3 minute read
ACTIVIDADES TICS- EDIXGAL
from NOTICIEIRO 2021
by ticsvilaxoan
TICS – EDIXGAL
PROXECTO EDIXGAL E AULA VIRTUAL
Advertisement
Este curso todo o alumnado dende Educación Infantil a 4º de Primaria tivo activo dende o comezo das clases o seu usuario e contrasinal para acceder á Aula Virtual do centro e poder empregar esta vía de formación no caso do peche da súa aula por corentena. Pola súa banda o alumnado de 5º e 6º tiña garantida esta formación non presencial ao empregar diariamente no centro e nos seus domicilios a plataforma Edixgal para traballar nas distintas materias. A Aula Virtual foi empregada ao longo do curso nalgúns dos cursos para a realización de tarefas e actividades dixitais, aportarlle información ao alumnado, realizar de enquisas...
DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas na que se recolle e ilustra con pictogramas a Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas. Para poder subir a presentación á web do centro esta foi transformada nun vídeo.
PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA
O alumnado de 5º para colaborar no proxecto de investigación de centro "Deseñamos banda", elaborou nas clases de informática, un libro no que se recolle información sobre distintos personaxes de banda deseñada tanto españois coma doutras nacionalidades.
Co fin de poder comprobar o aprendido sobre estes personaxes, o equipo TICEdixgal elaborou distintas actividades dixitais, concretamente dous brincaletras e un paquete de actividades LIM que inclúe sopas de letras, xogos de memoria, xogos de emparellamento, quen se agocha, relacionar nome e personaxe, identificar os personaxes, recoñecer as características dos personaxes e crebacabezas.
CREAMOS VÍDEOS COAS NOSAS BANDAS DESEÑADAS
Pola súa parte o alumnado de 6º colaborou neste proxecto de investigación aplicando os coñecementos adquiridos ao longo do curso relativos ao manexo do programa de edición de imaxes GIMP, ao programa de gravación e edición de son Audacity e ao programa de edición de vídeo Openshot para transformar en vídeos as bandas deseñadas que presentaron ao concurso convocado polo equipo da biblioteca para conmemorar o Día do libro.
O GIMP tamén foi empregado para a creación de gifs animados, para o deseño da portada deste noticiero e para a creación de fotomontaxes.
GENIALLY E STOPMOTION
Para loitar e concienciar contra o acoso escolar, o alumnado de 6º B creou na materia de Valores varios Genially e un vídeo empregando a técnica do stopmotion.
AS NOSAS ACTIVIDADES DIXITAIS
Ademais das actividades dixitais dos personaxes de banda deseñada, o equipo TIC- Edixgal creou este curso outras actividades:
Lim superheroínas
Este paquete de actividades presenta ao alumnado as superheroínas do concurso de debuxo organizado polo equipo de biblioteca para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero e permítelles realizar distintas actividades con elas.
Lim e brincaletras sobre o atletismo
Para aprender as características das distintas probas que forman o atletismo o equipo en colaboración coa profesora de Educación Física creou un libro de actividade LIM e un brincaletras.
CÓDIGOS QR
O nos equipo colaborou da biblioteca na creación de códigos QR que permiten ao alumnado recomendar libros aos seus compañeiros/as e dar a súa opinión sobre os mesmos. Os códigos QR enlazan coa galería de fotos do centro onde o alumnado escribe os seus comentarios.