1
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
ESCOLMA DE POEMAS DO LIBRO “VERSOS A COMPOSTELA”
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
2
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
2
S
abido é que Rosalía de Castro (1837-‐ 1885) está íntimamente ligada a esta cidade. En Santiago nace a autora; aquí medra e cultívase durante boa parte da adolescencia e xuventude; en Compostela relaciónase con escritores da época e suponse que esperta os seus grandes amores e grandes desamores; reside con frecuencia tralo seu casamento con Murguía. En Santiago nácenlle e mórrenlle fillos e increméntase nela as derradeira sombras e angustias da existencia. E aquí, en Compostela , finalmente repousan os seus restos, no Panteón de Galegos de San Domingo de Bonaval, “onde canto eu quixen descansa”, como escribía a escritora.
Os poemas aquí recollidos forman parte do libro Versos a Compostela e reúne textos líricos que acollen a Santiago como tema. Pertencen as obras Follas novas (1880) e En las orillas del Sar (1884). Na escolma apréciase a una Rosalía profundamente relixiosa nun diálogo íntimo, persoal, recollido, sen xeraquías e sen dogmas. Tamén amosa as entradas e saídas da cidade, as estradas e os camiños , por onde entran e saen os víveres.. A cidade actúa como forte contraste da opulencia fronte as graves carencias da xente do rural.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
3
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
POEMAS ESCOLLIDOS
Adiós, montes e prados… (Rosalía de Castro)
do Sar e do Sarela mirándose nas augas; os mesmos verdes campos, as mesmas torres pardas da catedral servera ollando as lontananzas. Mais os que agora deixo tal comoa a fonte mansa ou no verdor da vida, sin tempestás nin bágoas, ¡cánto, cando eu tornare, vítimas da mudanza, cánto terán de presa andando na senda da desgracia! I eu…, mais eu ¡nada temo no mundo! que a morte me tarda! (Follas novas)
Adiós, montes e prados, igrexas e campanas; adiós, Sar y Sarela, cubiertos de enramada; adiós, Vidán alegre, moíños e hondanadas; Conxo, o do craustro triste i as soedades prácidas; San Lourenzo, o escondido, cal un niño antre as ramas; Balvís, para mi siempre de hondas remenbranzas; Santo Domingo, donde cuanto quise descansa -‐ Vidas da miña vida, anacos das entrañas-‐; e vós tamén, sombrisas paredes solitarias; adiós, sobras queridas; adiós, sombras odiadas; outra vez os vaivéns da fertuna pra lonxe me arrastran. Cando volver, se volvo, todo estará onde estaba; os mesmos montes negros i as mesmas alboradas,
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
4
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
4
Na Catedral Coma algún día, polos corrunchos do vasto tempro, vellos e vellas, mentras monean, silban as salves i os padrenostros; i os arcebispos nos seus sepulcros, reises e reinas, con gran sosego, na paz das mármores tranquilos dormen, mentras no coro cantan os cregos. O órgano lanza tristes cramores, os das campanas responden lexos, i a santa imaxen do Redentore parés que suda sangre no Huerto. Señor Santísimo, ós teus pes ¡cánto tamén de angustia sudado teño! Mais si o pecado castigas sempre, ó que afrixido vai a pedircho daille remedio. O sol poniente, polas vidreiras
da Soledade, lanza serenos raios que firen descoloridos da Groria ós ánxeles i ó Padre Eterno. Santos apóstoles, -‐¡védeos!-‐ parece que os labios moven, que falan quedo os uns cos outros, e aló na altura do ceu a música vai dar comenso, pois os groriosos concertadores tempran risoños os instrumentos.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
5
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
¿Estarán vivos? ¿Serán de pedra aqués sembrantes tan verdadeiros, aquelas túnicas maravillosas, aqueles ollos de vida cheos? Vós que os fixeches de Dios ca axuda, de inmortal nome Mestre Mateo, xa que aí quedaches homildemente arrodillado, faláime deso. Mais co eses vosos cabelos rizos, santo dos croques, calás... i eu rezo.
Aquí está a groria, mais naquel lado, naquela arcada negrexa o inferno cas almas tristes dos condanados, onde as devoran todo-‐los demos. De alí non podo quitá-‐los ollos, mitá asombrada, mitá con medo, que aqueles todos se me figuran os dun delirio mortaes espeutros. ¡Cómo me miran eses calabres i aqueles deños! ¡Cómo me miran, facendo moecas dende as colunas onde os puxeron! ¡Será mentira, será verdade! Santos do ceo, ¡saberán eles que son a mesma daqueles tempos...? Pero xa orfa, pero enloitada, pero insensibre cal eles mesmos... ¡Cómo me firen...! Voume, si, voume, ¡que teño medo!
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
6
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
6
Mais xa nos vidros da grande araña cai o postreiro raio tranquilo que o sol da tarde pousa sereno; e en cada prancha da araña hermosa vivos refrexos, cintileando coma as estrelas, pintan mil cores no chan caendo, e fan que a tola da fantesía soñe milagres, finxa portentos. Mais de repente veñen as sombras... Todo é negrura, todo é misterio... Adiós alxofres, e maravillas... Tras do Pedroso púxose Febo. Coma pantasmas cruzas as naves, silbando salves de padrenuestros, vellos e vellas que a Dios lle piden El tan só sabe cáles remedios; que cando o mundo nos deixa, é sóio cando buscamos con ansia o ceo.
Ós pes da Virxen da Soledade -‐¡de moitos anos nos conocemos!-‐ a oración dixen que antes dicía, fixen mamoria dos meus secretos, para mi madre deixéi cariños, para os meus fillos miles de beixos, polos verdugos do me esprito recéi... ¡e funme, pois tiña medo!
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
7
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
Santa Escolástica I Una tarde de abril, en que la tenue llovizna triste humedecía en silencio de las desiertas calles las baldosas, mientras en los espacios resonaban las campanas con lentas vibraciones, dime a marchar, huyendo de mi sombra. Bochornoso calor que enerva y rinde, si se cierne en la altura la tormenta, tornara el aire irrespirable y denso. Y el alma ansiosa y anhelante el pecho a impulsos del instinto iban buscando puro aliento en la tierra y en el cielo. Soplo mortal creyérase que había dejado el mundo sin piedad desierto, convirtiendo en sepulcro a Compostela.
Que en la santa ciudad, grave y vetusta, no hay rumores que turben importunos la paz ansiada en la apacible siesta.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
8
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
8
II —¡Cementerio de vivos! —murmuraba yo al cruzar por las plazas silenciosas que otros días de glorias nos recuerdan. ¿Es verdad que hubo aquí nombres famosos, guerreros indomables, grandes almas? ¿Dónde hoy su raza varonil alienta?
La airosa puerta de Fonseca, muda, me mostró sus estatuas y relieves primorosos, encanto del artista; y del gran Hospital, la incomparable obra del genio, ante mis tristes ojos en el espacio dibujóse altiva. Después la catedral, palacio místico de atrevidas románicas arcadas, y con su Gloria de bellezas llena, me pareció al mirarla que quería sobre mi frente desplomar, ya en ruinas, de sus torres la mole gigantesca. Volví entonces el rostro, estremecida, hacia donde atrevida se destaca del Cebedeo la celeste imagen, como el alma del mártir, blanca y bella, y vencedora en su caballo airoso, que galopando en triunfo rasga el aire.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
9
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
Y bajo el arco oscuro, en donde eterno del oculto torrente el rumor suena, me deslicé cual corza fugitiva, siempre andando al azar, con aquel paso errante del que busca en donde pueda de sí arrojar el peso de la vida. Atrás quedaba aquella calle adusta, camino de los frailes y los muertos, siempre vacía y misteriosa siempre, con sus manchas de sombra gigantescas y sus claros de luz, que hacen más triste la soledad, y que los ojos hieren. Y en tanto... la llovizna, como todo lo manso, terca, sin cesar regaba campos y plazas, calles y conventos que iluminaba el sol con rayo oblicuo a través de los húmedos vapores, blanquecinos a veces, otras negros.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
10
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
Miña casiña, meu lar 10
con que poidera cear. A vista se me barría, que era aquél moito aunar. Fun á porta dun veciño que tiña todo a fartar; pedinlle unha pouca broa e non ma quixo emprestar. As bagullas me caían, que me fora a avergonzar. Volvínme á miña casiña alumada do luar; rexistréi cada burato para ver de algo atopar; atopéi fariña munda, un puñiño a todo dar. Vino no fondo da artesa. Púxenme a Dios alabar. Quixen alcendé-‐lo lume; non tiña pau que queimar; funllo a pedir a unha vella; tampouco mo quixo dar,
Miña casiña, meu lar, ¡cántas onciñas de ouro me vals! Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar, descalciña de pe e perna, sin comer nin almorzar. Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar, i anque ganas tiña delas, non tiña para as pagar. Nos mesóns arrecendía a cousas de bon gustar, mais o que non ten diñeiro sin elas ten que pasar. Fun chegando á miña casa toda rendida de andar, non tiña nela frangulla
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
11
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
si non era un toxo verde para me facer rabiar. Volvín triste como a noite a chorar que te chorar; collín un feixe de palla, do meu leito o fun pillar; rexistréi polo cortello mentras me puña a rezar e vin uns garabulliños e fieitos a Dios Dar. ¡Meu San Antón milagroso, xa tiven fogo no lar! Arriméi o pote ó lume con augua para quentar. Mentras escarabellaba na cinza, vin relumbar un ichavo da fertuna... ¡Miña Virxe do Pilar! Correndiño, correndiño o fun en sal a empregar; máis contenta que unhas páscoas
volvín a porta a pechar, e na miña horta pequena unhas coles fun catar. Con un pouco de unto vello que o ben soupen aforrar, e ca fariñiña munda, xa tiña para cear. Fixen un caldo de groria que me soupo que la mar; fixen un bolo do pote que era cousa de envidiar;
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
12
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
12
despóis que o tiven comido, volvín de novo a rezar; e despóis que houben rezado, puxen a roupa a secar, que non tiña fío enxoito de haber tanto me mollar. Nantramentras me secaba, púxenme logo a catar para que me oíran en todo o lugar: Meu lar, meu fogar, ¡cántas onciñas de ouro me vals!
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
13
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
LUGARES ONDE SE VAN LER OS POEMAS
Santo Domingo de Bonaval: “Adiós, montes e prados…”, “Miña casiña, meu lar”
Posúe planta basilical, con tres naves e tres ábsides. O estilo arquitectónico é de transición entre o románico e o gótico. Pola súa banda, a maior parte do convento segue o estilo barroco, como pode apreciarse na súa fachada. En 1912 foi declarado Monumento Nacional. No interior do templo do convento está enterrada a gran escritora romántica galega: Rosalía de Castro. En 1977, a petición do Patronato do Museo do Pobo Galego, recientemente constituído, o Concello cede o edificio para a creación do museo do mesmo nome. Na igrexa achamos así mesmo o Panteón de Galegos Ilustres, que se desprega nunha capela lateral. Nel repousan a citada Rosalía de Castro, o político Alfredo Brañas, o escultor Francisco Asorey, o poeta Ramón Cabanillas, o pintor e escritor Alfonso Rodríguez Castelao e o geógrafo Domingo Fontán.
O documento máis antigo no que se cita o convento data de 1228. Non foi ata o século XV cando recibiu o seu actual nome de Santo Domingo. A igrexa do convento é unha das máis grandes de Santiago.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
14
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
14
Praza do Obradoiro e Catedral: “Na Catedral…”
A catedral románica de Santiago de Compostela é o cuarto edificio que se levanta sobre o mausoleo do apóstolo Santiago. Tralo descubrimento no século IX das súas reliquias, construíronse unha primeira capela e logo unha igrexa prerrománica que foi destruída en 997 pola invasión musulmá comandada por Almanzor. No século XI xa existía unha nova basílica, pero no ano 1075 decidiuse levantar unha catedral capaz de albergar aos miles de peregrinos. É a catedral actual, cuxo lado oeste foi rematado coa realización da obra cume da escultura románica: o Pórtico da Gloria.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
15
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
Igrexa e Mosteiro de San Martín Pinario: “Escolástica” O Mosteiro de San Martín Pinario levántase na praza da Inmaculada, a escasos metros da fachada de Azabachería da Catedral de Santiago. Comezou a construírse no último terzo do século XVI e finalizou a finais do XVIII. A mediados do século XIX deixou de ser monasterio e, na actualidade, é a sé do Seminario Maior da Archidiócesis de Santiago, do Instituto Teolóxico Compostelano e da Escola Universitaria de Traballo Social, dependente da Univesidad de Santiago, e do Arquivo Diocesano. Parte das súas instalacións están dedicadas a residencia universitaria e a diferentes dependencias administrativas relacionadas coa Igrexa, ademais da hospedería. Dentro da igrexa destacan varios conxuntos escultóricos, etre eles o da Santa Escolática.
O Mosteiro é, xunto coa Catedral, o conxunto máis valioso do barroco galego, e o segundo máis grande de España, despois do do Escorial (Madrid).
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
16
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
16
O colexio de Fonseca: “Escolástica” Colexio Fonseca, edificio renacentista que data do século XVI situado na rúa do Franco, hoxe alberga a Biblioteca Xeral da Universidade. Aquí situouse a primeira sé da Universidade de Santiago, un lugar que destaca pola súa fachada renacentista de columnas xónicas e polo claustro, a capela e o Salón de Grados do interior.
No centro do claustro hai unha escultura dedicada ao fundador da universidade compostelana, o bispo Alfonso de Fonseca, quen mandou construír o colexio. Curiosamente era o lugar onde nacera o propio bispo, pertencendo o solar á súa familia, cuxo escudo pódes ver no medio da fachada. Este edificio, ademais de ser a primeira sé da universidade chegou a ser Seminario de Estudos Galegos, e en 1982 foi sé do primeiro Parlamento da autonomía.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
17
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
CONTEXTO HISTORICO e SOCIAL Na Galicia do século XIX vivíase unha situación de penuria que Rosalía coñeceu. A fame e a miseria forzaron aos galegos a emigrar a outras terras. A emigración foi, desde sempre, un dos lastres que debeu soportar a sociedade galega. En 1853, Rosalía vive en Santiago de Compostela e queda impresionada pola desastrosa situación social que observa ó seu arredor. Ela mesma describe o que viviu con estas palabras: “Voy a contarte lo que presencié en Santiago en el tristísimo invierno de 1853, año fatal para Galicia, en el que el hambre hizo bajar a nuestras ciudades, como verdaderas hordas salvajes, hombres que jamás habían pisado las calles de una población, mujeres que no conocían otros horizontes que los que se extendían ante sus cabañas levantadas en la más apartada soledad: verdaderos lobos que no
abandonan su madriguera sino en los días de las grandes desolaciones. Todos los días, nuevas horas de angustia traían a nuestras plazas y calles bandas de infelices hambrientos que de puerta en puerta iban demandando pan para sus hijos moribundos, para sus mujeres extenuadas por la miseria y lo duro de la estación. Sus gemidos llegaban a lo más hondo y conmovían los corazones más insensibles.
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra
18
Roterio literario de Rosalía de Castro por Santiago de Compostela
18
Era una escena de dolor que se renovaba a cada momento, una herida que el tiempo ensanchaba, recrudecía y hacía insoportable. Caían por los caminos y en las calles de la ciudad. Otros morían en la soledad de su casa desierta. Hace falta haberlo visto para saber lo que era aquella multitud, siempre creciente, siempre hambrienta y escuálida, que, como las olas del mar, rugía sordamente, levantando las manos en ademán de súplica, mostrando desesperada las llagas que la cubrían. Ni un pedazo de pan para sustentarse, ni un harapo para cubrirse, ni una esperanza en su cielo para animarse y soportar el azote que le diezmaba. Repetíase la eterna lección en nuestra historia, y las hierbas de los campos volvían a servir de alimento a la gente campesina. La gran caridad de sus hermanos no era suficiente. A los que perdonaba el hambre, los diezmaba la fiebre; a los que Dios daba fuerzas para resistir no les dejaba lágrimas en los
ojos para llorar las diarias aflicciones. No sé cómo pudo resistir nuestro país a tan supremos dolores.”
Club de lectura “Caderno do Lérez”. IES A Xunqueira II. Pontevedra