Nº8 - ANO 2014
A TORRE DO CASTRO REVISTA CULTURAL E TURÍSTICA DO CONCELLO DE SANDIÁS
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
INDICE: • Saúdo da alcaldesa.......................................................................3 • Editorial..........................................................................................3 • ¨Resume xeneral de fol-klore de Sandiás¨ (Arquivo filolóxico e etnográfico de Galiza. Revista Nós (Ano 1931)).............................4 • Quinta edición da Carreira Popular da Torre do Castro..........14 • A Casa da Lagoa de Antela (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela)..............................................................................18 • Memoria fotográfica do concello de Sandiás – Fotos da colección particular de María Fe Fernández, Nieves Sanmamed e Josefa Fernández.............................................................................19 Dereitos de autoría dos traballos desta edición: *dos textos: X. F. (Salvo dos textos das publicacións na que figura a súa orixe ao principio do artigo). *das fotografías: penúltima e última páxina (Colección particular de María Fe Fernández, Nieves Sanmamed e Josefa Fernández), portada (Torre do Castro) e demais fotos (X. F.). O noso agradecemento a Xabier Iglesias (Blog: http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com.es/) polas súas informacións e imaxes da revista Nós, aos fillos de Urbano Santana pola autorización para a publicación do resumo, a Elvira Fariñas e a Liliana Carro polo seu asesoramento linguístico nos números desta revista, e a todos aqueles veciños que nos cederon as súas fotografías.
Edición non venal do Concello de Sandiás Deposito legal: OU 150-2008 ISSN: 1889-0199 Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 2
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
SAÚDO DA ALCALDESA
Un ano máis, diríxome a todos vós para comunicarvos a saída do oitavo número da revista cultural, A Torre do Castro, unha revista que conta xa con oito anos de vida, e que segue a traballar na consecución dos obxectivos de difusión do patrimonio cultural do concello de Sandiás e da comarca da Limia. Un dos obxectivos máis importantes desta revista, polo respecto á memoria dos nosos antergos, é a de salvagarda e a promoción do patrimonio material e inmaterial do concello de Sandiás. É por iso que neste número tratamos de dar a coñecer o interesante traballo de recompilación das tradicións, lendas, contos, etc., da parroquia de Sandiás, realizados polo noso veciño, Urbano Santana, nun xa remoto ano 1931. Así mesmo, celebramos por quinto ano consecutivo unha nova edición da Carreira Popular Torre do Castro. Unha carreira coa que se pretende salientar o importante papel da práctica deportiva para manter unha vida sa e saudable, así como o fomento da deportividade entre os máis novos. Agardo que con este novo número, se avance un paso máis na conservación e divulgación do noso patrimonio inmaterial, que é o que da sentido ao patrimonio material do rural galego. Sandiás, setembro de 2014. Concepción Méndez Gándara Alcaldesa do Concello de Sandiás
EDITORIAL Neste número queremos recuperar, para que chegue ao maior número de persoas interesadas, unha pequena xoia da etnografía do noso concello, que xa atesoura máis de 80 anos. Trátase da colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós de 1931. No seu ¨Resume xeneral do folk-lore de Sandiás¨, reuniu lendas, refráns, expresións, etc., así como outros datos de interese (arquitectura, vestimenta, etc.) da parroquia de Sandiás, textos que nos transportan a outros tempos e a outros modos de vida, que aos máis novos poden resultarlles moi afastados. Trátase dun traballo que co paso do tempo adquiriu máis valor, xa que permitiu que moitas das lendas, contos, etc., non pasasen ao esquecemento de non ter sido recompiladas por ninguén, como tristemente está a suceder en moitas zonas da nosa Terra. Coa publicación deste traballo, feito nunha época na que o galego non se estudaba na escola nin en ningures, queremos promover iniciativas que potencien a estima pola nosa lingua e polo noso patrimonio cultural, para que sexa coñecido e valorado polas xeracións máis novas. Para rematar este número, seguimos mostrando vellas fotografías do noso concello, recollidas entre as veciñas que acudiron ás actividades de animación sociocultural do Concello de Sandiás, celebradas nos centros sociais das tres parroquias, durante o verán do ano 2012. Con estas fotografías agrandamos o arquivo fotográfico da nosa memoria colectiva, para que os máis novos coñezan o pasado do seu concello. Esperamos que estas páxinas sexan do voso agrado. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 3
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
¨RESUME XENERAL DE FOLK-LORE DE SANDIÁS¨ POR URBANO SANTANA (ARQUIVO FILOLóXICO E ETNOGRÁFICO DE GALIZA. REVISTA NóS, ANO 1931)
Cuberta dunha das revistas onde aparece o artigo de Urbano Santana (O número 93). A cuberta da revista Nós é un dos deseños máis coñecidos de Castelao. INTRODUCCIÓN AO ¨RESUME XENERAL DE FOLK-LORE DE SANDIÁS¨ É necesario facer unha pequena introducción da colaboración do veciño de Sandiás, Urbano Santana, na revista Nós, para que os lectores coñezan a fonda pegada desta publicación na historia da cultura galega. A revista Nós foi creada en Ourense en 1920, estando baixo a dirección editorial de Vicente Risco e artística de Alfonso R. Castelao. A gran importancia desta na transformación e modernización da nosa cultura, que algúns autores chegan a denominalo un Segundo Rexurdimento, vese reflectido no gran nivel dos escritores (Xeración Nós) que colaboraron nela, por exemplo: Castelao, Risco, Otero Pedrayo, López Cuevillas, etc. Durante os dezaseis anos que durou a súa aventura editorial, a cultura galega conectouse directamente con Europa a través das vangardas máis punteiras. Así mesmo, a revista Nós tiña unha importante laboura de investigación e rexistro das tradicións galegas nas diferentes vilas e aldeas, traballos que aparecían na revista desde o ano 1921 na sección periódica dedicada ao Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza, no que salientan as colaboracións de Bouza-Brey, Xaquín Lorenzo (Xocas), etc. Nesta sección é onde vai aparecer ao longo de tres números, en concreto, o número 89 (maio 1931), o número 90 (xuño 1931) e o número 93 (setembro 1931), o traballo de recompilación etnográfica de Urbano Santana. Con relación a como se xestou este traballo, o máis normal é que esta colaboración fose solicitada polo que daquela era o profesor de Historia na Escola Normal (Maxisterio), así como director da revista Nós, Vicente Risco, a un mozo de Sandiás que estudaba maxisterio. Para rematar, deixámosvos co ¨Resume xeneral de folk-lore de Sandiás¨, que trasladamos tal e como apareceu publicado hai máis de 80 anos. Lamentablemente, este interesante traballo, non tivo continuidade, a pesares de que o noso veciño fálanos de que se continuaría aumentando nas próximas vacacións. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 4
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
¨RESUME XENERAL DO FOLK-LORE DE SANDIÁS¨. NóS, Nº 89 (Maio, 1931). O propoñerme faguer un resume xeneral de costumes (Folk-lore) do pobo en que m´alcontro ei d´advertir qu´e un traballo d´investigación que dada súa dificultade e relativa importancia, debera estar encomendado a persoa máis capacitada científecamente pra sair ben do fregado; pero, se non ha de ser unha cousa dina d´aprauso e menos de pubricación, cando menos teñas´en conta a boa intención con que o fago anque solo sexa por contribuir e cooperar, nos poucos alcances que sexa posible, a unha laboura necesaria e útil por moitos conceptos. Por outra parte, téñas´en conta que, o faguelo no lenguaxe do país, éste é tal e como se fala eiquí, pois tamén así reflexará o mesmo tempo un elemento do folk-lore. Non se me culpe, ademáis por´as faltas d´escritura, pois dad´a pouca práutica d´escribir o galego, xa que non se pode sair da casa sin ir armados do castelán pra zampalo en calquera esquina, hayas d´haber boas. A TERRA, A XENTE, A HISTORIA, LITERATURA POPULAR, ETC…
O pobo está situado (na carretera de Villacastín a Vigo) a unha légoa tirada despois de Xinzo, indo pr´Ourense; está a caída, como se for´amurallado por´o NW. d´unha montaña ou mellor dito, un sistema complicado de montes interrumpidos por fondadas, pero o chan do pobo é case llano como señalando a prouximidad´Antela. Según se vai por´a carretera pra Xinzo antes d´andar un Km. a man dereita hay un pequeno pobo da parróquea asentado n´un monte pequeno (monte de Coalloso) chamado Coalloso. Seguindo enderredor do pobo a caída do monte de Coalloso xa no sitio llano vai a carretera a Celanova, partindo da outra desd´a veira mesma do pobo, n´esta carretera está o pobo de Couso que anque forma parróquea aparte é diste Ayuntamiento, está formado de barriadas con nomes distintos (a Mamuela, o Tellado, o Pereiro, a Lamardeira, etc.); a un lado soparado do pobo hay un casarío (o Telleiro), é pazo, de D. Eduardo de Cea Naharro (q.e.p.d.) ten o lado unha capilla e non está o pé mesmo da carretera. O comunal que hay a un lado e outro da carretera esta, ¨de Couso¨ chámanlle ¨as Santas¨, y´a continuación seguindo a direución indicada ven ¨o Pegal¨, ¨o Rigueirodalén¨, ¨Valadoblanco¨, esto subindo xa o ¨monte de Picos¨, no fondo d´iste , baixando por´o naciente hay unha fonte, ¨fonte do Mouro¨(da que xa falarei); a continuación métese unha depresión pequena, e ven o ¨Monte d´as Areas¨ e o do ¨San Benito¨, onde está a capilla d´iste santo (San Benito d´Ouceira), por debaixo esténdese unha fondada ¨os Vales¨, ¨os Muiños¨, por esta fondada corre a auga con moita forza e alí hay varios muiños en ruina e dous qu´inda moen cando lle cheg´auga, despóis levántase o ¨monte d´Ouceira¨, ond´esta situado un pobo composto de duas ou tres casas e leva o mesmo nome do monte; a continuación métes´o ¨monte da Raña¨ e ¨o do Castro¨, e así imos xa chegando outra vez a carretera pero por´o N. do pobo. (A seguir no número próisimo).
¨RESUME XENERAL DO FOLK-LORE DE SANDIÁS¨. NóS, Nº 90 (Xuño, 1931). (Proseguimento) Atravesad´a a carretera seguindo a misma direución alcóntrase a unhos 500 metros d´ela un pequeno pobo da parróquea (Santana) y´a pequena distancia empez´a levantars´o ¨monte da Torre¨ e por il extendido por´o SW. está o pobo do Castro e no alto do monte hai un castillo, o do Castro (antiquísimo castillo de Sandiás) o que lle falta, unha arista (esquina). ¨Foi feito, según boca dos vellos, por´os mouros cand´ó de Pena que está de frente a unhos 7 Km pouco máis ou menos o Sur do d´eiquí, meténdose por´o tanto a Veiga no medio. Fixeron por debaixo da terra unha carretera desd´unh´autra torre e por éla andan os mouros d´un lado pra outro. Cand´os Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 5
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
fixeron, os ferreiros de Pena e máis o de Castro, pr´apuntar os picos non tiñan máis que un martelo pr´os dous e arreglábanse con él tirándoyo desd´unha a outra cando lles faguía falta”. Portas d´entrada non ten outras que algunhas ventanas a alturas diversas pero bastante grandes. E os vellos contan que cando os seus abos eran mozos xuntaron varias escadas e subiron a éla, e un que se chamaba ¨o tío Curcumba¨ paseábase por´o alto d´ela e foi un mouro e marchoulle c´un zapato sin que o visen¨. Se des´este monte da torre tiramos unha línea reuta hast´o de Coalloso, esta línea cai completamente n´unha llanada; a caída do primeiro monte, xa na llanura e aprouximadamente na línea señalada está o lugar de Pegas, e na mesma línea, aislada do pobo pero máis cerca d´as Pegas que de Sandiás hay unha casa antígoa (casa d´Espido), vella, mitá caída, larga, piso furado, bastante alta (de dous pisos) un ou varios escudos por fora e no medio da fachada unha pedra alta cunha especie de torre en pequeno; esta casa perteneceu a un tal D. Joaquín Sotelo Valledor, e hoxe é do Penedo (Sres. Marquina co´as fincas que a´ compañan e foron da casa xa desd´hay moito tempo); a casa está inhabitada y´as fincas andan arrendadas. O lado hay unha capilla pequena c´un Santo mal feito dentro, n´un altar mal pintado e feito o antiguo c´unhas colunas e unhos recimos dependurados (din os rapaces que son cangallos d´uvas), (é a Sta. Magdalena) a que se lle fai por´os d´as Pegas unha festa todos aquiles anos que chega o que se xunta pidindo por´a parróquea, pois se non chega o recaudado, e non o come o mayordomo da festa, queda pr´o ano siguiente. Si desde Sandiás tiramos unha línea reita que pase por´as Pegas e a dobre distancia pouco máis ou menos alcontramos o pobo de Cardeita, dividido en varias seuciós de grupos de casas soparadas (o Tesiño, a Carreira, os Perces…). Dos pobos da parróquea é iste o que s´alcontra máis cerca da Veiga e por eso teñen feito os vellos do pobo unhas escavaciós en busca d´aberes; pois dise que antiguamente había n´a Veiga unha ciudá (Antioquía) que tuvo Dios que castigala porque vindo por´o mundo pidindo unha limosna non alcontrou máis que unha familia que lla dira, que foi a que se salvou do alago mandada sair por Dios sin que volveran a cabeza pr´atrás; pero un da familia desacatou a orden do Noso Señor entonces volveuse pedra. Pero cando a xente iba co gando pr´a Veiga íballes verrecar ond´a pedra, que despóis foi recollida por´o convento de Trandeiras… Os de Cardeita alcontraron n´esas escavaciós unha trabe, un pote vello, un pozo con escaleiras e non sei si outras cousas… Os autuales non dan razón de tales alcontros, sólo dín: ¨contaban os vellos¨. A xa nomeada carretera que vay pra Xinzo, un Km. despóis de Coalloso, alcóntrase coa Veiga (Laguna Antela) e crúzaya n´unha extensión de dous Km e medio; o ir a dereita qued´a veiga de Couso, e a esquerda empeza a estenderse a veiga de Sandiás con distintos nomes (o Areal, Antela, Arrotea, Valadiño, o Teso; e despóis a das Pegas, a de Cardeita, etc.) todas sin límites señalados e fixos. Perpendicular a carretera (e por tanto na mayor extensión) extendes´a ¨ría¨ (Río de pouca corriente, pantanoso, e soparado en dous por unha govia de trozos discontinuos) n´éla hay unha especie de xuncos chamados ¨o vión¨ que moito é segado e traido pra votar na corte e faguer esterco, y´encanto está na Veiga cómeno as vacas. Esta ¨ría¨, que no inverno ocupa casi tod´a Veiga e no verán ven a desaparecer por completo quedando sólo algunhos pantanos, sopara duas partes distintas, ¨o Cabo d´Arriba¨ (N.) e o ¨Cabo d´Abaixo¨; éste tamén está dividido en dous por unha demarcación, o N. pertence co ¨Cabo d´Arriba¨ ós pobos indicados, e o S. pertence a Xinzo, Baronzás, Morgade, Pena… Desde xempre, o vir a primaveira, que vai quedando reducid´o domiño das augas, mantén bos rebaños de ovellas e alí pacen tamén tod´o o día as vacas dos vecinos que se adican a labregos, como é de suponer, todos de quitadó cura y´o maestro. Antes había tamén moitas bestas e boas ¨a herba d´a Veiga faille moito ben a besta¨; pero, hoxe ise número xa é ben máis pequeno y´esta disminuindo, debido a que as mulas, y´os cabalos non defenden por´o baixo precio que teñen na feira. Tod´arredor, o pobo está bordeado de terra labrada, onde se dan boas colleitas de centeo, navos, algún millo e principalmente patacas qu´é a fartura do país. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 6
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
A xente, con respeuto a estatura presenta moita variedade, e non se pode con facilidá precisar que tipo é o que predomiña, pero en homes según as Estadísticas de Quintas a altura media é de unhos 1,62 m., e o diámetro torácico por regla xeneral moi desarrollado. En xeneral é robusta, y´en canto a outros detalles físecos non s´alcontran diferencias c´os especifiquen, en conxunto nin soparadamente, pois por exemplo, hay certo predomiño do pelo negro, sin embargo, tamén hay quen´o ten rubio; é non s´alcontra en ningún caráuter un tipo de xente ben definido, o principal caráuter é a variedade. Os nomes máis frecuentes son: José, Manuel, Antonio, Juanito, Dolores, Carmen, Isabel, Josefa, Ana Mª,…, sin que esto queira decir que non apareza un Cesáreo, Ramón ou Luís; son contados os que pronuncian istes nomes de distinta forma que s´escriben ou din corrientemente… Os apellidos máis comús son: Manso, Morales, Méndez, Rodríguez, Blanco, Colmenero, Santana, Rivas, Rivero, Fernández, Vences, Lamas, Dios, Quintas, Feijóo, Carnero, Moreiras, Conde, Cabrera, García, Traveso… En canto os motes (Lobeira, Curcumba, Carrañolo, Caipira, Cachimbo, Camaretas, Casamira, Vangallas, Escarumba, Perico, Lamela, Muñeco, Matatús, Peneireiro, Paxaro, Liso, Grilo, Chatoleiro, Pateiro, Arañon…); proveñen xa d´herencia (Lobeira, Carteiro…), todos pasan de pais a fillos e d´istes os seus, etc., xa do tipo (Pineireiro, tipo alto e delgado; Carrañolo, de Carrancholo, por ter unha perna máis pequena que outra); outros proveñen do nome (Liso de Elisa; Vangallas de Evangelista; ¨iste foi un día a traballar e a filla chegou algo tarde pr´axudarlle entonces rifáballe (¨¡Ei, condenada, eiche de por n´un talleir´o pescozo!; y´a muller qu´estaba oindo todo verráballe: ¨¡Ay, Vanguelista, se lle tocas a rapaz´afógote!¨), y´así de Evangelista proven Vangallas. Cando viñeron os franceses aterrorizaban a xente pois o aprouximarse foron poñerlle carros, paus, cancelas, pedras, etc., na carretera antes do pobo para impedirlles o paso, e abandoaron as casa e foron pras touzas ou pro monte levand´o que podían, pois os franceses entraban as casas e comian o que alcontraban y ós cabalos puñanos a comer nas arcas do grau; o pasaren para Portugal decían ¨España está vencida e Portugal é un soplo¨, pero cando chegaron despóis de Xinzo ond´a Serra do ¨Larouco¨, a ¨Aguioncha¨ os veciños metéronse por unhas cañizadas e os enemigos o telos tan de xeito escangalláronos, e cando viñan de volta xa solo viñan unhos poucos con máis medo, o parecer, que outra cousa e buscand´o camiño máis dereito… N´iste pobo houbo varios carlistas; o principal cabecilla era o tío Prol pero andaban ademáis o tío Bueno, o tío Curumba, o tío Barroso, o tío Perucho; iste foi por´o visto o que matou a outro do pobo (tío Eusebio) asomous´a ventana y´o tío Perucho por mal querencias ou enemistá que habia entrambos, zorregoulle un tiro e matouno; a familia encheuse de medo y´escapou da casa por detrás (algún home máis que había n´ela vírono os veciños escapar por aquelas hortas en calzoncillos); pero os Carlistas anque eran bastantes debían de ser de pouco pelo porque pra faguelos fuxir iba un veciño e púñalle lume a un palleiro para que o verrar auga… se xuntase a xente y´entonces escapaban a máis non poder. Foron xunt´o o Recaudador unha noite, iban moitos pero o Recaudador meteu os cartos en saquitas d´os clavos (entonces o diñeiro era ouro, ichavos, décimas, e billetes non había) y´escondeunos entr´a palla da corte e despóis franqueoull´as portas corrales e todo, pra qu´entrasen per´o ver tanta frescura, desconfiaban e non querían entrar, por fin despóis entraron e marcharónse con sesenta pesos, unha pistola e unha escopeta… Dis´acerca da muller e do home: ¨A muller cando é rapaza, é reina; cando moza, p…; cando é vella, bruxa¨. ¨O home, cando é rapaz é rey, de mozo, capitán, de casado, burro, e de vello can…¨. Hay outros ditos e refrás como: ¨O pan temperáu, ou en palla ou en grau¨. ¨Navos e señores, canto máis raros mellores¨. ¨Os navos por´o San Bertolomeu, cada paso seu¨. ¨Xaneiro muliñeiro, nin boa meda nin bo palleiro¨. ¨O mes de Xaneiro e o xeadeiro, Febreiro muliñeiro, Marzo esqueiroso, Abril chuvioso, Mayo pardo; e San Juan claro; en Seitura sol, y´en Agosto mellor¨. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 7
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
¨Entre Santos e Natal é o inverno caroal¨. ¨Xeada n´a lama, chuvia na cama¨. ¨Tanto dur´a mala veciña com´a neve marciña¨. ¨ No mes de xaneiro subet´Outeiro, se ves terrexar vótate a cantar e se ves verdegar vótat´a chorar¨. ¨Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e navos ruís¨. ¨O entroido é un lavadurán, que come máis carne que pan¨. ¨Febreiriño corzo cos seus días vinteoito, se duraras máis catro non deixabas can nin gato¨. ¨Nin bo Pedro, nin bo burro negro, nin bo lameiro por riba do rego, nin de sabugueiro un bo vencello, nin de cuñado un bo consello¨. ¨Ano de belota, ano de larota¨. ¨Pra ir a misa y´o muiño non esperes por´o veciño¨. ¨Catro cousas quer´o amo do criado que o serve, deitar tarde, erguer cedo, comer pouco, y´andar alegre¨. ¨Cando a rola oias rular, cull´o liño e vai sementar¨. ¨As bruxas xúntanse para ir o Areal de Sevilla; cóntase que había unha no pobo, e o virén a buscala noite, levantábase e deciall´o home: ¨eu te bendigo meu home pasand´o meu cú por´a tua cara pra que durant´a miña ausencia non che pase nada¨, per´o home despóis levaba o cabo d´aixada e dicialle: ¨eu te bendigo miña muller co rabo d´aixada (Pegándolle con il pau duro) pra que non volvas pasar o teu cú por´a miña cara…¨. ¨Unha vez, y´esto non fai moito tempo porque llaconteceu a nai da tía Quiridiña (conta éla), cando ainda era rapaza puxéronselle os ollos mancos porque a vira unha bruxa e había que poñerlle os rescritos, e o pai d´ela, como os cregos é unha cousa que faguían de mala gana, unha tardiña marchouse levando un sacho para que nadie soupera nada, foi xunt´o crego de Zós qu´era entonces Fray Antonio e troux´os rescritos en todo secreto e meteunos n´a ucha, pero anque nadie lle dixera nada a mañán foi unha do pobo que tiña fama de bruxa y´encontrou na casa a enferma y´a nai solas; esta tampouco sabía ren dos rescritos, e díxolles: ¨que puxesen os rescritos¨, pero como a muller (nai da rapaza) non sabia nada desculpouse, mais a bruxa anqu´era en casa allea foi dar direutamente cos rescritos a ucha, puxéronllos e sanou…¨. ¨Un cura viña d´unha vez d´un enterro e xa era de noite; no camiño viu estar as bruxas lavando n´un tanque, y´ouservou que unha ergueull´os cestos a todas e despóis dixo:¨y´agora quén m´ergue a mín¨, entonces o cura verroulle: ¨eu ch´erguerei bruxa dos demonios¨; tan pronto dixo ésto marcharon tras dil e foron curre, curre, curre… y´o chegar ond´había unha capilla e outras quedaron abaixo , y´empezaron a tirar con il de abaixo pr´arriba, e de riba pr´abaixo…hasta que o deixaron de tal forma que morreu o cabo de tres días…¨. ¨Outra vez era un que viña de Xinzo co carro sin nada; meteuse na noite, y´o chegar a Veiga metéronlle os facheiros nos ollos, desencaváronll´o carro e fixénronll´escapar os bois co chedeiro sin o rodeiro, que o tiveron qu´ir buscar o día siguiente…¨. Lobos xa fai tempo que non´os hay; sin embarg´os vellos contan casos e pasaxes que lles ocurriron a éles tal e como cando iban o fiadoiro ou a tuna que lles aparecían no camiño e tiñan qu´escapar unhas veces, e outras subirse a un carballo y´esperar que fose día…¨. ¨Indo un mozo pro fiadoiro a outro pobo no camiño alcóntrouse con un lobo que o acompañou hast´a porta do fiadoiro, máis tarde foi coa moza hast´a casa; ela xa lle decía que non marchase por mor dos lobos pero él querendo faguerse máis valente marchou levando consigo un pau e no camiño aparecéronselle dous e foron con él hasta chegar a un sitio onde había unhas chafagueiras e sitio escuro, etc… y´empezaron a darll´o rabo e bater os dentes e saltaron con él esgazarono todo; rompéronll´a chaqueta y´el a defenderse co pau; pero tiña un can moi bo y´anque era bastante lonxe deulle o aire do lobo e deu en ladrar por salir y ´abríronll´a porta, marchou ond´o individuo pelexaba cos lobos e fixos escapar, mentres o can os foi levar alá adiante aparecéusell´outro que tamén o can o escaramuzou, e despóis outro, o mismo, y ´así foi hast´a casa, chegando todo espelicado e cheo de medo e o entrar a porta caeu e non se volveu levantar e por fin o cabo de dous días morreu…¨. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 8
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
¨Era un home, e o cura íballe pr´onda muller e un día pillouno debaixo da cama escondido: -Eu xunguín os meus bois xotos, e leveinos a arada, Tras d´aquela porteliña, esquecéusem´aguillada. Tornei e volvín por´ella, topei a porta pechada, Eu entrei e fun entrando ond´acostumbraba E vin un gato moi negro que tiñ´a coroa rapada, ¿Qu´é aquelo miña muller c´anda debaixo da cama? -Ech´o gato do abade c´and´atrás da nosa gata. -Inda non vin gato negro que teñ´a coroa rapada, Trai pr´aiquí esa escopeta; tirareill´unha tirada -Non fagas eso meu home, que m´acenderal´a cama -Quén te me dera muller no medio d´aquel´arada Con cen carriños de leña, y´outros tantos de retama (o parecer pra queimala) -Quén te me dera meu home no medio d´aquela sala Cos pes todos amarillos, e coa color demudada Y ´os cregos a porta dicindo, que salga, salga. O luto que había por, era baeta encarnada E chorar iría chorando, chorando de mala gana Para que digan as veciñas ¡como chora!… ¡miña coitada!¨ Dos cregos o que se conta sole ser todo salíndolle todo mal: ¨Era un qu´estaba na parróquea de Pexeirós, e roubárono unha noite; pero él, anque non´o sabía ben de certo, desconfiaba d´un home, seu feligrés; un día falou c´un fillo do tal, que inocente e pequeno, confesóulle o roubo; pero como testigos non había, ofreceulle un traxe e unhos zapatos pra que o dixera o domingo na misa, a vista de todos; pero díxollo ó pai, e cand´o crego, despóis d´esplicar un pouco o conteñido do Evangelio, dixo: ¨o que vai decir iste rapaz é tan certo com´o Evangelio de hoxe; rapaz dí o que sabes¨; entonces o rapaz dixo: ¨Miña nai anda p…..do cura de Pexeirós, e meu pai non´o sabe, pero sabémolo nós¨; a tal contestación, o crego, ¿qué diría senón?: Orate frates non me trates con rapaces…¨. D´o demo contán que, vindo unha noite da tuna unhos catorce ou quince mozos, aparecéuselles en forma de besta, que a colleron e empezaron a porse d´acabalo, e cantos máis se puñan, máis ib´alargando pra se puxeran máis, hasta que se puxeron todos; era pr´atravesar un río, pero cando iban no medio o qu´iba diante, revolveuse e dixo: ¡Ay, Jesús, que trandeira!, y´entonces a besta (demo) desapareceu e quedaron todos no río...¨. Hay ademáis certos acaecimentos dinos de contar, como: ¨Cand´o tío Lobeira iba pro monte e lle dícia ó pai: ¨meu pai, a ovella morta, ¿déixoa na corte ou lévoa pro monte?, y´o pai contestáballe: ¨¡Ay, burro, burro, fillo d´un burro!, dalle de comer e deix´a na corte…¨. ¨O que marchaba pr´América e decía: ¨despedinme de miña nai e non chorei; despedinme de miña irmá e non chorei; despedinme de meu irmán e non chorei, despedinme da miña novia e non chorei, e despedinme de meus parentes e tampouco chorei; pero cando salía pra marchar, foi a vaca marela e meteu a cabeza por unha regandixa do cancelón e dixo: ¨maaa¨… ¡y´entonces sí que chorei!… ¨Un tal tío Apolinario, (Apolinar), rezaba as noites con algún veciño o rosario na cociña, y´o vir os ofrecementos tiñ´a costume de decir: ¨un padrenuestro por D. Gaspar e por tua mai Rosa (deciall´a muller), e por a miña, e por´o home da miña mai, e por´o home que morreu nas penedas, e por… (y´añadiu, para completar, o veciño desd´a esquina), ¨entonces por´a vaca da tía Roqueira que xa fai tres días que non se levanta co´a fame…¨. COSTUMES DA XENTE, RELIXIÓN, SUPERSTICIÓN…
De todas as costumes da xente, a que máis se conserva, perdura e a nadie se llesquenceu, é a de comer. Por´a mañan, cada cual vai almorzando, o levantarse, despóis de fregar os ollos con auga, ou sin ela a veces, según a idea de cada; o almorzo consiste, frecuentemente, en un par Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 9
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
de cuncas de caldo con pan (centeo); bueno, cando éste escasea ou o forno non coce, cómese vica (que é pan de millo feito na lareira da cociña e sin lévedo). Despóis d´iste almorzo, vaise ó traballo (arar, aricar, decruar, refender, apañar patacas, sachar, apañar navos, pr´o monte co gando, partir pedr´Outeiro s´é canteiro, etc…). As doce o crego toca a campana grande, pra indicar que a xente non s´olvide d´ir xantar, que consiste en máis caldo con pan (a esta hora quizá sabe mellor porque está feito de novo, non é com´a noite y´a mañan, que istá requentado, ou con unha pouc´auga pra que aumente, se non chega), cachelos de patacas ou éstas compostas (remexidas con auga quente e grasa); s´a vaca da leite, unha cunca d´il, e se hay carne comes´unha pouca, e se non pan sólo, e nada máis. O vir as cinco ou as seis da tarde, s´é tempo de vrau cómes´a merenda, pero en inverno os días son pequenos, e por decir que ven a Coresma, pra non estar impostos a malos vicios, non se merenda (a merenda sole ser pan con carne ou cebola, ou pan sólo, según...). Cando se merenda, a cea sólo se compón de caldo e pan; pero se non se merenda, entonces pr´á cea hay que cocer un pote de cachelos pra comer antes do caldo, sólos ou untados, según as circunstancias de cada (en caso de que sexan solos, xa saben as mulleres cocer menos, porque non corren tan ben). E a comida de ¨todol´os días¨ consiste na repetición continua d´iste mecanismo, podendo variar por algunha circunstancia, algún d´os componentes ou o númaro d´eles, per´o caldo non falta, nin por casualidá, y´as patacas tamén son de sempre. Esto, desde logo, falando d´unha maneira xeneral e tomando as cousas por´o máis podre, pois antre os mesmos labregos, non falta quen, en vez de vender os xamós, como é máis corriente, se coma boas magras, non é cousa dogmática nin xiquera dentro de cada familia. Cando aparece unha festa, de primeira intención non falta a bota ou a cabaza c´o viño e pan de trigo, e os pistos varían según a posición de cada cual; é costume tradicioal, no día d´Entroido, comer a cachucha; outros, en ve d´a cachucha, comen lacón ou o pedro, e tod´o mundo fai as fillogas. Pr´outro día da matanza (o día da desfeita), convídase os parentes e amigos (o que vay queda obligado a convidar o día que sex´a d´il) pra cear; tamén se fan as fillogas, cómese lombelo, os rixós, a paxarda, un pedazo de costela asada, os miolos cocidos con hovos e trigo, faise un pote de papas, e o remate xóganse unhas partidas de brisca amistosamente e contando algún conto pra rir un pouco… O día da malla, faise o arroz con leite, pero sólo pra familia, pois agora co´as maquinas, non se lle da de comer a xente máis que pan e viño; pero antes os mallos matábaselle un carneiro… O día de Navidá, cómes´o pulpo, principalmente, y´outros días de festa, cómense cousas variadas: o roscón, algún coello, pescado, etc… Antes, o día do Patrón (San Esteban) o crego pagaba unha festa, pero agora solo hay unha misa cantada ou de tres, e siquera se garda día santo, pois ise día trabállase com´os outros. Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes), faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxiga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecendo y´ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc. (A seguir no número próisimo)
¨RESUME XENERAL DO FOLK-LORE DE SANDIÁS¨. NóS, Nº 93 (Setembro, 1931). (Proseguimento) No vestir, en mulleres, antes levábase a cintur´apretada, y ´abaixo, a saya con moito vuelo e mariñaque; levábase muradana, mantillón e dengue. Hoxe, por´o contrario, parece que se tira máis por´a ¨linea reuta¨: a saya máis curta (hast´o medio da perna) e máis apretad´abaixo, lévas´o mandil, y´o pano da cabeza, o que non se leva para ir a festa; pra ésta, zapato baixo, y´a diario chancas. A muller anda sin tapar, ordinariamente, pero pra ir a misa, leva manteo, mantón ou toquillón. En homes, o vir o inverno, lévase, pras festas e feiras, unha zamarra, polainas, bufanda, a cadea do reló pendurada do chaleque y´algunha crabata; a diario un traxe de pana e Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 10
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
chancas e, cando chove, unha coroza de xuncos. Contan que, antigoamente, o galo d´unha festa era o que mellor se presentaba c´unhas calzas (cirolas) d´estopa, ben lavadas, e un chapeo de palla, c´unha cinta encarnada; antes o pantalón er´algo apretado; agora xa chegou a moda do ¨chanchullo´. As casas son todas de pedra (granito) e os techos cubertos de tella, pero, principalmente en Cardeita, e algo n´as Pegas, hay palleiras de terrós cubertas con palla, pero esta empréase máis en cubertizos pra meter leña y´o carro. Predominaron as de pranta baixa, pero xa hay bastantes, mesmo antre a xente probe, que teñen primeiro piso, anque sexa baixo e sin faiado moitas veces. As partes principás d´unha casa, son: cuciña, corte ou cortes, cubil, pergua, sobrado, paneira e dispensa; hay casas destinadas única y´esclusivamente a palleiras ou cortes... A cuciña, de quitado algunha, moi rara, é de pranta baixa; pois no primeiro piso non é tan servicial pr´acomodar, traer auga, navos, leña, etc., e con pequena variedá d´algunha, consiste: n´unha esquina da casa ou casiñ´aparte, no tellado ten unha chimenea c´un galo de lata no alto, que se pousa n´un pé e da voltas, movido por´o vento, cando sopla; outras, en vez de chimenea, teñen troneira, qu´e unha bufarda aberta no tellado e por riba tapada, como se fora c´unha mesa de catro pés, qu´estaba soportando unhas tellas a maneira que deixe dous salideiros (per diámetrum opósitum) pr´o fumo, parece que as de troneira, son máis fumosas c´as de chimenea. S´entramos dentro, non alcontramos outra cousa que duas ou tres mesas de sentarse; unha pedra-mesa pra por os potes que non están en uso diario, que sol´estar arrimad´a unha parede; unha ucha onde se mete o pan, o leite, a carne, etc., unha ola d´auga y´o latón pra bebela; duas botellas (a do gas y´a do aceite); outros teñen en vez de botellas, alcuzas, o caixón do sal y´o cacipo pra collelo e traelo; unha barreña: unha xerra de barro marelo; os fuelles pra soplar o lume; a canada de munguir a vaca; un candil y´un farol do gas; unha lacena pra gardar a louza, y á falta d´esta, un alzadeiro; un plo pra calcar o pote dos porcos; íste é do númaro un, do dous ou do tres: ponse n´un sitio y´alí está xempre hasta que se fura de vello; por ós lados pónselle unhos forros ou unhas pedras, non moi gordas; y é onde se fai o lume, búscase pra baixo unha pedra llana, a da lareira, qu´é onde se fai ¨a vica¨. N´unha parede poñen as mulleres, colgados, unhos periódicos, que tran dond´o crego ou que´os teña, pr´á espeteira, que se compón de algún espeto, testos, cucharas, cazolas, candiles, etc., que s´usan moi pouco ou case nada. As familias un pouco mellor acomodadas, teñen unha caldeira de cobre colgada d´unha espaldeira que se destina a ter con auga, pr´a zorza dos chourizos na matanza, etc… A corte está destinada a meter a xugada (qu´en moitos casos e de medias), y´o burro ou a besta, etc., n´ela faise; moitas veces, provisionalmente, se a casa non´o ten soperado, o cubil pr´os porcos con unha cancela ou cos ladrás do carro. O que ten varias cortes, reparte o gando a sua maneira, ou se barre toda ou unha esquina pra votar patacas, etc. Os muebles son principalmente arreos de labranza: arado (composto de rabiza, teumón, avecas, ameixeilo, ateiroá e rella), tamén hay arados de ferro sólo pra decruar, ambos necesitan chavella, sedeño, aixada, sacho, sachola, aixadón, picaña, picañon, galla (n´outros sitios chámanlle forquita), fouces, manguitos, canistrelos, caldeiros, maseiras, agrade, cambóu, corza, fouciño, escada, etc. ; xuntura (formada por mulidas, sogas, temueiro, xugo, etc.); angazo, carro (composto por rodeiro: rodas, cambas, ferros, rellas, mión, eixe: medio, pequeiras; chedeiro: apoladoiras, chedas, traseira, sellado, pinallo, chavella, pechos, curculixas; leva: estadullos e ladrás). Os Santos a que hay máis devoción, son: San Antonio, abogado dos porcos e das cousas perdidas, pra que aparezan, ofrécesell´unha limosna en diñeiro ou rézasell´o ¨responso¨. A iste Santo, máis que ningún, dáselle limosna en carne, pra que conserve os porcos, pois xúntanse a vinte e máis pesos de carne, todol´os anos, en cachuchas, lacós, peitos, uñas e chourizos, e véndese toda xunta o día (domingo) d´Entroido o sair da misa, por´os mayordomos encargados de pedir e ter a festa… Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 11
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
O San Benito (abogado de coxos e outros padecementos físecos), ten unha capilla no monte, que leva o nome do Santo. Ten ofrecementos de pernas, corpos, caras…, según os membros doentes do que ofrece, de cera, que os ten colgados na capilla. O día da festa, e durant´e o ano, hay ofrecementos d´andarll´as novenas de pé ou de rodillas; outros arruben o monte descalzos, porque lles fag´algún favor ou xa llo ten feito… Tamén é festa de merendas, ou mellor dito, xantares… Fanlle dúas festas ó ano, chamadas ¨San Benito de Marzo¨ e ¨San Benito de Seitura¨, acaso porque cadra nistes meses. É o Santo máis milagreiro que temos na parróquea. N´algún tempo trouxérono pra igrexa en procesión, pero escapábase de noite pro monte; por eso tuveron que faguerlla capilla… (O mesmo sole contarse de todol´os Santos que hay retirados do pobo; hay quen dí qu´era cura que o mandaba levar…). ¨D´unha vez, querendo levar unha pedra pra capilla, grande, e como está rodeada de paredón, andaban buscando por ond´e entrar co carro, e, cando se descoidaron, os bois subiron por´as escaleiras de subir a xente, o que sólo s´explica como milagre, pois do contrario, non houbera sido posible que os bois subisen nin co carro baleiro tales escaleiras¨. Sexa esto certo ou non, o caso é que na capilla hay unhas muletas y´un cayado que proban que algún subiu axudado de tales instrumentos, e o Santo fixo que non os necesitase pra baixar, y´entonces quedáronlle de regalo e como testimonio do milagre. N´a granítica y´abobedada, de colunas adosadas (quizá romana), airexa (da que conserva o ´tío muñeco¨ un cuartillo grande que trouxo dond´o ¨Abade vello¨ e axudou a faguela (díceo il)); hay outros Santos a maores dos citados, tal como San Esteban (Patrón), o San Roque, que se festexa c´unha novena, pra que nos libre de pestes…, o San Pedro co´as chaves, a Virxe do Rosario, a Purísima encerrada entre cristales (ambos San Antonio). Ademáis da capilla do San Benito, hay na parróquea a do San Miguel, en Coalloso; Santa Ana, en Santana; Santa Magdalena, en Espido. ¨Cando Noso Señor e San Pedro andaban por´o mundo, foron pedir pousad´a unha casa ond´había unha muller sóla; deitounos os dous n´unha misma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíall´a San Pedro: ¨Deixémonos estar un pouquiño máis¨, máis a vella, así que s´enrabechou, colleu un pau y´empezou a mallar en San Pedro qu´estaba de borda; despóis, il, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez y´así léva´as tú xempre¨. Cambiaron de sitio por fin, y´entonces volveu a vella: ¨¡Ay, condanados!, vos inda estades na cama? Pois deixai que denantes deille co pau o da borda, pero agora lévayas o da parede¨; y émpezou a mallar outra vez en San Pedro; de forma que, quen levou pau foi xempre o San Pedro…¨. ¨San José, como era carpinteiro, unha vez, canso de tirar por´o serrón, que non lle cortaba ben, púxose a descansar, e, mentres tanto, foi o demo e torceull´os dentes, unhos pra un lado e outros pr´outro. Cando San José volveu coller o serrón, éste cortáballe moito mellor, y´uservou como tiñ´os dentes e, desde entonces torceullos il mismo, y´os carpinteiros posteriores fan´o todos qu´e o que lle chaman ¨lizar¨ ou ¨dar lizo¨; y´así, o demo, querendo faguer un mal, fixoll´un ben a San José, y´a todol´os carpinteiros¨. ¨Non hay mal que por ben non veña¨. A proceseón d´as ánemas é unha cousa que antes daba moito que falar. Hoxe son ben contados os que creen n´ela. ¨Cando van en proceseón –decían- fan ceremonias como enterros: levan entre catro o cadáver, outras van chorando, outras fan de cregos e van cantando responsos¨, etc… ¨Todos os viernes van de visita a casa ond´a morrer algunha persoa¨. ¨Se lle meten a cruz ou a vela a algún vivo, ten que andar na proceseón alumeando (alumean con hosiños) e ir a visita de viernes, pero despóis non sabe onde foi¨. ¨Unha vez era un mozo que andaba n´ela e levou unha tella e fixo un risco na parede ond´a porta d´onde entraba e pr´outro día anduvo mirando por´as portas do pobo e foi dar co risco ond´a porta d´unha tía, sabendo así que alí fora de visita e iba morrer algún da casa, como así foi¨. ¨O que ande na proceseón, ten que ir sempre que salgan as outras, e non vale marchar pro extranxeiro; pois un foi pra Portugal, e viña andar na proceseón¨. ¨S´algún día fai resistencia pra levantarse da cama e ir, danlle en tirar por´as uñas dos pés e non ten outro remedio que ir¨. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 12
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
¨Un mozo quitoulle a vela a unha, e, o confesarse, dixoll´o cura; éste mandouno ir esperar a procesión, o mismo sitio, e meterlla na man a que fose sin éla. Foina esperar, e detrás de todas viña unha sin vela, y´entonces meteullá na man, e dixéronlle: ¨suerte tuveches¨, e seguiron. ¨O que anda na proceseón e lle pode meter a vela ou a cruz a´lguién, métenlla, y´as outras axúdanlle, en caso de que anden mal a gusto con éla¨. ¨D´unha vez un mozo, vindo da tuna, viu vir a proceseón; entón tumbouse, porque así non poden faguerlle nada, e decián o chegar ond´íl, faguendo moito aire: ¨eiquí cheira a vivo, cheira¨… e il contestaba: ¨cheira pan de nogueira…¨. ¨O tío Rató d´as Pegas, foi as Amérecas e trouxo, o vir, as liendas, que falaban de moitos sitios, e, guiados por´elas, fixeron escavaciós en busca d´haberes y´encantos. A fonte do Mouro, é produto d´unha escavación que fixeron os vellos en busca d´unha trabe d´ouro: ¨Cando andaban cavando aparecéulles un mouro n´un cabalo, que lles dixo que non seguisen afondando senon darían c´unha trabe de alquitrán antes do d´ouro, y´entonces non cavaron máis¨. ¨Na misma fonte hay unha moura encantada qu´está sentada n´unha silla d´ouro. Había unha rapaza qu´iba coas ovellas pro veciño ¨monte de Picos¨ e a moura aparecíaselle e peinábaa moi ben cun peine d´ouro; pero tiña que ser secreto, y´a rapaza contoullo a mai, entonces, a moura, comeuna; despóis ib´a mai verrando, ¨¡Ay, miña María!¨… y´a moura contestou, ¨María, Mariola, frita en aceite vay na miña barrigola¨… ¨A mai d´esta moura tiña catro fillas encantadas na fonte; unha vez que foi un de Couso as seituras a Castilla, a vella enteirouse e deulle catro panochas de catro cornexos cada unha, pra que as fose tirar á fonte e lle desencantar´as fillas; mais a condanada da muller, o ver as panochas que traía o seu home, antoxóusell´o trigo e comeulle un cornexo a unha; pero cand´o home foi cumplir ca orden da vella, tirou as outras tres panochas, unha a unha, e foron salindo hasta tres cabalos moi gordos e n´eles tres mozas moi guapas, que se marcharon; máis, o tirar a coarta, saliu un cabalo sin unha perna (efeuto d´haberlle comid´o cornexo a panocha), e por tanto a moza que viña n´él non pudo marchar e continou encantada, pero deulle de regalo pr´a muller un pano encarnado de seda, que habend´o atado a un carballo no camiño, quedou éste feito un carbón, como lle pasaría a muller se o puxera…¨. ¨Dentro d´o castillo hay un pozo con varios metros d´auga, moi oscuro, e por íl ten entrada, e debaixo hay un salón con moito ouro. Pra desencantalo, hay que levar un hovo d´unha pita negra, y´a pita; ésta sóltase no salón, y´o hovo estréllase na frente a un xigante qu´está dentro c´unha machada levantada pra matar ó que vaya se non lle da co hovo…¨. ¨A saida do pobo hay nunh´a horta da ¨Crú´de Cardeita¨ unha fonte cuberta de zarapallada por´a veira, y´alí sale, ó día de San Juan, antes de nacer´o sol, unha cobra moi grande, qu´é unha persoa encantada. Trai un caravel na boca, y´o que llo quite co´a boca d´il, ten moito diñeiro, e s´e home, a cobra vólvese muller, e viceversa; pero s´está alí e non ll´o quita, cómeo a cobra¨. A xente parece que non cree moito n´eses encantos. Falando c´unha vella do pobo, que me deu algúns detalles, dice que, ¨agora parece que non hay ises encantos, que debían irse pr´o mar despóis de pasado certo tempo encantados¨. Xa qu´esto é un resume, nada máis do ¨Folk-lore¨, voulle dar remate a estas liñas mal amañadas, pra non cansar máis´atención do leutor, citando as prantas medicinales máis empreadas n´a terra. Estas son: romeu, esteba, raíz de cana, malba, malbavisco, néveda, ampio, madroña, manzanilla, malbela, clavo… etc., todas solen ser cocidas en auga pra beber, etc,… Dentro de logo ou n´as próuximas vacaciós de Setembre será aumentado.
Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 13
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
QUINTA EDICIóN DA CARREIRA POPULAR TORRE DO CASTRO
Un momento da saída da proba absoluta Por quinto ano consecutivo o Concello de Sandiás e a Agrupación Deportiva Limiactiva apostan por promover a práctica deportiva coa celebración, o pasado domingo 1 de xuño de 2014, dunha nova edición da Carreira Popular Torre do Castro. Nesta ocasión as probas contaron coa presenza de preto de 250 atletas de todas as idades. Como xa é tradicional nesta proba, celebraronse 5 probas por categorías. A principal novidade deste ano foi na composición dos equipos, que pasaron a estar formados por 4 atletas, coa obrigatoriedade de que contasen con alomenos unha muller entre os seus compoñentes. Os horarios das probas, así como as distancias, coma xa é habitual, foron: a. Ás 10.30 para a carreira absoluta (8.000 m.), proba incluída no circuíto de Correr en Galicia e no calendario das probas oficiais da Federación Galega de Atletismo. b. Ás 10.40 para a carreira infantil-cadete (1.500 m.). c. Ás 11.45 para a carreira benxamín-alevín (750 m.). d. Ás 12.00 para a carreira prebenxamín (350 m.). e. Ás 12.10 para a carreira ¨pitufos¨(150 m.). A proba estrela, a carreira absoluta (8.000 m), contou nesta ocasión cun total de 133 participantes, entre os que salientaba o veterano Manuel Fernández Ledo, de 79 anos, todo un clásico nesta carreira. A torre do Castro e o San Bieito da Uceira foron testemuñas do estado de forma dos intrépidos atletas que se atreveron a desafiar as duras rampas que levan ata a capela do santo. O gañador da proba absoluta foi Santiago López (Clube Atletismo Porriño), cun tempo de 28 minutos e 15 segundos, mentres que o segundo e o terceiro clasificado foron, Luis Iglesias (Clube Atletismo Carballiño) e José Manuel Corral (Atletismo Arenteiro). Na categoría feminina a gañadora foi Silvia Rodríguez (Ourenrunning), e a segunda e terceira clasificadas foron Ana María López (Triourense) e Fátima Gómez (Limiactiva). Os gañadores, ademais do trofeo, levaron unha mostra do produto máis coñecido de Sandiás, o seu peso en patacas da Limia. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 14
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
No relativo aos atletas locais, o gañador foi Ignacio Feijóo (Sandiás), o segundo clasificado, Pablo Feijóo (Sandiás), e o terceiro e cuarto posto foron para, Álvaro García (Couso de Limia) e Francisco José Dalama (Sandiás). Na categoría feminina a gañadora foi Tania Morán (Vilariño das Poldras).
Percorrido da proba absoluta (8.000 m.) co perfil da mesma, no que se poden observar os xa famosos dous quilómetros da dura subida ao Outeiro da Uceira.
Na categoría cadete, os mellores foron: Aída Martínez e Daniel Castillo. Mentres que na infantil os gañadores foron Anass Nagihi e Nuria Pazos. Na categoría alevín destacaron, Uxía Calleja e Alejandro Blanco, na benxamín, Candela Novoa e Izan Feijóo, e finalmente na prebenxamín, os primeiros foron, Helena González e Anxo Calleja. Por último, celebrouse a carreira dos ¨pitufos¨ con preto de 40 futuros atletas. O atleta máis novo desta edición foi Martín Barja dun ano de idade. Todos os ¨pitufos¨ levaron a súa medalla conmemorativa como recordo da súa participación. Tanto o Concello de Sandiás, como a Asociación Deportiva Limiactiva, agradeceron a importante colaboración da Deputación de Ourense, así como de todas as empresas e veciños voluntarios, que fan posible que esta carreira siga sumando novas edicións.
Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 15
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
Os gañadores da proba absoluta cos seus premios (Trofeo e o peso en patacas para o gañador). Primeiro, Santiago López (Clube Atletismo Porriño), segundo e o terceiro clasificado, Luis Iglesias (Clube Atletismo Carballiño) e José Manuel Corral (Atletismo Arenteiro).
As gañadoras da proba absoluta cos seus premios (Trofeo e o seu peso en patacas para a gañadora). Primeira, Silvia Rodríguez (Ourenrunning), segunda e terceira clasificadas, Ana María López (Triourense) e Fátima Gómez (Limiactiva). Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 16
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
Algúns dos gañadores locais da V Carreira Popular Torre do Castro cos seus trofeos. De esquerda a dereita: Pablo Feijoo (Sandiás), Tania Morán (Vilariño das Poldras) e Álvaro Garcia (Couso de Limia).
Preparación da carreira na proba dos ¨Pitufos¨.
Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 17
Nยบ 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
Concello de Sandiรกs - Campo de San Nicolรกs, 2 http://www.sandias.es 18
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
MEMORIA FOTOGRÁFICA DO CONCELLO DE SANDIÁS
Veciños de Sandiás na sega (Ano 1958). Colección particular de Mari Fe Fernández.
A malla en Piñeira de Arcos (Ano 1952). En primeiro plano, Jaime Quintas e Serafín Feijoo. Colección Particular de Nieves Sanmamed.
Delfín Feijoo cunha xugada de vacas en Piñeira de Arcos (Anos 70). Colección particular de Nieves Sanmamed.
Antonio Fernández facendo cestos en Sandiás (Ano 1960). Colección particular de Mari Fe Fernández.
Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 19
Nº 8 - Ano 2014
A Torre do Castro
MEMORIA FOTOGRÁFICA DO CONCELLO DE SANDIÁS
Veciñas do concello de Sandiás posando co certificado de estudos primarios (Sandiás, 1969) (Jovita, Josefa, Remedios, Ester, Gloria, Mª Teresa, Pilar, Lourdes, Anita e outras). Colección particular de Josefa Fernández.
Mozos de Piñeira de Arcos (Anos 60). Colección particular de Nieves Sanmamed. Concello de Sandiás - Campo de San Nicolás, 2 http://www.sandias.es 20