NOTICIEIRO 2021

Page 47

O NOTICIEIRO

TICS – EDIXGAL PROXECTO EDIXGAL E AULA VIRTUAL Este curso todo o alumnado dende Educación Infantil a 4º de Primaria tivo activo dende o comezo das clases o seu usuario e contrasinal para acceder á Aula Virtual do centro e poder empregar esta vía de formación no caso do peche da súa aula por corentena. Pola súa banda o alumnado de 5º e 6º tiña garantida esta formación non presencial ao empregar diariamente no centro e nos seus domicilios a plataforma Edixgal para traballar nas distintas materias. A Aula Virtual foi empregada ao longo do curso nalgúns dos cursos para a realización de tarefas e actividades dixitais, aportarlle información ao alumnado, realizar de enquisas...

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS Para conmemorar o Día dos Dereitos Humanos o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas na que se recolle e ilustra con pictogramas a Declaración Universal dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas. Para poder subir a presentación á web do centro esta foi transformada nun vídeo.

PERSONAXES DE BANDA DESEÑADA O alumnado de 5º para colaborar no proxecto de investigación de centro "Deseñamos banda", elaborou nas clases de informática, un libro no que se recolle información sobre distintos personaxes de banda deseñada tanto españois coma doutras nacionalidades. CEIP VILAXOÁN

46

XUÑO 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.