SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS – O NOSO COLE----------------------------61 Portada deseñada por Antía Touriño Dieste 6º B CEIP VILAXOÁN
2
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
EDITORIAL Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio. A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron ó longo dos anos, traballan agora e seguirán traballando arreo no futuro, sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra. (Antonio Fraguas Fraguas) Un ano máis presentamos un novo número da nosa revista O Noticieiro. Este curso 2018-2019 desenvolvemos o proxecto que leva por título “CONCIENCIARTE”, sobre o medio ambiente, arredor do cal traballamos cuestións como os plásticos e o mar, a reciclaxe ou a compostaxe. O alumnado de Educación Infantil, coa axuda das familias, traballou a arte a partir de materiais reciclados. Houbo charlas como a titulada “Por un futuro sostible na nosa Ría” para o alumnado de 5º e 6º, ou sobre prevención de incendios. Saídas como á praia do Preguntoiro con técnicos do GALP para ver o estado medioambiental do areal. Celebramos as conmemoracións anuais, relacionándoas no posible co proxecto deste ano. Deste xeito celebramos o Samaín, o Magosto, a xornada contra a violencia de xénero, o Nadal, o Entroido, o día de Rosalía de Castro, os Maios organizados pola ANPA... Celebramos o día da Paz e contamos coa presencia de Abdul Rehmar, quen nos falou sobre “Gandhi e a India”. O día da Muller Traballadora, cunha charla a cargo de mulleres cuxo traballo está relacionado co medio ambiente. Para celebrar o día das Letras Galegas elaboramos un mural sobre Antonio Fraguas (don Antonio), que foi o autor homenaxeado este ano. A Radio escolar, o Coro, o proxecto para a Igualdade de Xénero convocado polo Concello, a Escola de Pais e Nais, e diversas saídas didácticas como á igrexa e mosteiro de Sobrán, á casa do Patrón de Lalín, á granxa Kiriko etc. completan as tarefas desenvolvidas neste curso. De toda esta laboura quere ser un reflexo a nosa revista, feita en colaboración pola comunidade educativa. Esperamos que vos guste.
CEIP VILAXOÁN
3
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
4
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
5
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
6
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
7
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
8
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
A BRIGADA DE INCENDIOS DE PONTEVEDRA VISITA O NOSO COLE Dentro do proxecto que estamos a levar a cabo este curso escolar “Prevención de incendios” recibimos a visita da Brigada de incendios de Pontevedra. Amosáronnos as distintas ferramentas que usan, subimos ao camión de bombeiros e vimos uns vídeos onde nos mostraron como realizan o seu traballo no seu día a día.
CEIP VILAXOÁN
9
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
10
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
11
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
12
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO SAÍDA DIDÁCTICA Á CASA DO PATRÓN O pasado 21 de maio os alumnado de 1ºe 2º fixemos unha excursión a Lalín, á casa do Patrón. Alí visitamos o museo etnolóxico onde comprobamos como vivían os nosos antepasados. Non tiñan electricidade, nin auga corrente, non calefacción, nin tele, nin móbil... nin videoxogos!! A pesar de todo iso, contáronnos que tamén o pasaban ben contando historias ao carón da lareira.
CEIP VILAXOÁN
13
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO Logo da visita ao museo aprendemos a facer queixo. Botámoslle o callo e despois de esperar media hora, tivemos que apertar o queixo para que soltara todo o soro. Saíunos un queixo riquísimo!
CEIP VILAXOÁN
14
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO Por fin chea a hora de repoñer forzas cun xantar moi sabroso. E de sobremesa... xeado! Que fartiños quedamos!
CEIP VILAXOÁN
15
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
16
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
17
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
18
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
19
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO O NOSO PATRIMONIO: IGREXA E PAZO DE SOBRÁN
IGREXA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN A igrexa de San Martiño de Sobrán é un fermoso exemplo de arte románica en Galicia. Está situada no pobo mariñeiro de Vilaxoán. É de estilo románico e foi construída no século XII en granito. Encima da porta principal hai unha ventá semellante á portada e un rosetón. Dentro da igrexa, no muro da esquerda baixo un arco, atópase o sepulcro de Xoán Mariño de Soutomaior (falecido no ano 1496), fundador da vila e porto de Vilaxoán. Hai uns anos desapareceu unha escultura da xanela da fachada, que era unha estatua de San Martiño a cabalo. PAZO DE SOBRÁN Este pazo ten unha torre medieval que está cuberta de tellas. Nel vivían os grandes señores. A finais do século XV, a torre non era máis que unha ruína, pero no século XVI construíuse o pazo que é o que se observa hoxe. Non ten balcóns nin cornixas nin almenas nin gárgolas, deixando así unha fachada núa. O pazo converteuse nun gran caserón con dúas torres e un patio formando unha “U”. Daniela Abuín
CEIP VILAXOÁN
20
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO IGREXA E PAZO DE SOBRÁN: CRÓNICA DUNHA VISITA O pasado 11 de abril os nenos e nenas de 4º de Primaria do CEIP Vilaxoán fixemos unha excursión á igrexa e ao pazo de Sobrán. Polo camiño encontrámonos con algúns pais dos nenos. Fomos á igrexa e vímola por dentro e por fóra. Tamén vimos o cementerio. Acompañounos Teo Cardalda, quen nos contou que roubaron unha estatua de San Martiño a cabalo que estaba na fachada. Dentro da igrexa Teo ensinounos a tumba de Xoán Mariño.
E logo fomos ao pazo! No pazo entramos e algunhas cousas daban moito medo, como o baño. Estaba asqueroso! Tamén fomos a unha torre que era como un estudio dun pintor famoso. Había moitas habitacións, e tiñan unha decoración dos anos oitenta ou noventa. Os libros eran antigos. Algúns ata estaban rotos!
Logo fomos ao xardín. Era moi bonito, había un labirinto moi bonito que era moi fácil de atravesar. O noso profesor perdeuse polo labirinto. Había moitas cousas chulas que nos chamaban a atención e aos da nosa clase gustoulle moitísimo. O noso profe levounos polo camiño que non era, por fóra do labirinto.
CEIP VILAXOÁN
21
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO Estivemos polo xardín, que estaba moi coidado e moi limpo, tiña moitas flores bonitas, e... chegou a hora da merenda! Merendamos no patio do pazo e pasámolo moi ben alí.
No pazo había cousas moi antigas, por exemplo vimos unha revista do 1999. No patio do pazo había unha colmea. Tiñamos que fuxir!
A visita ao pazo foi unha ocasión única porque está cerrado desde hai moito. O dono era moi amable e contounos a historia deste monumento. Gustounos moito, era moi bonito por dentro e por fóra. Aos profesores tamén lles gustou moito. Fomos con Teo Cardalda e contounos todo o da igrexa e do pazo. Foi moi amable. Encantounos a historia do noso pobo. Sabedes que Vilaxoán foi fundado por Xoán Mariño hai moitísimo tempo? Gustounos todo. Aldara Eiró, Carmen González e Carolina Blanco.
CEIP VILAXOÁN
22
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO ENTROIDO DOS COLIBRIS Na clase estivemos facendo os disfraces. As teas que fixemos para as plumas as trouxemos feitas da casa, con teas de refugallo. Cun rotulador debuxamos a forma das plumas nunha plantilla. Tivemos que traer 60 plumas cada colibrí. Logo as fomos pegando nas ás.
As ás estaban feitas de papel, nelas fomos pegando as plumas de tea. Na casa tamén fixemos un precioso antifaz con plumas.
Unha vez rematados os disfraces, empezamos coa coreografía. Os pasos os deseñamos algúns alumnos/as de 4ºB. Despois de varios ensaios, chegamos ao deseño coreográfico definitivo. Practicamos cos nenos e nenas de 3º e 4ºA, primeiro na nosa clase e varios días antes do entroido, ensaiamos no ximnasio e o día antes, fixemos o ensaio xeral no patio-areal. Por certo, a canción é dunha artista francesa chamada "Zaz" e está baseada no conto francés " La légende Des colibris" do autor Denis Kormann. Preciosa historia no que un colibrí é quen de apagar un incendio no Amazonas. Co pequeno peteiro vai collendo auga no río e bótallo ao lume . A ensinanza deste conto é que todos e todas podemos aportar o noso gran de area, por pouco que
CEIP VILAXOÁN
23
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO pareza, para solucionar calquera problema. A suma de moitos é fundamental para a vida en sociedade.
Cando chegou o día, puxemos os disfraces e saímos para o patio-areal. Nos puxemos en círculo para bailar a coreografía, que tiña catro pasos bastante fáciles de bailar. O profe Lalo púxose no centro do círculo a dirixir e os tres cursos mais mestres e coidadora Chus, bailamos o baile dos colibrís....
Cando rematamos nós e o resto dos cursos, fomos a quitar os disfraces, para non amolalos, e baixamos a comer os doces típicos do entroido. Que di o meu profe que son os máis ricos de todas as festas do ano. Melindres, orellas e filloas. O noso foi o espectáculo que tivo mais éxito de todo o colexio.
CEIP VILAXOÁN
24
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
25
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
26
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
27
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
28
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
29
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
30
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
31
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
32
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
33
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
34
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
35
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO O noso último curso no cole Rematamos a primaria, para a maioría foron 9 anos no CEIP VILAXOÁN e agora temos que voar. Gustaríanos compartir con vós algunhas das experiencias que vivimos neste centro en sexto. Velaquí van algunhas fotos...
Poñendo en práctica todo o que sabemos de Educación Viaria.
Saboreando castañas asadas no Magosto.
CEIP VILAXOÁN
36
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO Aprendendo sobre microplásticos.
Poñéndolle ritmo ao Samaín
CEIP VILAXOÁN
37
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
Ao rico chocolate por Nadal!
Visita ao Parlamento e a Xunta de Galicia.
E todas as experiencias que nos quedan neste último mes NO NOSO COLE!
CEIP VILAXOÁN
38
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
39
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
40
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
41
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
42
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
43
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
ACTIVIDADES BIBLIOTECA
CEIP VILAXOÁN
44
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
45
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
46
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
47
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
48
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
49
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
50
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
51
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
52
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
TICS - EDIXGAL CONTINUAMOS NO PROXECTO EDIXGAL O alumnado de 5º e 6º continuou traballando cos miniportátiles do proxecto E-dixgal e cos libros dixitais do mesmo que este curso incorporaron novidades e novas editoriais.
NAVEGA CON RUMBO O alumnado de 5º e 6º participou na charla "Navega con rumbo" co obxectivo de concienciarse no uso responsable da internet e das redes sociais. Na mesma recibiron consellos para que navegar de forma responsable e segura na rede.
SOMOS DIFERENTES SOMOS IGUAIS Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas que posteriormente transformamos nun vídeo. Nela quixeron mostrar que todos os nenos e nenas son diferentes pero ao mesmo tempo son iguais.
CEIP VILAXOÁN
53
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO LIBRO “RECICLAMOS” O alumnado de 5º para colaborar no proxecto de investigación de centro "Reciclarte", elaborou nas clases de informática, un libro no que se indica onde se reciclan os diferentes residuos.
TRABALLO CON IMAXES, SONS E VÍDEOS O alumnado de 6º aprendeu a manexar o programa de edición de imaxes GIMP. O cal empregou para elaborar a portada deste Noticieiro,
crear
fotomontaxes
e
gifs
animados. Co Audacity aprenderon a gravar e editar sons, o que lles permitiu crear cuñas publicitarias para fomentar a reciclaxe e a igualdade de xénero. Este aplicativo foi o empregado para a realización dos programas da radio escolar. Tamén coñeceron o programa de edición de vídeos Openshot co que crearon vídeos publicitarios. Este programa empregouse para a montaxe do vídeo das portas decoradas de Nadal e da actuación do coro do centro cantando panxoliñas. CEIP VILAXOÁN
54
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO VÍDEOS PARA O FOMENTO DA IGUALDADE Empregando un croma de fondo onde amosar diferentes imaxes, gravamos vídeos para fomentar a igualdade entre homes e mulleres. Os curtos levan por título: “Visiblemente muller” (2º A e B), “Bambám” ( 3º), “Igualdade?” (5º A), “Gústanos a igualdade” (5º B), “Nós podemos cambiar o mundo” (6º A), “Nóminas iguais” (6º B), “Expectativa vs realidade” (6º B) e “Igual Da Xa” (6º B). Podedes velos todos na web do cole en “Proxectos do curso actual”/”Eu +ti=Ti+Eu”.
ACTIVIDADES DIXITAIS O equipo TIC- Edixgal creou varias actividades dixitais e axudou ao alumnado de 6º a crear algunhas delas.
BRINCALETRAS VOCABULARIO O alumnado de 6º elaborou varios “Brincaletras” cos que traballar o vocabulario en galego. Os temas dos mesmos son: cousas do cole, cousas da casa, cousas da rúa, animais, deportes, roupa e complementos, elementos da natureza e oficios. CEIP VILAXOÁN
55
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO De cada un deles crearon dúas versións, unha para o alumnado dos cursos superiores que se resolve escribindo a palabra definida e outra para os máis pequenos que se resolve escollendo entre tres opcións.
PRIMEIROS AUXILIOS Dentro da materia de Educación Física, elaboramos actividades dixitais sobre os “Primeiros Auxilios” Concretamente un Libro Lim, un Xogamos e un Brincaletras todos eles baseados no protocolo de urxencias sanitarias publicado pola Consellería de Educación.
RECICLAMOS Como complemento ao libro “Reciclamos” elaborado polo alumnado de 5º, o equipo creou varias actividades dixitais (Brincaletras, Libro Lim e Xogamos) coas que comprobar o que alumnado sabe sobre a reciclaxe.
CEIP VILAXOÁN
56
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO LIM VOCABULARIO Creamos dous Lim para aprender o vocabulario sobre as accións e cousas que hai no cole. Están dirixido a alumnado de Educación Infantil, alumnado con NEAE e para alumnado procedente do estranxeiro que non fala castelá. Podes acceder a todas as actividades dixitais citadas dende a páxina web do cole, atópanse no apartado "TICS -Abalar”/“As nosas actividades dixitais”. CURTAMETRAXES RODADAS POLO ALUMNADO DE 5º O alumnado de 5º empregando a cámara fotográfica do cole e outros dispositivos dixitais, gravou dúas curtametraxes para presentar ao festival de curtas convocado polo Museo de Pontevedra. Os seus títulos son “Cousas de Castelao” (5º A) no que se inclúe o rap que tedes neste noticieiro e “A voz dos seus ollos” (5º B) que narra a historia de María e Pedro na súa visita á sala Castelao do Museo de Pontevedra.
Se queredes podedes ver ambas curtametraxes na web do cole. CEIP VILAXOÁN
57
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
CEIP VILAXOÁN
58
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
P A S A T E M P O S
LEVA A BOTELLA DE VIDRO ATA O IGLÚ DE RECICLAXE
UNE CADA RESÍDUO CO SEU CONTEDOR
FAI O ENCRUCILLADO 1. Cor do contedor de lixo xeral 2. Punto onde se reciclan os medicamentos 3. Cor do contedor onde se reciclan os envases 4. Cor do contedor onde se recicla o cartón 5. Punto onde se reciclan as pilas 6. Lugar onde se botan os residuos orgánicos 7.Forma que ten o contedor onde se recicla o vidro
CEIP VILAXOÁN
59
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO CARTA DA ANPA Un novo curso rematou e queremos agradecer a tod@s a vosa axuda e boa disposición para o noso crecemento como colectivo, impulsándonos a mellorar cada día. De seguido recoñecer a confianza das familias, por participar activamente das distintas actividades, extraescolares, talleres, saídas, festas, charlas, e outras. Estamos a vosa disposición para calquera dúbida, proposta, ou asunto de interese que queirades manifestarnos, que valoraremos, apoiaremos ou defenderemos. Tamén á dirección do centro pola súa confianza, o seu apoio e axuda durante este tempo, nas distintas actividades formuladas e coordinadas xunto co claustro, profesorado e persoal non docente, para o logro dos obxectivos propostos. Dar a benvida as familias que chegaron novas este curso e se integraron no día a día, e dirixímonos especialmente ao alumnado de 6º de Educación Primaria que finaliza un ciclo, desexándolle moita sorte na nova etapa que van comezar esperando que leven un grato recordo (e que nos visiten de cando en vez….). E coma non podía ser doutro xeito, este ano, de maneira especial despedimos a o noso SEÑOR BENITO, peza fundamental na vida diaria d@s nos@s neno@s e do bo funcionamento do centro, para quen pedimos unha boa e grata “xubilación”, considerámolo parte da historia viva do CEIP VILAXOÁN, ata sempre amigo. ¡¡Vémonos o vindeiro curso, contamos contigo!! ¡¡FELIZ VERÁN!!
ANPA SAN MARTIÑO P.D. :Tendemos unha man a quen queira sumarse a este equipo, para seguir medrando e conseguir unha escola de Tod@s e para Tod@s.
CEIP VILAXOÁN
60
XUÑO 2019
O NOTICIEIRO
SOLUCIÓN AOS PASATEMPOS
1
E
4 3
2
S 7
I
G
L
G R
A
V
M
A
R
5
E
L
Z
D
I
U
E
M
L
O
P 6
C
O
M
P
O
S
T
E
I
R
O
E
CEIP VILAXOÁN
61
XUÑO 2019