Proxecto camino frances

Page 1

O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Coñecendo a nosa terra polo Camiño Francés a Santiago de Compostela

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

AS ORIXES O camiño a Santiago é unha ruta que percorren os peregrinos procedentes de todo o mundo para chegar á cidade de Santiago de Compostela, onde van ver as supostas reliquias do Apóstolo Santiago o Maior. Durante a Idade Media foi un camiño moi concurrido, despois foi lixeiramente esquecido e na actualidade volveu tomar un gran auxe. O Camiño francés a Santiago e as rutas do camiño francés foron declaradas pola UNESCO, Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998, respectivamente.”

Conta a lenda da tumba do Apóstolo Santiago, que este morreu decapitado no ano 44 d.C. e os seus discípulos meteron o corpo nun sarcófago de mármore, este nunca barca, e esta surcou os mares, chegando ata Galicia, remontando o río Ulla ata chegar a Iria Flavio (Padrón). Alí pediron axuda á raíña Lupa para trasladar os restos por terra e facer o enterramento. Lupa díxolles que sí, pero primeiro debían enfrontarse a un dragón que derrotaron e a uns touros bravos que conseguiron amansar. Os touros conduciron libremente os restos que foron enterrados polos apostólos.

A tumba foi olvidada, ata que no ano 813, o ermitán Pelaio veu un resplandor no campo, onde se atopaba a tumba e iluminouse o ceo co resplandor dunha estrela (Campus Stellae = Compostela). Foi informado o obispo Teodomiro, que destapou o sarcófago e atopou unha inscrición que confirmaba que os restos pertencían a Santiago. O rei Alfonso II proclamou a Santiago Patrón do Reino, e construíuse alí un santuario. Hoxe é a catedral de Santiago de Compostela.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Alfonso II mandou construir unha igrexa nun lugar chamado “Campo da Estrela” (Compostela), onde según a lenda se atopaba a tumba do apóstolo Santiago. No s. XI, no lugar da igrexa, edificouse a Catedral de Santiago. Daquela o oficio de canteiro era moi valorado, gañaban máis e tiñan máis días libres ao ano que ningún outro traballador. Eran mestres no seu arte e ían dunhas vilas a outras facendo os encargos dos reis e levando as distintas novidades dun lugar a outro”

O Camiño Francés é o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e o máis recoñecido internacionalmente. O seu trazado a través do norte dá Península Ibérica fixouse a finais do s. XI, grazas ao labor construtivo e de promoción de monarcas como Sancho III o Maior e Sancho Ramírez de Navarra e Aragón, así como de Afonso VI e os seus sucesores. As principais vías deste Camiño en Francia e España foron descritas con precisión cara ao 1135 no Codex Calixtinus,(o famoso Códice Calixtino) libro fundamental xacobeo. O Libro V deste códice constitúe unha auténtica guía medieval da peregrinación a Santiago. Nel especifícanse os tramos do Camiño Francés dende terras galas e informa detalladamente sobre os santuarios da ruta, a hospitalidade, as xentes, a comida, as fontes, os costumes locais, etc. Todo está escrito coa síntese e claridade que necesita unha resposta práctica a unha demanda concreta: a peregrinación a Santiago.

De todas as rutas de peregrinación cara Santiago, o camiño máis longo é a “Vía da Prata” que percorre 1.006 GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA km. e ven dende o sur de Andalucía. Foi esta ademáis unha ruta comercial utilizada ao longo dos tempos por diferentes pobos para as súas transacións. O camiño máis curto cara Santiago é o coñecido como “Ruta do Mar de Arousa” que fai un percorrido polas rías e illas atlánticas ata cegar a Padrón, rememorando a viaxe da barca do Apóstolo cos seus restos. A ruta que nós investigamos, a do camiño francés que parte desde Roncesvalles percorre uns 700 km. según a variante que se escolla.

Por que moita xente fai o camiño? Algúns por fe e por crenzas, outros para coñecerse mellor, porque polo que puiden averiguar, durante o camiño tés moitas horas para coñecerte a ti mesmo, é coma un tempo para pensar e reflexionar, para saber e pensar en quen eres. Claro que se fas o camiño só, todo esto é máis fácil, ti decides, ti te enfrontas ás dificultades. Estás tamén entre a natureza, onde estás máis tranquilo e en paz contigo mesmo, para esquecerse do que che preocupa, para desestresarse, porque algunhas veces os traballos e a vida cotián non che deixan tempo para pensar en ti mesmo”

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

A MOCHILA “ E moi importante prepararse para o camiño. Decidir se o imos facer sós ou non, prepararnos moi ben físicamente e pensar moi ben na mochila e no seu contido: A mochila debe ser cómoda, anatómica, lixeira e con boa suxección e equilibrada na distribución do peso. Non debe superar o 10% do peso de quen a leva. Nela deberiamos meter: Saco de durmir con esterilla. Sombreiro ou gorra e pano para o pescozo. Gafas de sol. Camisetas ou polos (3 ou 4 para lavar a miúdo). Xersei ou polar case mellor. 2 pares de pantalóns, un posto e outro de reposto. (Poden ser curtos) Chuvasqueiro (fino ou groso según a época) 3 ou 4 pares de calcetíns 100% algodón sen costuras 3 mudas de roupa interior. Botas, que non sexan a estrenar, que non produzan rozaduras, de pel e flexibles. Unhas chanclas para a ducha e rematar a xornada no albergue. Pódese levar algunha comida (froitos secos, chocolate) e moita auga. Tamén é importante parar a comer, facer todos os días percorridos similares, levar un bordón ou bastón para axudarse nas costas e baixadas e lembrarse de sellar a credencial en cada albergue para obter logo a compostelana”

Ademáis, tamén debemos lembrar levar con nós: o DNI e a tarxeta sanitaria. Toalla tipo balleta que seca ben e pesa pouco. A maiores un pantalón largo ou desmontable que se convirte en curto. As botas, tipo goretex, que transpiren ben. O bastón pode ser telescópico de aluminio. Unha crema protectora solar non sobra, así como navalla multiusos e unha lanterna pequena.” Claro que meter todo isto no 10% do peso … A maiorá dos da clase só poderiamos cargar con non máis de 5 kg…!!!!

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Preparación física A preparación física para facer as nove etapas do camiño francés na súa ruta por Galicia, segundo a información obtida do ximnasio e dun preparador físico, sería: Comezar dous ou tres meses antes a andar, incrementando paulatinamente os percorridos. Comezar con cinco km diarios e ir aumentando un kilómetro cada tres ou catro días ata chegar a 20 km cada día, que a media diaria da ruta que queremos realizar. Tamén se deben variar os itinerarios para facer percorridos de distinta dificultade. Outras actividades físicas para mellorar a resistencia e o rendemento físico son: andar en bici estática, footing, estiramentos, andar na bici, correr, fùtbol, facer pesas, flexións, correr ou andar na cinta, facer natación ou calquera deporte que nos axude a estar en forma.

Imos desenvolver o noso Camiño Francés por Galicia en 9 días nos que camiñaremos unha media entre 20 e 25 km. Cada día imos coñecer algún lugar interesante do itinerario, investigando un pouco na súa historia, coñecendo un pouco das súas costumes e lendas e buscando os mellores sitios para comer e durmir aos prezos máis económicos, así que teremos que durmir case sempre en albergues onde almorzaremos, e aproveitar os menús de peregrino que ofrecen moitos establecementos.

Despois de facer cálculos imos precisar uns 200 € para facer as 9 etapas con relativa tranquilidade.

Esperamos que este pequeno libro no que con tanta ilusión traballamos, vos axude e vos serva de guía para animarvos a facer este camiño que nós facemos agora de xeito virtual pero que esperamos algún día facelo realidade.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

1ª xornada: Dende O Cebreiro ata Triacastela. Percorremos 22km, cunha dificultade media-alta. Collemos a variante de San Xil

O Cebreiro O Cebreiro tivo unha extraordinaria importancia na loita contra os franceses, dada a súa posición estratéxica de paso entre Castela e Galicia. No 1809 as tropas de Moore invaden os montes de O Cebreiro na súa fuga cara a Lugo e Coruña. As tropas francesas matan a Fournier, gobernador de Lugo, provocando a reacción do seu irmán, que dirixe unha expedición de castigo devastando ao seu paso bosques e poboados. As reliquias de O Cebreiro escóndense na aldea de Foxos, sendo destruídos os antigos libros de O Cebreiro. En 1486 os Reis Católicos, de peregrinaxe a Santiago, chegan a O Cebreiro para contemplar o milagre e doan o relicario onde se gardan os restos. O Cáliz e a Patena son afamadas pezas do románico, en especial o Cáliz que figura no escudo de Galicia. historia deste municipio atópase fortemente influenciada pola ssúa relevancia no Camiño de Santiago.

A súa función de paso marcou a historia local. Pedrafita do Cebreiro formou parte do itinerario de vías romanas; da vía que por Triacastela conducía ao interior da Galicia antiga: despois do Camiño de Santiago e do Camiño Real, para constituírse finalmente como a primeira estrada moderna de acceso a meseta no século XIX. Pedradita do Cebreiro constitúe a entrada en Galicia do Camiño Francés. Isto unido ao milagre do Santo Grial que ocorreu en O Cebreiro, converten a esta localidade nun lugar de peregrinaxe obrigado desde fai séculos.

Os sete kilómetros de subida a O Cebreiro son estremecedores. Os peregrinos a Santiago de Compostela, afrontan una durísima proba: A pendente é moi pronunciada e moi longa. Cando chove, arrecia o vento e neva as condicións endurécense aínda máis.

Para comezar a falar da historia de O Cebreiro temos que remontarnos a tempos anteriores aos romanos. As pallozas son as vivendas tradicionais, testemuñas inmellorables dun asentamento prerrománico, que deron acubillo durante milenios aos seus habitantes. Hoxe, convertidas en reclamo turístico. As antigas vivendas prerromanas

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA circulares e co teito de palla, das que dúas conforman o Museo Etnográfico e outras dúas acollen aos peregrinos. A palloza era circular: un muro de pedra coroado cun colmo de palla cosida con retama que illa ben do frío nos xeados invernais. Naquela aldea tradicional vivíase de xeito austera: poucos mobles, apenas uns bancos que servían de asento, cama e ata mesa, e uns arcóns. O centro era o boga, un caldeiro pendente dun gancho sobre a pequena fogueira que daba calor, luz e alimento.

O Santuario de O Cebreiro é o referente histórico deste municipio, dada o seu relevancia no Camiño Xacobeo e o milagre ocorrido. O mosteiro foi abandonado en 1858. A Igrexa de Santa María a Real restaurada en 1961 foi antigo Priorato e hospital. A simplicidade de Santa María a Real, a igrexa prerrománica que garda a fermosa imaxe bizantina do s. XII, patrona da comarca.

O primeiro hospital data do ano 835, pero serán no 1072, cando adquira maior relevancia ao pasar a mans dos monxes franceses de Aurillac, e xa no século XIV alcanzará fama universal co Milagre do Santo Grial que é unha das lendas máis coñecidas do Cebreiro. O cáliz do milagre é un dos símbolos de Galicia e figura no escudo de Galicia.

Monumento ao Peregrino

Palloza tradicional de O Cebreiro

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Lenda de O Cebreiro Cóntase que aló polo século XIII, un paisaniño de Barxamaior, apelidado Santín e home de fondas crenzas relixiosas, nun día de inverno de moito frío, con neve e tormenta, subiu ata o Convento do Cebreiro. Distaba uns catro quilómetros costa arriba da súa casa. Ó chegar á Igrexa atopou un freire celebrando a Misa. Seica o freire non era home de moita fe e vendo tan só a aquel homiño vello, cheo de frío, pensou para si mesmo: "¡tanto sacrificio, total para un cacho de pan e un pouco viño!. Hai que estar tolo para saír da casa co frío que vai, ...¡co ben que estaría na casiña á beira dun bo lume!. Nese mesmo momento, era o momento de alzar, o freire quedou abraiado. Viu alí, nas súas mans, ¡o pan convertido en carne e o viño convertido en sangue!. A imaxe da Virxe, que estaba no altar do lado, unha talla románica do século XII, inclinou a cabeza e así aparece aínda hoxe con ela abaixada. Desta lenda nace a grande devoción ó Santo Milagre do Cebreiro. Tamén se conta que en varias ocasións quixeron levar as reliquias para Valladolid e outros sitios, pero nunca puideron porque se lles detiñan os bois que portaban o carro. Non daban un paso por moito que lles pegaran.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Comer e durmir en O Cebreiro En O Cebreiro podemos aloxarnos no Mesón Carolo onde se pode degustar un riquísimo caldo galego. As habitacións, con baño, son acolledoras e están equipadas con calefacción. É un hoteliño moi bonito, cun antigo telar no comedor. Bo queixo e prezos moi baratos. Está situado a 1.300 metros de altitude, entre as serras do Caurel e dos Ancares. Ademáis podemos utilizar o Albergue para peregrinos con prezos moi económicos (10-15 euros coa comida e cea diaria)

Albergue

Pallozas Triacastela - Sarria (por Samos) 24,5 km

- Dificultad: media Triacastela - Sarria (por Samos) 24,5 km - Dificultad: media

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

2ª xornada: De Triacastela a Sarria pola variante de Samos. 24,5 km. Dificultde media

TRIACASTELA O Camiño de Santiago ao seu paso por Triacastela. A partir do ano 950, no que o bispo francés Godescalco de Puy, do que se di foi o primeiro peregrino que chegou a prostrarse ante o sepulcro do Apóstolo en Compostela, existe o Camiño de Santiago coñecido nas rutas das peregrinacións de Francia. Dende entón empeza a soar Triacastela, a "Talamina Sextórum" romana, como final da etapa que comezaba en Villafranca, aparecendo no Códice Calixtino baixo o nome de "Triacastellus". O principal monumento de Triacastela é a súa igrexa barroca, aínda que de orixe románico (consérvase a planta case na súa totalidade, construída con materiais característicos da terra, como a losa). Da fachada destaca a torre, na que locen tres castelos que pretenden xustificar a toponimia da vila. Xa no interior, o Apóstolo Santiago montado dacabalo preside o retablo maior. Outro dos sitios máis fotografados en Triacastela é o monumento ao Peregrino, que se levanta á beira do albergue público. Unha pequena figura coroa un conxunto de pedras como recordo dos romeus medievais, que tal e como contan as crónicas, cargaban na súa zurrón cunha pedra de cal desde estes paraxes para contribuír a levantar a fachada da Catedral de Santiago.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

LENDAS DE TRIACASTELA

Sucedeu que cando estaba chegando a barca onde viña o corpo de Santiago, divisaron unha gran festa, que era polo casamento do fillo dun home rico das terras de Gaia, na ribeira do Douro, coa filla doutro home rico, da Maia. A alegría era moi grande: uns recitaban romances outros recitaban cántigas, outros tocaban a gaita e outros instrumentos típicos. Algúns señores a cabalo xogaban con lanzas, o xogo consistía en arroxar a lanza ao aire e galopar para recollela ao caer sen que tocase no chan. Entre estes cabaleiros estaba o noivo, e aconteceu que o cabalo nun rápido salto meteuse no mar e somerxeuse, só se vía unha estela de escuma que ía cara a nave onde viña o corpo do Apóstolo. Ao fin saíu o cabalo á superficie do mar, mesmo ao lado da nave. O cabaleiro mirouse e viu que todo el, cabalo e sela ían cubertos de vieiras e que fora baixo das auga sen dano algún, estando agora sobre o mar como se estivese en terra.

Marabillado por tal cousa, veu ao seu lado a barca, contándolles aos navegantes, as cousas que lle sucederan, e mostrándolles as vieiras de que ía recuberta, preguntoulles que lles parecía aquelo. Contestáronlle que Deus e Xesucristo quixeran mostrar polo vasallo deles, que alí levaban, o seu poder a ti e a todos os que despois virán para amar e servir ao vasallo onde el sexa enterrado, e que deben traer cunchas como esas coas que ti fuches conchado, como sinal e selo de privilexio. Despois soprou o vento nas velas e partiu a nave rumbo ás praias, onde máis adiante GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA depositarían o corpo de Santiago. O cabaleiro foi sobre o mar cara a beira, onde unha enorme cantidade de xente o agardaba para recibilo con gran contento. Dende entón, os peregrinos que viñesen a Compostela na procura do Apóstolo levarían por sinal as cunchas de vieira no sombreiro e na esclavina do Saial.

O albergue público está situado no acceso ao núcleo nun enclave privilexiado, a beiras do Oribio, e rodeado dun amplo prado no que é posible acampar os días nos que a localidade está saturada. Ademais, existen cinco albergues privados. O Complexo Xacobeo, cómodo e céntrico, o acolledor O Horto de Abel, levantado en pedra, O Berce do Camiño e o Refuxio do Oribio (Sobre 15-20€/día). Aqueles que busquen algo máis de intimidade poderán pasar a noite en Casa David (habitacións cunha pequena parcela ao descuberto), ou Casa Olga, todos con habitacións dobres de prezos similares (sobre 40 euros).

Albergue

Conta a lenda que cando os peregrinos chegaban a Triacastela ían á canteira e collían unha pedra, que amañaban nos fornos da Castañeda e levaban a Santiago para colaborar coa construción da catedral.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

3ª xornada: De Sarria a Portomarín. 23 km.- Dificultade: media-alta

Sarria Sarria é unha vital e comercial poboación do sur da provincia de Lugo, situada en pleno Camiño de Santiago. Por esta causa, a historia medieval de Sarria está moi vinculada ás peregrinacións, a vila estaba situada na ruta xacobea e contaba con albergues para peregrinos como o hospital de San Antonio, o da Magdalena, onde recibían cama e coidados.

Aínda que, como veremos son numerosos os monumentos da vila de Sarria, os dous principais e que,a demais, afunden as súas raíces na Idade Media son o Convento da Madalena e a igrexa do Salvador.

As terras de Sarria estiveron poboadas desde moi antigo, aínda que sexa difícil establecer cales foron os seus primeiros pobladores. Hai indicios de poboamento cando menos desde a fase neoeneolítica, como o demostran os enterramentos megalíticos documentados.

A aparición de cerámica sigillata e de moedas romanas, achadas nos castros de Seteventos, Vilapedre e A Margarita en Samos, mostran o poboamento dos castros da comarca durante a romanización tardía do Noroeste peninsular.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Con todo, a gran historia deste municipio comeza coas primeiras peregrinacións a Santiago polo Camiño Francés.

Na Alta Idade Media, a historia de Sarria corre parella á casa de Lemos, dende que no século XV concedéseselle a D. Pedro Alvarez Osorio o título de Conde de Lemos con carácter hereditario. Desde entón a Casa de Lemos caracterizouse pola súa vinculación ao Monasterio da Madalena, realizando diversas donacións para o mesmo.

A finais do s. XIX, a vila experimentou un importante crecemento económico e urbanístico, fundamentado na posta en servizo do ferrocarril (1880) e na mellora xeneralizada das comunicacións, o cal permitiu mellorar considerablemente a vida económica e comercial do entorno comarcal.

A actividade comercial e industrial da vila van aumento e a principios do século XX xa acadaba unha poboación de 1500 habitantes. Ábrense novas rúas e a actividade exportadora (gando, cereais, castañas, patacas, xamóns e chourizos) fará que a riqueza vaia en aumento. En 1915 chega a electricidade e pouco máis tarde a traída de augas. A octocentaria vila de Sarria foi lugar de paso de peregrino desde a Idade Media, aínda que non figura no Códice Calixtino, a súa historia está ligada ás peregrinacións. Froito deste florecemento cultural e artístico foron a fundación por toda a comarca de diversos mosteiros como Santo Estevo de Calvor (785), Santa María de Corvelle (857) ou San Mateo de Vilapedre (segunda metade do X)

Tamén relacionado co Camiño hai que citar o Mosteiro da Madalena, fundado a principios do S. XIII como hospital e albergue para descanso e abrigo dos peregrinos, por dous relixiosos italianos.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA Sarria é unha vila unida á tradición xacobea ao ser atravesada polo Camiño de Santiago Francés declarado como "Ben Patrimonio da Humanidade" pola UNESCO, sendo a localidade máis poboada deste en Galicia. Atópase a 111 km de Santiago polo que xa é un punto válido para o peregrinaxe a pé, xa que a distancia mínima para obter a Compostela son 100km. Por este motivo, peregrinos de todas as linguas, nacionalidades e culturas deciden iniciar aquí esta ruta secular, seguidos por diversas motivacións.

ONDE COMER E ONDE DURMIR En Sarria hai moitas opcións para comer e pernoctar, pois ten 3 albergues públicos e 23 privados, ademáis de casas rurais, hoteis e outros establecementos. Atopamos almorzos desde 2 €, menús de 6 a 10€, ceas entre 4 e 5 € e pódese durmir nun albergue privado por 9 €. En total andamos en 21 € nesta xornada

Dormitorio dun albergue público.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

4ª xornada: De Portomarín a Palas de Rei. 24 km. Dificultade media.

PORTOMARÍN O VELLO POBOADO, UNHA XOIA DO MEDIEVO CAMBIADA POR KILOVATIOS O municipio lucense de Portomarín, xa se cita como asento poboacional no século II, preferentemente pola ponte construída para salvar o paso das augas do pai Miño. Logo como poboado medieval seguiuse destacando pola súa importancia dentro do Camiño Francés, sendo final de etapa que xa se destaca no Codice Calixtino.

Os problemas de Portomarín ao longo dos séculos foi as súas pontes, que ha ter catro, dos que nos dá conta a historia. Un deles derrubouno a propia dona Urraca para poder frear as tropas de Alfonso o Batallador, o cal seria posteriormente reconstruído, parece que por Pedro Peregrino.

Non obstante os maiores problemas chegaron na década dos cincuenta do pasado século, malia ser unha poboación que fose declarado, o 3 de xuño de 1931 monumento histórico artístico e posteriormente, o 8 de febreiro de 1946, declarásese a todo o poboado monumento histórico artístico. Todo iso non privou que a febre do kilovatio levase á inundación desas ribeiras para levantar a presa de Belesar de máis dun centenar de metros, construíndo o segundo embalse hidroeléctrico máis grande de Europa. Con motivo desta descomunal obra, as parroquias, San Nicolas e San Pedro, que estaban situadas nas marxes dereita e esquerda do Miño, no novo poboado do Monte do Cristo fundíronse nunha soa. O templo fortaleza foi trasladado pedra a pedra, así como as partes básicas dos monumentos máis singulares, portada da igrexa románica de San Pedro e zonas solariegas dos palacios de Berbetoros e Xeral Paredes. No entanto e malia iso, perdeuse o que sería hoxe un dos poucos poboados medievais íntegros dos que aínda resisten en pé no Norte de España e unha das poboacións máis singulares, arrastrando unha significativa historia recuperada ao longo dos seus XVIII séculos, e vendo pasar, desde os seus comezos aos millóns de peregrinos xacobeos no seu peregrinar cara á cidade do Apostol.

Portomarín quedou anegada polas augas do embalse de Belesar. Para os veciños do lugar aí GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA morreron moitos recordos, moitas vivencias e parte da maxia que envolve as augas do Miño ao seu paso. “ O embalse de Belesar foi creado para que houbera unha central hidroeléctrica pola empresa Fenosa. Construíuse no ano 1963 e a súa capacidade é de case 700 hectómetros cúbicos e ten unha profundidade de 135 metros. A súa construcción supuxo anegar 2000 hectáreas de terreo cultivable, ademáis da desaparición dun antigo castro (Castro Cándaz) e da antiga vila de Portomarín. Din que os antigos propietarios do pobo foron expropiados a uns prezos moi baixos.

Para igualar as históricas pedras dos seus monumentos, tiveron a sensibilidade de construír con iguais materiais as súas rúas porticadas e empedradas.

Lenda Pois ben nese mesmo lugar hai unha pedra ou peneda que xa estaba entre as angas metida e que ten a súa lenda. A metade da peneda estaba cuberta pola auga e a outra metade fóra. Nunca desaparecía da vista dos que por alí andaban anque houbera secas importantes .ou grandes enchentes. Alí estaba como mostra de .veracidade do que vos vou contar: María,' San Xosé e mais O Neno estiveron en Galicia fuxindo de Herodes. A Virxe levaba ó neno durmidiño no colo. San Xosé tiraba pola corda do burro no que ían María co Neno en brazos. Ó chegaren a aquel sitio de Portomarín, á beira do Río Miño, os tres quixeron cruzar. As augas facían moito ruído ó pasaren entre os penedos e os cachóns, porque estes imprimíanlle aínda máis velocidade. María, non querendo que lle espertaran O Neno, dixo: GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA - Río Miño, Río Miño, pasa quedo e caladiño. Non espertes ó Neniño que xa o levo durmidiño". -E o río voltouse calmo, pousado e silencioso naquel tramo do seu curso en contraste cos cachóns que hai catro ou cinco quilómetros máis abaixo. Contan as xentes de Portomarín e Comarca que A Familia pasou o río sen problemas e que O Neno non espertou. Naquela peneda do río aínda está a pasada do burro cando, para facer pé, pousou alí unha pata.

Onde comer e durmir Hai alomenos 9 albergues e numerosos establecementos no casco urbán onde ofrecen menús económicos. Podemos pasar con 22 € para durmir nun dos albergues públicos e almorzar e comer e cear con menús para peregrinos con moi boa pinta. No bar Gonzar, no Restaurante Arenas, en casa Pérez…

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

5ª xornada: De Palas de Rei a Melide. 14 km. Dificultade media

Palas de Rei A historia de Palas de Rei preséntase intimamente unida á cultura castrexa, conservando inda hoxe numerosos restos arqueolóxicos (mámoas, dolméns e castros) testemuña dun remoto asentamento. Segundo a tradición o concello debe o seu nome “pallatium regis” ao palacio do rei visigodo Witiza, que reinaría entre os anos 702 e 710. En Palas Witiza tería dado morte ao Duque de Galicia, Fafila, pai de Don Pelaio. O Románico entrou polo camiño de Santiago, deixando a súa pegada na arquitectura relixiosa, destacando a igrexa de Vilar de Donas, un dos referentes principias do románico galego, declarada en 1931 monumento histórico-artístico. As súas pinturas murais forman un dos conxuntos máis destacado s e mellor conservados de Galicia.

Por aquí pasaba a vía “Lucus Augusti”, e xa no século VI constátase a súa pertenza ao condado de “Ulliensis”, sendo a Idade Media un período de prosperidade para a vila, en boa parte grazas ao Camiño de Santiago. O “ Códice Calixtino” citaba Palas como parada obrigada dos peregrinos para afrontar os últimos tramos da ruta xacobea. O Concello de Palas de Rei conta cun amplo patrimonio artístico que reflicte o pasado señorial destas terras, pois conserva restos de fortalezas, torres, castelos, así como varios pazos e casas blasonadas. Entre as construccións máis relevantes poden citarse: a antiga casa-torre de Filgueira; a GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA casa-torre de Fontecuberta; o Pazo de Laia que conserva o escudo de armas dos condes de Traba, de cuxo liñaxe sairía o fundador de Pambre; a casa de Ulloa, onde os Saavedra, Montenegros, Gayosos, os Deza, identificanse coas suas armas e escudos familiares; o Pazo Mariñao; o Pazo de Pacheco, e finalmente O Castelo de Pambre, fortaleza erguida por Don Gonzalo Ozores de Ulloa cara o ano 1375 , que resistiu á revolta irmandiña no 1467, converténdose nun dos mellores exemplos da arquitectura militar de Galicia. Palas, protagonista tamén na segunda guerra carlista, foi un dos escasos municipios nos que triunfou a sublevación en 1846, constituíndose unha Xunta Revolucionaria. As terras de Palas de Rei serviron de fonte de inspiración a escritores como López Ferreiro, Álvaro Cunqueiro ou Emilia Pardo Bazán, que ambientou a súa obra máis relevante no Pazo de Ulloa, onde disque residiu a raíña Dona Urraca. LENDA DE PALAS DE REI AS DÚAS IRMÁNS DO CASTELO DE PAMBRE Esta lenda tuvo lugar no castelo de Pambre, moi cercano ao lugar de Palas do Rei. Dise que o castelo estaba habitado por un poderoso e devoto señor, pai de dúas belísimas doncellas. O señor adícábase a aloxar aos nobles que facían a peregrinación. Nunha ocasión acolleu a un cabaleiro francés que estaba gravemente enfermo e aloxouno ata que sanou. As súas fillas foron as encargadas de coidalo e ambas se enamoraron de el, pero el fixouse nunha delas e pideu a súa man ao seu pai, mentres a outra retirouse doida para deixar o campo libre a súa irmán. Cando se recuperou de todo, casaron na catedral de Compostela e foron a vivir a Francia. A outra irmán quedou sola pero nunca perdeu a esperanza de que o seu amor aparecera algún día seguindo a senda dos peregrinos. Pasaba o tempo sen moverse da torre e transcurrido un tempo, un día atopárona morta e fría coa mirada perdida no horizonte.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Para comer e durmir A comarca da Ulloa é famosa por os excelentes queixos que produce. Están agrupados baixo unha mesma denominación de orixe cos de Arzúa. Elabóranse coa mellor leite de vaca. Na Avenida de Compostela atópanse o Mesón da Ulloa e o Restaurante Vilariño. En calquera de estes dous últimos pódese desfrutar dunha excelente comida caseira a moi bo prezo. Bodegón 99, en Agro do Rolo, é un dos grandes clásicos. Serve pratos tradicionais. Menú económico para os peregrinos. O Santirso tamén traballa á hora das comidas. Racións e bocadillos. Para durmir hai boas opcións de albergues en habitacións compartidas ou individuais ( a partir duns 10 €). En total con 25 ou 30 € podemos facer a xornada.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

6ª xornada: De Melide a Arzúa. 14 km. Dificultade baixa De onde vén o nome de Melide? A orixe toponímica de Melide ten suscitado diversas hipóteses, todas elas recollidas no libro Toponimia do Concello de Melide, editado polo propio Concello.

O que si está claro é que o nome de Melide procede do latino Mellitus, do que si se atopan referencias na Idade Media. É moi probable que inicialmente fose unha villa(m)/terra(m)/fundu(m) Melliti (vila/terra de Mellitus), co nome do terratenente ou posuidor en xenitivo.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA Pegadas arqueolóxicas A comarca da Terra de Melide posúe unha gran riqueza arqueolóxica, que permite afirmar a existencia dunha poboación moi antiga nestas terras, nas que abondan castros e mámoas. Son moi abundantes os restos atopados que datan dos primitivos tempos do Neolítico e da época castrexa: mámoas, castros, machados de bronce, xoias áureas, etc.

Unha das pegadas máis destacadas desta parte da historia, e que aínda hoxe se conserva, é o Castro da Graña, onde as escavacións realizadas demostraron que estivo habitado desde o século VII a. de C. ou o dolmen denominado Forno dos Mouros, ambos os dous no lindeiro Concello de Toques.

A lenda da Ponte do río Furelos Ponte romano de Furelos na parroquía de San Xoán de Furelos (Melide). Unha aldea de Galicia que cheira a historia. Está dentro do camiño de Santiago, camiño Frances. O río Furelos é un afluente do Ulla pola súa marxe dereita.

Os veciños do lugar necesitaban unha ponte, para pasar o río, como tantos outros en Galicia. Pero por unhas cousas ou por outras non atopan a forma de facer a ponte. Un bon día atoparon un mouro que se comprometeu a facer a ponte a cambio de moedas de ouro. O mouro fixo a ponte pero pensou en deixar unha pedra mal asentada de modo que co tempo a ponte comenzara a tremer. E así pasou, a ponte comenzou a tremer e os veciños acudiron o mouro para que arranxara a ponte. O mouro díxolles que si pero que había que pagar o traballo con moedas de ouro. O mouro volveu a facer a misma faena, arranxar a ponte pero deixar outra pedra de outro lugar da ponte media solta de modo que co paso do tempo volvera a pasar o mismo e así seguiría o negocio.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA Esto pasou varias veces ata que os veciños, xa mosqueados, decidiron vixiar os arranxos da ponte, ata que deron con engano e decidiron darlle un escarmento o mouro. Para elo, localizaron a pedra que estaba mal asentada, quentarona no lume e cando o moro foi arranxar a pedra estaba tan quente que lle queimou a man, quedando grabada na pedra a man do mouro. Hai xente que dí que inda hoxe en día se ve a pedra ca man grabada.dereita.

Podemos comer en Melide por 12 €, sendo 3 de almorzo, 5 de menú do día e 4 de cea. Para obter estes prezos temos que mostrar a credencial de peregrino nos establecementos autorizados Para durmir no albergue A Pedra por 6.95 €

Albergue público

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

7º xornada: De Arzúa a O Pino. 19,20 km. Dificultade baixa

ARZÚA PREHISTORIA Son abondosas as pegadas que os pobos prehistóricos deixaron no noso concello. Eran sociedades de cazadores e recolectores que entre o 3.500 e o 1.500 a.C. desenvolvían a cultura megalítica. Tiñan como elemento arquitectónico fundamental da súa civilización as mámoas ou medorras, monumentos funerarios que indican a existencia dunha organización e crenza relixiosa. En

Arzúa

hai

catalogadas

máis

de

trinta

destas

construcións.

Co paso dos anos, estas poboacións, probablemente transhumantes, comezaron a practicar unha rudimentaria agricultura e a facerse cada vez máis gregarios.

A GUERRA CIVIL Esta etapa de progreso é freada polo golpe militar comandado polo xeneral Franco. A sublevación comeza en Arzúa o día 22 de xullo de 1936 cunha espantada xeral na feira onde se produciron varios disparos. Un grupo de arzuáns afectos ao goberno lexítimo da República trataron de chegar a Curtis para poder traer munición e dinamita para voar a ponte do Gato sobre o río Iso e impedir o paso dos militares fascistas ás ordes do capitán Saavedra.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA Os insurrectos fixéronse donos da vila e comeza entón a represión co asasinato e a tortura de moitos veciños e veciñas. Moitos mestres son represaliados e os labregos que actuaban como pasantes da guerrilla antifranquista sofren cárcere e tortura. Nos finais de agosto do 36 é asasinado o alcalde D. Juan Vidal.

ACTUALIDADE Actualmente Arzúa conta cun equipamento cultural e deportivo de primeira calidade, un apreciable tecido industrial, e un sector agrogandeiro dos máis importantes de Galiza. O sector servizos, principalmente a hostelería, desenvolveuse notablemente pola influencia da rehabilitación dos Camiños de Santiago. Arzúa foi o berce onde naceu, grazas a Festa do Queixo, o queixo con denominación de orixe Arzúa-Ulloa, un dos piares económicos. Arzúa é a Terra do queixo, ao tempo que, Destino Verde e Pórtico de Compostela.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

Contan que na fonte do Casalete había una pita e uns pitiños de ouro que saían todos os días á hora do descanso polo ollo da fonte. Un día, unha nena de sete anos que vivía alí cerca, foi beber á fonte e viu á Pita de Ouro e os pitiños peteirando arredor dela. O abraio da nena aumentou cando a pita lle falou: “A xente vella é moi usureira e, por iso, só saio da fonte cando están durmindo. Non lle digas a ninguén que me viches. Se o soubesen atraparíanme para tentar enriquecerse. Se gardas ben o segredo, has ter boa recompensa”. Dende aquela, a nena ía todos os días onde a pita e os pitiños e leváballes unhas faragulliñas de pan. Pasou así moito tempo ata que, un día, a pita de ouro arrincou unha das súas plumas máis fermosas que tiña e deulla á nena dicindo: -Toma esta pluma de ouro por ter gardado o segredo e tamén en pago polo pan que nos traes a min e aos meus pitiños. Que ninguén cha vexa porque, daquela, quererían saber da súa procedencia e acabarían con nós. A nena colleu a pluma de ouro e gardou o segredo ata que, un día, súa nai lle atopou na alcoba a pluma de ouro e entón interrougou a nena para saber de onde lle viñera. A nena calou pero a nai insistiu tanto que a rapaza se viu na obriga de contarllo. A nai prometeulle á nena gardar o segredo pero, xa se sabe… Un día que a rapaza estaba ausente, a GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA nai achegouse á fonte por ver se era certo o que lle contara a filla. Asexou trala silveira e non tardou en ver sair polo picho á pita e aos pitiños. A muller, ao ver tal riqueza, intentou pillar a galiña pero esta entrou, de novo, polo ollo da fonte. A vella foi para a casa matinando de volver o outro día e daquela a pita non había de fuxir. Cando chegou á casa a nena estaba chorando no zaguán. A pluma de ouro convertérase nunha pluma calquera. Dende aquela a pita non volveu ser vista e din que a noite de San Xoán, antes de raiar o sol, bota polo ollo da fonte de Arzúa unha pebida de ouro para dar mostra da súa existencia. COMER E DURMIR EN ARZÚA Falar de comer en Arzúa é falar do queixo de Arzúa-Ulloa, manxar único onde os haxa.

A "Festa do Queixo" leva celebrándose en Arzúa de forma ininterrumpida desde 1975, coincidindo anualmente co primeiro fin de semana de marzo, excepto cando ocorre que coincide en carnavales, trasladándose entón ao seguinte fin de semana.

Desde 1989, o Queixo de Arzúa, de elaboración artesán a partir da leite de vaca, natural e enteira, recibe a denominación de "Produto Galego de Calidade". Prodúcese en todos os concellos da comarca Arzúa-Ulloa: Arzúa, Curtis, Melide, Ou Piñeiro, Santiso, Sobrado dous monxes, Toques, Touro e Vilasantar (na provincia da Coruña), e en Friol, Monterroso e Palas de Rei (na provincia de Lugo). Os queixos, que se presentan en pezas de 0,5 a 3,5 quilos van provistos dunha etiqueta comercial na que figura de forma destacada a mención da Denominación de Orixe, e unha contraetiqueta numerada expedida e controlada polo Consello Regulador.

O queixo da Denominación de Origen Arzúa-Ulloa caracterízase pola súa forma lenticular ou cilíndrica. A súa codia, fina e elástica, é de cor amarela media a escuro, brillante, limpa e GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA muxe. A pasta, de cor uniforme entre branco marfil e amarelo pálido, ten aspecto brillante, sen gretas, presentando poucos ollos, pequenos, angulosos ou redondeados e de distribución irregular. O seu aroma é lácteo, recorda o olor da manteiga e do yogurth, con matices de vainilla, nata e noz de intensidade débil. O sabor é lixeiramente salgado e de acidez media ou baixa. Os contidos mínimos, en extracto seco serán do 45%, en graxa do 45% e en proteína do 35%, sobre aquel.

Onde durmir en Arzúa O Albergue no seu día fué o antigo Hospital de San Antón de Ponche de Ribadiso no Século XV, ás beiras do Rio Iso e hoxe é un conxunto de casiñas de pedras e pizarra, con comedores, duchas, cociña, lavanderia e unha serie de comodidades polo prezo de 3 Euros. ( é un Albergue municipal). Sen dúbida , é un dos albergues que máis gusta incluso tendo en conta os privados.

Hai que chegar pronto, xa que se enche enseguida, e non admiten reservas, é máis si algún peregrino vai con outro e adiántase e non leva a cartilla de peregrino e o DNI do seu compañeiro, el terá aloxamento..Pero o atrasado non.

Encanta tamén o albergue de Ribadiso, que é un dos máis bonitos. O xestiona a Xunta, está aberto todo o ano e costa só 3 € como todas as instalacións públicas galegas deste tipo. Está formado por varias casas de pedra rehabilitadas, ata cunha lareira (a cheminea típica de Galicia) no interior do comedor, con bancos e zonas axardinadas... E está moi coidado. Ademais, está habilitado para persoas con discapacidade, sala de estar, cociña con microondas, lavadora, secadora, tendedeiro, sitio para deixar as bicis... No verán énchese enseguida.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

8ª Xornada: De O Pino a Santiago. 20 km. Dificultade media.

O PINO Xeográficamente localizamos o concello na latitude 42º54’ Norte, e na lonxitude 8º21’5 Oeste. A súa latitude é de 287 metros sobre o nivel do mar. O seu relevo é suave, pouco accidentado, cunha variabilidade entre os 200 e os 450 metros. As cotas máis altas alcánzanse no Monte das Minas, de 452 metros e no castro de San Lourenzo de Pastor, con 412 metros. A capital municipal atópase a 289 metros sobre o nivel do mar. Seguindo no capítulo natural, o Río Tambre é o que traza a división na parte norte do concello. O seu principal afluente é o Mera. Aparece tamén no mapa fluvial o Noa, que nace na parroquia de Pastor e desemboca no propio Tambre. En canto ó clima, é o propio da zona, oceánico e húmido. Acentúase lixeiramente a pluviosidade, que pode alcanzar os 2.000 milímetros anuais. O Concello de O Pino atópase no rango de municipios de entre 1.001 e 5.000 habitantes concellos limítrofes de Frades, Boqueixón e Touro. Con respecto ós sectores de actividade, obsérvase que a maior parte dos traballadores están empregados no sector servicios, seguido pola agricultura, a industria e por último a construcción. O Pino é o municipio galego que conta con máis quilómetros do Camiño Francés a Santiago de Compostela, concretamente dezaoito.

Comeza o percorrido pola parroquia de San Breixo, nos lugares de Calzada e Calle, e avanza ata as GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA inmediacións do aeroporto de Lavacolla, xa no Concello de Santiago de Compostela. Agochados entre a vexetación, áchanse detalles que fan referencia ó culto xacobeo: fitos de pedra coas súas cunchas de vieira, ou incluso pequenos altares improvisados polos peregrinos en calquera estante natural. Paso a paso o camiñante vai descubrindo panorámicas vexetais conxugadas coas construccións e terreos de labranza que se distribúen por todo este municipio. Puntos de especial interese son: a Ermida de Santa Irene coa súa fonte e a súa carballeira, os lugares de Calzada e Rúa coa súa fonte e o Pazo de Dúas Casas, as frondosas carballeiras que nos acompañan todo o tramo, áreas de descanso e albergues (Santa Irene e O Pedrouzo) para o descanso do peregrino.

O famoso escritor galego Luís Seoane, está vinculado a este Concello porque no ano 1916 volve a familia a Galicia, con intención de quedarse. Despois de desembarcar en Vigo están varios meses na Coruña, cidade na que Luís comeza os seus estudos primarios. Ó herdar a súa nai unha leira en Arca, deciden construír unha casa. É, segundo todos os indicios, o actual edificio que existe diante do Albergue de Arca. A partir de entón Luís e o seu irmán Rafael van ó instituto a Santiago, ás veces andando para aforrar o diñeiro do autobús (é dicir, unha camiñata de 18 quilómetros). Pasaban as súas vacacións de verán en Arca. A súa avoa e o resto da familia materna dispoñían dunha casa hoxe coñecida como a Casa de Brei, moi preto do cemiterio municipal e con magníficas vistas ás minas de cobre que comparten os municipios de O Pino e Touro. Comentaba Maruxa Seoane que “La casa de los abuelos era una casa grande donde se juntaba mucha gente. Mis abuelos tuvieron once hijos...quien se quedó con ellos en casa fue Carmen, que se casó con un médico que después instalaría allí su consultorio. Este médico se apellidaba Brey, y era el abuelo de Mariano Rajoy.” Outro dos fillos desta muller, GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA Vicenzo, chegou a ser alcalde de Santiago e foi quen cedeu á Igrexa de Arca a súa actual pía bautismal. Segundo Maruxa Seoane, Luís era un auténtico namorado de Arca. Así o testemuña un escrito practicamente inédito do ano 1978, un ano antes da súa morte. Titúlase “Cierro los ojos y veo”.

LENDA: A ESPIRITADA DE GONZAR Misterio, relixión e historia mestúranse ó redor da figura de Josefa de la Torre. Para moitos unha santa e para algúns un caso científico. Para todos, unha persoa de interese. As crónicas din que estivo corenta anos sen comer, só tomaba a eucaristía unha vez ó mes. Convivíu con espías, bágoas e fe. Enterrada con honores de santa, Josefa levou con ela os motivos e a verdade. Hoxe en día, en O Pino perduran estudos e vellas historias sobre unha muller coñecida como a “espiritada” de Gonzar. No ano 1838 José Varela de Montes, membro da Escola Médica Compostelá (catedrático de Fisioloxía), publica “Historia de la enferma de Gonzar”. No libro explica que a espiritada ó principio comía, pero como non era quen de que a comida se lle quedase no corpo, deixou de facelo. Trinta anos despois de aquel primeiro ataque, Varela de Montes describe a Josefa. Di que a súa cara seguía chea e sen a cor desagradable da extenuación. Engade que a súa respiración é lenta e que está case cega. Asegura tamén que o seu oído é regular, o olfato escaso, o tacto case nulo e cada vez que se movía emitía unha queixa. Segundo Varela de Montes, Josefa só se alteraba cando ía demasiado frío ou calor. Bieito Lareu, cura de Gonzar, nun escrito do ano 1837, dicía que “es cierto que algunas veces llora, porque se le ve verter alguna lágrima. Comulga el primer domingo de cada mes”. Varela de Montes resaltou tamén que o corpo de Josefa non necesita repoñer o que non gasta: a falta total de urina, saliva, excrementos, mucosa e suor. Un corpo que, a xuízo de diferentes testemuños, entre eles o do Capitán do Reximento de Castela, Vicente Vázquez Varela, mantense igual. A cara, sen engurras, cunha cute tersa e branca; o cabelo negro e poboado. Todo cando Josefa contaba xa con 65 anos, trinta deles sen supostamente probar alimento. A morte visitouna finalmente no ano 1848.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

PARA COMER E DURMIR Pode facerse nos albergues de Sta Irene e do Pedrouzo por uns 14 € diarios, incluíndo almorzo, comida e cea. A partires de 3€ máis podes dispor de aloxamento con lavandería.

Ademáis hai moita oferta privada en bares e restaurantes.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA 9ª xornada. Desde O Pino ata Santiago. 20 km. Dificultade media

SANTIAGO DE COMPOSTELA Por fin chegamos á meta do noso camiño. Chegamos a Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago da cal é capital. Segundo o IGE en 2013 tiña 96.041 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro». Santiago de Compostela constitúe a capital política de Galicia, radicando polo tanto nesta cidade o goberno autonómico da Xunta de Galicia. Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal amais do destino das diferentes rutas que conforman o camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985. GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA No territorio que actualmente ocupa a catedral de Santiago existía un poboado romano que se tende a identificar coa mansión romana de Aseconia (esta mansión existiu entre a segunda metade do século I e o século V). O poboado desapareceu pero permaneceu unha necrópole que tivo uso quizais ata o século VII. O nacemento de Santiago, como se sabe agora, está ligado á presumible descuberta dos restos do Apóstolo Santiago entre o 820 e o 835. O seu desenvolvemento débese á elevación ao rango relixioso dos restos, á Universidade e, na actualidade, á capitalidade de Galicia. Na Concordia de Antealtares aparece por primeira vez (1077) a tradición medieval segundo a cal o eremita Paio, alertado por luces nocturnas que se producían no bosque de Libredón, avisou ao bispo de Iria Flavia, Teodomiro, quen descubriu os restos de Santiago o Maior e de dous dos seus discípulos, no lugar no que posteriormente se levantaría Compostela, topónimo que podería vir de Campus Stellae, isto é "campo de estrelas" A nova que dela fixo, tanto no seu reino como fóra del, axudou a que Compostela aparecese como un novo lugar de peregrinación da cristiandade, nun momento no que a importancia de Roma decaera e Xerusalén non era accesible por estar en poder dos musulmáns.

Estatua de Méndez Núñez na Alameda.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA Pouco a pouco foise desenvolvendo a cidade. Primeiro estableceuse unha comunidade eclesiástica permanente a carón dos restos atopados, formada polo bispo de Iria e os monxes de Antealtares. Espontaneamente asentouse unha poboación heteroxénea, a maioría procedente das aldeas próximas, que foi aumentando ao tempo que crecía por todo o occidente peninsular a peregrinación a Compostela, reforzada polo privilexio concedido por Ordoño II no ano 915 polo que se establecía que calquera que permanecera corenta días sen ser reclamado como servo, pasaba a ser considerado como un home libre con dereito a residir en Compostela. A mediados do século XI o bispo Cresconio dotou á cidade dun cinto de foxos e dunha muralla como medida defensiva. No ano 1075 o bispo Diego Páez deu comezo á construción da catedral románica. O incremento da peregrinación fai de Compostela un importante lugar de referencia relixiosa en Europa, aumentando tamén a súa importancia política. Durante o pontificado do Arcebispo Diego Xelmírez, en 1120, a igrexa compostelá viuse recompensada coa concesión da categoría de metropolitana. Tamén en tempos de Xelmírez tiveron gran repercusión na cidade unha serie de revoltas urbanas, en 1116 e 1136. Entre os séculos XII e XIII foise artellando a rede de rúas dentro do recinto amurallado.

Fotocomposición con picaportes fotografados en Compostela.

A chegada da Peste Negra a mediados do século XIV supuxo unha forte recesión demográfica. A poboación recupérase a partir de 1380, e no século XV a cidade xa tiña entre catro e cinco mil habitantes. A fundación da Universidade a finais do século XV e o arcebispo Alonso III de Fonseca danlle a Santiago un novo pulo que atrae a novos poboadores, principalmente de Galicia.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA O estatuto de autonomía de Galicia estableceu a capitalidade galega en Compostela. Como consecuencia, a cidade sufriu a finais do século XX un considerable aumento de poboación e unha profunda transformación. É patrimonio da Humanidade e foi capital europea da cultura no 2000.

Claustro do Colexio Maior de Fonseca

Vista aérea da zona vella Despois da visita obrigada á catedral, ao Apóstolo e ao botafumeiro, lembrade recoller a compostelana.

É ano Santo, cando o Día do Apostol, o 25 de xullo, cadra en domingo.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA

As dúas Marías, escultura en metal no Parque das Ferraduras.

Lenda, non. Realidade. Escollemos esta historia das Marías porque nos pareceu moi interesante coñecer a orixe dunha escultura tan vistosa e famosa na cidade de Santiago As Marías, As dúas Marías ou, en menor medida, As dúas en punto, é o nome co que se coñece en Santiago de Compostela a parella formada polas irmás Maruxa (morta no 1983) e Coralia Fandiño Ricart (falecida no 1980), representadas dende hai anos nunha célebre escultura situada no parque da Alameda.

As dúas irmás eran uns populares personaxes da cidade polo feito de levar a cabo os seus paseos cotiás pola Zona Vella da cidade, durante as décadas dos cincuenta e sesenta, vestidas e maquilladas dun xeito estrafalario. Estes paseos, que tiñan lugar ás dúas en punto do medio día (de aí un dos seus alcumes), eran todo un acontecemento polo contraste que supuñan co gris ambiente que reinaba durante o franquismo.

A familia Fandiño Ricart estaba formada por once irmáns, fillos dun zapateiro da Rúa Espírito Santo, tres dos cales Alfonso, Antonio e Manuel, estaban relacionados co movemento anarquista ao GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA seren militantes da CNT, ata o punto que un deles, Antonio, chegou a adquirir unha alta responsabilidade na organización durante a guerra. Un destes irmáns foi paseado durante a guerra, e os outros dous fuxiron, mais finalmente foron descubertos e encarcerados. Para dar con estes irmáns fuxidos, crese que a Policía Social torturou a Coralia e a Maruxa

As dúas irmás caeron na pobreza logo de que os veciños da cidade deixaran de facer pedidos ao taller de costura que rexentaban, para que a policía non os vinculase a elas. Malia este medo, a veciñanza compostelá sentía en xeral simpatía cara a elas, e cando logo da guerra pasaron a vivir da caridade, quen querían axudalas non lles daban a esmola directamente, senón que mercaban cousas para elas nos comercios da cidade, especialmente no ultramarinos Carro, situado na Praza do Toural, onde o dono Tito Carro llelos daba coma se foran promocións e non caridade. Así mesmo, segundo conta Fermín Bescansa, nunha ocasión unha treboada estragou o teito da súa vivenda, e organizouse unha colecta que xuntou 250.000 pesetas, o valor dun piso da época.

A escultura é obra de César Lombera e data do ano 1994. Está baseada nunha foto das dúas irmás: Maruxa cun brazo estendido e Coralia sostendo un paraugas.

ONDE COMER E ONDE DURMIR

En Santiago atopamos 15 albergues, onde hai moitas posibilidades de pasar uns días con poucos cartos. Destaca o do Monte do Gozo que é público e con bastante boas instalacións e persoal moi amable, según os que por alí pasaron.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


O CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POR GALICIA Tamén hai moitas ofertas para peregrinos en pensións e casas rurais con encanto, se o voso poder adquisitivo volo permite e para comer…. Non marchedes de Santiago sen tapear en calquera das tascas da zona vella

e entrade a degustar a tarta de Santiago, os almendrados e pedras de Santiago da Rúa do Franco, onde tamén podedes atopar agasallos e souvenirs.

GUÍA ELABORADA POLO ALUMNADO DE 5º A DO CEIP VILAXOÁN – CURSO 2013-2014


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.